Liberdade

A liberdade, do latín "libertas, -ātis" e do grego "ή ελευθερία", é a capacidade que ten o ser humano de obrar ou non segundo a súa intelixencia e sen unha obriga externa á propia persoa. Tamén se representa a liberdade como aquel estado no que o home non está sendo escravizado nin preso por outro, facendo alusión a aqueles aspectos relacionados coa independencia.

Mais a liberdade do home vese fundamentada polo feito da súa carencia de instintos. Deste xeito, a un estímulo externo o ser humano pode responder con múltiples opcións, entre as cales temos que escoller unha. Os animais non racionais, ó ter a resposta ós estímulos programada polos instintos, non poden escoller e polo tanto non son libres.

Polo tanto, alguén que obra en liberdade, é un ser humano libre. Esta facultade refírese tamén á incorporación do home á sociedade ao alcanzar a súa madurez sexual, para que comence a asumir responsabilidade, pois non se pode tomar decisións sen ter en conta as consecuencias correspondentes. Isto pode observarse no campo do dereito e da teoloxía no caso dos accidentes, crimes pasionais, homicidios e asasinatos.[1]

Referencias filosóficas

O concepto de liberdade é algo que ó longo da existencia humana nos fixo reflexionar en múltiples sentidos, sendo un dos temas fundamentais da filosofía. A idea de liberdade só se manifesta abríndose camiño a través dos diferentes conceptos de liberdade que, á súa vez, están determinados por un conxunto de procesos históricos, culturais e sociais.

Polo tanto, esta idea só pode analizarse por medio destas concrecións, as cales a seguirán modelando nun futuro. Segundo isto, a filosofía non formula unha resposta igual, senón que se divide en subcampos, segundo os diferentes puntos de vista ou a doutrina que seguiu cada sociedade dentro de certas condicións e modalidades. É dicir, que hai que interpretar o termo liberdade segundo o contexto no que se atope.

Para outras correntes da filosofía, a liberdade garda relación coa autonomía, que se entende como a dimensión da razón que lle permite ao ser humano pensar aplicándose normas a si mesmo sen que medie ningunha autoridade, o que comporta a responsabilidade persoal e social. (Principio do filósofo Immanuel Kant). Ademais de Kant, outros moitos filósofos importantes aludiron a esta cuestión, este é o caso de:

Para Aristóteles, a liberdade está ligada á capacidade de decidir por si mesmo no ser humano, e estaba ligada á moral. En virtude desta definición, a liberdade está relacionada coa autonomía, que aínda que leva limitacións de representación ética, constitúe a concepción de actuar dentro dun código moral. Para iso o home debe ter plena conciencia ou razón de internalizar este valor pero na marxe que establece a cidadanía (sentido político conforme á lei do Estado). De acordo con esta consideración, a persoa cre ser libre cando realiza accións ligadas á seguridade que lle permite o seu pensamento, onde asumindo os principios éticos, sabe que é libre. Isto, feito mediante a representación de accións libres e voluntarias que non son produto de coacción, nin de ignorancia e a súa conceptualización vai ligado á razón de liberdade. Para Aristóteles, de aí hai que dicir que se fai libre e voluntariamente o que obramos cando estamos alleos a toda coacción.

René Descartes: Para el, a liberdade consiste soamente en que, para afirmar ou negar, perseguir ou evitar, as cousas que nos propón o entendemento, obramos de tal maneira que non sentimos que ningunha forza nos obrigue. Tamén afirma que a liberdade só pode residir na alma, xa que ao non ser algo físico non se atopa sometida ó ditado polas leis. Esta conten en si dúas funcións, por un lado o entendemento, como facultade de pensamento, de ter intuicións das verdades claras e distintas; e por outro lado, a vontade, considerada por el como a facultade de afirmar ou negar, identificando esta última coa liberdade.

Baruch de Spinoza: Para el, é libre "o que existe unicamente por necesidade da súa natureza e só por ela se determina a acción". Todas as cousas da natureza teñen liberdade para chegar a ser o que son, ou que non poden ser o que non son. O home, como parte da natureza é libre para desenvolver o seu potencial pero non é libre para facer o que quere, porque segundo el só Deus ou a natureza son causa de si mesmas e teñen liberdade total. Só pode facer esforzos para conseguir ter liberdade para ser quen é, pero xamais terá vontade libre.

