Liño

O liño ou liñaceira (Linum usitatissimum) é unha planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das lináceas. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos botánicos co nome de Linum usitatissimum L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.

Perennial flax or linum perenne
Flor de liño
Liño
Linum usitatissimum - Köhler–s Medizinal-Pflanzen-088

Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Linaceae
Xénero: Linum
Especie: L. usitatissimum
Nome binomial
Linum usitatissimum
L., Sp. Pl., vol. 2, p. 277, 1753 [1]
Semente de liño
Valor nutricional por 100 g
Enerxía2,234 kJ (534 kcal)
28.88 g
Azucres1.55 g
Fibra alimentaria27.3 g
42.16 g
Saturadas3.663 g
Monoinsaturadas7.527 g
Poliinsaturadas
omega‑6
28.730 g
22.8 g
5.9 g
18.29 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
143%
1.644 mg
Riboflavina (B2)
13%
0.161 mg
Niacina (B3)
21%
3.08 mg
Ácido pantoteico (B5)
20%
0.985 mg
Vitamina B6
36%
0.473 mg
Ácido fólico (B9)
0%
0 μg
Vitamina C
1%
0.6 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
26%
255 mg
Ferro
44%
5.73 mg
Magnesio
110%
392 mg
Fósforo
92%
642 mg
Potasio
17%
813 mg
Cinc
46%
4.34 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Historia

Non se coñece a data e o lugar nos que o home utilizou por primeira vez as fibras flexíbeis do liño para confeccionar o tecido, nin cando a planta comezou a ser cultivada. Desde 2.500 anos a.C. o liño era cultivado no Exipto, e o Libro de Moisés refírese á perda dunha colleita de liño como unha “praga” ou desgraza, tal era a súa importancia na vida das poboacións. As cortinas e o Veo do Tabernáculo e as Vestes de Arón como oficiante eran en “liño fino retorcido”. A túnica de Cristo era de liño sen costuras.

As zonas de cultivo

Encóntranse hoxe en día case exclusivamente en Europa. Bélxica e os Países Baixos fornecen as mellores calidades de liño.

Tipos

Plántanse tres tipos de liño:

  • Liño de fibras (liño para debullar), para a obtención de fibras téxtiles;
  • Da semente, para a obtención de aceite de liñaza, base da pintura ao óleo.
  • Liño de cruzamento, conseguido polo cruzamento do liño de fibras co de aceite; foi desenvolvido para dar un rendemento suficiente de fibras e aceite.

En Galiza

Allariz museo lino 01
Sobre a mesa, a "espadela"; á súa esquerda, en pé, a "espadeleira".
Carda, Santiago de Compostela
"Restrelo" para aseda-lo liño.

O liño foi a fibra tradicional cultivada en Galiza e aínda que o seu cultivo case desapareceu, foi recuperado nos anos oitenta por iniciativa dos deseñadores galegos, especialmente por Adolfo Domínguez, pero a súa presenza segue a ser testemuñal.

En 2009 a cooperativa Feiraco tamén se sumou á recuperación do liño, como complemento natural para a alimentación das vacas.[1]

O liño na cultura popular galega

Artigo principal: O liño na cultura popular galega.
  • Liño bo, liño malo, todo frolece en maio.
  • Liño de Holanda, pesa e non anda.
  • Pró liño, sete voltas de rella e a caghalla da ovella.

Notas

  1. Feiraco planta liño en Galicia para mellorar a alimentación das vacas. Telexornal 04/06/2009 (TVG)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

A abella na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou a abella na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Xunto á información referida á abella propiamente dita, recóllese tamén a que fala do trobo, o mel e a cera.

Becerreá

Becerreá é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 2987 habitantes (3250 no 2009, 3334 no 2006, 3389 no 2005, 3424 no 2004, 3442 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é becerrego ou becerreense.

Celulosa

A celulosa é un polímero formado pola repetición de monosacáridos de glicosa. É unha molécula insoluble en auga, e é a biomolécula máis abundante que hai na Terra.

Plantas, bacterias ou algas producen cada ano unha cantidade aproximada de cen mil millóns de toneladas de celulosa.

Guedellas de seda e liño

Guedellas de seda e liño é unha novela xuvenil de María Victoria Moreno publicada en 1999 pola Editorial Galaxia.

Dedicatoria: “Para o meu mestre don Rafael Lapesa, que gañou con palabras e para as palabras o meu corazón. Para os meus alumnos, que sempre encheron de luz a miña vida”.

