Leite callado

O leite callado ou leite preso é unha sobremesa láctea elaborada de dúas posíbeis maneiras.

Cuajada
Típica presentación da callada fresca nun tarro de barro.

Características

A primeira, máis habitual nos usos gandeiros tradicionais galegos, consiste en deixar unha pota de leite a carón da cociña para que fermente cos seus propios microorganismos, baixo o efecto dunha temperatura morniña.

A segunda maneira consiste en obter o callado do leite polo efecto dun fermento (callo) extraído do estómago dun animal en período de lactación ou un tipo de cardo.

No País Vasco é coñecida como gatzatua ou mamia e na zona norte de Navarra como gaztanbera.

Trátase dun produto similar en contidos nutritivos ao leite

Se se lle escorre o soro ao leite preso obtense requeixo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A cociña galega

A cociña galega é un libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1973 por Galaxia e reeditado en varias ocasións pola mesma editorial (3ª edición en 1980). Foi incluído despois na Biblioteca Básica da Cultura Galega (1983), 168 páxs. ISBN 978-84-7154-441-4. Foi traducido ao castelán como Cocina gallega (1982), Everest. A mesma Galaxia publicou en 2004 La cocina gallega.

Cardo común

O cardo (Cynara cardunculus) é unha planta perenne da familia das asteráceas, semellante á alcachofa (Cynara scolymus), da que ás veces se considera subespecie. É unha planta robusta que pode chegar até os 2 metros, as follas son lobuladas e que medra en terreos rochosos. É nativa da zona oeste e central do mediterráneo, onde se cultiva dende tempos remotos. Non é común en Galiza. Nalgunhas zonas (España mediterránea, Italia...) os cardos recóllese polo outono ou mesmo xa entrado o inverno para consumir o talos das súas follas (pencas) fervidos (é común coma prato na Noiteboa de zonas de Aragón e Castela).

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Leite condensado

O leite condensado é leite esterilizado concentrado, parcialmente hidratado, ao que se lle engade unha proporción importante de sacarosa (azucre), até adquirir unha consistencia de mel espeso. Pode conservarse durante varios anos envasado sen refrixeración mentres non se encetase. Aínda que teñen existido produtos de leite condensado non azucrado, estragábanse con moita facilidade, polo que son pouco comúns na actualidade. O leite condensado utilízase en numerosas sobremesas de moitos lugares, incluídos Brasil, Hong Kong e Rusia, onde é coñecido coma "сгущёнка" (sgushchyonka, literalmente "[o que está] mesto").

Un produto relacionado é o leite evaporado, que sufriu un proceso máis complexo e non é azucrado. En Alemaña, o leite evaporado é moito máis común que o condesado (o termo é alemán é Kondensmilch).

Queixo

O queixo ( pronunciación ) é un alimento feito co leite callado de varios animais, incluíndo vacas, cabras, ovellas, búfala ou camelo femia.

Queixo (homónimos)

Queixo pode designar distintos conceptos:

Queixo: parte da cara humana comprendida entre a boca e o pescozo; noutros vertebrados superiores, parte da cabeza que asenta sobre a mandíbula.

Queixo: produto lácteo elaborado co leite callado de vaca, cabra, ovella ou doutras femias domésticas, utilizado como alimento.

Requeixo

O requeixo é un produto alimentario obtido por escoado do soro do leite callado.

Samosa

A samosa é unha empanadilla de forma triangular, típica da cociña do sur de Asia (India, Paquistán e Tíbet). Por regra xeral sérvese fresco e nalgúns casos con diversos aliños.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.