Les Très Riches Heures du duc de Berry

Les Très Riches Heures du duc de Berry (As moi ricas horas do duque de Berry) é un libro de horas que o duque Xoán I de Berry encargou aos Irmáns Paul, Jean e Herman de Limbourg, mais que non foi acabadao até despois da súa morte. O manuscrito está conservado no Museo Condé de Chantilly (Francia).

É probabelmente o manuscrito ilustrado máis importante do século XV. Contén máis de 200 folios, dos cales máis da metade conteñen ilustracións a toda páxina.

Foi pintado entre 1412 e 1416 polos Irmáns de Limbourg, que o deixaron inacabado á súa morte, que coincidíu coa do duque en 1416. Jean Colombe acabou as ilustracións entre 1485 e 1489 para Charles I de Savoia.

Contén, entre outras, unha ilustración extraordinaria da Ascensión de Cristo.

Les Très Riches Heures du duc de Berry septembre
Les Très Riches heures du duc de Berry : O mes de setembro.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Gótico Internacional
  • Libro de horas.
  • Les Petites Heures de Jean de Berry
Abril

Para o artigo sobre o nome propio, véxase Abril (nome).

Abril é o cuarto mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días.

Agosto

Agosto é o oitavo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. Foi nomeado na honra do emperador romano Octavio Augusto (Octavianus Augustus). Anteriormente o mes tiña o nome de Sextilis, pois era o sexto mes do ano romano que empezaba en marzo, mais foi renomeado por ser o mes no que morreu Cleopatra.

En Galicia recibe tamén o nome de mes da Nosa Señora, por celebrarse o día 15 o día de Santa María.

Angazo

O angazo é unha ferramenta agrícola, tamén denominada anciño, ancazo, enciño, engazo, rastrelo e rastra.

Barthélemy d'Eyck

Barthélemy d'Eyck ou van Eyck (ca. 1420 – 1470) foi un pintor da escola dos primitivos flamengos que traballou en Francia e probablemente no ducado de Borgoña como pintor e iluminador de manuscritos. Estivo activo aproximadamente entre 1440 e 1469.

Malia que non hai ningún traballo documentado como seu que sobrevivise, foi eloxiado polos contemporáneos como o principal artista da súa época, e polo xeral acéptanse como súas algunhas obras importantes. En particular, Barthélemy foi aceptado por moitos expertos como a identidade dos artistas anteriomente coñecidos como o mestre da Anunciación de Ais polas pinturas, e o mestre de René de Anjou polos manuscrits iluminados. Crese que podería ser o "mestre das Sombras", responsable dalgunhas partes do calendario de Les Très Riches Heures du Duc de Berry.

Decembro

Decembro (tamén chamado Nadal) é o duodécimo e derradeiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome é derivado do latín, por ser o décimo mes do calendario romano.

Febreiro

Febreiro é o segundo mes do ano no calendario gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisestos. Tres veces ao longo da historia, e só en determinados países, houbo un 30 de febreiro.

Grade

A grade é un instrumento agrícola tradicional constituído por unha armazón de trabes que se entrecruzan en ángulo recto, que está dotado de dentes, máis ou menos próximos uns aos outros, e situados na súa parte inferior, e que permite traballar a terra superficialmente, achairándoa, rompendo os terróns e recubrindo o solo, de xeito que fique preparada para o sementado e a xerminación. Adoita ser arrastrada por un animal grande (cabalaría, boi) e cargado, con grandes pedras polo normal, se se busca que posúa un maior peso. O enganche efectúase entón con un pau ou cadea, denominado soliño ou cambón.

As grades modernas adoitan ser enteiramente metálicas e están deseñadas e preparadas de xeito diferente para efectuar labores especializados.

Jean Fouquet

Jean Fouquet, nado en Tours (Francia) no ano 1420 e finado na mesma cidade en 1481, é considerado un dos grandes pintores do Renacemento e o renovador da pintura francesa do século XV. Formado na tradición francesa do gótico internacional, desenvolveu un novo estilo no cal integrou as tonalidades cromáticas fortes do gótico, coa perspectiva e os volumes italianos, e a innovación naturalista dos flamengos. As súas obras mestras son o Díptico de Melun e as miniaturas do Libro de horas de Étienne Chevalier.