A novela recibiu unha mención nos Premios da Crítica Galicia 2000 e unha Mención especial White Ravens 2002.Segundo Montse Pena "Moreno volve situarnos perante un mundo de contrastes: a suavidade da seda fronte á rudeza do liño, ou dito doutro xeito, a felicidade fronte á tristura, o xusto fronte ao inxusto, a bondade contra a maldade, quizais porque teima en nos advertir da futilidade e da diversidade da existencia humana".

Lenzo

O lenzo é un soporte feito de tea que normalmente ten un bastidor para poder tensalo e emprégase para pintar enriba. Acostuman ser de algodón ou de liño: o algodón ten unha cor máis clara, unha trama menos compacta e é máis económico; o de liño é máis ríxido, de cor gris ocre un pouco escura e considérase a mellor tea para pintar ao óleo.

Liñaza

A liñaza é a semente do liño (Linum usitatissimum). Úsase para consumo humano, por exemplo en infusións ou para elaborar o gofio (fariña tradicional da cociña canaria, elaborada a partir de grans de cereais torrados, especialmente de millo ou trigo). Da semente tírase o aceite de liñaza, que é rico en ácidos graxos das series Omega 3, Omega 6, e Omega 9. Este aceite úsase ademais na industria cosmética, na fabricación del linóleo e na dilución para tintura de teas. A calidad deste varía tanto coa calidade da materia prima empregada como cos procesos de prensado empregados para a súa extracción. Pódese diferenciar basicamente o aceite obtido en frío, de maior calidade, do obtido con axuda de temperatura. A calidade varía de diversos factores, entre eles o contido de mucilaxes.Os aceites secantes empregados primordialmente en actividades artísticas son: o de liñaza, durmideira e de noces; todos eles con características no secado e emprego particulares. Como unha variación deste aceite atópase o aceite negro, cuxo descubrimento atribúese a Jan Van Eyck. Prodúcese cocendo o aceite de liñaza con carbonato de chumbo a un 10 por cento e dentes de allo como catalizador. Obtense un aceite mestoque se filtra cando se decanta o carbonato de chumbo, que aparece como cinsento plúmbeo. Este aceite negro pódese decolorar e converter en rubio, baténdoo con auga osixenada.

A liñaza ten propiedades nutricionais interesantes e efectos potencialmente beneficiosos para a saúde. Estas propiedades débense á súa composición química, como a gran cantidade de fibra dietética, ácidos graxos poliinsaturados e fitoquímicos como os lignanos. Un 25-30% da semente de liñaza componse de fibra dietética da cal unha terceira parte é fibra solúbel e o resto fibra insolúbel.

Mucilaxe

A mucilaxe é en química calquera substancia viscosa produto da disolución de goma (ou dextrina) en auga, utilizada para suspender substancias insolúbeis e para aumentar a viscosidade.

No eido da bioloxía refírese a unha substancia viscosa que se encontra nalgúns vexetais, coagulábel ao alcol.As mucilaxes son análogas, pola súa composición e as súas propiedades, ás gomas, dan coa auga disolucións viscosas ou se inchan en elas para formaren unha pseudodisolución xelatinosa.

Atópanse no argazo, na liñaza (sementes do liño), nas sementes de chía (Salvia hispanica), nas raíces da malva, no marmeleiro, nos liques, nos cactos do xénero Opuntia, en certos fungos e en moitos vexetais.

Proceden da degradación da celulosa, da calosa, da lignina e das materias pécticas.

Novembro

Novembro ou san Martiño é o undécimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome deriva de ter sido o noveno mes do calendario romano.

En Galicia recibe diferentes denominacións populares: Mes santo, Mes de Santos, Mes morto, Mes dos mortos ou San Martiño.

Novembro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de novembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Hai varias denominacións populares do mes de novembro. Moi común é a de San Martiño (ou mes de San Martiño). Por celebrarse neste mes o día de defuntos, recibe os nomes de mes dos mortos ou, simplemente, mes morto; tamén mes das ánimas. E, por caer neste mes o día de Santo André, tamén recibe o nome de mes de San Andrés ou, simplemente, San Andrés .

Tan identificado está novembro coas castañas que no Incio e en Quiroga chaman Castañal ó propio mes .

O día 1, día de Tódolos Santos, tamén serve para darlle nome: Santos ou mes de Santos.

O liño na cultura popular galega

O liño na cultura popular galega.

Planta

As plantas (tamén chamadas nalgunhas clasificacións Viridiplantae ou plantas verdes) son organismos multicelulares eucariotas do reino Plantae. Forman un clado que inclúe as plantas con flor (anxiospermas), as coníferas e outras ximnospermas, fentos, licopodios, antocerotas, hepáticas, musgos e, nas clasificacións recentes, as algas verdes. Están excluídos das Plantas as algas vermellas e pardas, os fungos, os animais, as arqueas e as bacterias.

