Libro de Isaías

O Libro de Isaías é un libro profético da Biblia, que contén a predicación do profeta Isaías e da súa escola. Isaías é o primeiro e o máis extenso dos Profetas maiores. O libro é unha reflexión sobre a evolución política, relixiosa e histórica de Israel desde a reforma de Xosías ata a volta do desterro de Babilonia.

Great Isaiah Scroll
Reprodución fotográfica do Gran Rolo de Isaías, o mellor conservado dos textos bíblicos atopados en Qumrán

Época de composición

Santiago Catedral Pórtico da gloria GDFL6
Isaías (segundo pola dereita) no Pórtico da Gloria

O contido do libro abrangue máis de dous séculos de Historia de Israel: comeza no reinado de Ezequías, do que Isaías foi ministro, segue coa invasión babilónica e o desterro durante o reinado de Xaquín, fala dos tempos do desterro e remata coa volta a Palestina e a reconstrución de Xerusalén. O tempo da composición do libro tal como o coñecemos hai que situala, polo tanto, no século VI antes de Cristo, ou talvez no século V, tendo en conta algúns engadidos posteriores.

Poderiamos facer unha breve cronoloxía do libro:

Historia de Israel Composición do Libro de Isaías
(-716) Reinado de Ezequías (-740 a -700) Primeira parte do Libro de Isaías
(-640) Reinado de Ioxías, reforma relixiosa. O Templo de Xerusalén, único lugar de culto Tradición deuteronómica
Libros de Xosué, Xuíces, I e II Samuel e I e II Reis
(-587 a -539) Desterro de Babilonia (-549 a -539) Segunda parte do Libro de Isaías
-539) Volta do desterro, reconstrución do Templo (-538 a -485) Composición, segundo algúns autores recompilación, da terceira parte do Libro de Isaías

Nesta cronoloxía só faltaría situar os dous fragmentos chamados "pequeno" e "grande" apocalipse de Isaías. Que pode resultar máis complicado pola diversidade de opinións que podemos atopar.

Autor

Isaiah-Michelangelo
Isaías nos frescos da Capela Sistina, de Michelangelo

Para determinar o autor hai que ter en conta, primeiro, varias cousas:

  • A cronoloxía do libro: que abrangue feitos que sucederon nun período de tempo de máis de 200 anos.
  • As tres épocas da historia de Israel das que fala o libro: reino de Xudá, desterro en Babilonia, volta do desterro.
  • As diferenzas na linguaxe, na teoloxía e no estilo literario.
  • Os fragmentos de libro que parecen saírse da temática principal.

Con estes datos, os expertos falan de tres autores:

  • Protoisaías, autor dos capítulos 1 ao 39, correspondente á parte histórica anterior ao exilio, que se identifica co Isaías ministro de Xosías que dá nome a todo o libro.
  • Deuteroisaías: autor dos capítulos 40 a 55, discípulo do primeiro Isaías ou membro da súa escola, responsable das profecías do exilio, destinadas a manter viva a esperanza no pobo de Israel.
  • Tritoisaías: o profeta da volta a Palestina, autor dos capítulos 56 a 66, que anima o pobo ante as dificultades da reconstrución.

Con todo, non falta quen diga que esta última parte, en lugar de ser de autor único, ben podería ser unha recompilación de textos serodios[1].

Ademais, hai uns fragmentos que se poderían atribuír a outro ou outros autores, aínda que neste punto hai bastante división segundo os estudosos, si parece claro no caso dos chamados grande apocalipse (capítulos 24 a 27) e pequena apocalipse (capítulos 34-35).

Isaías e a súa escola

Isaías, o primeiro autor e o que dá título ao libro, era membro dunha familia aristocrática de Xerusalén. Foi ministro do rei Xosías e o grande impulsor da súa reforma relixiosa, que terminou de asentar definitivamente o culto a Iavé en Israel e rematou con tódolos lugares de culto dispersos por Palestina.

Coa súa actividade pública e a súa acción profética creou arredor del unha escola que continuou e ampliou a súa reflexión. Todo ese corpus literario rematou, co tempo, unido nun só texto, que quedou baixo o nome do fundador da escola. Un pouco ao xeito do que sucede con Pitágoras e os pitagóricos.

