Liña Zamora - A Coruña

A liña Zamora - A Coruña é unha liña de ferrocarril de 453 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo sur percorrendo as provincias de Zamora, Ourense, Pontevedra e A Coruña.

Seguindo a catalogación de Adif é a liña 822.[1] Foi aberta ao tráfico na súa totalidade por Renfe en 1958 tras unhas longas e complexas obras que duraron máis de trinta anos e se viron afectadas por diversos avatares históricos.[2]

En 2015 estase a construír neste corredor a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

Ponteulla Vedra Galicia 03
Ponte de Gundián, sobre o río Ulla, na liña Zamora - A Coruña.
Tapa de rexistro no Carballiño
Tapa de rexistro do Ferrocarril Zamora - A Coruña na estación do Carballiño.

Estacións principais

Viaducto Martín Gil

Viaduto Martín Gil, en Manzanal del Barco (Zamora)

PontedotrensobreoMinho

Viaduto obre o río Miño en Ourense

Talgo com destino a Madrid (3775261053)

Talgo con destino Madrid na estación de Santiago de Compostela

Viaduto Santiso

Viaduto a carón de Santiso (O Irixo)

Notas

  1. Red ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine.. Ministerio de Fomento.
  2. La Opinión de Zamora (ed.). "La historia interminable". Consultado o 29 de maio de 2013.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Apeadoiro

Apeadoiro é, segundo a definición do Regulamento de Circulación Ferroviaria español, unha infraestrutura ferroviaria para a subida e baixada de viaxeiros.

Apeadoiro de Figueirido

Figueirido foi un apeadoiro de Adif, situado na vila de Figueirido, no concello de Vilaboa, provincia de Pontevedra. O antigo predio de viaxeiros consérvase na beira da liña Santiago - Redondela e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Apeadoiro de Guísamo

Guísamo foi un apeadoiro da liña León - A Coruña localizado en Guísamo (Bergondo). A el se accedía por unha escaleira desde a estrada DP-01810, que salva a vía férrea mediante un paso superior. As súas instalacións foron eliminadas.

Apeadoiro de Oroso-Vilacide

Oroso-Vilacide era un apeadoiro de Adif, situado en Vilacide, no concello de Oroso, provincia da Coruña. Estaba situado na Liña Zamora - A Coruña e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación da Susana

A Susana é un apeadoiro de Adif, situado na Susana, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Bregua

Bregua é un apeadoiro de Adif, situado en Bregua, no concello de Culleredo, provincia da Coruña. Está situada na liña Zamora-A Coruña e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Bregua foi primeiro estación e posteriormente apeadoiro de Renfe. O 27 de abril de 2006 deixaron de pasar trens por Bregua, pola posta en sevizo da chamada Variante de Bregua (Boedo-Uxes) da nova liña de alta velocidade (LAV).

Estación de Cerceda

Cerceda foi unha estación e posteriormente apeadoiro ferroviario de Adif, situado en Cerceda, na provincia da Coruña. Non ten servizos de viaxeiros.

A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Cerceda-Meirama o 13 de decembro de 2009.

Estación de Cerceda-Meirama

Cerceda-Meirama é unha estación de tren de Adif situada en Meirama, no concello de Cerceda, provincia da Coruña. Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe.

Estación de Cornes

Cornes foi a estación de viaxeiros de Santiago de Compostela até a inauguración da actual terminal en 1943.

Coa súa apertura en 1873, converteuse nunha das dúas cabeceiras da primeira liña de ferrocarril galega: Santiago-Carril. Foi construída no desparecido término municipal de Conxo, o que motivou que o consistorio santiagués perseguira a anexión deste territorio.Coa apertura do traxecto Santiago - A Coruña da liña Zamora - A Coruña en 1943, RENFE estrearía tamén unha nova estación pasante, onde confluiría a nova liña procedente de Ourense - Empalme coa Santiago - Redondela, ficando Cornes así relegada a terminal de mercadorías durante varias décadas até o seu progresivo abandono.En 2009, xa coa praia de vías levantada desde había anos e reurbanizada, o antigo predio principal da estación de Cornes reabría como Casa das Asociacións, acubillando actividades veciñais e dependencias municipais.

Estación de Garga-Trasmonte

Garga-Trasmonte foi unha estación de Adif, situado no lugar de Garga, parroquia de Trasmonte e concello de Oroso, na provincia da Coruña. Estaba situada na liña Zamora-A Coruña e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Gorgullos-Tordoia

Gorgullos-Tordoia é un apeadoiro de Adif, situado en Gorgullos, no concello de Tordoia, provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Maside

Maside é un apeadoiro de Adif, situado no centro da vila de Maside, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Meirama

Meirama, tamén coñecida nalgúns ámbitos como Meirama-Picardel, é unha estación ferroviaria xestionada por Adif situada en Meirama, no concello de Cerceda, provincia da Coruña. Na actualidade non ten servizos de viaxeiros.

A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Cerceda-Meirama o 13 de decembro de 2009.

Estación de Ordes

A estación de Ordes, tamén coñecida como Ordes-Fosado é unha estación de tren de Adif situada no lugar de Fosado, no concello de Ordes, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de Padrón

Padrón é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Padrón, na provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Pontecesures

Pontecesures é unha estación de tren de Adif, situada na vila de San Xulián, no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Portas

Portas é un apeadoiro de Adif, situado na vila de Portas, provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Silleda

Silleda é un apeadoiro de Adif, situado na parroquia do Castro, preto da vila de Silleda, provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Liña Monforte de Lemos - Vigo

A liña ferroviaria Monforte de Lemos-Vigo é unha liña de ferrocarril de ancho ibérico, que une as cidades de Monforte de Lemos (Lugo) e Vigo, pasando por Ourense.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.