Para Hegel, o concepto é fundamentalmente a liberdade da idea. O universal e racional pertence a todos os homes e son os seus máis xenuínos motivos. O home individual non pode ser libre como un todo, porque só pode ser libre se se recoñece no todo. Se a liberdade individual fose absoluta sería independente de todo e indiferente con respecto á realidade e para os efectos da súa propia conduta sobre o resto. Actuaríase en forma egoísta en función das propias paixóns excluíndo ás circunstancias exteriores perdendo todo vínculo. Só Deus é totalmente libre di Hegel, o home, pola súa característica finita e limitada non pode selo sen referencia ao todo. Ademais, a liberdade dos individuos non pode estar separada da eticidade ou ética colectiva ou da razón universal, pola necesidade tanto vital coma política de facer coincidir a vontade particular cás vontades xerais.

Segundo Henri Bergson, a liberdade é a capacidade da conciencia de rexerse pola súa propia natureza, independentemente das leis e dos fenómenos da natureza. Para el, a orixe das nosas accións é o eu profundo, interior, o suxeito da duración, onde non hai diferenciación de motivos, sentimentos, decisións, senón que cada un deles, di, retomando unha frase de Platón, representa á alma enteira, é dicir, que a alma se determina por calquera destes sentimentos é, pois, o mesmo que recoñecer que se determina por si mesma.

Jean Paul Sartre: Para el o ser humano é libre á forza. Nega calquera xénero de determinismo. Non cre no determinismo teolóxico, nin biolóxico nin social: nin Deus nos deu un destino irremediable, nin a Natureza nin a sociedade determinan absolutamente as nosas posibilidades, a nosa conduta. Somos o que quixemos ser, sempre poderemos deixar de ser o que somos. Os fins que perseguimos no nos veñen dados ni do exterior ni do interior, dunha suposta natureza, é a nosa liberdade a que os elixe. Segundo el "Estamos condenados a ser libres": condenados porque non nos temos dado a nos mesmos a liberdade, non nos temos creado, non somos libres de deixar de ser libres. Nin sequera os valores, a ética, se presentan como un límite da liberdade, pois en realidade, di Sartre, os valores non existen antes de que nos queiramos, non existen os valores como realidades independentes da nosa vontade, os valores morais créaos a nosa determinación de facer real o estado das cousas. Ao escoller uns valores no lugar doutros, a vontade dálles a realidade. A liberdade refírese ós actos e volicións particulares, pero aínda máis á elección do perfil básico de min mesmo, do proxecto fundamental da miña existencia, proxecto que se realiza cás volicións particulares.

Isaiah Berlin: define a liberdade desde dúas perspectivas, a liberdade positiva e a liberdade negativa. A liberdade negativa refírese ó campo dentro do cal o home pode actuar sen obstrucións de outros; a partir desta concepción deixase de ser libre cando un terceiro nos impide realizar calquera actividade co propósito de alcanzar unha meta, en consecuencia ése libre en canto non existan estas interferencias e obstáculos. Mais esta noción de liberdade implica serios problemas á hora de vivir en sociedade con outros homes. Ante a imposibilidade de que os propósitos e actividades dos demais harmonicen entre si, é necesario establecer unha serie de normas comúns que limiten a liberdade do home sen chegar ao grao de impedirlle todo, xa que se corre o risco de inhibir o seu desenvolvemento. O problema era determinar entre os aspectos que deberían ser regulados e os que non; trazar unha fronteira entre o ámbito da vida privada e o da autoridade pública.

Por outro lado a liberdade positiva deriva do desexo do individuo para ser o seu propio amo, que implica a capacidade de cada un para determinar o curso da súa vida e dos seus actos de xeito autónomo. Mais a acción do home non debe determinarse polas baixas paixóns de cada individuo, paixóns que o escravizan e limitan a súa liberdade. Pola contra, os actos humanos deben determinarse a partir da razón, da natureza superior que hai en cada home. Antepóñense dous: un racional e outro pasional, para ser verdadeiramente libre debemos guiarnos pola razón. Esta idea, advirte Berlin, é sumamente perigosa, serve de fundamento para a imposición duns, recoñecidos ou auto nomeados como racionais, sobre a masa amorfa que se deixa guiar polas súas paixóns; impóñenselles en prol de que fagan o mellor posible para eles mesmos: "se ese é o meu ben non estarei a ser forzado, por que o desexei, sépalo ou non, e son libre aínda que o meu pobre corpo mortal e a miña mente estúpida o rexeitan iradamente, e aínda que loite co maior desespero contra os que, a pesar de todo, traballan benignamente de impoñelo. Esta concepción da liberdade dá cabida ao ascenso de réximes totalitarios nos cales a mesma liberdade estaría en perigo.