Notas

  1. ALONSO SCHÖKEL, L. E SICRE DÍAZ J.L: PROFETAS (Comentario) (parte 1), Madrid 1980, Ed. Cristiandad, pax. 95

Véxase tamén

Bibliografía

  • A BIBLIA. Santiago de Compostela, SEPT. 1989. ISBN 84-7337-036-8.
  • ALONSO SCHÖKEL, L. E SICRE DÍAZ J.L (1980). PROFETAS (Comentario) (parte 1). Madrid, Cristiandad. ISBN 84-7057-273-3.

Outros artigos

  • Libros proféticos.
  • Historia de Israel.

Ligazóns externas

Libro anterior:
primeiro libro profético
Isaías
(Libros proféticos)
Libro seguinte:
Xeremías
Antigo Testamento

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Biblia

A Biblia é o libro que o cristianismo trata como inspirado directamente por Deus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o Novo Testamento) «τα βιβλία» tà biblía, ou sexa, os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.

Bob Dylan

Bob Dylan, nado en Duluth (Minnesota) o 24 de maio de 1941 co nome de Robert Allen Zimmerman, é un cantautor e poeta estadounidense. Foi, durante máis de cinco décadas, unha das maiores figuras na música popular, sendo considerado un dos compositores e músicos máis influentes e prolíficos do século XX.Moitos dos máis soados traballos de Dylan datan da década de 1960, na cal se converteu nun cronista informal dos conflitos estadounidenses. Aínda que é ben coñecido por revolucionar o concepto dos límites da música popular en 1965 co single "Like a Rolling Stone" de seis minutos de duración, algunhas das súas primeiras cancións, como "Blowin' in the Wind" e "The Times They Are a-Changin'", convertéronse en himnos antibélicos e dos movementos civís da época, e a el nun artista popular e influente desde os anos sesenta ata hoxe en día. Un dos últimos álbums de estudo de Dylan, Modern Times, publicado en 2006, entrou directamente no primeiro posto da lista Billboard 200 e foi nomeado álbum do ano pola revista musical Rolling Stone.

As primeiras letras de Dylan incorporaban comentarios sobre a situación política e social ademais de referencias filosóficas e literarias que rompían coas convencións da música pop do seu tempo. Mentres expandía e personalizaba estilos musicais, mostraba unha firme devoción por moitas tradicións da música americana, desde o folk, o country, o blues, o gospel, o rock and roll e o rockabilly ata a música folk inglesa, escocesa e irlandesa, pasando polo jazz e o swing..Dylan aparece nas súas actuacións cunha guitarra, un teclado e unha harmónica. Apoiado por unha cambiante aliñación de músicos, permaneceu de xira de forma constante desde finais da década de 1980, no que veu a coñecerse como o Never Ending Tour (a xira interminable). Os seus logros no estudo de gravación e como artista foron unha dos acenos de identidade da súa carreira, aínda que xeralmente considérase que a súa maior contribución consiste na composición e escritura de cancións.Ao longo da súa carreira, Dylan foi recoñecido e honrado polas súas composicións, interpretacións e gravacións. Os seus discos valéronlle varios Grammys, Globos de Ouro e premios da Academia, e o seu nome áchase no Salón da Fama do Rock and Roll, o Salón da Fama de Compositores de Nashville e o Salón da Fama dos Compositores. En xaneiro de 1990, foi investido Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras polo Ministro de Cultura de Francia Jack Lang. En 1999, foi incluído na lista das cen persoas máis influentes do século XX elaborada pola revista Time. No ano 2000, gañou o Premio de Música Polar da Real Academia Sueca de Música, e en 2004 alcanzou o segundo posto na lista dos 100 mellores artistas de todos os tempos elaborada pola revista Rolling Stone, logo de The Beatles. O 13 de xuño de 2007 foi premiado co Premio Príncipe de Asturias das Artes, e en 2008 recibiu un recoñecemento honorario do Premio Pulitzer polo seu "profundo impacto na música popular e na cultura americana, marcado polas súas composicións líricas de extraordinario poder poético". Neste contexto, desde 1996 diversos autores e académicos nomearon a Dylan para a candidatura do Premio Nobel de Literatura. No 2016, Dylan recibiu o Premio Nobel de Literatura, "por ter creado novas expresións poéticas na gran tradición da canción americana".

Canon bíblico

O canon bíblico (do grego κανών "kanon", "vara" ou "medida", que vén do hebreo קנה "kaneh"), é a lista de libros que se considera que forman parte da Biblia.

