Lemavos

Os lemavos (latín: lemavi) eran un pobo galaico, pertencente ao convento xurídico lucense, cuxo territorio pode reducirse á actual comarca da Terra de Lemos, no sur da provincia de Lugo, Galicia.

Gallaecia-Lemavi
Localización aproximada da pobo dos Lemavi ou Lemavos na provincia romana da Gallaecia.

Fontes

Os lemavos son citados por Plinio, Naturalis Historia, IV, 112, e por Claudio Tolomeo, Geographia, II, 6, 25, quen identificou Dactonium como a súa capital.

Dactonium é citado tamén como unha etapa nas Táboas de barro de Astorga.

Cultura

Os lemavos pertencían á coñecida como cultura castrexa, cultura prerromana con trazos célticos, caracterizada entre outras cousas pola construción de núcleos chamados castros, por trazos artísticos comúns, adoración ós fenómenos naturais e de deidades pancélticas coma o Deus Lug[Cómpre referencia], moi popular no Conventus Lucensis.

Redución xeográfica

Os lemavos están reducidos á Terra de Lemos, desde hai xa bastante tempo, pois o nome da comarca conservouse en documentos altomedievais como Lemavus ou Lemabus.

Dactonium tardou máis en identificarse, porén figuraba tamén nos cartularios da Alta Idade Media como Castrum Actonium, que expresamente indicaban que naquela época xa se comezaba a denominar Pino, polo que o seu asentamento é obrigatoriamente a parte alta da actual cidade de Monforte de Lemos, ocupada hoxe polo mosteiro de San Vicente do Pino e o castelo dos condes de Lemos. Durante o 2007 escavacións na faldra do monte, deixaron ó descuberto restos dun castro e varios vestixios prerromanos, o cal vén a reforzar a teoría que situaría o asentamento dos lemavos na actual localización de San Vicente do Pino.

Recrutamento militar

Os lemavos colaboraron co exército romano, pois sábese que conformaron a Ala I Lemavorum e máis a Cohorte de Cidadáns romanos lemavos (Cohors I Lemavorum civium romanorum), unha cohorte que loitou ó servizo do exército romano, a cal coñecemos a través de testemuños escritos.

Étimo

O nome dos lemavos, ten sido posto en paralelo co dos lemovices galos, e, seguindo a Grohler e Holder, ambos estarían ligados a unha raíz céltica *limos / *lemos "olmo". Outros autores póñeno en relación á raíz indoeuropea Lim-, Lem-, Lym-, que tería que ver con zonas pantanosas ou lagoas[1]. É un topónimo étnico como Valdeorras (<Val de Gigurros), Trives (<Tíburos), Céltigos, Postmarcos (<Praestamáricos), Cobres (<Copori),Tamagos (<Tamáganos), e varias ducias máis, todos en Galiza. Lemavos significarían polo tanto "os habitantes do lugar arxiloso"[Cómpre referencia].

Notas

  1. Os lemavi a través das fontes literarias e epigráficas, páx. 136.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Arronos

Os Arronos (latin:Arroni) foron un pobo galaico que ocupou aproximadamente a coñecida actualmente como comarca do Ortegal, na costa norte de Galicia. Plinio precisou a súa localización entre os Iadovi e os Arrotrebi. O seu territorio mantivose ao longo da idade Idade Media ata o século XI. Pertencían ó convento xurídico lucense.

Brácaros

Os brácaros (latín: bracari) foron un pobo prerromano de cultura castrexa da Gallaecia bracarense que habitaba no noroeste do actual Portugal, entre os río Tâmega e Cávado. A extensión do seu territorio chegaría até o río Douro e acadaría a costa. No seu territorio, por volta do ano -16 construíuse a capital do convento xurídico bracarense, Bracara Augusta.

Seguindo a inscrición epigráfica da Fonte do Ídolo adicada á deusa Nabia e ó deus Tongoenabiagus no nome da cidade de Tongobriga (en Marco de Canaveses), este pobo falaría unha lingua celta.

Caporos

Os caporos (latín: copori) eran un pobo galaico da Gallaecia, pertencente ao Convento xurídico lucense.

Cibarcos

Os cibarcos ou cabarcos (latín: cibarci ou cabarci) eran un pobo galaico da Gallaecia, situado por Plinio (Nat. Hist., 4, 20, 111) no Convento xurídico lucense e que cita, en orde, despois dos albións e antes dos egovarros.

