Libro de Xob

O Libro de Xob é un libro da Biblia que forma parte dos chamados sapienciais. É unha reflexión, en forma de diálogo, sobre o sentido do sufrimento. Nas Biblias cristiás adoita situarse no primeiro lugar dos sapienciais.

SyriacBibleParisFolio46rJob
Xob e os tres amigos

Sinopse

Xob, un home piadoso e bendicido por Deus con riquezas e fillos, ve probada a súa fe coa enfermidade a perda da súa familia e a pobreza. No medio do sufrimento, uns amigos, Elifaz, Bildad e Sofar, veñen consolalo e comezan a dialogar sobre o sentido do mal e do sufrimento humano, que é o eixo do libro. Este diálogo complétase coa intervención dun quinto personaxe, Elihú, e culmina coa intervención do propio Iavé. O libro remata coa restitución a Xob da saúde e o patrimonio.

Estrutura

O libro consta dun corpo central en forma de diálogo, que se divide en varias seccións, máis un prólogo e un epílogo narrativos:

  • Prólogo: presentación do protagonista, a súa desgraza (capítulos 1 e 2)
  • Diálogo sobre o ben e o mal (capítulos 3-41):
  1. Intervencións de Elifaz, Bildad e Sofar e respostas de Xob (capítulos 3-31).
  2. Intervención de Elihú e resposta de Xob (capítulos 32-37).
  3. Deus fala desde o trebón (capítulos 38-41)
  • Epílogo: a restitución de Xob (capítulo 42).

Autor e data de composición

Para poder falar da autoría do libro, hai que facer primeiro unhas observacións sobre o contido:

  • O libro abre e pecha cunha narración dun home chamado Xob, probado por Deus e recompensado pola súa fe. Estas dúas seccións poderían ser lidas de corrido e terían sentido sen necesidade da parte do diálogo.
  • Hai clara diferenza, na linguaxe e no estilo, entre as partes narrativas do principio e a fin e a sección central dos diálogos.
  • Ao inicio da parte discursiva, son presentados os tres amigos de Xob, Elifaz, Bildad e Sofar, pero non Elihú, que aparece de súpeto ben avanzada a sección central, cando xa remataron os seus diálogos os tres amigos.

Con estes datos os expertos falan de tres fases compositivas:

  • Un relato de orixe popular, con intención moralizante, que tiña como protagonista a Xob.
  • Aproveitando este material, un autor posterior "abriu" o relato e introduciu a reflexión sobre o mal en forma de diálogo entre Xob, os tres amigos e Deus.
  • Un último autor engadiu a intervención de Elihú.

En canto á data de composición, dáse como máis probable o século IV.

O tema da retribución

O xudaísmo veterotestamentario non creía nunha vida máis alá da morte. Os mortos baixaban ao Xeol unha morada dos mortos similar ao Hades grego. Non había un ceo ou inferno no que os homes poidesen ser premiados ou castigados polas súas acións na terra.

Pero sí creían que Deus premiaba e castigaba as boas ou malas accións, só que este premio ou castigo cumpríase nesta vida. Boa saúde e longa vida, fillos e bens materiais eran os medios polos que Deus premiaba as boas accións. Consecuentemente, o pobre, enfermo ou estéril era, en realidade, un pecador castigado por Deus.

Esta crenza víase reforzada polo forte sentido comunitario e de pertenza á famila ou a tribo propio da cultura xudía. Podía ser que a desgraza dunha persoa boa e xusta fora causada polo pecado dalgún dos seus antergos. Do mesmo xeito, o malvado ao que todo lle ía ben podería ter descendentes moi desafortunados que cargarían coas consecuencias dos pecados del.

Tamén podía ser que toda unha colectividade pagara polo pecado dalgún dos seus membros. Así, o pecado do Rei David de intentar facer un censo de Israel, é castigado por Deus cun andazo que afecta a todo o pobo.

Críticas

Esta postura ortodoxa e maioritaria vai recibir fortes críticas:

  • Os profetas, que van apelar á responsabilidade persoal de cada un. Posto que esta doutrina da retribución tamén podía servir para desentenderse das consecuencias dos propios actos.
  • O Eclesiastés que laia o sinsentido da boa fortuna dos malvados.

A retribución en Xob

O libro enfronta as dúas posturas ante o tema, a ortodoxa, representada polos tres amigos e máis por Elihú e a crítica, representada por Xob.