Foi un pintor de moita sona na súa época, mais despois, a súa obra ficou esquecida até que foi rehabilitada no século XIX polos romanticistas franceses e alemáns, que estaban moi interesados na arte medieval. A súa obra revalorizouse definitivamente durante unha exposición sobre franceses primitivos, organizada na Biblioteca nacional de Francia en 1904, que permitiu reunir e dar a coñecer a súa obra dispersa.

Libro de horas

Un libro de horas, aínda que cada un sexa único, contén unha colección de textos litúrxicos, de oracións e de salmos, con as ilustracións correspondentes, constituíndo unha escolma básica para a práctica da relixión católica. É o tipo máis corrente de obra medieval con ilustracións miniadas ou iluminuras.

Na súa forma orixinaria o libro de horas non recollía senón os textos apropiados para as horas litúrxicas. Co tempo, o texto foi enriquecido con datos como un calendario con os rezos e as misas para certos días festivos.

Como numerosos libros de horas están ilustrados, constitúen a fonte dunha importante documentación iconográfica da vida, en especial para os séculos XV e XVI, e tamén sobre o cristianismo tardomedieval.

Desde finais do XV, foron impresos libros de horas, realizados por xeral con técnicas xilográficas.

O máis célebre dos libros de horas é posibelmente Les Très Riches Heures du Duc de Berry, realizado polos irmáns de Limbourg entre 1412 e 1416 por encargo do duque de Jean I de Berry , e que tamén encargou Les Petites Heures de Jean de Berry, Les belles heures du Duc de Berry ee Les Riches heures du Duc de Berry.

Con frecuencia ao longo do XVI, o libro de horas era o primeiro e único libro que se compraba. Porén estes libros impresos, menos luxuosos, eran denominados, sinxelamente, "devocionarios".

Maio

Maio é o quinto mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome atribúese á deusa romana Maia ou á deusa romana Bona Dea, cuxo festival se celebraba neste mes.

Marzo

Marzo é o terceiro mes do ano no calendario gregoriano, con 31 días, inicialmente dedicado ao deus grego Marte.

O mes de marzo empeza no mesmo día da semana que febreiro, agás cando é ano bisesto. Tamén comeza no mesmo día da semana que novembro cada ano.

Milagres de Xesús

Os milagres de Xesús son os feitos sobrenaturais que se atribúen a Xesucristo no curso da súa vida terreal e que foron recollidos nos Evanxeos canónicos. Estes milagres pódense clasificar en catro grupos: as curacións, exorcismos, a resurrección dos mortos e o control sobre a natureza.

O número exacto dos milagres depende de como se contan os milagres, por exemplo, no milagre da filla de Xairo, onde unha muller se cura e unha nena é resucitada, pero os dous acontecementos son narrados nos mesmos parágrafos dos Evanxeos, e polo xeral de forma conxunta, e o feito de que a nena tiña 12 anos e a muller estivera enferma durante 12 anos foi obxecto de diversas interpretacións.

Estes milagres causaban a indignación de escríbalos e os mestres da lei.Neses tempos, escríbalos, fariseos e outros, atribuíron a unha confabulación con Belcebú este poder de expulsar aos demos. Xesús defendeuse enerxicamente destas acusacións. Segundo os relatos evanxélicos, Xesús non só tiña o poder de expulsar demos, senón que transmitiu ese poder aos seus seguidores Ata se menciona o caso dun home que, sen ser seguidor de Xesús, expulsaba con éxito demos no seu nome.Segundo o escrito en Mateo 11: 20-24, Corazín, Betsaida e Cafarnaún -tamén chamada Capernaúm-, son a cidades onde Xesús realizou a maior parte dos seus milagres, debido a que estes aínda non se arrepentían dos seus pecados.

Segundo Xoán 14:10-14, Xesús pídelles aos apóstolos que crean por esas obras porque é o Pai (Deus) quen as realiza nel. Tamén lles di que todo o que pidan ao Pai no seu nome el o fará, para que o Pai sexa glorificado no Fillo.

