Liña de alta velocidade

Unha liña de alta velocidade é unha infraestrutura para o transporte público sobre raís a velocidades superiores aos 200–220 km/h. Segundo a Unión Europea calquera liña apta para 200 km/h ou máis, sexa de nova construción ou actualizada, é unha liña de alta velocidade.

E5 S11 Sendai 20090725
Shinkansen E5
Alstom AGV Cerhenice img 0365
AGV

Características

Os trazados destas liñas requiren unhas condicións especiais. Os rieis teñen que ser cando menos de 60 kg/m para evitar deformacións, e deben ter unha soldadura continua en lugar de estar unidos por eclisas; deste xeito evítase o troupeleo. As curvas teñen que ser de radio alto para evitar excesivas forzas centrífugas que incomoden os pasaxeiros. Nos primeiros trazados esta limitación era de curvas dun mínimo de 4 quilómetros de radio, actualmente a limitación está en radios de 7 km para poder circular a velocidades de 350 km/h, tamén debe haber balastro a máis profundidade para que os carrís poidan soportar mellor as forzas e para mellorar a comodidade dos usuarios.

Os túneles teñen que ter un maior diámetro para evitar os cambios bruscos de presión ao entrar e saír deles. A electrificación da catenaria ten que ter unha maior tensión cós trazados convencionais, para poder cubrir as necesidades enerxéticas dos trens de alta velocidade, próximas aos 9000 kW. Todo o percorrido debe estar valado para evitar o paso de animais ou persoas, sen pasos a nivel, e as pontes deben ter sensores para detectar se caen obxectos nas vías.

Nestes trazados pódense permitir pendentes de ata 3,5% ou ata o 4%, maiores do que nas liñas tradicionais polo elevado movemento de inercia que posúen estes trens de alta velocidade.

Ademais as liñas de alta velocidade deben dispor de sistemas electrónicos de sinalización en cabina, xa que para o maquinista é practicamente imposible detectar os sinais a partir dos 200 km/h.

Galería de imaxes

ICE 3 Fahlenbach

ICE-3

AVE in spain

AVE

Véxase tamén

Outros artigos

Accidente de Angrois

O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España. Das 224 persoas que viaxaban no tren, 144 resultaron feridas e 80 morreron.

Avant

Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.

Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.

Botos, Lalín

San Xoán de Botos é unha parroquia do concello de Lalín. En 2018 tiña 524 habitantes (296 homes e 296 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 15 entidades de poboación.

Eixe interior de Galicia

O Eixe interior de Galicia é unha liña de alta velocidade que unirá as cidades galegas de Vigo, Ourense e Monforte de Lemos. Está previsto que estea en servizo antes de 2020[Cómpre referencia].

Segundo o Plan español de infraestruturas 2005-2020 esta liña estará conectada coas seguintes:

Eixe atlántico, en Vigo

L.A.V. Olmedo-Zamora-Galicia, en Ourense

L.A.V. Subcantábrica, en Monforte de Lemos

Estación de Bregua

Bregua é un apeadoiro de Adif, situado en Bregua, no concello de Culleredo, provincia da Coruña. Está situada na liña Zamora-A Coruña e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Bregua foi primeiro estación e posteriormente apeadoiro de Renfe. O 27 de abril de 2006 deixaron de pasar trens por Bregua, pola posta en sevizo da chamada Variante de Bregua (Boedo-Uxes) da nova liña de alta velocidade (LAV).

Estación de Calatayud

A estación de Calatayud é unha estación ferroviaria de Adif situada na cidade de Calatayud, na provincia de Zaragoza. Nela conflúen o trazado clásico de ancho ibérico entre Madrid e Barcelona e a nova liña de alta velocidade. Para a chegada desta última optouse por remodelar a antiga estación tamén coñecida como Calatayud-Jalón.

En 2010 foi utilizada por 250.000 pasaxeiros.

Estación de Segovia-Guiomar

Segovia-Guiomar é a estación ferroviaria de alta velocidade de Adif da cidade de Segovia. Atópase na liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, a uns 6 quilómetros do centro da cidade, na contorna do polígono industrial de Hontoria.

Liña Zamora - A Coruña

A liña Zamora - A Coruña é unha liña de ferrocarril de 453 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo sur percorrendo as provincias de Zamora, Ourense, Pontevedra e A Coruña.

