Lentes

As lentes[1] ou anteollos[2] son dispositivos ópticos utilizados para a compensación de ametropías e/ou protección dos ollos, utilizados na parte superior da faciana, próximos aos ollos, mais sen entrar en contacto físico con estes, constituídos xeralmente por dúas lentes oftálmicas e unha armazón.

Actualmente, case todos os modelos de lentes son usados diante do rostro repousando sobre o nariz e orellas.

Briller2
Lentes
Pontevedra, Basílica de Santa María 03-04b
San Xerome, coas súas lentes, na fachada da basílica de Santa María, Pontevedra (s. XVI)

Historia

Foron as experiencias en óptica de Robert Grosseteste e o seu discípulo Roger Bacon que levaron á invención dos anteollos. En 1284, os gremios de Venecia xa os mencionaban e durante o século XIV a fabricación de lentes popularizouse por toda Europa. Non sempre os lentes foron fabricados coa forma con que son coñecidos hoxe en día, polo que, na antigüidade, era común encontrar monóculos (só unha lente oftálmica), ou, noutros casos, só se usaban lentes sen montura.

Actualidade

Mentres que os primeiros lentes eran usados principalmente para auxilio da lectura, hoxe en día son máis que simples próteses de corrección de defectos visuais, sendo que, son agora un dos principais accesorios de moda das sociedades modernas.

Tipos de lentes

  • Lentes de contacto
  • Lentes de sol
  • Lentes de grao
  • Lentes de natación

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lente.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anteollos.
Anatomía patolóxica

A anatomía patolóxica é unha subdisciplina da medicina encargada de estudar os tecidos para orientar un diagnóstico e posible tratamento.

O profesional da anatomía patolóxica é o patólogo. Os tecidos que examinan proceden de todo o organismo, mediante os seguintes métodos:

Biopsia: consiste na extracción dun anaco dun tecido para o seu estudo microscópico. A biopsia pode realizarse nunha sala ou habitación convencional cando non supón unha intervención agresiva, por exemplo, unha biopsia de pel. Noutros casos é preciso realizar unha biopsia no medio dunha operación cirúrxica. A esta biopsia denomínaselle biopsia intraoperatoria, e os seus resultados poden condicionar o resto da cirurxía.

Punción aspiración con agulla fina: consiste na extracción de células libres, que non tecidos. A súa utilidade é limitada, pero é un método moito menos invasivo, con poucos riscos e poucas secuelas. Hoxe en día emprégase para o diagnóstico de certos tumores de tiroide.As mostras biopsiadas son procesadas por diversos aparellos do patólogo. A peza anatómica córtase en cortes de varios milímetros, dependendo do estudo a realizar. Unha vez obtido o fragmento, esténdese nunha superficie de cristal ou plástico e procésanse. Durante estes procesos o tecido pode somerxerse en parafina ou noutras substancias. Unha vez tratadas, as mostras tínxense. Existen numerosas tincións: hematoxilina-eosina, tricrómicos, tincións de prata etc.

Antoni van Leeuwenhoek

Antoni van Leeuwenhoek, nado en Delft o 24 de outubro de 1632 e finado o 26 de agosto de 1723, foi un neerlandés destacado como mercador, agrimensor, tratante de viño, vidreiro e microbiólogo. Van Leeuwenhoek é sobre todo coñecido polo microscopio inventado por el mesmo e mais polo seu traballo pioneiro nas áreas da bioloxía celular e da microbioloxía. Está considerado como un dos primeiros microscopistas e microbiólogos. Foi o primeiro en conseguir observar e describir organismos unicelulares. Foi un dos membros da Escola de Delft de microbioloxía.

Continuou os traballos de Jan Swammerdam (1637-1680), e foi tamén o primeiro a rexistrar observacións microscópicas de fibras musculares, bacterias, espermatozoides e fluxo sanguíneo en capilares.

A partir de 1674 fixo un bo número de achados que foron divulgados grazas á Royal Society de Londres.

Binóculo

O binóculo é un instrumento óptico empregado para ampliar a imaxe dos obxectos afastados, igual que o anteollo e o telescopio, máis a diferenza destes provoca o efecto da estereoscopía na imaxe e por iso é máis cómodo apreciar a distancia entre obxectos afastados e seguilos en movemento.

O binóculo posúe un par de tubos e cada tubo contén unha serie de lentes e un prisma, que amplían a imaxe para cada ollo, producindo a estereoscopía.

