Leiro, Rianxo

Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2015) ten 992 habitantes (506 mulleres e 486 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.

Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado [1].

Coordenadas: 42°39′19″N 8°46′42″O / 42.65528, -8.77833

Leiro
Leiro dende o monte da Pena
Vista de Leiro dende o monte da Pena
ConcelloRianxo
Poboación992 hab. (2015)
Entidades de poboación10
Igrexa de Santa María de Leiro, Rianxo
Igrexa de Santa María de Leiro.

Patrimonio

  • Pazo de Brión: pazo barroco compostelán da familia Torrado, construído en 1310 e reconstruído en 1610. Sufriu unha nova remodelación en 1786.

Leiro na cultura popular galega

  • Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro [2].

Festas

As festas de Leiro na honra á Virxe do Carme celébranse o segundo fin de semana de outubro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Leiro, Rianxo.
Igrexa de Santa María de Leiro, Rianxo (5721848322)

Igrexa de Santa María de Leiro.

Abuín, Leiro, Rianxo 03-05

Ruínas da "Aldea maldita" en Abuín.

Cruceiro de capela e fonte de Brión, Leiro, Rianxo

Cruceiro de capela e fonte de Brión.

Leiro dende o monte da Pena

Vista de Leiro dende o Monte da Pena

Porto de Leiro

Muelle de Leiro

Lugares e parroquias

Parroquias de Rianxo

Notas

  1. Aspectos dubidosos de carácter gramatical e léxico da lingua galega,p. 32. Realmente, a fonte cita erroneamente a parroquia de Santa Marta de Leiro, por Santa María de Leiro.
  2. Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 162.

Véxase tamén

Outros artigos

A Igrexa, Leiro, Rianxo

A Igrexa é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 22 habitantes (12 homes e 10 mulleres).

A Pedreira, Leiro, Rianxo

A Pedreira é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 67 habitantes (33 homes e 34 mulleres).

Abuín, Leiro, Rianxo

Abuín é un lugar da parroquia de Leiro, no concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 110 habitantes (49 homes e 61 mulleres).

Alabarda

A alabarda é unha arma antiga formada por unha hasta de madeira flanqueada por unha folla de machado nun lado e unha punta polo outro lado. Foi inventada na Idade de Bronce ao colocar a folla dun puñal perpendicularmente a un mango, e o seu uso estendeuse coa cultura do vaso campaniforme.

Prominente nos séculos XV e XVI, barata de producir, era moi versátil na batalla. Hoxe só se emprega para usos cerimoniais, como os da Garda Suíza do Vaticano, así como "fósil director" nas escavacións arqueolóxicas.

Arquitectura prehistórica de Galicia

A arquitectura prehistórica de Galicia abrangue aquelas formas de construción empregadas polos habitantes de Galicia dende hai 2 millóns de anos (Prehistoria) ata a chegada dos romanos e a conseguinte romanización de Galicia.

Brión, Leiro, Rianxo

Brión é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 327 habitantes (163 homes e 164 mulleres).

Cabanas, Leiro, Rianxo

Cabanas é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 13 habitantes (7 homes e 6 mulleres).

Casco de Leiro

O casco de Leiro é un casco ou unha cunca de ouro, probablemente da Idade de Bronce Final. Foi atopado de xeito fortuíto por José Vicente Somoza o 7 de abril de 1976, no lugar chamado Corruncho dos Porcos, unha zona rochosa preto da praia de Leiro, Rianxo. Atopábase dentro dunha vasilla de barro, e a descuberta produciuse durante unhas obras de construción dun alboio. Na actualidade consérvase no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, na Coruña.Presenta paralelismos con outros exemplares da Península Ibérica, como as cuncas de Axtroki e Villena, e do norte de Europa.

Cruceiro de capela

Unha tipoloxía particular de cruceiro é o denominado cruceiro de capela, chamados así porque o fuste remata nunha pequena capeliña aberta ó fronte, que leva no interior a imaxe da Virxe. Sobre o teito desta capeliña érguese a cruz característica dos cruceiros.