Cilenos

Os cilenos (latín: cileni) foron un pobo galaico que ocupaba o territorio que media entre os ríos Ulla e Lérez, no territorio costeiro norte da actual provincia de Pontevedra. Tolomeo, Hidacio e Plinio o Vello consideraron que o núcleo ou capital deste territorio era “Aquae Celenae” ("pobo das augas cilenas"), lugar que hoxe podería corresponderse coa vila actual de Caldas de Reis. Pertencían ó convento xurídico lucense.

Conventus bracarensis

O conventus bracarensis ou convento bracarense, foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Bracara Augusta (Braga), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso do río Douro polo sur -que marcaba a raia coa Lusitania-, polo norte o río Verdugo na parte meridional da actual provincia de Pontevedra, e o río Sil, ambos marcaban o linda norte co conventus lucensis, na cara oriental, o río Navea, afluente do Sil, sería de liña divisoria a respecto do convento asturicense, quedando as actuais comarcas de Trives (esta non completamente), Viana e o Valdeorras dentro dos dominios conventuais de Asturica Augusta.

Conventus lucensis

O conventus lucensis ou convento lucense, foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Lucus Augusti (Lugo), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso dos ríos Verdugo e Sil polo sur -que marcaba a raia co Conventus bracarensis-, polo norte a propia liña costeira desde O Morrazo ata a desembocadura do río Navia (territorio actual de Asturias, polo leste a propia serra dos Ancares, pertencendo o Courel xa probablemente ao Conventus asturicensis.

Dactonium

Dactonium era o nome da capital dos lemavos, pobo galaico da Gallaecia, sito dentro do Convento lucense, que se pode identificar coa actual cidade de Monforte de Lemos, no Sur da actual provincia de Lugo.

Galaicos

Galaico é un termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί, que designaba un conxunto de pobos de cultura e lingua celtas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus/gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego.

Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase ao período previo á integración destes pobos no Imperio romano, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.

Grovios

Os grovios (latín: Grovii) eran un pobo galaico prerromano da Gallaecia bracarense, tamén coñecidos como Crovios, Gravius ou Gronios.

Helenios

Os helenios foron unha tribo galaica, documentada por Plinio o Vello, a quen denomina heleni, e que darían o seu nome á cidade de Helenos, mencionada por Estrabón.

Interamnicos

Os interamnicos (latín: internnici), ás veces citados como interamicos (latín: interamici), foron un pobo prerromano da antiga Gallaecia, que segundo as fontes estaban inclusos no Convento xurídico bracarense.

Leunos

Os leunos (en latín Leuni) eran unha tribo celta que habitaba a provincia romana da Gallaecia. Era unha tribo galaica, tendo como territorios o que actualmente é o norte de Portugal, entre os ríos Limia e Miño. O seu nome podería proceder do indoeuropeo *leuks-no 'brillante' ou 'resplandecente' (cfr. latín luna < *leuks-na e antigo prusiano lauxnos 'estrelas' < *leuks-nos).

Mosteiro de San Vicente do Pino

O mosteiro de San Vicente do Pino é un conxunto monumental situado en Monforte de Lemos, Lugo, flanqueado polos restos do castelo, do que se conserva parte da muralla e mailos cubos defensivos, a torre da homenaxe, dende a cal se pode contemplar todo o Val de Lemos, e os restos do palacio dos condes de Lemos, edificio perdido en grande parte nun devastador incendio a principios do século. O mosteiro e mailos restos do palacio constitúen actualmente o Parador Nacional de Monforte de Lemos.

Orniacos

Os orniacos (latín: orniaci) eran un pobo astur da Gallaecia, pertencente ao convento xurídico asturicense, situados nos arredores do curso do seu río epónimo, o actual Duerna, é dicir, aproximadamente, na tamén chamada comarca de Valduerna, na provincia de León.

Praestamarcos

Os Praestamarcos (latín: Praestamarici) foron un pobo galaico, situado no convento xurídico lucense. A súa situación corresponde aproximadamente á actual comarca do Barbanza, entre as rías de Arousa, Muros e Noia.

Seurros

Os seurros (en latín: Seurri) eran unha tribo galaica prerromana pertencentes ó conventus lucensis.

Ocupaban desde as actuais terras de Taboada até a Fonsagrada, Baralla, O Cebreiro e pasando por Sarria. Limitaban ó norte con Caporos e ó sur con Lemavos, sendo as súas cidades máis importantes Talamina, Ocelum e Turriga.

Este populus foi identificado por Tolomeo. Non se deben confundir co populus galaico Seurbi pertencente ó conventus bracarensis.

Tiburos

Os tiburos ou tiburi eran un pobo astur da Gallaecia, que se identifican co topónimo actual de Trives, na que hoxe é provincia de Ourense.

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Galaicos bracarenses
Galaicos lucenses
Ástures augustanos
Ástures transmontanos
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.