Christiaan Huygens

Christiaan Huygens, nado na Haia o 14 de abril de 1629 e finado na mesma cidade o 8 de xullo de 1695, foi un matemático, astrónomo e físico neerlandés. Estudou leis na Universidade de Leiden e no Colexio de Orange en Breda, antes de se dedicar á ciencia. Os historiadores vinculan a Huygens coa Revolución científica.

CinemaScope

O CinemaScope é unha serie de lentes anamórficas empregadas para rodar filmes en pantalla grande entre 1953 e 1967. A súa creación polo presidente da 20th Century-Fox Spyros Skouras, marcou o comezo dos formatos anamórficos modernos.

Esquí (deporte)

O esquí é un deporte que consiste en esvarar pola neve empregando dúas táboas suxeitas ás botas, co obxectivo de percorrer un trazado no menor tempo posible. Nas súas diferentes variantes, é un deporte olímpico, que se practica en áreas especialmente preparadas, chamadas estacións de esquí.

A práctica do esquí require dun equipamento especial, composta polas dúas táboas de esquí, as dúas botas de esquí, dous bastóns, e opcionalmente tamén uns lentes, roupa térmica especial e proteccións para cabeza, xeonllos e cóbados.

Fotografía

A fotografía é a técnica e arte de gravar imaxes fixas e duradeiras sobre unha superficie de material sensible á luz baseándose no principio da cámara escura. Na cámara escura conséguese proxectar unha imaxe captada por unha lente ou un conxunto de lentes sobre unha superficie, de tal forma que o tamaño da imaxe queda reducido e aumenta a súa nitidez. Para almacenar esta imaxe as cámaras fotográficas utilizaban ata hai algúns anos exclusivamente as películas sensibles, mentres que na actualidade empréganse tamén sensores dixitais.

A palabra fotografía procede do grego e significa "debuxar coa luz" (de photos = luz, e graphis = debuxo).

A fotografía pode ser clasificada baixo a máis ampla denominación de tratamento de imaxes e, debido a isto, fascinou tanto a científicos como a artistas dende os seus inicios. Os científicos, sobre todo, aproveitaron a súa capacidade para plasmar con precisión todo tipo de circunstancias e estudos, tales como os estudos sobre locomoción humana e animal de Eadweard Muybridge (1887). Os artistas tamén foron seducidos por estes aspectos pero trataron sempre de ir máis alá da mera representación foto-mecánica da realidade.

Desde 1991, o día 19 de agosto celébrase o Día Internacional da Fotografía. En tal día do ano 1839, as autoridades francesas anunciaron publicamente a patente do daguerrotipo, o sistema desenvolvido por Louis Daguerre nese mesmo ano e que se considera o precursor da fotografía moderna.

Kurt Rambis

Darrell Kurt Rambis, nado o 25 de febreiro de 1958 en Terre Haute, Indiana, é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que xogou para Los Angeles Lakers, Charlotte Hornets, Phoenix Suns e Sacramento Kings na National Basketball Association (NBA) así como no A.E.K. Atenas da Liga Grega. Actualmente, tras ser adestrador principal dos Lakers e dos Minnesota Timberwolves, traballa como adestrador asistente nos New York Knicks. Destacan no seu palmarés os seus catro aneis de campión da NBA conseguidos durante nove temporadas cos Lakers do Showtime, e os seus dous aneis como adestrador asistente, tamén cos Lakers, en 2002 e 2009. Era facilmente recoñecíbel polos lentes de pasta negra cos que xogaba por problemas de visión.

Lente (óptica)

Para outros significados véxase Lente (homónimos).En óptica, unha lente é un obxecto transparente (normalmente de vidro), limitado por dúas superficies das que polo menos unha é curva, destinado a facer converxer o diverxer a luz. Noutras palabras, é un sistema óptico, formado por un medio ou un obxecto, que concentra ou dispersa raios de luz.

Dunha maneira máis detallada pode definirse unha lente como un sistema óptico formado por dúas superficies refrinxentes cun eixe común, denominado eixe principal, unha das cales, polo menos, é curva. Os raios de luz que, procedents dun obxecto, atravesan a lente son desviadoss da súa traxectoria orixinal e dan lugar a unha imaxe cuxas características dependen do tipo de lente e da posición relativa do obxecto e da lente.

Lente de Fresnel

A lente de Fresnel, chamada así polo seu inventor, Augustin Fresnel, é un deseño de lentes que permite a construción de lentes de grande apertura e unha curta distancia focal sen o peso e volume de material que cumpriría usar nunha lente de deseño convencional.

Lente gravitacional

En astronomía, astrofísica e cosmoloxía física, unha lente gravitacional, ou lente gravitatoria, formase cando a luz procedente de obxectos distantes e brillantes coma os quásares dobrase arredor dun obxecto masivo (como una galaxia masiva) situado entremedias do obxecto emisor e o observador da imaxe.