As argumentacións dos tres amigos baséanse nunha exposición da postura ortodoxa, botando man dos argumentos propios dos mestres da lei. Pola contra, Xob fai unha reflexión máis experiencial, unha defensa da coherencia e xustiza da súa propia vida.

O autor do libro pecha a reflexión coa intervención do propio Deus. Aínda que dun xeito que tampouco pecha o tema. Deus e tan omnipotente e tan superior ao home, que este só pode acatar a súa vontade, pero non pode aspirar a entender o porqué dela.

Libro anterior:
2 Crónicas
Xob
(Libros sapienciais)
Libro seguinte:
Salmos
Abelardo Santorum

Abelardo Santorum Alonso, nado en Buenos Aires en 1921 e finado en Ourense en 1975, foi un sacerdote e escritor galego.

Antigo Testamento

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Biblia

A Biblia é o libro que o cristianismo trata como inspirado directamente por Deus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o Novo Testamento) «τα βιβλία» tà biblía, ou sexa, os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.

Canon bíblico

O canon bíblico (do grego κανών "kanon", "vara" ou "medida", que vén do hebreo קנה "kaneh"), é a lista de libros que se considera que forman parte da Biblia.

O criterio de canonicidade que se utiliza é a calidade de inspirado por Deus que debe ter o libro. É canónico o libro inspirado por Deus e queda fóra o libro, aínda de temática relixiosa coma o Talmud, que non goza desa inspiración.

Crocodilianos

Os crocodilianos ou crocodilios son os réptiles da orde Crocodilia (ou Crocodylia), da que existen 24 especies vivas e numerosas fósiles. Son réptiles maioritariamente grandes, predadores e semiacuáticos. Pertencen a esta orde os crocodilos (familia Crocodylidae), os aligátores e caimáns (ambos da familia Alligatoridae) e os gaviais (familia Gavialidae). Aínda que ás veces a palabra crocodilo se usa vulgarmente para referirse a todos os membros da orde, propiamente falando só son verdadeiros crocodilos os da familia dos crocodílidos. Apareceron hai 83,5 millóns de anos no Cretáceo tardío (no piso do Campaniano) e son os parentes vivos máis próximos das aves, xa que ambos os grupos son os únicos superviventes do gran grupo dos Archosauria. O clado Pseudosuchia, que é membro do grupo total da orde, apareceu hai uns 250 millóns de anos no Triásico temperán, e diversificouse durante o Mesozoico.

Os crocodilianos son réptiles con forma de lagartos grandes e de corpo robusto, que teñen longos morros aplanados, colas comprimidas lateralmente, e ollos, oídos e orificios nasais na parte superior da cabeza. Son bos nadadores e poden moverse por terra camiñando con "paso alto" (levantando o corpo do chan) ou con "paso baixo" (preto do chan), e as especies menores mesmo poden galopar. A súa pel é grosa e cuberta de escamas non solapadas. Teñen dentes cónicos como paus e unha trabada moi poderosa. O seu corazón ten catro cámaras e, de modo parecido ás aves, teñen un sistema de circulación do aire en bucle unidireccional nos pulmóns, pero igual que outros réptiles non avianos son ectotermos.

Os crocodilianos encóntranse principalmente en terras baixas dos trópicos, pero os aligátores tamén viven no sueste de Estados Unidos e no río Yangtzé da China. Son fundamentalmente carnívoros, e as diversas especies aliméntanse de animais como peixes, crustáceos, moluscos, aves e mamíferos; algunhas especies como o gavial teñen unha alimentación especializada, mentres que outros como o crocodilo de auga salgada (Crocodylus porosus) teñen dietas xeneralizadas. Os crocodilianos son tipicamente solitarios e territoriais, aínda que poden realizar unha alimentación cooperativa. Durante a época reprodutora, os machos dominantes procuran monopolizar as femias dispoñibles. As femias poñen ovos en niños con forma de burato ou de morea e, a diferenza da maioría dos demais réptiles, coidan as súas crías acabadas de eclosionar.

Hai oito especies de crocodilos que atacan os humanos. O maior número de ataques son os protagonizados polo crocodilo do Nilo. Os humanos son a maior ameaza para as poboacións de crocodilianos debido á caza ou á destrución do hábitat que realizan, pero a cría de crocodilianos en granxas reduciu moito o comercio ilegal de peles de crocodilianos salvaxes. As representacións artísticas e literarias de crocodilianos son frecuentes nas culturas humanas de diversas partes do mundo desde polo menos o antigo Exipto. A primeira mención coñecida da historia de que os crocodilos choran polas súas vítimas, data do século IX, e despois aparece en obras de autores como William Shakespeare de finais do XVI e principios do XVII.

