Libre comercio

O libre comercio é un concepto económico, referente á venda de produtos entre países, libre de aranceis e de calquera forma de barreira comercial.

O libre comercio supón a eliminación de barreiras artificiais (regulamentos gobernamentais) ao comercio entre individuos e empresas de diferentes países.

O comercio internacional é a miúdo restrinxido por diferentes impostos nacionais, aranceis, impostos aos bens exportados e importados, así como outras regulacións non monetarias sobre bens importados. O libre comercio oponse a todas estas restricións.

Historia

O Libre comercio foi unha doutrina política xurdida no século XVIII en oposición ao entón reinante mercantilismo.

A súa premisa básica é que as restricións impostas polos gobernos ao intercambio voluntario de bens e servizos prexudican a economía e diminúen o volume de comercio.

Os seus defensores dividíanse entre "utilitarios", que defendían o pragmatismo e as vantaxes de incrementar o comercio, e os "manchesterianos" (ou liberais) que defendían o dereito fundamental de todo home a intercambiar libremente a súa propiedade con nacionais e estranxeiros.

A súa maior vitoria foi a derrogación das Leis de Cereais por parte de Robert Peel en 1846 tras unha longa e celebre campaña por parte de Cobden e Bright.

Dende 1950, cando Robert Schuman lanza a idea que leva á creación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), o que constitúe o inicio da actual Unión Europea (UE), esta organización puxo en funcionamento distintas formas de libre comercio entre os seus membros mediante as zonas francas.

En 1994, os Estados Unidos (EE.UU.) iniciaron o seu primeiro exercicio de libre comercio co Tratado de Libre Comercio de América do Norte (TLCAN), que inclúe a México e Canadá.

Argumentos a favor e en contra

Algúns dos acordos que foron denominados de "libre comercio" polos seus propoñentes, poden crear barreiras ao mercado libre. Os críticos destes tratados venos como unha forma de protección dos intereses das empresas multinacionais.

Existe un debate permanente de se o libre comercio axudará ou non ás nacións do terceiro mundo. Cuestiónase ata se o libre comercio é conveniente ou non para o mundo desenvolvido.

Moitos economistas argumentan que o libre comercio mellora a calidade de vida a través da teoría da vantaxe comparativa e das economías de escala. Outros argumentan que o libre comercio permite aos países desenvolvidos explotar aos países do terceiro mundo, destruíndo a industria local destes países. En contraposición, díxose que o libre comercio afecta ao mundo desenvolvido pola perda de empregos destas nacións, os cales móvense a outros países, producindo unha carreira cara ao abismo que xera unha deterioración xeral dos estándares de saúde e seguridade. Como argumento a favor, o libre comercio supón un estímulo para os países por depender economicamente entre si, co cal diminúen as posibilidades de enfrontarse e ir a unha guerra.

Algunhas descricións da vantaxe comparativa están baseadas na condición necesaria de 'inmobilidade de capital'. Se os recursos financeiros se poden mover libremente entre distintos países, a vantaxe da teoría comparativa se erosiona, e hai un dominio de quen ten a vantaxe absoluta. Dada a apertura de fluxos de capital que acompañou os acordos de libre comercio dos 90's, a condición de 'inmobilidade de capital' non ten xa validez. Como consecuencia, pódese argumentar que a teoría económica da vantaxe comparativa non pode utilizarse como soporte á teoría de libre comercio. Con todo, como o expresou o economista Paul Krugman, o teórico económico do século XIX David Ricardo, quen formulou a doutrina da vantaxe comparativa, viviu o mesmo un período de alta mobilidade de capitais.

A posta en funcionamento actual do libre comercio hoxe foi moi criticada. Unha queixa común é que os Países desenvolvidos tenden a facer presión ao terceiro mundo para que abran os seus mercados aos produtos industriais e agrícolas das nacións desenvolvidas, á vez que se opoñen a abrir os seus mercados aos produtos agrícolas do terceiro mundo. Unha razón indiscutible contra o libre comercio é que as barreiras comerciais como cotas de importación e subsidios agrícolas non permiten competir aos agricultores do terceiro mundo nos seus mercados locais e menos aínda no comercio mundial, incrementando así a pobreza nos países en vía de desenvolvemento.

Adicionalmente, salientouse que o concepto actual de libre comercio favorece o movemento libre de produtos e empresas, o cal é favorable para os países desenvolvidos, pero isto non vai á vez co libre movemento de traballadores, o cal favorecería ás nacións do terceiro mundo.

Algúns suxiren que o libre comercio xera cambios demasiado rápidos nas condicións de vida e no mercado laboral profesional.

Os opositores do libre comercio a miúdo refiren como políticas alternativas as asociadas ao comercio xusto.

