Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia

A liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia é unha liña de alta velocidade que conectará Galicia co resto da península Ibérica. Parte da LAV Madrid-Valladolid á altura de Olmedo e finaliza en Santiago de Compostela.

Atópase en servizo entre Olmedo e Zamora (a vía par dende o 17 de decembro de 2015 e a vía impar dende o 21 de outubro de 2016), e entre Ourense e Santiago (dende o 11 de decembro de 2011), con continuidade ata A Coruña e Vigo a través do eixe atlántico de alta velocidade. Está prevista a inauguración do tramo entre Zamora e Seabra para 2018[1] e entre Seabra e Ourense para 2019.[2]

Para facilitar a explotación de trens que continúan por vía convencional, ten actualmente ancho ibérico de 1.668 mm entre Ourense e Santiago. Cando a liña estea finalizada, cambiarase ao ancho internacional de 1.435 mm, como o resto de liñas de alta velocidade. O trazado está adaptado ás esixencias de interoperatibilidade da Unión Europea. Cando se atope finalizado completamente, contará con dobre vía electrificada a 25 kV e unha velocidade máxima de 350 km/h. Forma parte do Corredor Atlántico da Rede Transeuropea de Transporte.

Viaducto de Alta Velocidad sobre o río Ulla
Viaduto da liña alta velocidade sobre o río Ulla.

Historia

Viaducto Martín Gil
Servizo Talgo entre Madrid e Galicia circulando polo viaduto de Martín Gil en 2010.
Viaducto de Alta Velocidad sobre el río Ulla2
Construción do viaduto do río Ulla, no tramo Ourense-Santiago de Compostela.

En 1986 o Goberno de Felipe González, co galego Abel Caballero á fronte do Ministerio de Transportes, deseña o Plan de Transporte Ferroviario, aprobado o 30 de abril de 1987, con obxectivo no ano 2000. Nesta primeira versión non se prevén investimentos ferroviarios para as principais cidades de Galicia. Para reducir os tempos de viaxe, deséñase unha liña de alta velocidade de Madrid a León pasando por Valladolid, con velocidade máxima de 250 km/h. Desde León ata Monforte de Lemos planéase unha reforma da liña existente para aumentar a súa velocidade ata os 160 km/h. Prevese outra reforma, neste caso da liña entre Medina del Campo e Zamora, a 160 km/h.

En plena crise económica de 1993, o Goberno recorta os plans para a liña a Galicia e limita o proxecto de liña de alta velocidade ao tramo Madrid-Valladolid. Descarta construír a longo prazo o tramo de alta velocidade entre Valladolid e León , substituíndoo por unha reforma para alcanzar os 160 km/h nese tramo. Os tramos Monforte-Vigo e Ourense-A Coruña só serían obxecto de actuacións complementarias.

Ao terminar o anterior plan ferroviario no ano 2000, o goberno de José María Aznar lanza un novo e ambicioso plan para levar a alta velocidade a todas as rexións da península, de tal forma que ningunha capital de provincia quede a máis de catro horas de Madrid. As modernizacións a 160 km/h do plan anterior son eliminadas e proxéctase unha nova liña de alta velocidade a Galicia a 300 km/h en todo o seu percorrido, pero non por León, senón mediante un trazado máis directo por Zamora. Desde Ourense, proxéctanse tres ramais de alta velocidade: cara a Lugo, Santiago de Compostela e Vigo. Este último non seguiría o curso do Miño como fai a liña convencional, senón o trazado da autovía A-52.

A partir de 2005, o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero define con exactitude os trazados e usos das liñas de alta velocidade galegas. O traxecto Olmedo-Santiago sería exclusivo de pasaxeiros, como tamén o sería unha solución distinta para conectar Ourense e Vigo, coa variante de Cerdedo. Este by-pass de 54 km entre Ourense e Pontevedra daría servizo a esta cidade, ademais de Vigo, sen que o tren teña que cambiar de sentido como ocorre na actualidade. Dita liña permitiría acurtar os tempos entre Ourense e Vigo, pois sen ela e tendo que dar un rodeo por Santiago, o tren non sería competitivo contra a estrada. O resto das liñas proxectadas serían mixtas, para tráfico de pasaxeiros e mercadorías.