A maioría dos que se puideron datar corresponden ó século XVII, aínda que hai exemplares datados entre o XVI e o XVIII. Suxeriuse que están relacionados cos rollos ou picotas castelás, pelourinhos en Portugal, dos que xa non queda ningún en Galicia .

Historia

Historia (provén da lingua latina, dende o grego historia, -as 'investigación', derivado de histor 'sabio', 'coñecedor') é a ciencia que ten como obxecto de estudo o pasado da humanidade e como método o propio das ciencias sociais . Tamén se denomina historia ao período histórico que transcorre desde a aparición da escritura ata a actualidade.

Máis aló das acepcións propias da ciencia histórica, historia na linguaxe usual é a narración de calquera suceso, ata de sucesos imaxinarios e de mentiras sexa o seu propósito o engano, o pracer estético ou calquera outro (ficción histórica). Pola contra, o propósito da ciencia histórica é a fixación fiel dos feitos e interpretalos aténdose a criterios de obxectividade; aínda que a posibilidade de cumprimento de tales propósitos e o grao en que sexa posible son en si mesmos obxectos de debate.

En medicina utilízase o concepto de historia clínica para o rexistro de datos sanitarios significativos dun paciente, que se remontan ata o seu nacemento ou ata a súa herdanza xenética.

Á súa vez, chamamos historia ao pasado mesmo, e, ata, pode falarse dunha historia natural na que a humanidade non estaba presente (termo clásico xa en desuso, que se utilizaba para referirse non só á xeoloxía e a paleontoloxía senón tamén a moitas outras ciencias naturais -as fronteiras entre o campo ao que se refire este termo e o da prehistoria e a arqueoloxía son imprecisas, a través da paleoantropoloxía-, e que se pretende actualizar como "gran historia" ou "historia profunda").Ese uso do termo historia faino equivalente a cambio no tempo. Nese sentido contraponse ao concepto de filosofía, equivalente a esencia ou permanencia (o que permite falar dunha filosofía natural en textos clásicos e na actualidade, sobre todo en medios académicos anglosaxóns, como equivalente á física). Para calquera campo do coñecemento, pódese ter unha perspectiva histórica -o cambio- ou ben filosófica -a súa esencia-. De feito, pode facerse iso para a historia mesma (véxase tempo histórico) e para o tempo mesmo (véxase A Brief History of Time (Unha breve historia do tempo) de Stephen Hawking, libro de divulgación sobre cosmoloxía).

Historia de Galicia

A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.

O feito de que no ano 298 d. C. o emperador Diocleciano decidise elevala ao rango de provincia consular —ampliando así tamén o seu territorio— supuxo un acrecentamento da súa cohesión política, pois desta maneira pasaba a estar baixo o goberno dun cónsul romano. A súa definitiva consolidación estatal chegaría no ano 409 d. C., cando o rei suevo Hermerico funda nela o primeiro reino de Galiza, afianzando a existencia de Galiza ata os nosos días.

A ocupación humana do territorio correspondente á actual Galiza, non obstante, é moito máis antiga cá chegada de Roma, existindo testemuños arqueolóxicos que certifican o seu poboamento desde o Paleolítico inferior. Estas poboacións recibiron diversas achegas culturais durante milenios, formando parte xa na Idade de Bronce da área cultural atlántica que se deu entre as terras máis occidentais de Europa. A finais da Idade de Ferro estas poboacións autóctonas formaban unha unidade cultural, que os romanos denominaron como galaicos e que supoñen o principal substrato da poboación actual en Galicia.

Do mesmo xeito, durante os séculos seguintes Galiza recibiu sucesivos asentamentos de xente, entre os que destacan romanos, suevos e bretóns, que non só se integraron na poboación autóctona senón que tamén influíron decisivamente na súa vida, como foi o caso da cultura romana que propiciou a formación dunha nova lingua autóctona, o galego. Ata o ano 1833 mantívose coma un reino, no ano 1933 recibe o recoñecemento internacional da súa realidade nacional e desde 1981 organízase xurídica e administrativamente como unha comunidade autónoma dentro do Estado español.