Véxase tamén

Outros artigos

1 de xaneiro

O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano. Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos.

ALBA

A Alianza Bolivariana para os Pobos da Nosa América - Tratado de Comercio dos Pobos ou ALBA-TCP (en ocasións denominada extraoficialmente Alianza Bolivariana para as Américas, pero mais comunmente coñecida como simplemente ALBA), é unha organización internacional de ámbito rexional, enfocada para os países de América Latina e o Caribe que pon énfase na loita contra a pobreza e a exclusión social con base en doutrinas de esquerda.

Concrétase nun proxecto de colaboración e complementación política, social e económica entre países de América Latina e o Caribe , promovida inicialmente por Cuba e Venezuela como contrapartida do ALCA (Área de Libre Comercio das Américas), impulsada por Estados Unidos.

Son membros Antiga e Barbuda, Bolivia, Cuba, Dominica, Ecuador, Nicaragua, San Vicente e as Granadinas e Venezuela.

Adén

Adén ou Aden (árabe: عدن ʿAdan) é a cidade do Iemen. Situada no Golfo de Adén, 530 000 habitantes (2003)

Construído sobre un antigo lugar volcánico nos tempos do reino de Awsan entre o século V e VII a.C.

A cidade foi visitada por Marco Polo e Ibn Baluta nos séculos XI e XII respectivamente.

O seu porto, situado nunha zona estratéxica na ruta marítima entre a India e Europa fixo da cidade un botín desexable para as potencias marítimas. O 19 de xaneiro de 1839 a Compañía Británica das Indias Orientais atacou Adén para poñer fin aos ataques de piratas contra navíos británicos en ruta cara a India. Adén permaneceu baixo control británico ata 1967, gobernada como parte da India ata 1937 no que se converteu nunha Colonia da coroa británica.

Despois da perda da Canle de Suez en 1956 Adén converteuse na principal base británica na rexión.

O 18 de xaneiro de 1963 Adén incorpórase á Federación de Arabia do Sur. Foi a capital da República Democrática Popular do Iemen ata a unificación do Iemen do Norte e do Sur en 1990, nese ano a cidade foi declarada zona de libre comercio.

América Latina

América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

Asociación Europea de Libre Comercio

A Asociación Europea de Libre Cambio (AELC) ou Asociación Europea de Libre Comercio, tamén coñecida polas súas siglas en inglés EFTA (European Free Trade Area), é un bloque comercial creado o 4 de xaneiro de 1960 pola Convención de Estocolmo como alternativa á Comunidade Económica Europea (1957) e polos países Austria, Dinamarca, Reino Unido, Noruega, Portugal, Suecia e Suíza. Entrou en vigor en xuño de 1960. En 1961 entrou Finlandia, en 1970 Islandia e en 1991 Liechtenstein.

O seu obxectivo consiste en favorecer a expansión económica e a estabilidade financeira de todos os seus membros.

Tras o abandono da AELC e entrada na CEE do Reino Unido e Dinamarca en 1973, Portugal en 1986, Austria, Suecia e Finlandia en 1995, o papel da AELC diminuíu notablemente. Permanecen dous países alpinos: Liechtenstein e Suíza, os cales son paraísos fiscais; e dous países nórdicos, Noruega e Islandia, aínda que este último comezou os trámites para adherirse á UE, polo que é probable que nos próximos anos deixe de ser membro desta organización.

AELC ten as seguintes institucións:

A secretaría que ten a súa sede en Xenebra.

O Tribunal da AELC.

O Consello da AELC.

A Autoridade da Vixilancia da AELC.

Axencia Europea de Seguridade Aérea

A Axencia Europea de Seguridade Aérea (en inglés European Aviation Safety Agency ou EASA) é unha axencia da Unión Europea con tarefas normativas e executivas no campo da seguridade aérea civil. Baseada en Colonia, a EASA creouse o 15 de xullo de 2002 e acadou a súa funcionalidade plena no ano 2008, asumindo as funcións das Autoridades Conxuntas de Aviación (Joint Aviation Authorities ou JAA). Os países da Asociación Europea de Libre Comercio teñen garantida a súa participación na axencia.

As responsabilidades da EASA inclúen a análise e investigación da seguridade, autorizando operadores estranxeiros, asesorando a redacción da lexislación da UE, poñendo en funcionamento e monitorizando regras (como as inspeccións nos estados membros), dándo certificacións de tipo de avións e compoñentes e aprovando as organizacións relacionadas co deseño, fabricación e mantemento de produtos aeronáuticos.

Como parte do Ceo Único Europeo II, a axencia recibiu tarefas adicionais. Entre outras cousas, a EASA poderá certificar bloques funcionais aéreos se participan máis de tres partes.

