Libro de Xonás

O Libro de Xonás é un breve libro da Biblia que relata as andanzas e predicacións de Xonás, encargado por Iavé de chamar á conversión aos habitantes de Nínive. O ton anecdótico e case humorístico do libro garda unha mensaxe universalista e unha imaxe dun Iavé clemente, que o converten en case unha excepción no conxunto da Biblia.

Contido

O libro céntrase na relación entre Xonás, o profeta, e o seu deus, Iavé. Este chama a Xonás para que predique a conversión aos habitantes de Nínive, capital do Imperio Asirio. Xonás resístese e intenta fuxir, pero Deus, por medios milagreiros, obrígao a cumprir coa súa misión.

O libro remata co perdón a Nínive e co enfado de Xonás por ser Deus demasiado misericordioso.

Autor

A tradición atribúe este libro a Xonás, profeta xudeu do tempo do rei Xeroboam II, cando a cidade de Nínive estaba no cume do seu poder.

Aínda así, a linguaxe e o contido universalista do libro fan pensar nun autor moi posterior, que fixo protagonista a Xonás dunha narración que pouco tiña que ver coa personaxe histórica.

Xénero literario

Colocado entre os profetas menores, os estudosos actuais tenden a consideralo un libro de xénero didáctico, un pequeno relato cunha ensinanza moral que habería que considerar como un máis dos libros sapienciais:

  • O libro enteiro está ocupado pola narración das andanzas de Xonás. A predicación limítase a unha frase: "Dentro de corenta días, Nínive será destruída".
  • O ton popular, anecdótico e cheo de humor do libro miran cara a unha narración que se contaba de pais a fillos, non ao discurso dun predicador ou a unha reflexión teolóxica recollida por escrito.
Antigo Testamento

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Canon bíblico

O canon bíblico (do grego κανών "kanon", "vara" ou "medida", que vén do hebreo קנה "kaneh"), é a lista de libros que se considera que forman parte da Biblia.

O criterio de canonicidade que se utiliza é a calidade de inspirado por Deus que debe ter o libro. É canónico o libro inspirado por Deus e queda fóra o libro, aínda de temática relixiosa coma o Talmud, que non goza desa inspiración.

J. R. R. Tolkien

John Ronald Reuel Tolkien, citado a miúdo como J. R. R. Tolkien, CBE (/ˈtɒlkiːn/), nado en Bloemfontein o 3 de xaneiro de 1892 e finado en Bournemouth o 2 de setembro de 1973, foi un escritor, poeta, filólogo e profesor de universidade inglés de orixe surafricana, coñecido principalmente polas súas obras O Hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion.

Foi profesor de anglosaxón no Pembroke College de 1925 a 1945, e profesor de lingua e literatura inglesa no Merton College de 1945 a 1959. Durante esta época mantivo unha boa relación de amizade con C. S. Lewis, formando parte ámbolos dous do mesmo grupo informal de discusión literaria. Foi nomeado Comandante do Imperio Británico pola raíña Isabel II o 28 de marzo de 1972.Trala súa morte, o seu fillo Christopher recompilou e publicou varias obras baseadas nos manuscritos e notas non publicadas do seu pai, incluíndo O Silmarillion. Estas obras, xunto O Hobbit e O Señor dos Aneis forman unha serie de contos, poemas, historias e linguas conectadas ambientadas no mundo ficticio que Tolkien denominou Arda, coa Terra Media dentro dela. Entre 1951 e 1955 Tolkien aplicou o termo legendarium a gran parte destes escritos.Aínda que outros autores anteriores xa tiveran publicado obras de fantasía antes ca Tolkien, a popularidade das súas obras fixo que se lle identifique popularmente coma o "pai" da literatura fantástica moderna. En 2008, o xornal The Times clasificouno no sexto posto nunha lista dos "50 escritores británicos máis importantes dende 1945". Forbes clasificouno no 5º posto das personalidades defuntas con máis ingresos no 2009.

John Tavener

John Tavener, nado en Londres o 28 de xaneiro de 1944 e finado en Child Okeford, Dorset o 12 de novembro de 2013, foi un compositor británico.

Nínive

Para o libro de poesía de Chus Pato véxase: Nínive (1996).Nínive (en acadio: Ninu(w)a, en arameo: ܢܝܢܘܐ ou נינוה, Nīnwē, A que supera as grandes cidades, como é chamada no Libro de Xonás.) era unha importante cidade asiria, próxima á actual Mosul en Iraq. Descrita no Libro de Xonás como "cidade grande excesivamente", atópase na beira oriental do Tigris, ao longo do cal se estende durante 50 quilómetros, cun ancho medio de 20 quilómetros ou máis desde o río ata os outeiros do leste. Toda esta extensa área é agora unha inmensa zona de ruínas.

Situada na confluencia entre o río Tigris e o Khosr, Nínive era un importante punto de paso das rutas comerciais que cruzaban o Tigris. Ocupaba unha posición central nas rutas entre o Mediterráneo e o Índico, unindo así o leste e o oeste, recibindo influencias e riqueza de moitos lugares. Chegou a se converter nunha das máis grandes cidades antigas da historia.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.