Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón

A liña de ferrocarril de vía estreita de Ferrol a Xixón comunica ambos os dous extremos pola costa do Cantábrico e Atlántico. Foi inaugurada o 6 de setembro de 1972, aínda que algúns tramos se puxeron en servizo antes, e desde o momento da súa construción foi integrada en FEVE.

Non seus comezos ten aproveitado material da liña Ribadeo-Vilaoudriz[1].

Dispón de vía única, electrificado entre Xixón e Cuideiru. Dependeu de FEVE ata o 31 de decembro de 2012, cando se unificaron os operadores estatais de vía estreita e vía larga. A infraestrutura foi transferida a ADIF e a explotación dos servizos a Renfe Operadora.[2]

Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo
Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo, entre Santalla e Ove. Pódese observar a vía do Ferrocarril Ferrol-Xixón, e á dereita, a ponte da antiga liña Ribadeo - Vilaoudriz, hoxe soporte para o tubo de auga que subministra Ribadeo. Á esquerda, a ría, e á dereita, o río Grande.
Estación de ferrocarril de Ribadeo, liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón
Estación de ferrocarril de Ribadeo, liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón, vista dende a ponte da LU-P-5207.

Historia

FEVE 2700 Vivero
Un automotor da Serie 2700 de FEVE cruzando a ponte sobre a Ría de Viveiro.
Pravia station
Estación de Pravia, construída en inicio para a Sociedad General de Ferrocarriles Vasco Asturiana.
Via
p.k. 244,9, entre as estacións de Soto de Luiña e San Cosme, vía única con travesa de formigón sen electrificar.

Idea e Planificación

PuenteMasmacRccp
Pequeno viaduto, sobre a ría de Foz.

A idea de construír un ferrocarril entre Ferrol e Xixón tivo efecto no 1886, cando o Congreso dos Deputados aprobou o primeiro proxecto, co fin de concetar os cuarteis de artillería de Ferrol coas fábricas de armas e explosivos de Asturias pola costa cantábrica. O proxecto foi incluído no 'Plan de Ferrocarriles Secundarios' de 1888, aínda que as obras tardarían en comezar.[3]

No 1906 apróbase a lei de ferrocarrís estratéxicos e secundarios, con inclusión do proxecto como de vía estreita (1 m).

Por discrepancias sobre o trazado, en particular no occidente de Asturias,[4] obras non comezan ata 1921, a cargo do Estado Español.

Construción

As vicisitudes políticas dos anos 1920, 1930 e 1940 atrasaron ata 1953 a inauguración do primeiro tramo, entre Avilés e Pravia, previo acordo coa compañía que explotaba o Ferrocarril de Carreño, que tiña a concesión de explotación entre Avilés e Xixón.

As obras continuaron na zona galega, rematando coa inauguración do tramo (Viveiro-Vegadeo) en 1968.

Antes inauguráronse en 1962 o tramo Pravia-Luarca e tramos na zona galega, quedando para 1972 o tramo final, Luarca-Vegadeo.

Así, pasaron 86 anos do primeiro proxecto aprobado (1886) á súa inauguración (1972), coa variación total, entremedias, das necesidades de tráfico xeral e estratéxicas que o impulsaron.[5]

Vía do ferrocarril Ferrol-Xixón preto de Ribadeo
Vía do ferrocarril Ferrol-Xixón preto de Ribadeo (a ponte visible está no km 145, Dompiñor, Piñeira, Ribadeo, mirada en sentido quilométrico decrecente)

A construción do ferrocarril supuxo grandes obras de fábrica (pontes, viadutos, túneles,...) para salvar a complicada orografía da costa cantábrica, en particular, na zona asturiana. Foi necesario construír 110 túneles e 27 viadutos, nunha liña de lonxitude total de 320 km con 47 estacións. O seu custo total, en 1972, foi 4 250 millóns de pesetas.[3]