O criterio de canonicidade que se utiliza é a calidade de inspirado por Deus que debe ter o libro. É canónico o libro inspirado por Deus e queda fóra o libro, aínda de temática relixiosa coma o Talmud, que non goza desa inspiración.

Ciro II

Ciro II o Grande (antigo persa Kurash, persa moderno کوروش بُزُرگ Kurosh-e Bozorg), nado c. -600 e finado no -530, foi un rei iniciador da dinastía aqueménida de Persia e fundador do Imperio aqueménida que gobernou desde c. -559 ata a súa morte en -530.

Constantino Lecapeno

Constantino Lecapeno (en grego, Κωνσταντίνος Λακαπηνός) foi o terceiro fillo do emperador bizantino Romano I Lecapeno (r. 920-944), e coemperador de 924 a 945.

En decembro de 944, conxuntamente co seu irmán maior Estevo Lecapeno, depuxo ao seu pai Romano I, só para ser ambos os derrocados e exiliados polo emperador lexítimo Constantino VII (r. 913-959) unhas semanas máis tarde. Constantino foi desterrado á illa de Samotracia, onde foi asasinado mentres tentaba escapar, entre 946 e 948.

Diabo

Diabo (en latín diabolus, do grego διάβολος, transliteración diábolos, derivado do verbo διαβάλλω, transliteración diabállô, co significado de 'calumniador' ou 'acusador') é o título máis común atribuído á entidade sobrenatural maligna da tradición cristiá. É tratado coma a representación do mal, na súa forma orixinal dun anxo querubín, responsábel da garda celestial, que foi expulsado dos Ceos por ter comezado unha rebelión de anxos contra Deus co obxectivo de tomar o trono. Ao seu aspecto inda descoñecido, moitas son as tentacións de reproducilo. O mais popular o levaría a ter unha cor vermella, con faccións humanas, mais con cornos, rabo puntiagudo e un tridente na man, para remitir a un cetro.

Outro xeito tamén común en canto ao aspecto corresponde á dun ser metade humano, metade bode, co pentagrama invertido inscritos no corpo (imaxe de Bafomet).

Visto dende o punto de vista satanista non é un deus nin un ser pensante, senón unha representación da gran forza que dá equilibrio ao universo (Anton LaVey, fundador da Igrexa de Satán).

Hebreo bíblico

O Hebreo bíblico (en hebreo: עִבְרִית מִקְרָאִית Ivrit Miqra'it ou לְשׁוֹן הַמִּקְרָא Leshon ha-Miqra), tamén coñecido como Hebreo clásico, é unha forma arcaica da lingua hebrea, un idioma caanita-semítica falada polos israelitas na área coñecida como Israel, situada entre o río Xordán e o mar Mediterráneo. O termo hebreo non foi utilizado para referirse a esta lingua na Biblia, que se refire a ela como שפת כנען (linguaxe de Canaan) ou יהודית (xudeu, xudaíta), pero o nome foi utilizado polos gregos e nos textos da Mishná.As orixes da hebreo remóntanse epigráficamente arredor do século X a. C. e a fala desta lingua persistiu durante e despois do período do Segundo Templo, que rematou co sitio de Xerusalén do ano 70.

O hebreo bíblico rexistrado no Biblia hebrea reflicte varias etapas da lingua na súa raíz semítica, así como un sistema vocálico que foi engadido durante a Idade Media polos masoretas.

Existen algunhas evidencias de variacións dialectais rexionais, incluíndo diferenzas entre o hebreo bíblico falado na rexión norte, o Reino de Israel e a rexión sur, o Reino de Xudá. O texto consonántico foi transmitido mediante os manuscritos, e someteuse a redacción durante o período do Segundo Templo de Xerusalén, pero algúns dos seus fragmentos máis antigos (partes do libro de Amos, libro de Isaías, libro de Oseas e libro de Miqueas) poden datarse entre finais do século VIII e comezos do -VII a. C.

Isaías

Isaías, do hebreo, ישעיהו—Ieshaiáhu, e que significa "Yahveh é salvación" foi un dos profetas maiores de Israel, cuxo ministerio tivo lugar durante o século VIII a.C. O ministerio profético de Isaías tivo lugar no reino de Xudá durante as monarquías de Uzías, Jotán, Acaz, Ezequías e Manasés. Profetizou durante a crise causada pola expansión do Imperio asirio. Escribiu polo menos a primeira parte do libro bíblico que leva o seu nome.