Seguindo a catalogación de Adif é a liña 822. Foi aberta ao tráfico na súa totalidade por Renfe en 1958 tras unhas longas e complexas obras que duraron máis de trinta anos e se viron afectadas por diversos avatares históricos.En 2015 estase a construír neste corredor a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

Liña de alta velocidade Córdoba-Málaga

A liña de alta velocidade Córdoba-Málaga é un ramal de alta velocidade do novo acceso ferroviario a Andalucía que conecta a cidade de Málaga co resto da rede de alta velocidade de España. Iníciase na liña Madrid-Sevilla, na bifurcación de Almodóvar del Río, e finaliza tras 155 km na estación de Málaga-María Zambrano. Crúzase na estación de Antequera-Santa Ana co eixe ferroviario transversal de Andalucía. Ten unha velocidade máxima de deseño de 350 km/h, aínda que actualmente os trens AVE non superan o 300 km/h cun tempo de viaxe mínima de 49 minutos entre ambas as cidades.

Liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán

A liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán é unha liña ferroviaria internacional que une España e Francia, conectando a rede de alta velocidade española coa rede ferroviaria francesa. Trátase dunha liña de concesión privada, explotada pola sociedade TP Ferro. Está deseñada para permitir tráficos mixtos, tanto de viaxeiros coma de mercadorías, e encóntrase aberta ao tráfico comercial de trens dende decembro de 2010.Ten unha lonxitude total de 44,4 quilómetros: 24,6 en Francia e 19,8 en España. O trazado discorre entre a estación de Figueres-Vilafant, onde enlaza coa liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa, e a cidade de Perpiñán, onde conecta coa rede ferroviaria convencional francesa cara a Montpellier. A liña inclúe un túnel de 8,3 quilómetros, o túnel do Pertús, que atravesa o Pireneo baixo a fronteira.Actualmente é a única conexión ferroviaria España-Francia que non require de cambio de ancho ou transbordo.

Liña de alta velocidade La Sagra-Toledo

A liña de alta velocidade La Sagra-Toledo é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España de 21 km de lonxitude que comeza na liña de alta velocidade Madrid-Sevilla na bifurcación de La Sagra e chega á cidade de Toledo.

Liña de alta velocidade Madrid-Levante

A Liña de alta velocidade entre Madrid, Castela a Mancha, a Comunidade Valenciana e a Rexión de Murcia, comunmente chamada LAV Madrid-Levante, é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España. A liña, inaugurada parcialmente o 18 de decembro de 2010, esténdese desde a estación de Puerta de Atocha en Madrid cara ao leste con ramais que finalizan nas cidades de Valencia, Alacant, Cartaxena e Almería.

O trazado deseñouse de acordo coas especificacións técnicas de interoperabilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Consta de vía dobre de ancho estándar ou internacional (1435 mm) e é apta para unha velocidade máxima de 350 km/h. A electrificación, como en todas as liñas de alta velocidade españolas é de 25 kV en corrente alterna e a xestión realízase mediante ERTMS con sinalización ETCS de nivel 1 e, proximamente, con nivel 2 de entre Torrejón de Velasco e Valencia, ou soamente o nivel 2: entre a Bifurcación de Albacete e Alacant.

Liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid

A Liña de Alta Velocidade Madrid - Segovia - Valladolid é unha liña de alta velocidade que se abriu ao servizo comercial o 23 de decembro de 2007, e constitúe o primeiro tramo que entrou en funcionamento dos corredores norte e noroeste do ferrocarril de alta velocidade en España.

Liña de alta velocidade Madrid-Sevilla

A liña de alta velocidade Madrid-Sevilla é unha liña de alta velocidade de España que discorre entre as estacións de Madrid-Puerta de Atocha e Sevilla-Santa Justa. Foi inaugurada en 1992, como desenvolvemento dun proxecto chamado novo acceso ferroviario a Andalucía. Dispón de dous ramais, un a Toledo e outro á liña de alta velocidade Córdoba-Málaga.

Liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa

A liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España, pertencente á Rede de Interese Xeral xestionada pola empresa pública estatal Adif. A infraestrutura está deseñada para unha velocidade de 350 km/h, se ben actualmente a velocidade comercial máxima alcanzada polos trens é de 310 km/h, que permite a conexión por AVE entre as cidades de Madrid e Barcelona nun tempo de dúas horas e media.A liña ten unha lonxitude total de 804 quilómetros. Comeza na estación de Madrid-Puerta de Atocha e finaliza tras a estación de Figueres-Vilafant, onde ten continuidade cunha sección internacional ata Perpiñán que conecta as redes ferroviarias de España e Francia. A liña intérnase nas cidades de Barcelona, coas estacións de Barcelona-Sants e Barcelona-La Sagrera (actualmente en construción), e Xirona. Ademais, ten dúas variantes que permiten saíndo da liña acceder ás estacións de Zaragoza-Delicias e Lleida-Pireneos, e dispón de tres estacións en plena liña: Guadalaxara-Yebes, Calatayud e Camp de Tarragona.