En 2011 ponse en servizo en ancho ibérico o tramo Ourense-Santiago, xunto co tramo Santiago-A Coruña do eixe atlántico.[3] A partir de 2012 circulan trens híbridos Alvia da serie 730 entre Madrid e Galicia, capaces de circular polas liñas de alta velocidade e as estándar non electrificadas sen cambiar de locomotora, a diferenza do Altaria existente ata entón.[4]

A aproximadamente 3 km da estación de Santiago de Compostela e concretamente no punto quilométrico 80,620, á altura de Angrois, tivo lugar o 24 de xullo de 2013 o descarrilamento dun tren Alvia con orixe en Madrid-Chamartín e destino Ferrol. Polo menos 79 persoas faleceron e outras 131 resultaron feridas de diversa consideración, sendo este un dos accidentes máis graves da historia ferroviaria de España.[5]

En 2015 entra en servizo o eixe atlántico entre Santiago e Vigo[6] e o tramo de alta velocidade Olmedo-Zamora[7], reducindo os tempos de viaxe.

Tramos

Olmedo - Zamora

Tramo Quilómetros Estado (data BOE)
Conexión L.A.V. Madrid-Segovia-Valladolid (dirección Madrid) 3,68 En servizo
Conexión L.A.V. Madrid-Segovia-Valladolid (dirección Valladolid) 7,8 En servizo
Olmedo-Pozal de Gallinas 10,9 En servizo
Pozal de Gallinas-Villaverde de Medina 13,9 En servizo
Villaverde de Medina-Villafranca de Duero 32,2 En servizo
Villafranca de Duero-Coreses 28,7 En servizo
Acceso a Zamora 6,2 En servizo

Zamora - Lubián

Tramo Quilómetros Estado (data BOE) Prazo execución
Zamora-La Hiniesta 11,0 Finalizadas obras plataforma (10/01/2016)
La Hiniesta-Perilla de Castro 20,3 Finalizadas obras plataforma (10/01/2016)
Perilla de Castro-Otero de Bodas 32,6 Finalizadas obras plataforma (10/01/2016)
Otero de Bodas-Cernadilla 30,3 Finalizadas obras plataforma (10/01/2016)
Cernadilla-Pedralba de la Pradería 19,1 Finalizadas obras plataforma (10/01/2016)
Pedralba de la Pradería-Túnel do Padornelo 11,0 Obras adxudicadas (08/01/2010)
Acondicionamento Túnel do Padornelo (vía única) 6,0 Obras adxudicadas (24/02/2012) 40 meses
Novo Túnel do Padornelo (2ª vía) 6,0 Obras adxudicadas (24/02/2012) 40 meses

Lubián - Ourense

Tramo Quilómetros Estado (data BOE) Prazo execución
Lubián–Túnel da Canda 3,2 Finalizadas obras plataforma en vía única (9/10/2015)[8]
Túnel da Canda 7,8 Finalizadas obras plataforma en vía única (13/10/2015)[9]
Túnel da Canda–A Vilavella 3,8 Obras adxudicadas (1/10/2011)[10]
Túnel do Cañizo 6,9 Finalizadas obras plataforma (12/2/2015)[11]
Túnel do Espiño 8,5 Obras adxudicadas (27/7/2012)[12] 32 meses
Vilariño de ConsoCampobecerros 6,8 Obras adxudicadas (27/7/2012) 32 meses
CampobecerrosPortocamba 4,2 Obras adxudicadas (08/02/2012)[13]
PortocambaCerdedelo 2,3 Obras adxudicadas (08/02/2012)[13]
Túnel do Corno (Cerdedelo-Prado) 8,5 Obras adxudicadas (23/11/2012)
Túnel de Prado (Prado-Porto) 9,1 Obras adxudicadas (30/4/2013)[14]
PortoMeamán 6,5 Obras adxudicadas (02/05/2010)[15]
MeamánPonte Ambía 6,7 Finalizadas obras plataforma (26/01/2016)[16]
Ponte AmbíaTaboadela 9 Obras adxudicadas (02/05/2010)[15]
Integración en Ourense 17,2 Proxecto redactado (18/04/2015)[17]

Ourense - Santiago de Compostela

A liña atópase operativa desde a súa inauguración oficial o 10 de decembro de 2011.[18]

Tramo Quilómetros Estado (data BOE)
Accesos a Ourense 1,5 En servizo
OurenseAmoeiro 6,4 En servizo
AmoeiroMaside 6,3 En servizo
MasideO Carballiño 5,8 En servizo
O CarballiñoO Irixo 6,7 En servizo
O IrixoLalín (A Abeleda) 6,5 En servizo
Lalín (A Abeleda) – Lalín (Baxán) 9,7 En servizo
Lalín (Baxán) – Lalín (Anzo) 9,1 En servizo
Lalín (Anzo) – Silleda (Carboeiro) 5,3 En servizo
Silleda (Carboeiro) – Silleda (Dornelas) 7,0 En servizo
Silleda (Dornelas) – Vedra 6,4 En servizo
VedraBoqueixón 6,9 En servizo
Boqueixón - Santiago 5,8 En servizo
Acceso a Santiago 3,6 En servizo