Idade de Bronce en Galicia

Os primeiros metais e a cerámica campaniforme chegaron a Galiza procedentes de Portugal hai uns 4 000 anos, durante o Calcolítico ou Idade do Cobre.

Na Idade de Bronce (1800-700 a.C.), a metalurxia comezou a evidenciar cambios tanto na forma coma na técnica coa aparición do bronce. A base económica foi a agricultura e a gandería e mailo aproveitamento dos recursos mariños; aínda que a metalurxia do bronce debeu xogar un importante papel, mesmo no crecemento dos intercambios destes bens coa Europa atlántica e co Mediterráneo peninsular.

Son numerosas as pezas de ourivaría que conservamos: pulseiras, diademas, brazaletes,etc., o que evidencia a xerarquización desta sociedade. Pola súa cantidade e calidade destaca o tesouro de Caldas de Reis (Caldas de Reis), hoxe no Museo Provincial de Pontevedra, así como o casco de Leiro (Leiro, Rianxo), no Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón, na Coruña.

A importancia da guerra para esta sociedade vén marcada polo numeroso armamento metálico atopado: puñais, machadas, punta de lanza ou espadas. Os lugares nos que apareceron os restos de maior importancia son Leiro, O Hío (Cangas) e Roufeiro (Nocelo da Pena, Sarreaus).

Da Idade de Bronce consérvase unha gran cantidade de gravados en penedos ao aire libre, denominados petróglifos. Aparece a finais desta época a Cultura castrexa.

Martín Torrado Mariño

Martín Torrado Mariño y Figueira nado en Santa María de Leiro, Rianxo, e bautizado o 2 de decembro de 1621, foi un sacerdote galego, coñecido por ser o autor da composición poética "Décimas ao Apóstolo Santiago", en lingua galega.

Meiquiz, Leiro, Rianxo

Meiquiz é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 80 habitantes (41 homes e 39 mulleres).

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón

O Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de Santo Antón está situado no castelo do mesmo nome, no paseo marítimo da cidade da Coruña. Foi inaugurado en outubro de 1968.O castelo de Santo Antón foi comezado en 1588 sobre a illa de Santo Antón, como elemento defensivo da cidade fronte ós ataques por mar. Posteriormente, e ata ben avanzada a ditadura franquista, foi utilizado como prisión militar e política. En 1949 foi declarado monumento histórico-artístico e, en 1960, o Ministerio de Defensa cedeu a fortaleza ó concello da Coruña, quen aprobou a conversión do edificio en museo arqueolóxico provincial en 1964, centrado na arqueoloxía e historia da cidade.

Foi o arquitecto Pons Sorolla quen realizou a consolidación e reformas necesarias para a adaptación como espazo museístico e, finalmente, abriuse ó público o 5 de outubro de 1968, baixo a dirección de José María Luengo Martínez. Con posterioridade realizáronse novas reformas baixo a dirección de Manuel Gallego Jorreto, como a reconstrución, en 1993, da Casa de Botes, destinada á recepción e biblioteca, no terreo que ocupaba antigamente o edificio que, baixo ese nome, servía de punto de chegada á illa das barcas que procedían da cidade.

Ao xa mencionado José María Luengo Martínez, primeiro director de 1968 a 1972, sucedeuno Luis Monteagudo García, que ocupou o cargo ata 1975. A dirección máis longa foi a de Felipe Senén López Gómez que ocupou o cargo de 1975 a 1996. Desde entón o director é Xosé María Bello Diéguez.

Or, Leiro, Rianxo

Or é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 15 habitantes (9 homes e 6 mulleres).

Palleiro, Leiro, Rianxo

Palleiro é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 45 habitantes (23 homes e 22 mulleres).

Rañó, Leiro, Rianxo

Rañó é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 145 habitantes (76 homes e 69 mulleres).

Rial, Leiro, Rianxo

Rial é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 195 habitantes (90 homes e 105 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.