As plantas verdes teñen paredes de celulosa e obteñen caracteristicamente a maioría da súa enerxía da luz por medio da fotosíntese, realizada en cloroplastos primarios, derivados da endosimbiose con cianobacterias. Os seus cloroplastos conteñen clorofilas a e b, o que lles dá a súa cor. Algunhas plantas parasitas perderon a súa capacidade de producir cantidades normais de clorofila ou de fotosintetizar. Son seres tipicamente autótrofos, xa que só necesitan absorber do seu medio substancias inorgánicas. As plantas tamén se caracterizan pola súa reprodución sexual, crecemento indeterminado modular, e pola alternancia de xeracións, aínda que a reprodución asexual é tamén común nelas.

O seu número preciso é difícil de determinar, pero unha estimación de 2010 falaba da existencia de entre 300.000 e 315.000 especies de plantas, das cales a grande maioría, unhas 260–290 mil, son plantas con sementes. As plantas verdes proporcionan a maior parte do oxíxeno molecular atmosférico e son a base da maioría dos ecosistemas da Terra, especialmente nos ambientes terrestres. As plantas que producen cereais, froitas e verduras constitúen o alimento básico da humanidade, e moitas especies foron domesticadas para uso agrícola durante milenios. As plantas utilízanse como ornamento e como fonte de medicinas, e as árbores proporcionaron a súa madeira, e outras plantas fibras téxtiles (algodón, liño).

Do estudo científico das plantas encárgase a botánica. Os nomes científicos da plantas seguen as normas do Código Internacional de Nomenclatura de algas, fungos e plantas e o Código Internacional de Nomenclatura de Plantas Cultivadas.

Porto do Liño, A Faeira, As Pontes de García Rodríguez

Porto do Liño é un lugar da parroquia da Faeira no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Estaba despoboado no ano 2014 segundo datos do IGE.

Ruta da seda

A Ruta da seda era unha rede de rutas comerciais entre Asia e Europa que se estendía dende Chang'an (actualmente Xi'an) en China, até Antioquia en Siria medieval e Constantinopla (actualmente Istambul, Turquía) ás portas de Europa. O seu nome ven da mercancía máis prestixiosa que circulaba nela, a seda, cuxa fabricación era un segredo que só os chineses coñecían. Utilizase esta denominación dende o século XIX e debesella ao xeógrafo alemán Ferdinand Freiherr von Richthofen. O tránsito por lugares desérticos daba lugar aos típicos camiños para caravanas de camelos e cabalos. Os romanos xa eran grandes afeccionados tras coñecer o segredo antes do comezo da nosa era, a través dos partos, e foron estes que organizaron entón o comercio da seda. Moitos outros produtos transitaban por estas rutas : pedras e metais preciosos, teas de la ou de liño, ámbar, marfil, laca, especias, vidro, coral etc.

Setembro

Setembro é o noveno mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome, que vén da mesma raíz latina ca "sétimo", débese a que era o sétimo mes no calendario romano.

O mes de setembro empeza no mesmo día da semana que decembro cada ano.

Sigrás, Cambre

Santiago de Sigrás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 1.482 habitantes (726 homes e 756 mulleres). A parroquia ten 17 lugares.

Téxtil

O téxtil (que provén do latín "textilis" que, á súa vez provén de "texere", tecer) é aquilo relacionado coas telas fabricadas por medio de tramas e tecidos. Trátase dun material flexible que consiste nunha rede de fibras, tanto naturais coma artificiais, chamadas fíos. Até o século XX había catro tipos de fibras empregadas, o algodón e o liño, que proveñen de fibras vexetais, e a la e a seda, que son fibras animais. No presente, a maioría de telas fanse con fibras artificiais.

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Ácido linoleico

O ácido linoleico (LA) é un ácido graxo de 18 carbonos poliinsaturado con dous dobres enlaces cis, situados nos carbonos 9 e 12 (polo que o último dobre enlace está situado no 6º carbono empezando polo final, o que fai que sexa un ácido omega-6 ou n-6) . Como o seu punto de fusión é de -12 °C , a temperatura ambiental moderada é líquido, e ten aspecto incoloro.

O ácido linoleico é un dos ácidos graxos esenciais para os humanos e animais, que debe ser inxerido como compoñente dos alimentos da dieta para manter unha boa saúde, porque o corpo o require para diversos procesos, pero non pode sintetizalo a partir doutros compoñentes.A palabra "linoleico" contén unha raíz que procede do grego linon, que significa liño. Por saturación do dobre enlace do carbono 6 orixinaríase ácido oleico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.