Lema

Un lema ou divisa é unha frase, xeralmente curta, que trata de impulsar unha idea como base dunha actividade, empresa, sociedade etc.

Lemas de entidades non comerciais

  • Citius, altius, fortius: 'Máis rápido, máis alto, máis forte' (en latín), lema dos Xogos Olímpicos.
  • Move your Body, Strech your Mind: 'Move o teu corpo, libera a túa mente', lema para favorecer o deporte na Unión Europea en 2004, lanzado por Viviane Reding, Comisaria de educación e Cultura.
Alma máter

Alma máter é unha locución latina que significa literalmente "nai nutricia" (que alimenta) e que se emprega para referirse metaforicamente a unha universidade, aludindo á súa función provedora de alimento intelectual, xeralmente para referirse ao sitio onde determinada persoa cursa ou cursou os seus estudos universitarios.

A locución era empregada na Antiga Roma para describir á deusa nai e, máis tarde, á Virxe María, pero a orixe do seu uso actual é o lema Alma Mater Studiorum («nai nutricia dos estudos») da universidade máis antiga do mundo occidental en funcionamento ininterrompido: a Universidade de Boloña, fundada en 1088. A locución pasou a moitas linguas modernas co significado de academia no sentido de comunidade científica.

En relación, ha de engadirse que a palabra matriculación, por exemplo, derívase tamén de mater. De aí suxírese que a institución universitaria alimenta de coñecementos e coida dos seus alumnos.

Emprégase tamén para describir a unha persoa que é a forza impulsora dunha institución ou iniciativa. Este uso é impropio e derívase de interpretar «alma» como o substantivo equivalente a «espírito vivificador» (do latín anima), e non como o adxectivo latino (almus, -a, -um) que significa «nutricio» (do verbo alere, alimentar).

Arcansas

Arcansas, ás veces tamén nomeado Arkansas, (do algonquino kansas, termo para referirse ó pobo quapaw), é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. O lema de Arcansas é "O Estado Natural" (The Natural State). A súa capital é Little Rock, ten unha superficie de 137.732 km², e unha poboación de 2 673 000 habitantes (2000). Uníuse á Unión en 1836.

Arzúa

Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arzuán».

Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

Comarca de Fisterra

A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Cee. O nome da comarca non obedece ó nome do principal centro urbano, nin a un factor histórico, senón ó enclave do cabo Fisterra. A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.

Comité Olímpico Internacional

O Comité Olímpico Internacional (COI) (en inglés: International Olympic Committee, IOC, en francés: Comité international olympique, CIO) con sede en Lausana, foi creado o 23 de xuño de 1894 polo Barón Pierre de Coubertin en París co fin de revivir os antigos Xogos Olímpicos gregos.

O COI coordina as actividades do Movemento Olímpico. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós Xogos Olímpicos. É dono de todos os dereitos asociados ós símbolos olímpicos, a bandeira, himno, lema, xuramento e xogos. Controla os dereitos de transmisión dos Xogos, a publicidade e demais actividades conforme a Carta Olímpica. É o organismo internacional encargado de organizar e seleccionar as cidades que serán sedes dos Xogos Olímpicos cada 4 anos.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Federación Internacional de Baloncesto

A Federación Internacional de Baloncesto (en francés: Fédération Internationale de Basket-ball), máis coñecida baixo o seu acrónimo francés FIBA (pronunciado [ˈfibʌ]), é unha asociación de federacións nacionais encargada de organizar e gobernar as competicións internacionais de baloncesto.

Orixinalmente coñecida como Fédération Internationale de Basket-ball Amateur, en 1989 eliminou a derradeira palabra do seu nome oficial, aínda que seguiu mantendo as iniciais. A súa sede actual está en Xenebra, Suíza, e o seu presidente é Bob Elphinston, de Australia.

Garda Civil

A Garda Civil, popularmente coñecida como A Benemérita, é unha institución armada de carácter militar, que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de España. Como tal, o seu deber é garantir e protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades das persoas, e garantir a seguridade cidadá, baixo a dependencia do Goberno de España. Foi o primeiro corpo de seguridade pública de ámbito estatal xurdido en España, sendo creada en 1844 por Francisco Javier Girón.

Indonesia

Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular do sueste asiático, ocupando boa parte do territorio do máis grande arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa da Nova Guinea, posuíndo un total dun 237 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.

Pese a ser un arquipélago, ten fronteiras terrestres con Malaisia na illa de Borneo, con Timor Leste na illa de Timor, e con Papúa Nova Guinea, na illa de Nova Guinea. O país está bañado polos océanos Pacífico e Índico.

Algunhas das illas do arquipélago son Xava (a máis densamente poboada), Borneo, Sumatra, Célebes, Timor ou Nova Guinea.

