Lexislatura

Enténdese por lexislatura o período de tempo que transcorre entre eleccións políticas, e correspóndese co mandato no que os órganos lexisladores (Cámara alta ou Cámara dos senadores e/ou Cámara baixa ou Cámara dos deputados) exercen as súas funcións.[1] No Parlamento de España e nos de todas as súas comunidades autónomas as lexislaturas teñen unha duración ordinaria máxima de catro anos. Cabe dicir o mesmo no que respecta ás eleccións das administracións locais.

Notas

  1. "lexislatura". academia.gal. Consultado o 19-03-2019.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alberto Núñez Feijóo

Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.

Antonio Rosón

Antonio Rosón Pérez, nado en Becerreá o 8 de xuño de 1911 e finado na cidade de Lugo o 19 de agosto de 1986, foi un avogado galego, primeiro presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981. Tamén foi o primeiro presidente da Caixa Rural de Lugo ata o seu falecemento.

Composición do Parlamento de Galicia

No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

George W. Bush

George Walker Bush, naceu en New Haven (Connecticut) o 6 de xullo de 1946. É un político e empesario estadounidense que en 2001 se converteu no 43º presidente dos Estados Unidos.

O seu mandato estivo marcado pola guerra contra o terrorismo dende os atentados do 11 de setembro de 2001. Promoveu a invasión de Afganistán en busca do terrorista Osama bin Laden en outubro de 2001, e a invasión de Iraq para desarmar a Saddam Hussein. Presidente que levantou paixóns en grande parte do electorado conservador norteamericano e provocou manifestacións na súa contra tamén no resto do mundo, sobre todo en Europa a raíz da súa política exterior considerada hostil e mesmo criminal por parte da opinión pública europea, segundo reflicten diversas enquisas publicadas. Logo das eleccións de 2008 pasou a ser substituído por Barack Obama, quen asumiu o cargo o 20 de xaneiro do 2009.

Está casado con Laura Welch Bush e é pai de dúas xemelgas.

Lista de senadores galegos desde a Transición

Esta é unha Lista de senadores galegos desde a Transición española. Segundo a Constitución española, ás provincias correspóndelles 4 senadores e as Comunidades Autónomas nomearán un senador, máis outro por cada millón de habitantes (así, se Galicia ten máis de dous millóns de habitantes, terá 1+2 senadores). Xa que logo, Galicia ten asignados 16 senadores por elección directa e 3 por designación autonómica, o que fan un total de 19.

Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación é o departamento ministerial do Goberno de España competente para a proposta e execución da política do Goberno en materia de recursos agrícolas, gandeiros e pesqueiros, de industria agroalimentaria, de desenvolvemento rural e de alimentación. O seu actual titular é Luís Planas.

Ministerio de Cultura de España

O Ministerio de Cultura de España foi, en distintas épocas da historia de España, o departamento ministerial encargado da promoción e protección do patrimonio histórico español, dos museos, bibliotecas e arquivos estatais e da promoción e difusión das artes e do libro. En coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación tamén se chegou a ocupar do impulso da cooperación e das relacións internacionais en materia cultural.

A partir de 2011 as competencias culturais que permanecían no estado e non foran transferidas ás comunidades autónomas foron traspasadas ao Ministerio de Educación.

Ministerio de Economía e Competitividade de España

O Ministerio de Economía e Competitividade de España é o órgano da Administración Xeral do Estado que se encarga da política económica, especialmente dos Presupostos Xerais, do control das Compañías públicas, e de impoñer as taxas.

Luis de Guindos é o ministro de Economía.

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España, é o órgano de Goberno da Administración Xeral do Estado, encargado da administración e conservación dos organismos educativos públicos de España, así como de distribuír os Presupostos Xerais do Estado entre os seus organismos. O MEC tamén é o encargado de fomentar a ciencia e os organismos que nela se desenvolven. Na actualidade, o cargo de ministro correspóndelle a Íñigo Méndez de Vigo (2015-2018), do Partido Popular.

Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España, tamén coñecido ao longo da súa historia como Ministerio de Administracións Públicas, de Política Territorial ou de Administración Territorial, é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado de España encargado da preparación e execución da política do Goberno en materia de política territorial e de relacións e cooperación coas Comunidades Autónomas e coas entidades que integran a Administración Local, así como da xestión dos pagamentos e das contas básicas do estado.