Canadá

O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.

O Canadá é o segundo maior país do mundo, por extensión territorial.

O Canadá é unha federación, unha democracia parlamentaria, constituída por 10 provincias e 3 territorios. O país forma parte da Commonwealth de Nacións e a xefa de estado do país é a raíña Isabel II de Inglaterra, que está representada no Canadá por un gobernador xeral. O xefe do goberno é o primeiro ministro, posto ocupado actualmente por Justin Trudeau. A capital do país é Otava.

O país obtivo súa independencia en 1 de xullo de 1867, do Reino Unido. Esta, porén, continuou a ter o control do Ministerio do Exterior do Canadá. O Canadá obtivo independencia total en 1931, segundo os termos do Estatuto de Westminster.

O Canadá é un dos países máis multiculturais do mundo. Tendo sido colonizada por franceses e ingleses, cerca dun terzo da poboación do Canadá posúe ascendencia inglesa, escocesa ou irlandesa; e un cuarto da poboación do país posúe algún grao de ascendencia francesa. Os tres maiores grupos minoritarios do país son italianos, alemáns e chineses.

Os Estados Unidos son o maior parceiro económico do Canadá. Por causa da súa grande poboación e do seu maior poder económico e influencia cultural, os Estados Unidos dominan gran parte da economía e da cultura do Canadá - aínda que moitos canadenses loitan para que eles sexan os principais responsables do control da economía do seu país, e para manter a cultura canadense viva e en pé, que desde o comezo do século XX viuse asociada á cultura norteamericana.

Comunidade de Estados Independentes

A Comunidade de Estados Independentes (CEI) é unha organización supranacional composta por 9 das 15 ex-repúblicas soviéticas, coa excepción dos 3 estados bálticos (Estonia, Letonia e Lituania, que na actualidade son membros da Unión Europea); Turkmenistán (que abandonou a organización o 26 de agosto do 2005 para converterse en membro asociado); Xeorxia, que se retirou o 18 de agosto de 2009 e Ucraína que de iure non é membro da CEI, ao non ratificar o estatuto da organización, malia que é un estado fundador e membro da Comunidade. Mongolia participa nalgunhas estruturas da CEI como observador..

A súa creación asinou a disolución da Unión Soviética e, segundo Vladimir Putin, o seu propósito foi o permitir un "divorcio civilizado" entre as repúblicas que conformaban a Unión. Dende a creación da CEI asináronse numerosos documentos sobre cooperación económica, defensa e relacións internacionais entre os seus estados membros.

A CEI é unha asociación pouco firme de estados, e non pode compararse de ningunha maneira a unha federación, confederación ou unión supranacional como pode ser a Unión Europea. É máis comparable á Commonwealth de Nacións. Aínda que a CEI ten poucos poderes supranacionais, pretende ser máis ben unha organización simbólica, nominalmente posúe competencias nos campos do comercio, finanzas, lexislación e seguridade. Tamén promove a cooperación na democratización e a prevención do crime trasfronteirizo.

Máis aínda, oito dos nove estados membros da CEI formaron unha Área de Libre Comercio, e cinco deles a Unión Euroasiática, unha unión económica e de aduanas de 180 millóns de persoas. No aspecto defensivo, seis estados da CEI participan nunha alianza de defensa mutua: a Organización do Tratado de Seguridade Colectiva.

Cooperación Económica Asia-Pacífico

Cooperación Económica Asia-Pacífico (CEAP, en inglés Asia-Pacific Economic Cooperation APEC), é un foro do que forman parte 21 países do Círculo do Pacífico que buscan promover o libre comercio, o intercambio comercial e a cooperación económica na rexión Asia-Pacífico. Estableceuse en 1989 en resposta á rápida interdependencia das economías da zona Asia-Pacífico e o establecemento de bloques económicos noutras partes do mundo. Celébranse cumios anuais nos que se xuntan os xefes de estado e goberno, sen tratado formal, as decisións tómanse por consenso sobre a base de declaracións non vinculantes aínda que conta cunha secretaría xeral con sede en Singapur.

Costa Rica

Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo Mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo Océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no Océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados. Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés. O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%. A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.

Década de 1990

A década de 1990 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1990 e remata o 31 de decembro de 1999.

Exército Zapatista de Liberación Nacional

O Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) é unha organización mexicana de carácter político, que nos seus comezos foi militar. A súa inspiración política é o zapatismo, o marxismo e o socialismo libertario, e a súa estrutura militar é a guerrilla. O seu obxectivo é, segundo o subcomandante Marcos, "A toma do poder? Non, só algo máis difícil: un mundo novo.”, e na Declaración da Selva Lacandona estableceuse: "...loita por traballo, terra, teito, alimentación, saúde, educación, independencia, liberdade, democracia, xustiza e paz...acadar o cumprimento destas demandas básicas do noso pobo formando un goberno do noso país libre e democrático".