As lentes gravitacionais foron previstas pola teoría da relatividade xeral de Einstein. No ano 1919 púidose probar a exactitude da predición. Perante unha eclipse solar o astrónomo Arthur Eddington observou como se dobraba a traxectoria da luz proveniente de estrelas distantes ao pasar preto da masa solar, producindo un desprazamento aparente da posición da estrela no ceo. Os eventos ou fenómenos de lentes gravitacionais pódense utilizar para detectar a presenza de obxectos masivos invisíbeis, como buratos negros e tamén de planetas extrasolares.

Os eventos de de lente gravitacional clasifícanse en tres grupos:

Lente gravitacional forte: distorsións facilmente visibles: aneis e cruces de Einstein, arcos e múltiples imaxes.

Lente gravitacional débil: distorsión débil dos obxectos de fondo, pódese detectar unicamente analizando un gran número de imaxes dos obxectos de fondo.

Microlente gravitacional: sen distorsión aparente na forma do obxecto de fondo pero con variacións débiles na intensidade da luz emitida polos obxectos de fondo.Unha lente gravitacional actúa en todo tipo de radiación electromagnética e non só en luz visible. De feito, este tipo de lentes carecen de aberración cromática, polo que o seu efecto non depende da lonxitude de onda da luz sobre da que actúan, senón que é igual para tódolos rangos do espectro electromagnético, sexa este óptico, infravermello, ultravioleta ou calquera outro. Isto permite poder analizar os obxectos amplificados pola lente mediante as técnicas habituais de fotometría ou espectroscopía astronómicas. Eventos de lentes gravitacionais téñense proposto no ámbito da radiación de fondo cósmico de microondas, de radio e raios x.

Materia escura

En cosmoloxía, a chamada materia escura é unha hipotética materia de natureza descoñecida e que non emitiría radiación electromagnética detectábel, e cuxa única interacción observábel coa materia "normal" sería de natureza gravitatoria, de xeito que a súa presenza daría conta de movementos de rotación nas galaxias que non encaixan nos modelos gravitacionais aceptados, e outras observacións astronómicas que carecen actualmente de explicación satisfactoria, como algunhas lentes gravitatorias, a distribución de gas quente nalgunhas galaxias e cúmulos de galaxias ou a distribución anisotrópica na radiación de fondo cósmico de microondas. Todas estas observación esixen, ou ben un cambio de modelo cósmico, ou ben un aumento da masa tal que nada menos que un 63% da masa material do universo debería corresponder a esta materia descoñecida.

Microscopio

O microscopio (das palabras gregas micro-, μικρο, pequeno, e scopio, σκοπεω, observar) é un aparello utilizado para visualizar estruturas minúsculas, demasiado pequenas para ser observadas a simple vista, como as células.

O tipo máis común, e o primeiro en ser inventado, foi o microscopio óptico. Trátase dun instrumento óptico que contén unha ou varias lentes que permiten obter unha imaxe aumentada do obxecto e que funciona por refracción.

A ciencia que investiga os obxectos pequenos empregando este instrumento recibe o nome de microscopia.

Crese que o microscopio foi inventado en 1590 por Hans Janssen e o seu pai Zacharias, dous holandeses fabricantes de óculos. Todo indica, porén, que o primeiro en facer observacións microscópicas de materiais biolóxicos foi o holandés Antoni van Leeuwenhoek (1632 - 1723).

Os microscopios de Leeuwenhoek estaban dotados dunha única lente, pequena e case esférica. Neses aparellos el observou polo miúdo diversos tipos de material biolóxico, como embrións de plantas, os glóbulos vermellos do sangue e os espermatozoides presentes no seme dos animais. Foi tamén Leeuwenhoek quen descubriu a existencia dos microbios, como eran antigamente chamados os seres microscópicos, hoxe coñecidos como microorganismos.

Microscopio electrónico

Un microscopio electrónico é un microscopio que utiliza electróns en vez de fotóns ou luz visible para formar imaxes de obxectos diminutos. Os microscopios electrónicos permiten atinxir unha capacidade de aumento moi superior ós microscopios convencionais (ata 500.000 aumentos comparados cos 1000 aumentos dos mellores microscopios ópticos) debido a que a lonxitude de onda dos electróns é moito menor cá dos fotóns.

O primeiro microscopio electrónico foi deseñado por Ernst Ruska e Max Knoll entre 1925 e 1930, investigadores que se basearon nos estudos de Louis-Victor de Broglie sobre das propiedades ondulatorias dos electróns.

