Libro de Daniel

O Libro de Daniel, é considerado tradicionalmente como un libro profético da Biblia, aínda que é unha obra que abrangue diversos xéneros literarios: a historia, a literatura apocalíptica, o relato con fondo moral, moitas veces próximo á caricatura do estranxeiro.

Santiago Catedral Pórtico da gloria GDFL6
Daniel e o seu sorriso (segundo pola esquerda) no Pórtico da Gloria

Unha cuestión de principio. Os idiomas do libro

O libro de Daniel é un caso único na Biblia, en canto que é o único escrito -na versión máis longa aceptada como canónica polos cristiáns- nos tres idiomas da Biblia: hebreo, arameo e grego:

  • Hebreo: Daniel 1,1-2,4a e capítulos 8 a 12.
  • Arameo: 2,4b-7,28.
  • Grego: 3,24-90 e capítulos 13 e 14.

Podemos entender que os fragmentos en grego son adicións posteriores, escritas xa orixinalmente nesa lingua. A combinación de arameo e hebreo pódese deber á unión de dúas coleccións distintas de relatos, aínda que tampouco se pode descartar que parte do que hoxe lemos en hebreo fose, en realidade, unha tradución dun orixinal arameo, por exemplo, o inicio do libro.

En calquera caso, a cuestión do idioma é chave para poder falar do autor, a estrutura e a canonicidade do libro.

Autor e data de composición

Tradicionalmente, e como se tiña por costume, atribuíselle o libro a quen aparece como autor: Daniel, xudeu desterrado en Babilonia nos tempos do rei Xaquín, en verbas do propio libro. Unha análise crítica do libro pode axudar a achegarnos ao tema da autoría do libro:

  • Os cambios de estilo e de temática: desde o texto próximo á crónica real ata os relatos que están preto da caricatura.
  • As incoherencias do propio texto á hora de falar do protagonista: tanto o podemos atopar convertido en xefes de adiviños (unha sorte de conselleiro xefe) do rei, para uns parágrafos máis adiante, ser un completo descoñecido na corte.
  • A diversidade de linguas: é un único libro da Biblia que usa as tres linguaxes bíblicas, polo menos na versión que os católicos consideran canónica.
  • Os distintos xéneros literarios: histórico, episódico e apocalíptico.

Todo apunta a que estamos diante dun libro que tivo un proceso de composición bastante complexo, é dicir, para chegar ao texto que coñecemos, houbo moitos textos e materiais dos que se partiu, distintos redactores, materiais de distintas castes, desde crónicas oficiais ata relatos populares, e uns redactores posteriores que puxeron unha orde e, baixo o nome de Daniel, lle deron certa coherencia ao libro.

Para poder precisar cal foi o autor, ou autores, do libro temos primeiro que falar da personaxe de Daniel e do proceso de composición, que nos vai permitir centrar autor e data.

Daniel

O profeta Ezequiel, fala dun Daniel, como home sabio. Tamén hai autores que relacionan a este Daniel co protagonista de escrito babilónico de D’nil.

En calquera caso, poderiamos falar dunha personaxe histórica dos tempos do exilio, que colleu sona pola súa sabedoría e a súa capacidade para interpretar os soños –o que nós entenderiamos como capacidade de penetración psicolóxica- , unha sona que continuou espallándose entre as xeracións posteriores do pobo israelita, ata convertelo nunha personaxe novelesca, protagonista de múltiples relatos.

Proceso de composición

Os distintos relatos sobre Daniel, que se contaban de pais a fillos, foron tomando corpo ata converterse en sagas que acabaron postas por escrito.

Posteriormente, e nunha primeira fase, uníronse os relatos en linguas hebrea e aramea (as dúas primeiras partes do libro).

Máis tarde, incorporáronse os relatos gregos de temática máis popular, que forman a ultima parte do libro.

Data de composición

O proceso final de composición do libro, que o deixou tal como o coñecemos, debeu producirse na época da dominación seléucida, no século II antes de Cristo. Que é ata onde chegan as visións de contido histórico, como a coñecida do xigante cos pés de barro.

Estrutura e contido do libro

A división máis aceptada presenta un libro dividido nunha introdución e tres seccións, que coinciden, en xeral, cos tres idiomas nos que está escrito.