Correspóndelle tamén a este ministerio a promoción das relacións institucionais da Administración Periférica do Estado coas comunidades autónomas e cidades con Estatuto de Autonomía, así como a preparación e seguimento da Conferencia de Presidentes. Naceu como fusión dos departamentos de Política Territorial e Administracións Públicas, dunha banda, e de Facenda doutra, que anteriormente formara parte do ministerio de Economía.

Na actualidade, e dende a súa creación como entidade única baixo ese nome, ocupa o cargo de ministro Cristóbal Montoro, do PP.

Ministerio de Fomento de España

O Ministerio de Fomento de España é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, encargado da preparación e execución da política do goberno en materia de infraestruturas de transporte terrestre, aéreo e marítimo de competencia estatal, e o control, a ordenación e a regulación administrativa dos servizos de transporte correspondentes. Así mesmo ten como outros obxectivos, o impulso e dirección de temas relativos á astronomía, xeodesia, xeofísica e cartografía.

O actual ministro de Fomento é José Luis Ábalos.

Ministerio de Xustiza de España

O Ministerio de Xustiza de España é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, ao que lle corresponde a preparación e execución da política do goberno de España en materia de Dereito Penal, Mercantil, Civil e Procesal; liberdade de cultos; dereito de graza, títulos nobiliarios, grandezas de España e avogacía do Estado.

O actual ministro de xustiza é Rafael Catalá Polo.

Ministerio do Interior de España

O Ministerio do Interior de España, é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, encargado de executar as decisións tomadas polo Presidente do Goberno, así como de manter a orde en todo o país. Para iso o Ministerio ten baixo a súa tutela o Corpo Xeral da Policía e da Garda Civil. O Ministerio do Interior, tomas as decisións sobre política antiterrorista. O seu titular é Fernando Grande-Marlaska.

Parlamento Vasco

O Parlamento Vasco (en éuscaro: Eusko Legebiltzarra) exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos do País Vasco e impulsa e controla a acción do Goberno Vasco. Representa, así mesmo, aos cidadáns vascos. A súa sede atópase na capital da Comunidade Autónoma Vasca, Vitoria.

Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

Presidente do Goberno de España

O Presidente do Goberno é o Xefe do Goberno de España. A elección do presidente realízase no Congreso dos Deputados, mediante un proceso chamado Investidura, tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo Rei ante o cal toma xuramento.

As funcións do Presidente do Goberno están establecidas na Constitución Española nos artigos 97 ao 116. A residencia oficial e sede do Goberno é o Palacio da Moncloa en Madrid.

Senado

O Senado é a cámara alta do corpo lexislativo (Congreso, Asemblea Nacional, Parlamento, entre outros) daqueles países nos que o Parlamento está formado por dúas asembleas de representantes. Existe principalmente en países cunha forma de goberno federal, nos que a Cámara Alta da lexislatura representa ás divisións territoriais (Estados, cantóns ou provincias).

Na maioría dos países democráticos, os senadores -nome que reciben os membros dun senado- son elixidos polos cidadáns. Porén, nalgúns países, como Alemaña, os membros do senado (Bundesrat) non son elixidos directamente polos cidadáns, senón polos gobernos dos respectivos Estados (Länder).

Tony Blair

Anthony Charles Lynton Blair, nado en Edimburgo o 6 de maio de 1953, foi Primeiro Ministro do Reino Unido dende o 2 de maio de 1997 ata o 27 de xuño do 2007, cando dimitiu e foi sucedido por Gordon Brown.

É o único político laborista que foi tres veces consecutivas elixido como Primeiro Ministro. Durante estas tres lexislaturas, levou ó Reino Unido a catro conflitos internacionais: Kosovo, Serra Leona, Afganistán e Iraq.

Dentro do seu partido, foi líder da corrente denominada "Novo Laborismo", que defende a economía de mercado fronte á postura tradicional, centrada na nacionalización dos servizos. Isto fixo que fora o branco de moitas críticas dentro do seu partido, xa os seus ideais víanse máis achegados ao Partido Conservador que ao Partido Laborista.

Xerardo Fernández Albor

Xerardo Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917, e finado o 12 de xullo de 2018, foi un político galego. Foi o primeiro presidente da autonomía Xunta de Galicia trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.