Manuscritos do Mar Morto

Os manuscritos do Mar Morto ou rolos de Qumrán, chamados así por atoparse en covas situadas en Qumrán, á beira do mar Morto, son unha colección de 972 manuscritos. A maioría datan de entre os anos 250 a. C. e 66 d. C., antes da destrucción do segundo Templo de Xerusalén polos romanos no ano 70 d. C.

Nauvoo, Illinois

Nauvoo é unha pequena cidade no condado de Hancock, no extremo oeste do estado de Illinois, Estados Unidos. Contaba cunha poboación de 1.071 habitantes, segundo o censo de 2007.

Nauvoo atrae a un gran número de visitantes cada ano por razón do seu legado histórico-relixioso, tanto para membros da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días e outros grupos derivados do movemento dos Santos dos últimos Días, como tamén polo feito de ter sido unha das notables comunidades utópicas icarianas estadounidenses. A súa proximidade ó río Mississippi engádelle elementos naturais peculiares do estado de Illinois.

A cidade foi fundada por Joseph Smith, e nomeada por el do idioma hebreo Sefardí con ortografía anglosaxoa, palabra que provén do libro de Isaías 52:7, «Como de fermosos son sobre os montes ...!»

O aspecto relixioso que dominaba o pasado de Nauvoo perdeu ímpeto hoxe en día, agora é unha rexión primordialmente produtora de viño, tendo o viñedo máis antigo do estado. O código postal de Nauvoo é 62354.

Nazaret

Este artigo trata sobre a cidade de Israel, para a cidade portuguesa véxase Nazaré, para a belga véxase Nazareth.

Nazaret (en hebreo: נָצְרַת, Natzrat; en árabe: النَّاصِرَة, an-Nāṣira, en arameo: ܢܨܪܬ, Naṣrath) é a capital e a cidade máis poboada do Distrito Norte de Israel. A cidade é coñecida como a capital árabe de Israel. En 2016 a súa poboación era de 75.922 habitantes Os seus habitantes son principalmente árabes, dos cales un 69% son musulmáns e un 30.9% cristiáns. Nazareth Illit (lit. "Upper Nazareth"), declarada cidade separada en xuño de 1974, está construída xunto á Nazaret, e tiña unha poboación xudía de 40.312 habitantes en 2014.No Novo Testamento, a cidade aparece como o lugar da Anunciación e no que pasou a súa infancia Xesucristo, polo que é un importante lugar de peregrinación entre os cristiáns.

Rishon LeZion

Rishon LeZion (hebreo: ראשון לציון

) é unha cidade do Distrito Central de Israel, ao sur da cidade de Tel Aviv. Segundo a Oficina Central de Estatísticas de Israel (CBS), a finais de 2015 a cidade tiña unha poboación de 243 973 habitantes.

Sainte-Chapelle

A Sainte-Chapelle (Santa Capela en galego ou co nome completo Capela real da Île de la Cité) é unha capela gótica situada na Île de la Cité (Illa da Cidade) no centro de París (Francia), construída no século XIII por Luís IX (San Luís). Foi proxectada en 1241, iniciada en 1246 e concluída moi axiña, sendo consagrada en abril de 1248. Está considerada unha das obras principais do período radiante da arquitectura gótica. Foi construída para acoller as reliquias adquiridas polo rei Luís IX, polo que foi considerada coma un enorme relicario. As paredes foron remprazadas por grandes fiestras que filtran a luz grazas ás vidreiras polícromas.

