Leovixildo

Leovixildo, nado cara ao 525 e finado en Toledo o 21 de abril de 586, foi rei dos visigodos desde o ano 572 ata a súa morte, e rei de Galiza desde o 585.

Leovixildo
El rey Leovigildo (Museo del Prado)
Nacemento525 e 519
Falecemento21 de abril de 586
 Toledo
RelixiónArianismo
Ocupaciónmonarca
CónxuxeGoiswintha
FillosSão Hermenegildo e Recaredo
Marfil-san-millan
Marfil románico San Millán de la Cogolla, onde se representa ao rei Leovixildo sometendo aos cántabros e tomando a cidade.

Traxectoria

Leovixildo compartía o poder real co seu irmán Liuva I desde o 568 ou 569 e tras a súa morte proclamouse rei dos visigodos. Casou tres veces, a súa primeira dona foi Teodosia, deste matrimonio naceu Recaredo (tamén coñecido como Recaredo I), que sería o seu herdeiro. A segunda muller foi Riquilda, filla de Khilperico I, rei de Neustria; e a terceira muller foi Gosvinga, viúva de Atanaxildo. Seguiu unha política de remedo de Bizancio e foi o primeiro rei visigodo que vestiu ropaxes reais e sentou nun trono e desde o 573 asociou aos seus dous fillos no trono para asegurar a continuidade do goberno.

Baixo o reinado do Leovixildo prodúcese un dos mellores momentos do reino. Practicou reformas relacionadas coa unificación xurídica (permitir matrimonios entre godos e hispanorromanos). Loitou contra os bizantinos asentados na Bética, acabou coa rebelión dos vascóns, e despois de invadir a Gallaecia no ano 585, logrou titularse coma Rex Gallaecia, Hispania et Gallia Narbonensis e espallar a súa autoridade sobre os tres territorios.

Intentou a unificación relixiosa (conversión de católicos ao arianismo), polo que convocou un concilio para tal fin, cousa que non se realizou, xa que isto lle trouxo o problema dunha rebelión do seu fillo Hermenexildo, que estaba convertido ao catolicismo. Hermenexildo morreu asasinado en circunstancias moi estrañas, hai unha opinión maioritaria que di que foi mandado asasinar polo seu pai ao non converterse ao arianismo (máis tarde Hermenexildo foi considerado santo mártir pola relixión católica como San Hermenexildo).

Leovixildo morreu en Toledo e sucedeuno o seu fillo Recaredo.

Véxase tamén

Outros artigos

Leovixildo
Nacemento: ? Falecemento: 586
Títulos Reais
Precedido por
Liuva II
Rei de España e Septimania
572–586
Sucedido  por
Recaredo
Precedido por
Andeca
Rei de Galicia
585–586
Outros títulos
Precedido por
Liuva II
Reis dos Visigodos
572–586
Sucedido  por
Recaredo
21 de abril

O 21 de abril é o 111º día do ano do calendario gregoriano (112º nos anos bisestos). Quedan 254 días para finalizar o ano.

572

Modelo:SecVI

Andeca

Andeca ou Audeca gobernou o reino de Galicia entre os anos 584 e 585, sendo o derradeiro monarca suevo que tivo Galicia. Tras o seu destronamento, o monarca visigodo Leovixildo logrou anexionarase o Galliciense Regnum.

Aurelio

Aurelio, nado cara ao 740 e finado no 774, foi un nobre galego, que gobernou en boa parte da Galicia alto-medieval desde 768 a 774, segundo as crónicas afonsinas. As súas orixes son un enigma histórico, A Crónica Albeldense non dá ningún dato sobre a súa ascendencia, e a Crónica de Afonso III, escrita máis de cen anos despois explica que era curmán de Froila I, posiblemente co obxectivo de facelo entroncar con Afonso I e a súa mítica liñaxe real dende Leovixildo.

Década de 570

A década de 570 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 570 e remata o 31 de decembro de 579.

Década de 580

A década de 580 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 580 e remata o 31 de decembro de 589.