Seccións do libro Contido
Capítulo 1. Introdución Presentación do autor e do contexto do libro.
Capítulos 2-7. Primeira sección narrativa Capítulo 2: soño de Nabucodonosor
Capítulo 3: a estatua de Nabucodonosor
Capítulos 4 e 5: o destino de Nabucodonosor e da súa dinastía
Capítulo 6: O rei Darío e Daniel
Capítulo 7: soño de Daniel
Capítulos 8 a 12. Sección apocalíptica Capítulo 8: visión do carneiro e o castrón
Capítulo 9: visión das setenta semanas
Capítulos 10 a 12: visión dos tempos derradeiros
Capítulos 13 e 14. Segunda sección narrativa Capítulo 13: relato da "Casta Susana"
Capítulo 14,1-22: Os sacerdotes de Bel
Capítulo 14,23-32: Daniel e o dragón

Segunda sección narrativa

Giuseppe Bartolomeo Chiari - Susannah and the Elders - Walters 371880
A Casta Susana e os Vellos. Obra de Giuseppe Bartolomeo Chiari. Museo de Arte Walters

A sección que pecha o libro na súa versión católica, é un texto deuterocanónico. Incorporouse serodiamente ao canon bíblico e só a admiten como inspirado os católicos.

Son 3 relatos con sabor popular e incluso cun certo ton de caricatura. Os relatos seguen sempre un mesmo esquema: a inxustiza e a mentira quedan en evidancia e os culpables son castigados grazas á sabedoría de Daniel o a protección que Deus presta sempre aos seus.

  • A Casta Susana: unha muller inxustamente acusada de adulterio, vese libre da morte -ao tempo que os seus acusadores son castigados- grazas á astucia dun Daniel aínda neno. Con respecto aos outros relatos ten dúas características propias: neste caso a inxustiza nace do propio pobo de Israel (dous vellos mestres da lei) e non de Babilonia, símbolo de todo mal; o protagonista é un Daniel neno, algo singular en todo o libro.
  • Os sacerdotes de Bel: relato de ton caricaturesco onde de novo a astucia e Daniel deixa en evidencia a falsidade dos ídolos, neste caso o deus Bel, e as mentiras argalladas polos seus sacerdotes.
  • Daniel e o dragón: segue o tema do anterior, a loita contra os ídolos. Combínanse a astucia e o valor de Daniel, que derrota o dragón e a protección divina, que o salva dos leóns. O tema da loita contra o dragón (vello símbolo do mal) vai aparecer na literatura cristiá posterior: O dragón da Apocalipse, a lenda de San Xurxo, a figura da Coca en festas como a do Corpus en Redondela...

Uso no Novo Testamento

A referencia máis importante no Novo Testamento é a que os Evanxeos fan a Daniel 7,13: "Proseguín ollando as visións nocturnas, e, velaquí, sobre as nubes do ceo viña alguén semellante a un fillo de home, que se dirixiu cara ao ancián e presentouse diante del. O título de "fillo de home" aparece repetidamente nos Evanxeos, posto en boca de Xesús, que se define a si mesmo con ese termo. Deixando claro, iso si, que os evanxelistas prescinden do senso orixinal do termo para convertelo en título mesiánico referido a Xesús.

Véxase tamén

Bibliografía

  • A Biblia. Santiago de Compostela, SEPT. 1989. ISBN 84-7337-036-8.
  • Alonso Shöel, L. e Sicre Díaz J. L. (1980). Profetas (Comentario) (parte II). Madrid, Cristiandad. ISBN 84-7057-273-3.

Outros artigos

  • Libros proféticos.
  • Literatura apocalíptica

Ligazóns externas

Libro anterior:
Ezequiel
Daniel
(Libros proféticos)
Libro seguinte:
Oseas
Antigo Testamento

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Arcanxo Gabriel

Gabriel (en hebraico גַּבְרִיאֵל, no hebraico moderno Gavriʼel, no hebraico tiberiano Gaḇrîʼēl; en latín Gabrielus; en grego Γαβριήλ, transl. Gabriēl; en árabe جبريل, trans. Jibrīl ou جبرائيل, transl. Jibrail; todos do aramaico Gabri-el, "home forte de Deus"), é, nas relixións abrahámicas, un anxo que serve como mensaxeiro de Deus. Aparece por vez primeira nunha mención no Libro de Daniel, na Biblia hebraica. Nalgunhas tradicións é considerado un dos arcanxos, noutras como anxo da morte.

Como santo cristián, a súa festa celébrase o 18 de marzo (vetus ordo) ou o 29 de setembro (novus ordo). Venérase tanto por cristiáns, coma xudeus e musulmáns. Os seus atributos son as vestimentas azuis ou brancas, un lirio, unha lámpada, unha póla do Paraíso, un rolo de pergamiño, e un cetro, en actitude de saúdo ou beizón. É padrón da diplomacia e a comunicación (traballadores das telecomunicacións, radio, mensaxeiros, correo, cregos, diplomáticos, coleccionistas de selos...) Tamén é padrón de Portugal.