Aludindo á teoloxía, outras figuras, como é o caso de Agostiño de Hipona, tamén fixeron referencia a este concepto:

Segundo Agostiño de Hipona, a liberdade consiste na realización efectiva do ben, para alcanzar a beatitude. Segundo el, Deus concedeunos aos seres humanos dous dons:

  • O libre albedrío: Ao contrario que ao resto dos animais, que teñen unha función determinada, ao principio dos tempos Deus lle concedeu ao ser humano unha vontade indeterminada que lle permitiu elixir entre dous camiños: o ben (o que quere Deus) ou o mal (un querer propio). O primeiro home que puido elixir foi Adán, e escolleu o mal. Polo tanto, seguindo a tese traduccionista, sabemos que a súa alma a herdamos todos, polo que estamos condenados a non poder non pecar,"temos unha vontade mutilada".
  • A liberdade: é o segundo don que Deus concede a algúns homes tras desaproveitar o primeiro. Este permítelles non pecar. Os homes dotados son influenciados por Deus para que escollan o Ben, a pesar de que eles pensen que é a súa propia vontade a que lles permite elixir.[2][3]

Liberdades cívicas

A capacidade de poder elixir entre múltiples opcións, cantas máis opcións maior liberdade, é polo tanto, poder elixir entre un número infinito delas, sen limitacións. Pero se á liberdade individual lle engadimos o feito de que non vivimos sós, senón que compartimos a realidade con outros individuos que tamén teñen intereses, entón a liberdade debe ser limitada en beneficio dos outros.

Este problema, xunto con outras contradicións implica a necesidade de normativizar a vida humana no mundo. Todas as nacións e sociedades formadas sobre o planeta posúen leis e normas que rexen o comportamento humano, mais este feito non implica a supresión da liberdade. Para asegurar unha boa convivencia, e a igualdade entre todas as persoas, creouse a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Segundo o artigo 4 deste documento, defínese a liberdade engadíndolle unha excepción, a cal consiste en limitar a liberdade cando esta cause prexuízo a outros: "A liberdade consiste en poder facer todo aquilo que non cause prexuízo a outro."[4]

Notas

  1. www.wordreference.com
  2. www.misrespuestas.com
  3. www.filosofia.org
  4. [1] Arquivado 13 de marzo de 2013 en Wayback Machine. www.prepafacil.com

Vexase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Axente libre

Axente libre é un termo nacido a finais do século XX no ámbito deportivo profesional. Refírese a un deportista profesional cuxo contrato vinculante cun equipo venceu e, polo tanto, atópase en liberdade de negociar unha próxima contratación sen condicións previas e con calquera equipo que decida elixir.

Creative Commons

Creative Commons (bens "Comúns Creativos") é unha Organización Non-Gobernamental (ONG), sen fins de lucro, que foi fundada e presidida orixinalmente por Laurence Lessing, profesor de dereito na Universidade Stanford e especialista en ciberdereitos. O director xeral é o empresario xaponés Joichi Ito, que aventurou que "Creative Commons converterase nunha organización de estándares dos dereitos de autor" .

Edicto de Milán

O Edicto de Milán (coñecido tamén como A tolerancia do cristianismo) foi promulgado en Milán no ano 313. Estableceu a liberdade de relixión no Imperio Romano, dando fin ás persecucións dirixidas polas autoridades contra certos grupos relixiosos, particularmente os cristiáns. O edicto foi asinado por Constantino I e Licinio, dirixentes respectivamente dos imperios romanos de Occidente e Oriente.

No momento da promulgación do edicto existían no Imperio cerca de 1.500 sés episcopais, e entre 5 e 7 millóns de habitantes dos 50 que compuñan o imperio profesaban o cristianismo. Logo da aprobación iniciouse a Paz da Igrexa, como é coñecida polos historiadores cristiáns.

Francia

Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).

O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas Británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita con Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Suriname (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño (que limita coas Antillas Neerlandesas) e de Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.

Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é de tipo capitalista cunha intervención estatal non desprezable dende o fin da Segunda Guerra Mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais.Francia, fogar da primeira Declaración dos dereitos do home e do cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas e membro da OTAN.

Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súa cultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro da Unión Latina.

Francia foi formada polas artes e a filosofía. Berce da Ilustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores de liberdade, de igualdade, de fraternidade e, dende 1905, de laicismo.

Henry Kissinger

Henry Alfred Kissinger, nado Heinz Alfred Kissinger en Fürth o 27 de maio de 1923, é un diplomático estadounidense que tivo un papel importante na política estranxeira dos EUA entre 1968 e 1976.

Hugh David Politzer

Hugh David Politzer, nado en Nova York o 31 de agosto de 1949, é un físico teórico norteamericano. Compartiu o Premio Nobel de Física de 2004 xunto a David J. Gross e Frank Wilczek polo descubrimento da liberdade asintótica na cromodinámica cuántica.

Imnos is tin Eleftherian

Imnos is tin Eleucerian (Himno á Liberdade) é o himno nacional de Grecia e de Chipre. Este poema foi escrito por Dionisos Solomos en 1823. A música foi escrita por Nicolaos Mantzaros.

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

John Bardeen

John Bardeen, nado en Madison (Wisconsin) o 23 de maio de 1908 e finado en Boston (Massachusetts) o 30 de xaneiro de 1991, foi un físico norteamericano, a única persoa en gañar dous premios Nobel de física, en 1956 polo transistor con William Bradford Shockley e Walter Houser Brattain, e en 1972 por unha teoría fundamental da supercondutividade con Leon Cooper e John Robert Schrieffer, agora chamada teoría BCS.

John F. Kennedy

John Fitzgerald Kennedy, con frecuencia referido como Jack Kennedy ou JFK, nado o 29 de maio de 1917 e asasinado o 22 de novembro de 1963, foi o presidente número 35 dos Estados Unidos de América, entre os anos 1961 e 1963.

John Fitzgerald Kennedy pasou á historia como un dos presidentes máis lembrados tanto pola súa idiosincrasia (foi o presidente dos EUA elixido máis novo, e o primeiro e único ata o momento de relixión católica) como pola súa tráxica morte nun atentado.

Joropo

O joropo é un xénero musical e o seu baile, orixinarios ambos ous dous de Venezuela e Colombia con influencia africana e hispanoárabe, emparentado cos xaropes mexicanos e o galerón da conca caribeña. Escríbese en compás de tres cuartos aínda que unha das guitarras se manteña en 6/8. Na danza, a muller segue ao home, que se move con liberdade.

Lech Wałęsa

Lech Walesa, nado o 29 de setembro de 1943 en Popowo, é un político polonés.

Liberalismo

O liberalismo é unha corrente de pensamento filosófica e unha ideoloxía que ten a liberdade e igualdade fronte á lei como o principais valores políticos e baséase nunha fe optimista na natureza e na súa crenza da razón, ten a súa orixe na Ilustración europea e enfatiza os dereitos individuais, preconiza unha sociedade baseada na liberdade de pensamento, na limitación do poder, no goberno da lei, no libre mercado que soporte a empresa privada e nun sistema transparente de goberno no cal se protexan os dereitos de todos os cidadáns. O radicalismo é unha ideoloxía liberal progresista nalgúns países difícil de distinguir dos liberalismo clásico.

Lyndon B. Johnson

Lyndon Baines Johnson, nado en Stonewall (Texas) o 27 de agosto de 1908 e finado na mesma vila o 22 de xaneiro de 1973, foi un político estadounidense, membro do Partido Demócrata. Foi presidente dos Estados Unidos de 1963 a 1969.

Medalla Presidencial da Liberdade

A Medalla Presidencial da Liberdade (en inglés: Presidential Medal of Freedom) é unha condecoración outorgada polo Presidente dos Estados Unidos, equivalente á Medalla de Ouro outorgada polo Congreso, é a concesión civil máis alta nos Estados Unidos. Está deseñado para recoñecer as persoas que fixeron "unha contribución especialmente meritoria á seguridade ou aos intereses nacionais dos Estados Unidos, a paz mundial, cultural ou outras importantes iniciativas públicas ou privadas." Porén ser unha condecoración civil outorgada por orde executiva (e non por unha decisión da Xunta de Xefes de Estado Maior), a Medalla tamén pode ser concedida a militares para levala no uniforme.