Eclesiastés

O libro do Eclesiastés, (grego ἐκκλησιαστής, Ekklesiastés, hebreo קֹהֶלֶת, Qohéleth), que pode entenderse como o orador ou o que fala na asemblea, forma parte, na Biblia cristiá, dos chamados libros Libros sapienciais, colocado normalmente entre os Proverbios e o Cantar dos Cantares.

O libro recolle as reflexións que un sabio de Israel fai sobre o sentido da vida: o poder, a riqueza, a amizade, a vellez, a morte... Sempre deixando unha pegada moi persoal e incluso un chisco heterodoxa, que o converten nun dos libros máis orixinais da Biblia.

Edom (rexión)

Edom (hebreo: אֱדוֹם ʼĔḏôm(tiberiano), Edom, «Vermello»; en asirio: Udumi; en siríaco: ܐܕܘܡ, ʼedōm) ou Idumea (grego: Ἰδουμαία, Idoumaía; latín: Idūmaea) era unha rexión do Levante mediterráneo, situada ao sur de Xudea e do mar Morto, e habitada tradicionalmente polo pobo semita dos edomitas ou idumeos.A maior parte da información que se ten sobre este pobo provén da Biblia e a arqueoloxía. Orixinouse durante o Bronce Recente grazas ao cataclismo dos Pobos do Mar. Conta Estrabón que os idumeos eran nabateos segregados por disensións. Esta información tamén se pode deducir da Historia natural de Plinio o Vello.

Manuel Casado Nieto

Manuel Casado Nieto, nado en Castro Caldelas o 28 de setembro de 1912 e finado en Barcelona o 18 de decembro de 1983, foi un escritor, tradutor e fiscal galego.

Migración das aves

A migración das aves é o movemento regular estacional que fan moitas especies de aves, xeralmente na dirección norte-sur/sur-norte seguindo unha ruta de voo, entre os seus territorios de cría e os de invernada. Moitas especies de aves migran, o que lles supón un custo en predación e mortalidade, incluíndo a caza polos humanos. A migración está impulsada principalmente pola dispoñibilidade de comida, aínda que tamén inflúen outros factores. Ocorre principalmente no hemisferio norte, onde as aves canalizan a súa migración por rutas específicas determinadas por barreiras naturais como o mar Mediterráneo ou o Caribe.

A migración de especies como cegoñas, rulas, e andoriñas foi rexistrada desde hai máis de 3 000 anos por autores da Antiga Grecia, como Homero e Aristóteles e no Libro de Xob da Biblia. Máis recentemente, Johannes Leche empezou a rexistrar os datos das chegadas de migrantes primaverais en Finlandia en 1749, e os modernos estudos científicos utilizan técnicas como o anelado de aves e o rastreo por satélite para coñecer o movemento das aves migrantes. As ameazas que afrontan as aves migratorias aumentaron coa destrución de hábitats especialmente nos sitios de parada e de invernada, e coa proliferación de estruturas como liñas de alta tensión e muíños para producir enerxía eólica.

O carrán ártico ten a mellor marca de migración a longa distancia, xa que viaxa entre os seus territorios de cría no Ártico e Antártico todos os anos. Algunhas especies de aves con tubos nasais (Procellariiformes) como os albatros circundan a Terrra, voando sobre os océanos do sur, mentres que outras como as pardelas furabuchos migran 14 000 km entre os seus territorios de cría do norte e os océanos do sur. As migracións máis curtas son moi comúns, entre elas están as migracións altitudinais en montañas como os Andes e os Himalaias.

O momento en que se produce a migración parece que está controlado principalmente polos cambios na duración do día. As aves migrantes navegan usando pistas celestes como a posición do Sol e as estrelas, e tamén usan o campo magnético terrestre e mapas mentais.

Mirmeleóntidos

Os mirmeleóntidos (Myrmeleontidae), coñecidos como formigas león (aínda que non son formigas senón que comen formigas), son unha familia de insectos que comprende unhas 2.000 especies, coñecidas polos voraces hábitos predadores das súas larvas, que en moitas especies escavan pozos para atrapar as formigas que pasan ou outras presas. Os insectos adultos son menos coñecidos, xa que voan principalmente entre lusco e fusco ou de noite, e poden ser confundidos con libélulas.