Ourense-Pontevedra

Tramo Quilómetros Estado (data BOE) Prazo execución
Variante de Cerdedo 53,7 EI aprobado, pendente de DIA (08/01/2015)[19]

Notas

  1. La Opinión de Zamora, ed. (30 de decembro de 2017). "Rajoy certifica a inauguración do AVE a Seabra para 2018" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018.
  2. Europa Press, ed. (31 de xullo de 2017). "Fomento ratifica a chegada do AVE a Galicia a finais de 2019" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018.
  3. Cadena Ser, ed. (10 de decembro de 2011). "Inauguran o AVE entre A Coruña, Santiago e Ourense cunha viaxe de 69 minutos" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018.
  4. La Opinión A Coruña, ed. (17 de xuño de 2012). "Renfe estrea hoxe trens híbridos entre Galicia e Madrid" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018.
  5. RTVE, ed. (25 de xullo de 2013). "Ao menos 78 mortos e máis de 140 feridos ao descarrilar un tren en Santiago de Compostela" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018.
  6. ABC, ed. (18 de abril de 2010). "O AVE entre Vigo e A Coruña, en marcha" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018.
  7. Informativos Telecinco, ed. (17 de decembro de 2015). "O AVE chega a Zamora sen inauguración polas eleccións xerais" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018.
  8. [1]
  9. [2]
  10. [3]
  11. "Concluye la perforación del túnel bitubo de O Cañizo, en Orense" (en castelán). 12/02/2015. Arquivado dende o orixinal o 30/12/2016. Consultado o 08/02/2018.
  12. "Adxudicadas as obras dos tramos Túnel do Espiño e Vilariño - Campobecerros".
  13. 13,0 13,1 [4]
  14. "Comeza a escavación da boca oeste do túnel de Prado, en Ourense".
  15. 15,0 15,1 [5]
  16. Las obras de la línea de alta velocidad a Galicia a su paso por Orense y Zamora avanzan según el ritmo previsto
  17. [6]
  18. AVE a Galicia: Entra en servizo o primeiro tramo.
  19. [7]

Véxase tamén

Outros artigos

Accidente de Angrois

O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España. Das 224 persoas que viaxaban no tren, 144 resultaron feridas e 80 morreron.

Botos, Lalín

San Xoán de Botos é unha parroquia do concello de Lalín. En 2018 tiña 524 habitantes (296 homes e 296 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 15 entidades de poboación.

Estación de Ourense - Empalme

A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.

Estación de Santiago de Compostela

A estación de Santiago de Compostela é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Santiago de Compostela. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 1.771.974 pasaxeiros, sendo a estación con maior número de viaxeiros de toda Galicia.

Estación de Seabra AV

Seabra AV (en castelán: Sanabria Alta Velocidad) será unha estación ferroviaria de Adif situada na localidade zamorana de Otero de Sanabria, no concello de Palacios de Sanabria. Atoparase na liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia, actualmente en construción, e dará servizo á comarca de Seabra.

Está previsto que estea operativa en 2018.

Estación de Zamora

A estación de Zamora é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Zamora, en Castela e León. Foi inaugurada en 1958 despois dun longo período de obras que se iniciaron en 1927. É de estilo neoplateresco e ten a consideración de estación histórica.

Liña Zamora - A Coruña

A liña Zamora - A Coruña é unha liña de ferrocarril de 453 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo sur percorrendo as provincias de Zamora, Ourense, Pontevedra e A Coruña.

Seguindo a catalogación de Adif é a liña 822. Foi aberta ao tráfico na súa totalidade por Renfe en 1958 tras unhas longas e complexas obras que duraron máis de trinta anos e se viron afectadas por diversos avatares históricos.En 2015 estase a construír neste corredor a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

OU-533

A OU-533 é unha estrada comarcal galega, que discorre entre as vilas da Gudiña e A Rúa, pasando por Viana do Bolo, na provincia de Ourense. É a estrada principal que vertebra a Comarca de Viana. É un tramo da antiga estrada C-533, que transcorría desde A Gudiña até Lalín, na provincia de Pontevedra.

O Tellado, San Cosmede de Cusanca, O Irixo

O Tellado é un lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca, no concello do Irixo, na comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2017 tiña dezasete habitantes (nove homes e oito mulleres), dous máis ca en 2015 (7 homes e 8 mulleres), catro menos ca en 2009 (10 homes e 9 mulleres) e oito menos ca en 1999.