Sefer oklá ve-oklá

O nome sefer oklá ve-oklá, ochlá ve-ochlá ou ojlá ve-ojlá (hebreo: סֵפֵר אָכְלָה וְאָכְלָה; AFI: [ˈseˌfeʁ oχˈla ˌveoχˈla]), refírese a unha vella obra masoreta na que son recadadas observacións e regras da masorá. O contido do libro consiste de grupos de palabras destacadas pola súa raridade no texto ou por causa de certas peculiaridades no modo como foron escritas, os itens son axeitados segundo unha orde alfabética ou segundo a orde dos libros da Biblia, ou aínda segundo algún outro criterio. Hai aínda breves comentarios e glosas das regras sobre os varios fenómenos atopados no texto orixinal da Tanak.O nome do libro, xa un exemplo do seu contido, é unha lista de palabras que se atopan apenas dúas veces no texto bíblico, en dúas pasaxes distintas: a primeira ven de oghlá (אָכְלָה), no verso 1 Samuel 1:9א; a outra, de ve-oghlá (וְאָכְלָה), no verso Xénese 27:19ב, que é exactamente o mesmo vocábulo maila conxunción "ve" (וְ), que, por característica propia da lingua hebrea, é aglutinada á palabra subsecuente e funciona coma a galega "e". O autor da obra quédase ignoto.Rabi Xonás, un pescudador da lingua hebrea durante a Idade Media, xa menciona o libro, non só como nota lexicográfica, mais no seu primeiro traballo, chamándolle alí de Masoret oghlá ve-oghlá e apontándoo como o libro máis correcto sobre masorá. En todo caso, a comezos do século X d.e.c., o lexicógrafo caraíta David Ben Abraham citao so o título "A grande masorá", en árabe, sendo tamén referido como Masoret ha-Gedolá por Rashi e o seu neto Rabenu Tam. E resta claro, ademais, segundo referencias en manuscritos, que Rabbi Xerson Ben Xudá, a "Luz do Exilio" (d. 1040), fixo unha copia desta "Grande Masorá", é dicir, sefer oghlá ve-oghlá. No século XII d.e.c., outra transcrción foi feita polo rabino Menahem de Joigny. Heinrich Graetz interpretou erroneamente a primeira referencia no sentido de que o rabino Xerson escribírao, pero polo tempo de Xerson este traballo xa era ben coñecido e altamente valorado en España, conforme a mostra a citación de rabí Xonas. No século XIII d.e.c., David Kimhi mencionouo e, no século seguinte, unha copia foi levada da Cataluña para Venecia.Mentres Jacob Ben Hayyim estaba traballar no contido de masorá para a edición Bomberg da Biblia (1524–25), foi buscar a maioría do material para compor o epílogo da obra, isto é, para a sección chamada de masorá final, nas páxinas do Sefer Oghlá ve-oghlá. Elias Levita utilizouno tamén nos seus estudos masoréticos, describíndoo como un libro pequeno en tamaño mais grande en valor.Por tres séculos supúñase estar perdido, ata que foi publicado so o título Das Buch Ochlah W'ochlah (Hanover, 1864), por Solomon Frensdorff, que fixo o seu traballo baseado nun manuscrito atopado na Bibliothèque Nationale (rexistro MS nº 148), en París. Esta edición levou á descubierta dun segundo manuscrito na biblioteca da Universidade de Halle, por H. Hupfeld, que o describiuno no "Z. D. M. G.".O libro é valorado como o tratado masorético máis amplamente publicado e a compilación máis ancha. A edición baseada no manuscrito de Halle é considerado máis preciso e tendo o mor contido, unha vez que encerra fragmentos da Guenizá do Cairo. Graetz, comparando a edición de Frensdorff co manuscrito de Halle, amosou que a versión non editada do traballo contiña un texto máis temperán e máis completo, e que a versión utilizada por Jacob Ben Hayyim debería ter sido distinta das outras dúas.No manuscrito de Halle, o material é loxicamente arrumado en dúas ordes, a pesar de que esta división non é observada na edición. De feito, o manuscrito de Halle foi publicado en momentos distintos: a primeira parte foi publicada por Fernando Días Esteban; a segunda, por Bruno Ognibeni. O manuscrito, que ten pasaxes citadas na copia de Rabbi Gershom e, ben así, as citacións de Rashi están de acordo, inclúe máis de 500 números en vez dos 374 da edición, polo que é evidente que no curso de tempo o Oklá ve-oklá recibiu varias revisións e amplifications, conforme Rabenu Tam xa sinalaba cando dixo que varias cousas foron engadidas ao libro "Grande Masorá".Ó asumir as evidencias e pescudas ata o momento, Bruno Ognibeni (1991) concluíu que o texto, nunha forma menos completa, predata o século X d.e.c.

Xesús de Nazaret

Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.

Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo ou Xesús Cristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o Fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que -coa súa morte e posterior resurrección- redimiu o xénero humano. O xudaísmo nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No islam, onde é coñecido como Isa, é considerado un dos profetas máis importantes.

Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeu que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea, e foi crucificado en Xerusalén en torno ao ano 30, baixo o goberno de Poncio Pilato.

O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás), especialmente da utilizada para a composición dos Evanxeos sinópticos, redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.