Liña Verde (Chipre)

A Liña Verde é a liña de demarcación que divide Nicosia, a capital de Chipre, en dúas partes, unha setentrional baixo o poder da autodenominada República Turca do Norte de Chipre, e a parte meridional baixo o control gobernamental recoñecido internacionalmente da República de Chipre. O paso a través da mesma faise, exclusivamente, por "Ledra Palace Check Point", lugar controlado polas forzas de seguridade de ámbolos sectores da illa e de UNFICYP.

En 1960, Chipre transformouse nun país independente e bi-comunal, cunha poboación maioritaria de orixe grego e unha gran minoría de turcos. En decembro de 1963, a cidade foi o centro de violentos enfrontamentos intercomunais, resultando nunha división de facto da mesma. O Secretario Británico para as Relacións da Commonwealth, Dunkan Sands, viaxou a Chipre coa intención de restaurar a calma. Fixéronse unha serie de encontros cos delegados turco-chipriotas e greco-chipriotas baixo a dirección de Sands. Durante os mesmos, o xeneral Young, quen estaba a cargo das tropas británicas chegadas para supervisar o cesamento do fogo, marcou unha liña verde o 30 de decembro de 1963 sobre o mapa de confrontación en Nicosia. A liña fortaleceuse coa invasión da illa por parte de Turquía en xullo de 1974. Chegou a converterse de facto en fronteira cando en 1983 a parte turco-chipriota autoproclámase como República Turca do Norte de Chipre, país unicamente recoñecido por Turquía.

A partir dese momento a liña mantén o nome de Green Line, separando ás dúas comunidades mediante unha combinación de barricadas, bolsas de area, arames de pugas e postos de garda. O seu ancho é variado (sendo, en media, o correspondente a unha rúa) e o seu patrullamento interno é realizado polas tropas de UNFICYP de Nacións Unidas.

Esta liña tamén se denomina nalgún caso como Liña Atila, nome en clave dado polas forzas turcas durante a intervención militar da illa na chamada Operación Atila. Na madrugada do 8 ao 9 de marzo de 2007, o goberno greco-chipriota comezou a derrubar parte da Liña Verde nun "sinal de boa vontade", segundo afirmou o voceiro gobernamental Christodoulos Pashardes, o que foi ben recibido polo líder turco-chirpiota Mehmet Ali Talat, aínda que se advertiu que a medida, con ser positiva, non é nin definitiva nin constitúe o final do conflito de ambas as comunidades. En xaneiro, o goberno turco-chipriota tamén realizara xestos de achegamento ao destruír unha ponte peonil que, a dicir da outra parte, violaba a Liña Verde.[1]

Nicosia. Green Line
Liña Verde de Nicosia, Chipre.
Chypre-LigneVerte1
Rúa de Nicosia cortada pola Liña Verde.

Notas

  1. Os greco-chipriotas comezan a derrubar a Liña Verde que divide a turcos e gregos na cidade de Nicosia

Véxase tamén

Outros artigos

Chipre

Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é un república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004.

Segundo a lei internacional, a illa no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes. Os dous terzos do sur forman o Chipre propiamente dito e o resto da illa, o terzo norte, é a coñecido como a República Turca do Norte de Chipre, baixo protección turca e sen recoñecemento internacional. Ámbolos dous territorios teñen a súa capital en Nicosia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.