Legume

Denomínase legume (do latín legumen) a un tipo de froito seco, tamén chamado comunmente vaíña, vaxa ou bagullo. Así mesmo reciben tal nome as sementes comestibles que crecen e maduran dentro deste froito e as plantas que as producen.

Os legumes constitúen un grupo de alimentos moi homoxéneo, formado polos froitos secos das leguminosas, sendo dehiscentes, desenvolvidos a partir do xineceo, dun só carpelo e que se abre tanto pola sutura ventral como polo nervio dorsal, en dúas valvas e coas sementes nunha fileira ventral. Estas vaíñas adoitan ser rectas e carnosas. Polo xeral posúen unha carne interior esponxosa, con tacto de veludo e de cor branca. A súa parte interna corresponde ao mesocarpio e ao endocarpio do froito.

O tamaño dos legumes varía dende un milímetro ou pouco máis ata medio metro. A súa forma, aínda que na maioría dos casos é alongada e comprimida, como a dos feixóns ou fabas, varía moitísimo.

Estes froitos pertencen á grande orde das plantas leguminosas (familia Fabaceae, leguminosas de gran). Malia o gran número de especies que compón esta familia, as empregadas para a alimentación humana e do gando é moi baixo.

A parte da planta consumida en alimentación animal e humana varía entre as distintas especies de leguminosas. Na maior parte dos casos, a parte comestible coincide coa utilizada pola planta como almacén de substancias de reserva. A gran variación existente na parte consumida é unha consecuencia da diversidade de estratexias utilizadas polas leguminosas para a súa adaptación aos medios máis diversos.

3 types of lentil
Tres tipos de lentellas
Soybeanvarieties
Sementes de soia

Tipos de legumes

NCI snow peas
Vaíñas de chicharos

Os principais legumes consumidos polas persoas como alimento son:

Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña

Cociñas rexionais
Asia - Europa - Caribe
Sueste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais
Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias
Wikibooks: Cookbook
Abarema abbottii

Abarema abbottii é unha especie de legume da familia das fabáceas nativa da República Dominicana, confinada en bosques de anxiospermas sobre rochas calcarias.

Acacia

Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero.

Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.

Anko

Para o emperador xaponés do século V véxase Emperador Ankō

Para o personaxe de anime e manga, véxase Anko Mitarashi

O anko é unha pasta de feixóns doces ou pasta de azuki (legume da especie Vigna angularis semellante a un feixón vermello) moi usada no Extremo Oriente, especialmente no Xapón e na China. Emprégase especialmente en repostaría para elaborar wagashi (pasteliños xaponeses, coma o coñecido daifuku feito de mochi.)

Chinés mandarín: 红豆沙 pinyin: hóngdòushā, Hokkien: taosa.

Xaponés: an (餡), anko (餡子).É un ingrediente da Gastronomía da China e do Xapón onde ademais é usado para distintos tipos de doces e sobremesas. Elabórase esmagando as sementes de azuki até obtermos unha pasta á que lle engadiños azucre.

Cacahuete

O cacahuete (Arachis hypogaea), é unha planta anual da familia dos chícharos (Fabaceae), cuxos frutos, de tipo legume conteñen sementes apreciadas en gastronomía.

Callosobruchus chinensis

Callosobruchus chinensis é unha especie común de escaravellos crisomélidos da subfamilia Bruchinae, que é unha praga dos lugares onde se almacenan moitos tipos de legumes. Esta especie ten un estilo de vida e hábitat moi similar á de Callosobruchus maculatus e é moi fácil confundilos. Este escravello está distribuído nas rexións tropicais e subtropicis do mundo. C. chinensis é unha das pragas máis daniña para a industria dos legumes debido a que ten unha dieta xeneralizada de legumes e unha ampla distribución.O primeiro rexistro da descrición de C. chinensis fíxose en China, de onde este animal toma o seu nome específico.

Chícharo

O chícharo, ervello ervella ou perico (Pisum sativum) é a pequena semente comestible da planta que se cultiva para a súa produción e dalgunhas variedades da cal, como a chamada tirabeque (P. sativum subsp. arvensis), pódense consumir as propias vaíñas por seren moi tenras.

A planta posúe un sistema vexetativo pouco desenvolvido aínda que cunha raíz pivotante que tende a profundar bastante. As follas están formadas por pares de folíolos. As inflorescencias nacen arracimadas en brácteas foliáceas que se inseren nas axilas das follas. As sementes (chícharos) atópanse en vaíñas de entre 5 a 10 cm de longo que conteñen entre 4 e 10 unidades.

Como todas as leguminosas, ademais de ser unha boa fonte de proteínas, minerais e fibras é beneficiosa para a terra, xa que fixa o nitróxeno no chan debido a certas bacterias que proliferan nos nódulos das raíces e producen nitratos.