Neste lugar celebrábase a feira do Tellado os dúas 2 e 17 de cada mes, nunha carballeira próxima. O camiño de arrieiros pasaba preto, cruzando o río Viñao na ponte das Campinas, na parroquia de Santa María do Campo. Polo Tellado pasaba unha desviación do camiño cara a Dozón. No campo da feira, amais de pendellos para dar servizo aos feirantes, había unha capela adicada a santo Antón. En 2014 construíuse un viaduto a carón da aldea, polo que discorre a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

Do outro lado do río Viñao está a aldea do Tellado, da parroquia de Campo.

Otero de Sanabria

Otero de Sanabria (en leonés: Outeiru) é unha localidade pertencente ao concello de Palacios de Sanabria, na provincia de Zamora (España). Foi un concello independente ata 1965. En 2016 tiña unha poboación de 26 habitantes.

Atópase no val do río Tera, xunto á autovía A-52 e a estrada N-525, na comarca da Seabra. Está prevista na localidade a construción da estación de Seabra AV correspondente á liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia, despois de descartar a súa situación en Pobra de Seabra.

Taboada y Ramos

Construcciones Taboada y Ramos, tamén coñecida como Taboada y Ramos, SL, é unha sociedade limitada constituída en Silleda en 1988 (aínda que opera en Lalín). Foi fundada polo albanel Manuel Taboada Gómez, e a súa esposa Elisa Ramos Valiñas, cun capital dun millón de pesetas.

Nos seus primeiros anos de actividade facturou miles de millóns de pesetas por obras da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e varios concellos galegos gobernados polo PP. Só en 1993, aínda que dispoñía unicamente de seis traballadores fixos, o seu volume de negocio foi de 858 millóns.

Taboada logrou contratas da Consellaría de Obras Públicas para construír estradas, abastecementos de augas a municipios e os polígonos industriais de Silleda e Lalín, ambos os dous con outras empresas. No parque de Lalín foi unha das primeiras sociedades en adquirir unha parcela.Construcciones Taboada y Ramos SL naceu froito da fundación dunha pequena empresa familiar dedicada á execución de obra civil e construción, na que o traballo realizado ao longo dos anos consolidou un crecemento constante que lle permitiu alcanzar progresivamente maiores cotas de volume de contratación e a execución de obras de maior complexidade técnica, dentro da súa actividade inicial, así como a ampliación e diversificación das liñas de negocio cara obras ferroviarias, de augas, edificación, xestión de servizos e enerxías renovábeis, que a sitúan como unha empresa de referencia en sectores clave da actividade económica, entre os que destaca pola súa relevancia o sector de Infraestruturas e Servizos.Taboada y Ramos, xunto coa tamén lalinense La Veneciana Iberiaglass SL e con Conejos Gallegos SL (Cogal) de Rodeiro, son tres empresas da Comarca do Deza que figuraban entre as 5000 primeiras de España por volume de vendas no ano 2013.

Túnel do Corno

O túnel do Corno é unha construción do tramo ferroviario Lubián-Ourense, un dos segmentos máis complexos xeográfica e tecnicamente da liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia, debido á accidentada orografía que atravesa. Ten 100 km de lonxitude e supón a entrada da LAV en Galicia, cruzando transversalmente a provincia de Ourense desde o seu límite coa de Zamora. As obras discorren pola localidade da Gudiña, onde se localizará a estación proxectada de Porta de Galicia, dirixíndose despois, ao norte da autovía A-52, até Ourense.

Os grandes túneles son as infraestruturas máis salientábeis deste tramo. O seu trazado conta cun total de 18 túneles, algúns coa dificultade engadida de que se dividen en dúas vías, esquerda e dereita. A principal peculiaridade, que distingue este tramo do resto da liña, reside en que dos 100 km de lonxitude total, 77,8 se constrúen mediante 2 vías únicas paralelas.

No cómputo global das infraestruturas proxectadas e xa construídas dentro da LAV Madrid-Galicia os túneles deste tramo son os de maior extensión, sobre todo comparados cos escavados no tramo Ourense-Santiago, xa en funcionamento, onde o túnel da Burata, entre os concellos de Ourense e Amoeiro, é o de maior lonxitude, con 4068 m.

Viaduto do Eixo

O viaduto do Eixo, tamén chamado viaduto do Ulla e novo viaduto de Gundián, é unha das grandes pontes que salvan o cuso do río Ulla.

É unha estrutura singular rematada no ano 2008 de máis de 1 km de lonxitude, na liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia no tramo entre Ourense e Santiago de Compostela, que formará parte da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia.É unha obra que está considerada de interese arquitectónico en España.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.