Leopoldo Nóvoa

Leopoldo Nóvoa García, nado en Salcedo (Pontevedra) o 17 de decembro de 1919 e finado en París o 23 de febreiro de 2012 foi un pintor e escultor galego.

Leopoldo Nóvoa
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Leopoldo Nóvoa (1995)
Retrato de Leopoldo Nóvoa, fot. Captura de imaxe do vídeo da Encyclopédie audiovisuelle de l'art contemporain).
NomeLeopoldo Nóvoa García
Nacemento17 de decembro de 1919
 Pontevedra
Falecemento24 de febreiro de 2012
 Nogent-sur-Marne
NacionalidadeArxentina e España

Traxectoria

Fillo de nai galega e pai diplomático uruguaio. Con sete anos fixo a súa primeira viaxe a América e tres anos despois regresou a Galicia. Ao producirse a sublevación do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Porto coa familia, xa que o pai, cónsul de Uruguai, foi expulsado de España. En 1938 emigrou a Uruguai, onde se vinculou con Joaquín Torres García.[1] Pasou a súa xuventude en Montevideo onde fundou a revista de cultura Apex, con Carlos Maggi e outros artistas e intelectuais uruguaios. Nela participaron Joaquín Torres García, Juan Carlos Onetti, Juana de Ibarbourou, Julio María Sanguinetti e Marta Canessa, trabando tamén unha estreita amizade con Jorge Oteiza, que chegou a prologarlle a súa exposición no Centro de Artes y Letras. En Buenos Aires, onde viviu entre 1948 e 1957, foi amigo de Lucio Fontana que tivo moita influencia na súa obra, así como outros galegos exiliados como Rafael Dieste e Luís Seoane.

A partir de 1957 estableceuse en Montevideo, ata a súa marcha a París, en 1965, da man de Michel Tapié, que quedou impresionado co seu xigantesco mural do Estadio Luis Tróccoli, en Montevideo. Alí impresionou a Julio Cortázar, que escribió un relato sobre a súa obra e ao pintor asturiano exiliado Orlando Pelayo, amigo de André Camus desde a súa etapa en Orán. Nóvoa fundou con varios pintores uruguayos e arxentinos o Espacio Latinoamericano. En 1974 fixo a súa primeira exposición na galería Edouard Loeb, que sería o seu galerista durante moitos anos.[1] Seguiu traballando ata a súa morte, alternando estadías en Galicia.[2]

Obra

Escultura de Leopoldo Novoa en Ribeira
Escultura en Ribeira.

Os seus debuxos, pinturas e murais, así como as pirografías (madeiras queimadas e pintadas) rescatan o seu impulso creador. Refire a paisaxes dos seus recordos de Galicia en obras abstractas, sen recrear escenarios nin anécdotas, con referencias do expresionismo abstracto e o informalismo, aínda que non se corresponde con ningún movemento. Compón con formas impersonais, ritmos enfrontados e gran presenza matérica, descrito por Raúl Zaffaroni no prefacio dunha exposición de 1964 como "pintura urxente".[3]

Destacan o mural de 600 metros cadrados do Estadio do Club Atlético Cerro de Montevideo (1962-1964) e o da Canteira do parque de Santa Margarida na Coruña, así como o mural e as esculturas realizadas en 1964 en Termas del Arapey (Salto, Uruguay).[4]

“Compruebo, con emoción provinciana, que un mural inmenso que nació en la redacción de Acción, en nuestra calle Camacuá, fue continuado en Europa; el mismo mural, el más grande del mundo, el más partido del mundo: empieza con 600 metros cuadrados en el estadio del Club Cerro, en Montevideo, y sigue, con 2.100 metros cuadrados en La Coruña, España. [...]
Mientras el pintor me cuenta, miro reproducciones de grandes telas cubiertas de relieves, formas extrañas y armónicas, el encuentro de los diferentes tonos de la ceniza (pardo, gris, acero, negro). Nombro la ecología y le digo: un planeta quemado después de la radiación, el océano de talco que Armstrong pisó en la luna. Leopoldo no reacciona como quien coincide. Me mira y sigue frotando los dedos, el pulgar contra el índice y el mayor; no tiene nada que agregar, está repitiendo la sensación de aquella mañana cuando tocar ceniza lo dejó solo ante algo grave. - Es eso ¿comprendes?”
[3]
Carlos Maggi

Recoñecementos

Notas

  1. 1,0 1,1 "Adiós al maestro". LR21. 25-02-2012. Consultado o 27 de febreiro de 2012.
  2. "El universo personal de Leopoldo Nóvoa". La Voz de Galicia. 8-6-2010. Consultado o 27 de febreiro de 2012.
  3. 3,0 3,1 Catálogo exposición Nóvoa en el Río de la Plata (1938-1965) (PDF). Centro Cultural de España Montevideo. 2008.[Ligazón morta]
  4. "Exposición de Nóvoa en el MNAV". 17-6-1997. Consultado o 27 de febreiro de 2012.
  5. "Fallece Leopoldo Nóvoa". El Mundo. 24-2-2012. Consultado o 27 de febreiro.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Sobrino Manzanares, Mª Luisa: Catálogo del Patrimonio artístico de la Diputación de La Coruña. A Coruña, Diputación Provincial da Coruña, 1991.
  • Seoane, Xavier: Nóvoa. A Coruña, Ayuntamiento, 1989. Colección Arte Galega. A Coruña, Xunta de Galicia, 1989.
  • Logroño, Miguel: Nóvoa. Vigo, Editorial Galaxia, 1977.
  • Un siglo de pintura gallega 1880/1980. Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
  • Novoa. Exposición antológica. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1985.
  • Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
  • Vangardas e silencios. Compostela, Xunta de Galicia, 1978.

Ligazóns externas

17 de decembro

O 17 de decembro é o día número 351 do ano no calendario gregoriano e o número 352 nos anos bisestos. Quedan 14 días para rematar o ano.

23 de febreiro

O 23 de febreiro é o 54º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 311 días para finalizar o ano, 312 nos anos bisestos.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Avenida de Arteixo (A Coruña)

A Avenida de Arteixo é unha das principais vías de saída da Coruña. Vai dende a Rúa de Juan Flórez ata a Rotonda de Eduardo Diz, no polígono da Agrela, a partir de aí continuará baixo a denominación de Estrada de Baños de Arteixo ata o comezo da AC-552 e a AG-55. Ata o ano 2009 recibiu oficialmente o nome de Avenida de Arteijo, mais as placas co topónimo castelanizado non se cambiaron ata xuño de 2017.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Olveira, Ribeira

Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Ribeira. Segundo IGE no 2008 tiña 1.228 habitantes (624 mulleres e 604 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación dos que nove están habitados. Isto supón un aumento en relación ao ano anterior cando tiña 1.218 habitantes.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.