O arquipélago indonesio ten sido unha rexión importante para o comercio dende o século VII, dende que o reino de Srivijaya comezou a comerciar coa China e coa India. Gradualmente, os gobernantes locais adoptaron a cultura, relixión e o modelo político dos indios, e no século I d. C. apareceron varios reinos hindús e budistas na rexión. A historia indonesia foi influenciada polas potencias foráneas que buscaron explotar os seus recursos naturais. Despois de que os comerciantes musulmáns introduciran o Islam, e durante a era dos descubrimentos, as potencias europeas comezaron a disputarse o monopolio do comercio de especias nas Molucas. Tras tres séculos e medio de colonialismo neerlandés, Indonesia obtivo a súa independencia pouco despois da Segunda Guerra Mundial.

Dende aquela a historia de Indonesia foi turbulenta, enfrontándose a desastres naturais, corrupcións, o separatismo, o proceso de democratización e períodos de cambios económicos.

A través das súas numerosas illas, o pobo indonesio está conformado por distintos grupos étnicos, lingüísticos e relixiosos. Os xavaneses son o grupo étnico máis grande e politicamente o dominante. Indonesia desenvolveu unha identidade compartida definida por un idioma nacional, pola diversidade étnica, o pluralismo relixioso dentro dunha poboación de maioría musulmá e unha historia de colonialismo constante e a súa loita contra el. O lema nacional de Indonesia, "Bhinneka Tunggal Ika" ("Unidade na diversidade"), articula a diversidade que conforma á nación. Non obstante, as tensións sectarias e o separatismo conduciron a violentos enfrontamentos que minaron a estabilidade política e económica do país. A pesar da súa gran poboación e as rexións densamente poboadas, en Indonesia atópanse vastas terras inhabitadas que o fan un dos países do mundo con maior biodiversidade, integrándose á lista dos países megadiversos.Pese a ter moitos recursos naturais, a pobreza é unha característica que define á Indonesia contemporánea.

Lema, Arzúa

San Pedro de Lema é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 185 habitantes (99 mulleres e 86 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 210 habitantes.

Lema, Carballo

San Cristovo de Lema é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 450 habitantes (228 mulleres e 222 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 560 habitantes.

Liberté, égalité, fraternité

Liberté, égalité, fraternité (Liberdade, igualdade, fraternidade en francés) é o lema da república francesa, foi o lema da Revolución Francesa e é tamén a divisa da Francmasonería. O slogan sobreviviu á revolución, converténdose no berro dos activistas, tanto militantes como non-violentos, a favor da democracia e do derrocamento de gobernos opresores e tiránicos de todo tipo. O lema aparece citado nas constitucións francesas de 1946 e 1958 (en ambas as dúas atópase no título primeiro - Da soberanía, artigo 2).

Orixinalmente a divisa era Liberté, égalité, fraternité, ou a mort! (¡Liberdade, igualdade, fraternidade ou a morte!).

Durante a ocupación alemá de Francia durante a II Guerra Mundial o lema foi substituído na zona do Goberno de Vichy pola frase Travail, famille, patrie (Traballo, familia, patria) para evitar posibles interpretacións subversivas.

O mar na cultura popular galega

A seguir recóllese a presenza do mar na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Real Academia Galega de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) é unha sociedade científica impulsada polo matemático Enrique Vidal Abascal , quen foi o seu primeiro presidente, e posteriormente o presidente de honra.

A súa creación foi o día 23 de abril de 1977 e ten a súa sede na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.O 23 de abril de 2008, a Real Academia Galega de Ciencias celebrou o primeiro Día do Científico Galego (instituído por esta corporación), no que dedicou unha homenaxe ao matemático Vidal Abascal, con motivo do centenario do seu nacemento.

En 2011 foi nomeado presidente da Academia o profesor Ernesto Viéitez Cortizo, que foi substituído ao seu falecemento por Miguel Ángel Ríos. En 2019 o catedrático da USC Juan Manuel Lema Rodicio tomou posesión como novo presidente da institución.

Xaén

Xaén (en castelán: Jaén) é a capital da provincia de Xaén, situada ao sur de España e no nordeste da Comunidade Autónoma de Andalucía. Ten unha poboación de 116.540 habitantes (2005, fonte INE), o que supón aproximadamente unha sexta parte da poboación de toda a provincia. Baixo o lema de Capital Mundial do Aceite de Oliva, a actividade económica da cidade, con todo, está baseada no sector servizos, a administración, a industria agrícola, a construción e un incipiente turismo cultural.

Ángel de Lema Marina

Ángel de Lema Marina, nado en Vigo en 1820 e finado na mesma cidade o 9 de abril de 1884, foi un editor e impresor galego, cofundador do xornal Faro de Vigo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.