Saíu á luz pública no estado mexicano de Chiapas o 1 de xaneiro de 1994, cando un grupo de indíxenas armados intentaron ocupar 7 cabeceiras municipais o mesmo día en que entraba en vigor o "Tratado de Libre Comercio de América do Norte" (TLC), durante o goberno de Carlos Salinas de Gortari; cuestionando o sistema político mexicano sobre as súas promesas de modernidade. O seu obxectivo era o derrocamento do presidente elixido e o establecemento dunha democracia participativa. Trala represión militar recibida, emprendeuse unha actividade política, mantendo un carácter de esquerda radical. O seu mando é nomeado Comité Clandestino Revolucionario Indíxena-Comandancia Xeral (CCRI-CG) do EZLN.

Liechtenstein

Liechtenstein ( [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] ) (en alemán: Liechtenstein, [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] (AFI), escoitar), oficialmente Pincipado de Liechtenstein ( [ˈlɪktənstaɪn] ) (en alemán: Fürstentum Liechtenstein, [ˈfʏʁstn̩tuːm ˈlɪçtn̩ʃtaɪn] (AFI)) é un minúsculo principado do centro da Europa, encravado nos Alpes, entre a Austria, ao leste, e a Suíza ao oeste. Non ten saída o mar e é coñecido por ser un paraíso fiscal. Aínda que non pertence á Unión Europea, desde decembro de 2011 forma parte do espazo de libre circulación Schengen.

Mercosur

Mercosul ou Mercosur (en portugués: Mercado Comum do Sul; en español: Mercado Común del Sur; en guaraní: Ñemby Ñemuha; en galego: Mercado Común do Sur) é o programa de integración económica de cinco países da América do Sur: Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai e Venezuela.

Nova Zelandia

Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand /njuːˈziːlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau.

Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fixi e Tonga. Debido a este longo illamento, no país desenvolveuse unha fauna endémica dominada polas aves, moitas das cales se extinguiron logo da chegada dos humanos e os mamíferos que introduciron sen ningún control. A maior parte da poboación neozelandesa é de ascendencia europea; os indíxenas maorís son a minoría máis numerosa. Os asiáticos e os polinesios tamén son minorías significativas, especialmente nas zonas urbanas. Aínda que ten tres idiomas oficiais, o máis falado con diferenza é o inglés.

A xefa de Estado de Nova Zelandia é Isabel II do Reino Unido, como raíña de Nova Zelandia, e está representada por un gobernador xeral, mentres que o poder executivo é exercido polo gabinete e o Primeiro Ministro. As súas cidades sitúanse entre as de mellor calidade de vida no mundo. Nova Zelandia é un país desenvolvido que se sitúa en lugares altos dentro de escalas internacionais sobre moitos temas, incluíndo a ausencia de corrupción, o nivel de educación e a liberdade económica, pero sen dúbida entre o que máis resalta, é no seu índice de desenvolvemento humano, que o sitúa sexto no mundo en 2012, e os seus índices de democracia, os cales sitúano na gran maioría das publicacións e estudos importantes como o país máis libre e co maior respecto aos dereitos civís no mundo.

Organización Internacional

Un organismo internacional ou organización intergobernamental (OIG) é aquel que ten como membros estados soberanos ou outras organizacións intergobernamentais. Tamén se pode empregar o termo organización internacional, con todo, este termo pode aludir xenericamente a calquera organización (incluídas aquelas privadas) con membros, obxectivos ou presenza internacional, mentres que o que se designa como organismo internacional sempre é de natureza pública. Para evitar posibles confusións, algunhas veces empréganse os termos organismo internacional gobernamental ou organismo internacional público.

Taiwán

A República da China (中華民國 ZhongHuá MínGuó), coñecida polo xeral como Taiwán (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 27 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.

Tratado de libre comercio de América do Norte

O Tratado de libre comercio de América do Norte TLCAN coñecido tamén por TLC, NAFTA (polas siglas en inglés North American Free Trade Agreement) ou ALÉNA (do francés Accord de libre-échange nord-américain), é un bloque comercial entre os Estados Unidos, Canadá e México que establece unha zona de libre comercio.

Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1994. A diferenza de tratados o convenios similares (como o da Unión Europea) non establece organismos centrais de coordinación política ou social. Existe só unha secretaría para administrar e executar as resolucións e mandatos derivados do tratado mesmo.

Ten tres seccións, con cadansúa sede: a canadense (localizada en Otava, a mexicana (México D.F.) e a estadounidense (Washington, DC).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.