Con base en dúas pasaxes do Evanxeo segundo Lucas, diversos cristiáns e musulmáns Gabriel tería anunciado os nacementos de Xoán o Bautista e Xesús Cristo. O islam, alén diso, cre que Gabriel tería sido o medio polo cal Deus optou por revelar o Corán a Mahoma, e que a través del tería enviado unha mensaxe aos profetas revelándolles as súas obrigas. Coñécese coma o xefe dos catro anxos favorecidos, e o espírito da verdade, e en certas crenzas sería unha personificación do Espírito Santo. Gabriel menciónase tamén na fé Bahá'í, especificamente na obra mística de Bahá'u'lláh, Sete Vales.

Cítase varias veces na Biblia; como en Daniel 8:16 e 9:21.Ao anxo Gabriel confióuselle a misión máis importante confiada a alguén: anunciar o nacemento do fillo de Deus. O xeito de presentación cando se apareceu a Zacarías para lle anunciar que ia ter por fillo a Xoán o Bautista foi este: "O anxo respondeu: ‑Eu son Gabriel, o que estou preto de Deus e mandoume para falar contigo e darche esta boa nova.Lucas o Evanxelista dixo: "Os seis meses, Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, onda unha mociña prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María. Entrando onde estaba ela, díxolle: ‑Alégrate, chea de graza, o Señor está contigo. Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significar o saúdo aquel. O anxo continuou: ‑Non teñas medo, María, porque ti atopaches graza ante Deus; e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.Segundo a tradición, os arcanxos son os mensaxeiros (en grego "archangélos") de Deus das Boas Novas, axúdannos a dar bo rumbo e dirección á nosa vida, dannos comprensión e sabedoría. É a el que recorren os que precisan deses dons.

Segundo a relixión islámica, ao anxo Gabriel foille atribuída a revelación do Corán ao profeta Mahoma, que tería ocorrido cando mahoma estaba a pregar e meditar nunha montaña da Meca. Con base nas revelacións dese episodio, Mahoma tería comezado a súa saga de divulgacións das obras de Deus, no que viría a ser o islamismo.

Biblia

A Biblia é o libro que o cristianismo trata como inspirado directamente por Deus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o Novo Testamento) «τα βιβλία» tà biblía, ou sexa, os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.

Canon bíblico

O canon bíblico (do grego κανών "kanon", "vara" ou "medida", que vén do hebreo קנה "kaneh"), é a lista de libros que se considera que forman parte da Biblia.

O criterio de canonicidade que se utiliza é a calidade de inspirado por Deus que debe ter o libro. É canónico o libro inspirado por Deus e queda fóra o libro, aínda de temática relixiosa coma o Talmud, que non goza desa inspiración.

Ciro II

Ciro II o Grande (antigo persa Kurash, persa moderno کوروش بُزُرگ Kurosh-e Bozorg), nado c. -600 e finado no -530, foi un rei iniciador da dinastía aqueménida de Persia e fundador do Imperio aqueménida que gobernou desde c. -559 ata a súa morte en -530.

Ciro in Babilonia

Ciro in Babilonia, ossia La caduta di Baldassare (en galego Ciro en Babilonia, ou a caída de Baldassare) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini sobre un libreto en italiano de Francesco Aventi baseado no Libro de Daniel 5, 1-30 da Biblia. A ópera foi estreada no Teatro Comunale de Ferrara o 14 de marzo de 1812.

Daniel (profeta)

Daniel (en hebreo: דָּנִיּאֵל; en árabe: دانيال) é o profeta, autor e protagonista principal do Libro de Daniel, que se acha incluído tanto no Tanak como na Biblia.No libro de Ezequiel noméase certo Daniel como unha persoa de excepcional sabedoría e rectitud (Ez. 14: 14, 20 e 28: 3). Tamén aparecen mencionados outras dúas personaxes co mesmo nome, a saber: Daniel, fillo de David (1 Cr 3:1 e 2 Sam 3:3) e Daniel fillo de Itamar, de familia sacerdotal, un dos exiliados que retornaron con Esdras en 458 a.C. (Esd 8:2).

De excidio et conquestu Britanniae

De Excidio et Conquestu Britanniae (latín para "Sobre a Ruína e Conquista de Britania"), é unha obra escrita no século VI polo clérigo britano Xildas. É un sermón en tres partes, que condena os actos dos contemporáneos de Xildas, tanto seculares como relixiosos, a quen culpa da lamentábel situación da Britania posromana. É unha das máis importantes fontes para a historia de Gran Bretaña nos séculos V e VI, xa que é a única fonte significativa para o período escrito por un case contemporáneo dos feitos descritos.

A parte I contén unha narración da historia Británica desde a conquista Romana ao tempo de Xildas; inclúe referencias a Ambrosio Aureliano e a vitoria britana contra os saxóns na Batalla de Mons Badonicus. A parte II é unha condena de cinco reis polos seus numerosos pecados, incluíndo tanto figuras escuras como relativamente ben documentadas, tales como Maelgwn Gwynedd. A parte III é un ataque similar ao clero britano da época.

