Libro de Enoc

O termo Libro de Enoc pódese referir a un dos libros atribuídos ó personaxe bíblico Enoc:

Abel

Este artigo trata sobre o personaxe bíblico, para o nome véxase:Abel (nome).

Abel é, segundo a Biblia, o segundo fillo de Adán e Eva. O seu nome significa "O que está con Deus". Foi asasinado polo seu irmán Caín, quen envexaba a satisfacción divina coas ofrendas de Abel; de acordo ao relato, a súa foi a primeira morte dun ser humano.

Arcanxo Uriel

Uriel (hebreo: אוּרִיאֵל; grego: Ουριήλ; copto: ⲟⲩⲣⲓⲏⲗ; «Deus é a miña luz» ou «lume de Deus»), é, nas tradicións xudía e cristiá, un arcanxo que serve como mensaxeiro de Deus. Aparece nas mencións no libro Zohar, 2 Esdras, Libro de Enoc e outra literatura esotérica.

Azazel

Azazel (en hebreo: עֲזָאֵל, עֻזׇאֵל, עוזיאל; en árabe: عزازيل) é, segundo o Libro de Enoc, un anxo caído. Na Biblia, o nome Azazel está asociado co rito da expiación; o nome representa un lugar desolado onde foi enviado un chivo expiatorio a que sufrise os pecados dos xudeus durante o Yom Kippur. Un bode era sacrificado para o Creador e outro era destinado a Azazel, sendo este último animal encamiñado para morrer no deserto levando consigo os pecados do pobo. Azazel tamén é comunmente coñecido como o responsábel do pecado da Ira entre os Sete Príncipes do Inferno (que corresponden cos sete pecados capitais). Durante o período do Segundo Templo, aparece como un anxo caído responsable de introducir ós humanos coñecementos prohibidos. O seu papel como anxo caído tamén está presente en parte das tradicións cristiá e musulmá.

Manuscrito Voynich

O manuscrito Voynich é un misterioso libro ilustrado de contido hoxe incomprensíbel. Crese que foi escrito hai aproximadamente 400 anos por un autor descoñecido que se valeu dun sistema de escrita non-identificado e unha linguaxe inintelixíbel, así como de ilustracións a cor desconcertantes.

A teoría hoxe máis aceptada é que o manuscrito foi creado como peza de arte no correr do século XVI, coma unha fraude. O defraudador sería o mago e astrólogo inglés Edward Kelley contando coa axuda do filósofo John Dee para enganar a Rodolfo II de Xermania (do Sacro Imperio Romano).

O libro foi adquirido polo polonés-estadounidense Wilfrid M. Voynich, quen lle deu o seu nome, ao compralo en 1912. A partir de 2005, o manuscrito Voynich pasou a ser o item MS 408 na Beinecke Rare Book and Manuscript Library (Biblioteca Beinecke de libros raros e manuscritos) da Universidade Yale. A primeira edición facsímile foi publicada en 2005 (Le Code Voynich), cunha curta presentación en francés do editor, Jean-Claude Gawsewitch. O seu número de rexistro é ISBN 2-35013-022-3.

Ao longo de súa existencia rexistrada, o manuscrito Voynich ten sido obxecto de intenso estudo por parte de moitos criptógrafos, incluíndo algúns dos maiores descifradores norteamericanos e británicos dos tempos da segunda guerra mundial. Todos eles non deron descifrado ningunha soa palabra, o que transformou o manuscrito Voynich nun tema famoso da historia da criptografía, como tamén a estender a teoría de que é simplemente un engano moi ben tramado, é dicir, unha secuencia arbitraria de símbolos.

Mais que cumpra a lei de Zipf, que di que en todas as linguas coñecidas a lonxitude das palabras é inversamente proporcional á súa frecuencia de aparición (cantas máis veces aparece unha palabra nun idioma, máis curta é), fai pensar que se trata non só dun texto redactado nunha linguaxe concreta, senón tamén que se trata dunha lingua natural, xa que as linguas artificiais, como os idiomas élficos de Tolkien ou o klingon de Star Trek, non cumpren esta regra. Isto é debido á economía lingüística: as palabras que máis utilizamos son máis curtas e así requiren menos enerxía, por iso o uso dunha lingua acaba impoñendo esta lei, enunciada moitos séculos despois da creación deste manuscrito, e polo tanto, é improbable que o autor a aplicase a unha lingua inventada por el.

En 2009, investigacións da Universidade de Arizona demostraron, mediante a proba do carbono-14, e cunha fiabilidade do 95%, que o pergamiño do manuscrito podía datarse entre 1404 e 1438. Por outra parte, o McCrone Research Institute de Chicago demostrou que a tinta foi aplicada non moito despois, confirmando así que o manuscrito é un auténtico documento medieval.Sobre o lugar no que puido terse escrito, tan só se dispón dunha posible pista. Nunha das súas ilustracións aparece unha cidade amurallada, e son as súas ameas debuxadas as que aportan unha orientación. A súa forma é a das ameas chamadas de cola de andoriña, un estilo estético que máis tarde, no renacemento, se popularizou por toda Europa, pero que no momento no que supostamente se elaborou o manuscrito, segundo os últimos estudos da Universidade de Arizona, só se podía encontrar no norte de Italia. Quizais na ampla rexión que transcorre entre Milán e Venecia.

Manuscritos do Mar Morto

Os manuscritos do Mar Morto ou rolos de Qumrán, chamados así por atoparse en covas situadas en Qumrán, á beira do mar Morto, son unha colección de 972 manuscritos. A maioría datan de entre os anos 250 a. C. e 66 d. C., antes da destrucción do segundo Templo de Xerusalén polos romanos no ano 70 d. C.

Metatrón

O Metratón, segundo as relixións do xudaísmo e do cristianismo, é un anxo encargado de comunica-la vontade de Deus a outros anxos e incluso aos seres humanos. Na tradición talmúdica, Metratón fora en vida Enoc, protagonista do libro de Enoc da Biblia. Foi o anxo que conduciu o pobo de Israel no Éxodo dende Exipto ata a terra de Canaán.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.