Funcionamento

Co paso do tempo, a falta de mantemento trasladouse ó número de accidentes observados. Coa chegada do século XXI e o empeoramento dos servizos foi callando a idea de que se procuraba a supresión da liña, o que ten preovocado diversas iniciativas e mobilizacións, co mantemento en 2017 e 2018 de diversas xuntanzas a nivel político[6]. A finais de 2018 a empresa ten comunicado a ampliación do número de maquinistas e a adquisición de novas máquinas, se ben non é a primeira vez que o fai[6], coa idea de evitar o uso de transportes alternativos (mesmo hai contratado un servizo de taxis a tal fin, pola cantidade de fallos no sistema que ten habido[7])

Notas

  1. Gómez Martínez, J. A.: La Sociedad Minera de Villaodriz y el Ferrocarril de Puente Nuevo a Ribadeo
  2. "Feve se integra en Renfe y Adif". Europa Press. Consultado o 21/10/2017.
  3. 3,0 3,1 Ferrocarril estratégico de Ferrol a Gijón. Grupo de Trabajos Ferroviarios.[1] Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
  4. El ferrocarril de Ferrol a Gijón. La Nueva España. Diario independiente de Asturias.[2]
  5. Los ferrocarriles de vía estrecha de Asturias. El Comercio Digital
  6. 6,0 6,1 "Solo un alcalde de A Mariña asistió a la reunión en Ferrol sobre el futuro del tren". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-13. Consultado o 2018-12-13.
  7. "Renfe dedica 27.420 euros al pago de taxis por averías de Feve". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-12-21. Consultado o 2018-12-13.

Ligazóns externas

Horarios de trenes na liña Ferro-Xixón: http://www.renfe.com/GA/viajeros/feve/index.html

A Devesa, Ribadeo

Santalla da Devesa é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o censo municipal, en 2004 tiña 615 habitantes distribuídos en 11 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade de 29,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 529 habitantes, sendo 256 homes e 273 mulleres.

Ove, Ribadeo

San Xoán de Ove é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo en 2004 tiña 439 habitantes, agrupados en 27 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade media de 25,5 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 387 habitantes, sendo 199 homes e 188 mulleres.

As entidades de poboación son As Aceñas (4), Acevedo (4), A Capela (10), As Casas Novas (10), O Chao de Ove (13), O Covo (5), A Eirexa (31), Estación Feve (9), A Faxarda (27), Frieira a Nova (13), Frieira a Vella (11), Os Garitos (10), A Graña (12), Os Guildeiros (1), Llano (16), Os Malatos (9), A Palmeira (71), Pastoriza (18), Reme (9), O Río de Ove (9), O Río de Ramos (abandonado), O Río Pequeno (4), Santa Cruz (15), Seixadelo (2), O Valín (3), A Veigadaira (30) e Vilar (1). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son A Escaleira, A Estación, Grañol, Ove, A Pega, San Lázaro, As Travesas de Ove, A Vilavella e O Xardín.

Linda ao leste coas parroquias de Piñeira e Ribadeo (a cal xa absorbeu algunhas das aldeas desta parroquia no norte), Villapol (que o limita a Ría de Ribadeo de Asturias), ao sur con Vilausende (coa que fai límite a través de río Grande) e ao oeste con Covelas e A Devesa. Ten unha altitude media de 40 m. Polo seu territorio pasan diversas vías de comunicación, incluíndo a N-642, a LU-133 e a Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Reme, Ove, Ribadeo

Reme é un lugar da parroquia de Ove, do concello de Ribadeo.

Limita ó sur con Santalla de Vilausende. O límite entre ambas é o río Grande, que desauga na ría de Ribadeo despois de recibir as augas do río Pequeno. O lugar está atravesado pola estrada N-642, e aquí está un dos extremos da LU-133, estrada que une Reme e Vilamar.

Ribadeo

Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9900 habitantes (en 2015, 9929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadense».

Transcantábrico

O Transcantábrico é un tren turístico de FEVE, inaugurado no ano 1983. Neste ano a empresa FEVE (Ferrocarrís de Vía Estreita) crea o primeiro tren-hotel turístico de España. A idea orixinal foi crear un tren turístico, emulando ao mítico Orient Express, que percorrese as vías de FEVE no norte de España, aproveitando a liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.