Teñen unha distribución mundial. A maior diversidade preséntana nos trópicos, pero unhas poucas especies encóntranse en zonas de temperaturas frías, como a especie europea Euroleon nostras. Aparecen xeralmente en hábitats secos e areosos nos que as larvas poden escavar doadamente os seus pozos, pero algunhas larvas agóchanse baixo restos ou emboscan as presas entre as follas caídas.

Están mal representadas no rexistro fósil. Xeralmente acéptase que Myrmeleontiformia é un grupo monofilético, e dentro dos Myrmeleontoidea os seus parentes máis próximos vivos crese que son os Ascalaphidae. As accións predadoras das larvas atraeron moita atención ao longo da historia, e estes insectos foron mencionados na literatura desde os tempos clásicos.

Sal común

O sal común é un mineral composto principalmente por cloruro de sodio (NaCl), un composto químico encadrado dentro das sales químicas. Na súa forma natural é un mineral cristalino e coñécese co nome de halita. O sal atópase en grandes cantidades na auga mariña, sendo o mineral principal constituínte da mesma, facendo que estes posúan unha media de salinidade dun 3,5%. O sal é un composto esencial para a vida en xeral, e o salgado é un dos sabores básicos dos humanos. Os tecidos dos animais conteñen maiores cantidades de sal que os das plantas. O sal é tamén un dos condimentos alimenticios máis antigos e comúns, e o salgado é un método historicamente moi importante para a preservación da comida.

Algunhas das primeiras evidencias do procesamento do sal que se coñecen datan de hai uns 8 000 anos, cando os humanos que vivían nunha zona da actual Romanía fervían augas de mananciais para extraer as sales da mesma, e o comezo da extracción de sal na China data de aproximadamente o mesmo período. O sal era moi apreciado polos hebreos, gregos, romanos, bizantinos, hititas, exipcios e indios. O sal era un artigo de comercio moi importante, transportado en barco polo mar Mediterráneo, por estradas construídas especificamente para este propósito e a través do Sáhara en caravanas de camelos. A escaseza e necesidade global do sal levou a varias nacións a disputas e guerras entre elas polo seu control, e é un elemento empregado en varios ritos relixiosos ademais de posuír outros significados culturais.

O sal extráese de minas de sal ou por medio da evaporación de auga mariña. Os principais produtos industriais derivados son a sosa cáustica e as aplicacións de cloro, utilizándose tamén en moitos procesos industriais que inclúen a manufactura de cloruro de polivinilo, plásticos, celulosa e outros produtos. Da produción global anual estimada duns 200 millóns de toneladas de sal, só un 6% do mesmo destínase ó consumo humano. Outros dos seus usos inclúen os procesos de condicionamento da auga, o desxeo de autoestradas e usos na agricultura. O sal comestible véndese en formatos de sal mariña ou sal de mesa entre outros, que adoitan conter antiaglutinantes e poden ser iodadas para previr a deficiencia de iodo. Ademais do seu uso na cociña, o sal atópase presente nunha gran cantidade de alimentos procesados.

O sodio do sal é un nutriente esencial para a saúde humana por mor do seu papel como electrólito e soluto osmótico. Non obstante, o consumo excesivo de sal pode incrementar o risco de enfermidades cardiovasculares en nenos e adultos, coma por exemplo a hipertensión. Os efectos do sal na saúde levan estudándose dende tempo, e varias asociacións e expertos de diversos países recomendaron unha redución do consumo de diversos alimentos moi populares ricos en sal. A Organización Mundial da Saúde recomendou no 2013 que os adultos deberían consumir menos de 2 000 mg de sodio, equivalentes a uns 5 gramos de sal diarios.

Uncial

A uncial é unha grafía particular dos alfabetos latino e grego. Nos sistemas de escritura grego e latino, son os tipos de letras utilizados ata o século VIII d.C. caracterizados polo uso de letras maiúsculas.

Foi Xerome quen deu a estas letras, relativamente grandes, o nome de litterae unciales, isto é, letras dunha polgada de altura. Desde o século III d.C. a uncial grega é utilizada, xunto coa latina, na tradición libraria e o seu foco principal de difusión é o norte de África. É nos ambientes cristiáns onde se desenvolve de xeito máis extenso, é por iso que cando Ulfilas adapta o alfabeto grego para a súa versión da Biblia ao gótico, crea o alfabeto gótico a partir das unciais gregas.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.