Leiro

Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 tiña unha poboación de 1.630 habitantes, o que representa unha diminución constante respecto ós anos 2004, cando tiña 1.940 habitantes, e 2003, con 1.967.

Coordenadas: 42°22′9.82″N 08°7′30.84″O / 42.3693944, -8.1252333

Leiro
Escudo de Leiro
Pena Corneira
Situacion Leiro
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación1.583 hab. (2018)
Área38,3 km²
Densidade41,33 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeFrancisco José Fernández Pérez (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Leiro
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes73,47%
Na rede
http://www.concellodeleiro.com/

Demografía

Censo Total 1.675 (2014)
Menores de 15 anos 108 (6,45%)
Entre 15 e 64 anos 974 (58,15%)
Maiores de 65 anos 593 (35,4%)
Evolución da poboación de Leiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.973 4.470 4.197 2.488 1.940 1.833 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Xa no século VI, existía nestas terras unha próspera comunidade agrícola. En 928 os condes Álvaro e Savita fundaron o mosteiro de San Clodio, cedido á Orde de San Bieito xunto con gando e terras nas marxes do río Avia. No século XIII incorporouse á Orde do Císter, época de máximo esplendor. No século XIX foi desocupado, coa desamortización de Mendizábal.

Outras terras do concello foron administradas por Berán, Lamas, Serantes e Orega, condes de Ribadavia, e as terras de Gomariz pertencían ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Patrimonio

No concello atópase o mosteiro de San Clodio que se remonta ao século VI e que na actualidade converteuse nun hotel monumento de catro estrelas.

A arquitectura románica aparece nas igrexas parroquiais de Santa María de Lamas, San Tomé de Serantes (cun baldaquino gótico no seu interior), Gomariz e Lebosende (con fachada gótica do século XVI). A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada. A capela de San Pedro, en Leiro, é de mediados do século XVII.

Patrimonio natural

Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Leiro.
Mosteiro de San Clodio de Leiro

Mosteiro de San Clodio de Leiro

San Clodio de Leiro.Mosteiro.Galicia 1

Mosteiro de San Clodio de Leiro

San Clodio de Leiro.Mosteiro.Galicia 2

Mosteiro de San Clodio de Leiro

Casa concello Leiro

Casa do concello.

Placa altimétrica concello Leiro, Ourense

Placa altimétrica do concello.

Paseo fluvial río Avia, concello Leiro, Ourense

Paseo fluvial no río Avia.

Río Avia, Leiro, Ourense

Río Avia ó seu paso polo concello.

Lugares de Leiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Leiro vexa: Lugares de Leiro.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Leiro". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Berán, Leiro

San Breixo de Berán é unha entidade local menor e parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2015 tiña 237 habitantes (117 homes e 120 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha caída en relación ao ano 2008, cando tiña 259 habitantes. Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Eladio Rodríguez González

Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio o 24 de xullo de 1864 e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente.

Francisco Leiro

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego, residente en Nova York desde 1988.

Gomariz, Leiro

Santa María de Gomariz é unha parroquia do concello de Leiro, a medio camiño entre O Carballiño e Ribadavia. Segundo o IGE en 2011 tiña 153 habitantes (78 homes e 75 mulleres).

Lamas, Leiro

Santa María de Lamas é unha parroquia do concello ourensán de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2010 tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 222 habitantes.

Lebosende, Leiro

San Miguel de Lebosende é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 153 habitantes, deles 77 eran homes e 76 eran mulleres, isto supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2002.

Leiro, Abegondo

Santaia de Leiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 166 habitantes (82 mulleres e 84 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 230 habitantes.

Leiro, Leiro

San Pedro de Leiro é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 529 habitantes, deles 256 eran homes e 273 eran mulleres, isto supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2002.

Leiro, Miño

Divino Salvador de Leiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Miño. Segundo o IGE en 2013 tiña 233 habitantes (124 mulleres e 109 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, que abranguen aproximadamente 2,5 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 277 habitantes.

Leiro, Rianxo

Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2015) ten 992 habitantes (506 mulleres e 486 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.

Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado .

Leiro, Ribadumia

San Xoán de Leiro é unha parroquia que se localiza no concello de Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 554 habitantes (279 homes e 275 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 595 habitantes, e 2005, cando eran 603.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

Miño

Miño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 6.056 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «miñense».

Pena Corneira

Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.No cumio do monte existe a a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.

Rianxo, Rianxo

Santa Comba de Rianxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 4.856 habitantes (2.418 homes e 2.438 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que representa un aumento en relación ao ano 2004 (cando tiña 4.374 habitantes) e ao ano 1999 (cando tiña 4.251 habitantes).

Esta parroquia e mais a de Leiro, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado .

Samuel Eiján

Samuel Eiján Lorenzo, nado en San Clodio (Leiro) o 10 de maio de 1876 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1945, foi un sacerdote franciscano e escritor galego.

San Clodio, Leiro

San Clodio é unha parroquia do concello de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 98 habitantes (45 homes e 53 mulleres).

Está situado a medio camiño entre Ribadavia e O Carballiño, a carón do río Avia. O mosteiro de San Clodio actualmente acolle un hotel.

Serantes, Leiro

San Tomé de Serantes é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 155 habitantes (79 mulleres e 76 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 230 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.