Eborico

Eborico ou Eurico (583-584) foi un rei suevo de Galicia. Sucedeu ao seu pai Miro trala súa morte. Forzado polo acoso militar viuse obrigado a asinar un pacto no que recoñecía a superioridade política do rei visigodo Leovixildo, provocando a sublevación de parte da aristocracia galaico-sueva encabezada polo nobre Andeca que non debeu aceptar submisión algunha a Toledo. Por este motivo, Eborico foi apresado e encarcerado nun mosteiro. Derrocado, Andeca casou pola forza coa raíña (talvez a viúva de Miro ou a esposa de Eborico) proclamándose novo rei de Galiza.

Lista de reis suevos

A primeira persoa en asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu do Imperio Romano de Occidente no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un reino suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C., o entendemento cos máis dos numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano, consolidan finalmente un reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma "reis de Galicia".

Liuva I

Rei visigodo (568 - 572) de Hispania, sucesor de Atanaxildo.

Tras un período de discusión da nobreza, probábelmente xa o mesmo ano do falecemento de Atanaxildo (568) foi proclamado rei Liuva, que seguramente era o duque (dux) da Gallia Narbonensis.

A mala situación do reino visigodo debeu ser aproveitada polos francos, cuxos reis Sixeberto I e Gontrán I achegáronse a Arles probablemente 569. Gontrán cercou a praza e tras unha batalla vitoriosa tomouna.

Liuva I asociou ao trono ao seu irmán Leovixildo. Parece ser que entón Liuva decidiu controlar persoalmente a fronteira de Septimania, co fin de evitar novas perdas, e reservouse esta provincia para si. Talvez tamén a parte da Tarraconense baixo dominio visigodo, confiando o goberno das outras provincias (parte da Cartaxinense, Lusitania e parte da Bética) ao seu irmán Leovixildo, probablemente en 569, pouco logo dos sucesos de Arles.

Con esta decisión por parte Liuva, rompeu a tendencia dos anteriores reis godos, que nada máis chegar ao poder sempre intentaban afianzarse nel. A súa misión no norte do reino foi a de deter as incursións francas, que coa presenza de Liuva na zona non organizaron máis intentos de conquista sobre a Septimania, quedando Leovixildo pendente dos bizantinos que tiñan posesións no sur e o levante de Hispania e ameazaban con intentar conquistar novos territorios. Liuva, coa súa decisión de dividir o poder, sentou as bases para unha recuperación económica do reino godo, ademais de preparar a Leovixildo para o seu futuro reinado en solitario.

Liuva morreu probablemente en 572 e o seu irmán Leovixildo quedou como único rei.

Miro

Miro (quen gobernou entre 570 e 583) foi un célebre rei suevo do reino de Galicia, tamén coñecido como Mirón. Gobernou a Gallaecia manténdoa independente da expansión da Hispania ariana do rei visigodo Leovixildo.

Moeda visigoda

A moeda visigoda abrangue as cuñaxes levadas a cabo polos visigodos na Galia e en Hispania durante os inicios da Idade Media, entre o século V e o ano 710 aproximadamente.As moedas principais destas series eran o sólido e o tremissis (ou triente), dúas moedas de ouro emitidas xa na época imperial tardía e, posteriormente, cuñadas tamén polos emperadores bizantinos en moi diversas cecas.A cuñaxe de moeda visigoda comezou na Galia, onde este pobo se instalou a comezos do século V, e logo pasou a Hispania a partir do inicio do século VI, onde o centro de gravidade do reino visigodo mudou, logo da toma da maior parte de dominios góticos na Galia por parte dos francos.

As primeiras desas moedas, comunmente chamadas pseudoimperiais, eran imitacións das emitidas polos romanos occidentais e posteriormente polos bizantinos, que repetían mesmo as lendas orixinais. Foi a partir de 580 cando se iniciaron as auténticas moedas autónomas, que xa incorporaban os nomes dos reis visigodos. Estas emisións concluíron na segunda década do século VIII, coa conquista musulmá da Península Ibérica que acabou co reinado visigodo.