Novembro

Novembro ou san Martiño é o undécimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome deriva de ter sido o noveno mes do calendario romano.

En Galicia recibe diferentes denominacións populares: Mes santo, Mes de Santos, Mes morto, Mes dos mortos ou San Martiño.

Outubro

Outubro é o décimo mes do ano no Calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome vén de ter sido o oitavo mes do calendario romano.

En Galicia recibe tamén o nome de outono.

Pintura gótica

A pintura gótica, unha das expresións da arte gótica, apareceu apenas en 1200 ou case 50 anos despois do inicio da arquitectura e escultura góticas. A transición do Románico cara ao Gótico é bastante imprecisa e non hai unha creba definida, mais pódese percibir o inicio dun estilio máis sombrío e emotivo que o do período anterior. Esta transición ocorre primeiro en Inglaterra e Francia preto de 1200, en Alemaña preto de 1220 e en Italia preto de 1300.

A característica máis evidente da arte gótica é un naturalismo cada vez maior. Esa calidade, que xorde por primeira vez na obra dos artistas italianos de finais do século XIII, marcou o estilo dominante na pintura europea até o remate do século XV.

O período gótico estendeuse por máis de douscentos anos, xurdindo en Italia e espallándose cara ao resto de Europa. Os italianos foron os primeiros en empregar o termo gótico, indicando desprezativamente a arte que se produciu no Renacemento serodio, pero que aínda seguía un estilo medieval. Era unha referencia ao pasado bárbaro, en especial aos godos. A palabra perdeu o ton pexorativo e pasou a designar o período artístico entre o Románico e o Renacemento. A arte gótica pertence, sobre todo, aos últimos tres séculos da Idade Media.

A pintura (a representación de imaxes nunha superficie) durante o período gótico era practicada en catro principais técnicas: frescos, táboas, iluminación de manuscritos e vidreiras. Os frescos continuaron a ser empregados como o principal oficio pictográfico narrativo nas paredes de igrexas no sur de Europa como continuación de antigas tradicións cristiás e románicas. No norte, as vidreiras foron os máis difundidos até ao século XV. A pintura de táboas comezou en Italia no século XIII e esparexeuse por Europa, volvéndose a forma dominante no século XV, superando mesmo as vidreiras. A iluminación de manuscritos representa o rexistro máis completo da pintura gótica, fornecendo un rexistro de estilos en lugares onde non sobreviviu ningún outro traballo. A pintura ao óleo en lona non se volveu popular até aos séculos XV e XVI e foi un dos oficios característicos da arte renacentista.

No comezo do período gótico, a arte era producida principalmente con fins relixiosos. Moitas pinturas eran recursos didácticos que facían o cristianismo visíbel para unha poboación analfabeta; outras eran expostas como iconas para intensificar a contemplación e as preces. Os primeiros mestres do góticos preservaron a memoria da tradición bizantina, mais tamén crearon figuras persuasivas, con perspectiva e con perfección no trazo. En efecto, producíronse lentos avances no uso da perspectiva e doutras cuestións técnicas en pintura en canto ao tratamento dos soportes (que permiten a maior difusión dunha arte mobiliar), os pigmentos e os aglutinantes.

Setembro

Setembro é o noveno mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome, que vén da mesma raíz latina ca "sétimo", débese a que era o sétimo mes no calendario romano.

O mes de setembro empeza no mesmo día da semana que decembro cada ano.

Xaneiro

Xaneiro é o primeiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días.

A súa orixe está no nome latino para o undécimo mes do ano (primeiro a partir da reforma de Xulio César) Ianuarius, que viña sendo o mes dedicado ó deus Xano.

Xullo

Xullo é o sétimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome provén do emperador romano Xulio César (Iulius Caesar, en latín). En galego tamén recibe o nome de mes de Santiago, por celebrarse neste mes o día do Apóstolo, e mes da sega, por ser cando se realizaba este labor.

Xuño

Xuño ou san Xoán é o sexto mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O 21 de xuño ten lugar o solsticio de inverno no hemisferio sur e o solsticio de verán no hemisferio norte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.