Un microscopio electrónico funciona cun feixe de electróns acelerados por unha alta voltaxe e focalizados por medio de lentes magnéticas. A amplificación da imaxe prodúcese por un conxunto de lentes magnéticas que forman unha imaxe sobre unha placa fotográfica ou sobre unha pantalla sensible ó impacto dos electróns que transfire a imaxe formada á pantalla dun ordenador. os microscopios electrónicos só se poden ver en branco e negro posto que non utilizan a luz, pero as imaxes poden ser coloreadas no ordenador.

Microscopio óptico

Un microscopio óptico é un microscopio baseado en lentes ópticas. Tamén se coñece como microscopio de luz, (que utiliza luz ou "fotóns") ou microscopio de campo claro.

O desenvolvemento deste apartado adoita asociarse cos traballos de Anton van Leeuwenhoek. Os microscopios de Leeuwenhoek constaban dunha única lente pequena e convexa, montada sobre unha placa, cun mecanismo para suxeitar o material que se ía examinar (a mostra ou espécime). Este uso dunha única lente convexa coñécese como microscopio sinxelo, resultando un aparello semellante á lupa, entre outros aparellos ópticos.

Oftalmoloxía

A oftalmoloxía (do grego ofthalmos "ollo" e logos "estudo") é a especialidade médica que estuda as enfermidades do ollo e os seus tratamentos, así como ó coidado e mantemento da vista. Como disciplina, tamén é aplicada na veterinaria, xa que as diferenzas entre os ollos humanos e os do resto dos animais adoitan estar relacionadas coa anatomía, non cos procesos patolóxicos.

Os especialistas en oftalmoloxía son os oftalmólogos, que diagnostican as posibles doenzas mediante diferentes probas para poder establecer o tratamento adecuado:

Cirúrxico: en casos como glaucoma, catarata, hipermetropía, miopía...;

Médico: en diferentes procesos infecciosos, alérxicos ou inflamatorios, nos que se utilizan tratamentos farmacolóxicos;

Óptico: consistente na exploración do ollo para determinar a graduación necesaria en lentes.

Panel solar

Paneis solares son dispositivos utilizados para capturar a enerxía da luz do sol. Os paneis solares fotovoltaicos conteñen un conxunto de células solares que converten a luz en electricidade. Chámanse solares porque o sol é unha das fontes de enerxía máis fortes para este tipo de uso. As células solares algunhas veces chámanse células fotovoltaicas, e fotovoltaica quere dicir literalmente "luz-electricidade". As células solares contan co efecto fotovoltaico para absorber a enerxía do sol e fan fluír a corrente eléctrica entre dúas capas cargadas opostamente.

Actualmente os custos asociados cos paneis solares tórnanse pouco económicos en aplicacións onde a enerxía das estacións eléctricas está dispoñíbel. O custo dos combustíbeis fósiles está subindo, e a experiencia na produción está reducindo os custos das células solares, isto pode non ser visto nun futuro moito próximo, porén a longo prazo a tendencia é un aumento no uso deste tipo de enerxía renovábel.

Refracción

Refracción é a mudanza de velocidade dunha onda debido a unha mudanza de medio de propagación. Normalmente ocorre o desvío da onda incidente, mais, tamén, ocorre refracción sen desvío. Acontece cando as ondas pasan dun medio cun dado índice de refracción para un medio onde este parámetro difire. Na fronteira entre os dous medios, a onda muda de dirección, aumentando ou diminuíndo o seu lonxitude de onda, mantendo, no entanto, a súa frecuencia constante. Por exemplo, un raio de luz será refractado ao pasar por vidro, lentes ou pola auga. A comprensión deste concepto permitiu, por exemplo, a invención do telescopio de refracción.

O Índice de refracción é unha relación entre a velocidade da luz nun determinado medio e a velocidade da luz no baleiro (c). En medios con índices de refracción máis baixos (próximos a 1) a luz ten velocidade maior (ou sexa, próximo a velocidade da luz no baleiro). A relación pode ser descrita pola fórmula:

Onde: c é a velocidade da luz no baleiro (c = 3 x m/s); v é a velocidade da luz no medio;

Telescopio

O telescopio óptico é un instrumento do enxeño humano que permite estender a capacidade dos ollos humanos de observar e mensurar obxectos lonxincuos. O telescopio permite ampliar a capacidade de enfocar lonxe, como o seu nome indica, a través da colecta da luz dos obxectos celestes, da focalización dos raios de luz colectados nunha imaxe óptica real e a súa ampliación xeométrica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.