Novela

Unha novela é un xénero literario narrativo xeralmente en prosa e dunha extensión que pode ser considerable onde se explican uns feitos de ficción que expón relacións, accións e condutas humanas a partir duns personaxes, unha ambientación, un narrador e un punto de vista. Poden aparecer descricións e diálogos para embelecer, aclarar ou facer máis amena a acción. O xénero como tal xorde na Idade Moderna. A novela distínguese polo seu carácter aberto e a súa capacidade para conter elementos diversos nun relato complexo. Este carácter aberto ofrece ao autor unha gran liberdade para integrar personaxes, introducir historias cruzadas ou subordinadas unhas a outras, presentar feitos nunha orde distinta a aquel no que se produciron ou incluír no relato textos de distinta natureza: cartas, documentos administrativos, lendas, poemas, etc. Todo iso dá á novela maior complexidade que a que presentan os demais subxéneros narrativos. Ata onde debe chegar a extensión é obxecto de disputa, como o é a complexidade que debe ofrecer a trama ficticia que a sustenta.

Revolución Francesa

A Revolución Francesa de 1789 xurdiu a consecuencia das ideas da Ilustración e en contra do Antigo Réxime e o poder do clero e da nobreza no Reino de Francia. A Revolución Americana serviría de exemplo aos ideais de liberdade e igualdade.

A revolución dá inicio á era moderna na Francia. Acabou co feudalismo en Francia e proclama os principios de "Liberdade, Igualdade e Fraternidade" (Liberté, Egalité, Fraternité). Acabou tamén cos privilexios da nobreza e de castas e comezaron a imperar os ideais igualitarios.

Romanticismo

O Romanticismo foi un movemento artístico e ideolóxico que se orixinou en Alemaña e no Reino Unido a finais do século XVIII como unha reacción contra o racionalismo da Ilustración e o Neoclasicismo, dándolle preponderancia ó sentimento e a unha serie de valores humanos como a liberdade, o irracionalismo e a particularidade do individuo.

O Romanticismo apareceu como consecuencia das loitas políticas, ideolóxicas e sociais que se estaban a dar no continente europeo, baixo un contexto de revolucións liberais e conquistas territoriais por parte do imperio napoleónico, que unidos a un desexo de liberdade contribuíron á aparición dun sentimento patriótico e nacionalista en Europa.

Ademais, en medio das violentas tensións xeradas pola nova clase ascendente da burguesía e a decadente nobreza desenvolveuse o proceso de consolidación das grandes nacionalidades europeas.

Desenvolveuse fundamentalmente na primeira metade do século XIX, estendéndose dende Alemaña a Inglaterra, Francia, Italia, España, Rusia, Polonia, Estados Unidos e as recentemente nacidas repúblicas hispanoamericanas. Posteriormente, fragmentouse ou transformouse en diversas correntes, como o Parnasianismo, o Simbolismo, o Decadentismo ou o Prerrafaelismo, sumidas na denominación xeral de Posromanticismo, unha derivación do cal foi o chamado Modernismo hispanoamericano e español. Posteriormente, unha das correntes vangardistas do século XX, o Surrealismo, levou ó extremo os postulados románticos.

A insistencia do romántico no sentimento e no irracioanalismo pulou a paixón creadora nas artes, onde atopou a súa perfecta forma de expresión e, especialmente, na literatura e na música.

O individualismo da burguesía atopou a súa máxima expresión cultural no romanticismo. O artista romántico exaltou a sensibilidade e a subxectividade, e temas como a imaxinación, a paixón, o sentimento, o mito, a lenda ou as paisaxes exóticas convertéronse en motivos temáticos que reforzaban esa mentalidade individualista e que recoñecían o dereito do artista a seguir o seus propios sentimentos e instintos humanos.

Software libre

O software libre (en inglés free software) é o software que se distribúe con condicións nas súas licenzas que garanten que calquera usuario, e para calquera fin, poida empregar, estudar, modificar e publicar o software con novas modificacións. A liberdade que as licenzas lle dan o usuario son tanto a de poder obter o software de xeito gratuíto como a de cobrando o custo da súa distribución, mais sempre se garanta o acceso ao código fonte sen ningún tipo de restrición.Malia que o termo en inglés free software xa se tiña empregado sen unha definición en particular antes, dáselle o crédito a Richard Stallman de introducilo co lanzamento do movemento do software libre, cando comezou o proxecto GNU en 1983. O proxecto GNU foi unha iniciativa de colaboración para crear un sistema operativo desenvolto por unha comunidade dun xeito aberto e que tivo éxito no inicio da computación.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.