Novela policial

A novela policial, ou novela detectivesca, é un subxénero dentro da novela. O seu principal móbil constitúeo a resolución dun enigma, xeralmente de tipo criminal. Adoita tratarse dunha estrutura novelística pechada.

Rego (revista)

Rego, con subtítulo Documentos pro galeguismo, foi unha revista clandestina galega de carácter nacionalista, editada nos anos finais da ditadura (1975) pola editorial Roi Xordo en Xenebra. A pesar da súa curta duración, tivo moito a ver co espallamento das ideas galeguistas e democráticas nun mundo sumido nas políticas ditatoriais. O seu formato consistía en páxinas fotocopiadas e algunha fotografía ou debuxo con temática galega.

Sainte-Chapelle

A Sainte-Chapelle (Santa Capela en galego ou co nome completo Capela real da Île de la Cité) é unha capela gótica situada na Île de la Cité (Illa da Cidade) no centro de París (Francia), construída no século XIII por Luís IX (San Luís). Foi proxectada en 1241, iniciada en 1246 e concluída moi axiña, sendo consagrada en abril de 1248. Está considerada unha das obras principais do período radiante da arquitectura gótica. Foi construída para acoller as reliquias adquiridas polo rei Luís IX, polo que foi considerada coma un enorme relicario. As paredes foron remprazadas por grandes fiestras que filtran a luz grazas ás vidreiras polícromas.

Stephen Jay Gould

Stephen Jay Gould (/guːld/), nado en Nova York o 10 de setembro de 1941 e finado na mesma cidade o 20 de maio de 2002, foi un paleontólogo, xeólogo, biólogo evolutivo e historiador da ciencia estadounidense e un dos máis influentes e lidos divulgadores científicos da súa xeración.Gould pasou a maior parte da súa carreira docente na Universidade Harvard e traballando no Museo Americano de Historia Natural de Nova York. Nos últimos anos da súa vida, impartiu clases de bioloxía e evolución na Universidade de Nova York, próxima á súa residencia no SoHo.

A maior contribución de Gould á ciencia foi a teoría do equilibrio interrompido (ás veces traducido como “puntuado”, do inglés punctuated equilibrium) que desenvolveu con Niles Eldredge en 1972. A teoría propón que a maioría dos procesos evolutivos están compostos por longos períodos de estabilidade, interrompidos por episodios curtos e pouco frecuentes de bifurcación evolutiva. A teoría contrasta co gradualismo filoxenético, que é a idea xeneralizada de que o cambio evolutivo se caracteriza por un patrón homoxéneo e continuo, é dicir, os seres vivos evolucionan sufrindo pequenos cambios constantes e sempre máis ou menos ao mesmo ritmo.

A maior parte da investigación empírica de Gould baseouse nos xéneros de caracois terrestres Poecilozonites e Cerion e ademais contribuíu á bioloxía evolutiva do desenvolvemento. Na súa teoría evolutiva opúxose ao seleccionismo estrito, á sociobioloxía aplicada a seres humanos e á psicoloxía evolucionista. Fixo campaña contra o creacionismo e propuxo que a ciencia e a relixión sexan considerados dous ámbitos distintos, ou «maxisterios», cuxas autoridades non se solapan.Para o público xeral Gould é coñecido sobre todo polos seus máis de 300 ensaios divulgativos publicados na revista Natural History, e outros libros destinados a unha audiencia non especialista. Moitos dos ensaios de Gould para a revista Natural History foron reimpresos en libros entre os que sobresaen Desde Darwin e O pulgar do panda. Os seus tratados máis populares inclúen libros como A falsa medida do home, A vida marabillosa e A grandeza da vida. O seu libro Ontoxenia e Filoxenia tivo grande sona. Pouco tempo antes da súa morte, Gould publicou un longo tratado recapitulando a súa versión da teoría evolutiva moderna chamado A estrutura da teoría da evolución (2002). En 2000, a Libraría do Congreso dos EUA nomeouno "Lenda Viva".

The Thirteenth Floor

The Thirteenth Floor é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Josef Rusnak que foi estreado en 1999.

Vita Merlini

Vita Merlini (en galego A vida de Merlín) é unha obra do autor normando-galés Geoffrey de Monmouth, escrita en latín por volta do ano 1150. Contén acontecementos da vida do mago británico Merlín.

Xesús de Nazaret

Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.

Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo ou Xesús Cristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o Fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que -coa súa morte e posterior resurrección- redimiu o xénero humano. O xudaísmo nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No islam, onde é coñecido como Isa, é considerado un dos profetas máis importantes.

Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeu que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea, e foi crucificado en Xerusalén en torno ao ano 30, baixo o goberno de Poncio Pilato.

O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás), especialmente da utilizada para a composición dos Evanxeos sinópticos, redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.