Recaredo

Recaredo I foi rei dos visigodos, fillo e sucesor de Leovixildo, reinou desde o 586 ao 601, ano da súa morte en Toledo. Irmán de Hermenexildo, foi asociado ao trono polo seu pai, o que levantou as protestas dos nobres visigodos, que viron nesta acción o intento de institucionalizar o herditarismo na monarquía visigoda caracterizada precisamente polo seu carácter electivo.

Casou por dúas veces: a súa primeira esposa chamábase Bauda (tamén aparece en escritos como Baddo) e a súa segunda esposa foi Clodosvinda, filla de Sixeberto I rei de Austrasia, con quen tivo ao futuro rei visigodo Suintila.

Combateu aos francos, aos bizantinos da Bética e aos vascóns, e houbo de sufocar varias revoltas dos nobres visigodos.

O feito máis destacado do seu reinado produciuse no 589, cando convocou o Terceiro Concilio de Toledo no que, xunto con varios nobres e dignatarios eclesiásticos, anatemizou dos erros do arianismo e converteuse ao catolicismo co seu pobo, tan só se produciu algunha revolta illada que foi facilmente sufocada.

Reino visigodo

O reino visigodo (en gótico: Gutþiuda Þiudinassus) foi unha entidade política que xurdiu no ano 419 tras asinar a paz os visigodos cos romanos que foi concluída cun foedus co rei Walia e o seu establecemento dese pobo bárbaro no territorio da Aquitania secunda con capital en Tolosa.

O rei Eurico (466-484) rompeu o foedus tras a desaparición da familia imperial e agrandou o territorio lanzando unha ofensiva sobre Hispania e sobre a Galia con notable éxito. No ano 475 selou a paz co emperador de Oriente Xulio Nepote e Eurico foi recoñecido como rei dun amplo reino entre o Loira e Xibraltar.

No ano 507 perdeu boa parte do seu territorio ultrapirenaico conquistado por Clodoveo, tras anos de presións sobre o episcopado católico para que traizoase ao seu rei que era ariano, os visigodos só conservaron Septimania e unha parte da Provenza fóra da Península Ibérica e a capital acabou trasladándose oficialmente a Toledo no 554, entrementres o reino visigodo atravesou un período caótico ata a chegada de Leovixildo ao poder. No ano 585 os visigodos conquistan o Reino de Gallaecia e pouco despois con Recaredo convértense ao catolicismo arrenegando do arianismo, no 624 os visigodos toman as posesións bizantinas da Bética, finalmente no ano 711 desapareceu como entidade independente coa entrada dos musulmáns na península.

Suevos

Os suevos foron un grupo de pobos xermánicos mencionados por vez primeira por Xulio César en relación coa campaña de Ariovisto na Galia, c. 58 a. C. Mentres que César os considerou como unha única tribo xermánica, numerosa e belicosa, autores posteriores como Tácito, Plinio e Estrabón especifican que os suevos "non constitúen, como os Chatti ou Tencteri, unha soa nación. Actualmente ocupan máis da metade de Xermania, e están divididos en varias tribos con distintos nomes, malia que todos son chamados de xeito xeral como suevos".Outrora, a etnografía clásica aplicou o termo "suevo" a tantas tribos xermánicas que se cre que nos primeiros séculos despois de Cristo ben puidera ser un substituto de "xermanos". Os autores clásicos consideraron que os suevos, en comparanza con outras tribos xermánicas, eran moi móbiles e non moi dependentes da agricultura.Varios grupos de suevos trasladáronse dende o Mar Báltico e o río Elba, converténdose nunha ameaza ó Imperio Romano nas fronteiras dos ríos Rin e Danubio. Cara a fin do imperio, os alamáns, un grupo de tribos suevas, asentáronse nos Campos Decumanos e posteriormente cruzaron o Rin e ocuparon a rexión de Alsacia. Un reduto deles ficou na rexión hoxe chamada Schwaben, unha área do suroeste de Alemaña cuxo nome moderno procede dos suevos. Outros movéronse cara a Gallaecia e estableceron o Reino Suevo de Galicia, que durou 170 anos antes de ser integrado no Reino Visigodo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.