Ademais dos servizos internos da liña (AVE para os de longa distancia e Avant para os de media distancia), existen cambiadores de ancho no ámbito de Zaragoza que permiten saír da liña, ademais dun ramal en ancho internacional que finaliza en Huesca. Mediante cambio de ancho en Zaragoza utilizan esta liña os trens entre Madrid e Navarra e A Rioxa, e entre Barcelona e o norte de España. Ademais, unha conexión coa LAV Madrid-Sevilla permite conexións Cataluña-Andalucía sen entrar en Madrid.

A liña foi inaugurada en varios tramos comezando dende Madrid. En outubro de 2003 abriuse ata Lleida, en decembro de 2006 chegouse ata Tarragona, en febreiro de 2008 ata Barcelona e en xaneiro de 2013 completouse a liña alcanzando Figueres e a fronteira francesa.

Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia

A liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia é unha liña de alta velocidade que conectará Galicia co resto da península Ibérica. Parte da LAV Madrid-Valladolid á altura de Olmedo e finaliza en Santiago de Compostela.

Atópase en servizo entre Olmedo e Zamora (a vía par dende o 17 de decembro de 2015 e a vía impar dende o 21 de outubro de 2016), e entre Ourense e Santiago (dende o 11 de decembro de 2011), con continuidade ata A Coruña e Vigo a través do eixe atlántico de alta velocidade. Está prevista a inauguración do tramo entre Zamora e Seabra para 2018 e entre Seabra e Ourense para 2019.Para facilitar a explotación de trens que continúan por vía convencional, ten actualmente ancho ibérico de 1.668 mm entre Ourense e Santiago. Cando a liña estea finalizada, cambiarase ao ancho internacional de 1.435 mm, como o resto de liñas de alta velocidade. O trazado está adaptado ás esixencias de interoperatibilidade da Unión Europea. Cando se atope finalizado completamente, contará con dobre vía electrificada a 25 kV e unha velocidade máxima de 350 km/h. Forma parte do Corredor Atlántico da Rede Transeuropea de Transporte.

Liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León

A liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León é unha liña de alta velocidade que se estende entre a estación de Valladolid-Campo Grande e a estación de León pasando pola estación de Palencia. Constitúe parte do ramal norte/noroeste do ferrocarril de alta velocidade de España e inaugurouse o 29 de setembro de 2015, estando operativa para viaxeiros desde o día seguinte.O trazado foi deseñado de acordo coas especificacións técnicas de interoperatibilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Cunha lonxitude total de 166,141 km e un novo trazado de 165,217 km (desde o cambiador clausurado de San Isidro, en Valladolid), consta de plataforma para vía dobre con ancho estándar (1435 mm), con tramos de vía dobre (80,967 km) e outros de vía única (84,250 km), e será apta para unha velocidade máxima de 350 km/h.

Con esta liña dáse continuidade á LAV Madrid-Segovia-Valladolid e fai posible as futuras conexións cara a Asturias, Cantabria e Euskadi.

Liña de alta velocidade subcantábrica

A L.A.V. Subcantábrica é unha liña de alta velocidade en proxecto que será unha galla da liña Palencia-León-Xixón. Será a saída central de Galicia de alta velocidade.

Segundo o Plan español de infraestruturas 2005-2020 esta liña estará conectada coas seguintes:

L.A.V. Venta de Baños-León-Xixón.

Eixe interior de Galicia.

Eixe Atlántico.

Novo acceso ferroviario a Andalucía

O Novo acceso ferroviario a Andalucía (NAFA) é un proxecto da década de 1980 para construír un novo acceso ferroviario que conectase o centro da península Ibérica con Andalucía evitando o lento, longo e conxestionado paso de Despeñaperros. A evolución do proxecto fixo que este novo paso terminase formando parte da liña de alta velocidade Madrid-Sevilla, que á súa vez forma tronco común coa liña de alta velocidade Córdoba-Málaga, polo que ás veces coñécese a estas liñas co nome de NAFA.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.