Faba

O termo faba pódese referir a diferentes especies botánicas e os seus legumes:

Feixón, o legume e a planta Phaesolus vulgaris, feixón, fabeira.

Faballón, o legume e a planta Vicia faba, faballón, faba loba, faba morena, fabón, fabaca.

Faba forraxeira, a planta Vicia faba var. equina

Faba de Lima, o legume e planta Phaseolus lunatus, feixón de Lima

Faba do Calabar, semente velenosa da especie Physostigma venenosum, planta leguminosa que se atopa en África occidental.

Fabales

Fabales é unha orde de plantas da clase magnoliopsida, subclase rosidae, de distribución mundial (máis frecuente nas zonas tropicais) e con alta distribución altitudinal. Entre 16.000 e 18.000 especies (un das maiores ordes), con grande importancia económica, como alimentación: froitos, sementes ou a planta enteira (forraxe); medicinal; industrial: gomas, aceites e perfumes; ornamental; etc.

Grupo moi homoxéneo. Flores actinomorfas ou cigomorfas (existe tendencia á cigomorfía, hermafrodita, pentámeras, con tendencia á redución do número de estames, cun carpelo. Follas en xeral compostas e estipuladas. Froito xeralmente seco: o legume.

É frecuente a formación de nódulos fixadores de nitróxeno.

Biotipos: árbores, arbustos e herbas (estes dous últimos máis frecuentes nas zonas tépedas. Relacionado con Rosaceae e con Saxifragaceae.

3 grupos, que adoitan distribuírse de dous fórmas diferentes:

Unha familia Fabaceae.

3 Subfamilias Mimosoideae, Caesalpinioideae e Faboideae.

Faballón

Chámase faballón, fabón, faba loba ou fabaca á especie Vicia faba, planta herbácea, anual, rubideira, de caules semierectos, que dá o seu nome á familia das fabáceas, da cal é a especie tipo, e tamén se denominan así as súas sementes, comestíbeis.

Feixón

Non confundir con feixoaO feixón, fabeira, faba ou chicho (Phaseolus vulgaris) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel, chamada feixón, feixó, chicho ou faba.

As vaíñas ou casulas verdes da mesma planta coñécense co nome de feixóns verdes, e tamén son comestíbeis cociñadas ou, no caso dalgunhas variedades tenras, incluso crúas.

Froito

En botánica, o froito é o órgano procedente da flor, ou de partes dela, que contén ás sementes ata que estas maduran e logo contribúe a ciscalas. Desde un punto de vista ontoxenético, o froito é o ovario desenvolvido e maduro das plantas con flor. A parede do ovario se engrosa ao transformarse na parede do froito e denomínase pericarpo, cuxa función é protexer ás sementes. Con frecuencia participan tamén na formación do froito outras partes da flor ademais do ovario, por exemplo o cáliz ou o receptáculo.O froito é outra das adaptacións, conxuntamente coas flores, que contribuíu ao éxito evolutivo das anxiospermas. Así como as flores atraen insectos para que transporten pole, tamén moitos froitos tratan de atraer animais para que dispersen as súas sementes. Se un animal come un froito, moitas das sementes que este contén percorren o tracto dixestivo do animal sen sufrir dano, para despois caer nun lugar idóneo para a súa xerminación. Con todo, non todos os froitos dependen de ser comestibles para dispersarse. Outros, como os figo chumbo, dispérsanse aferrándose ao pelame dos animais. Algúns forman estruturas aladas para poder dispersarse co vento, como os pradairos. A variedade de tipos de froitos que desenvolveron as anxiospermas a través da súa evolución permitiulles invadir e conquistar todos os hábitats terrestres posibles.Nas plantas ximnospermas e nas plantas sen flores non hai verdadeiros froitos, aínda que a certas estruturas reprodutivas como os piñóns dos piñeiros, comunmente tomáselles por froitos.Moitas plantas cultívanse porque dan certos froitos comestíbeis e a miúdo fragrantes, saborosos e apetecíbeis chamados froitas.

Leguminosas

As leguminosas (Leguminosae) ou fabáceas (Fabaceae) son unha familia de árbores, arbustos e herbas perennes ou anuais, recoñecibles de xeito doado polo seu froito de tipo legume e as súas follas compostas e estipuladas. É unha familia de distribución cosmopolita con aproximadamente 730 xéneros e unhas 19.400 especies, o que a converte na terceira familia con maior riqueza de especies logo das compostas (Asteraceae) e as orquídeas (Orchidaceae). Esta riqueza de especies áchase particularmente concentrada nas ramas das mimosóideas e as fabóideas, xa que conteñen cerca do 9,4% da totalidade das especies das eudicotiledóneas.

Estimouse que ao redor do 16% de todas as especies arbóreas nos bosques chuviosos neotropicais son membros desta familia. Así mesmo, as Fabáceas son a familia máis representada nos bosques tropicais chuviosos e nos bosques secos de América e África.Independentemente dos desacordos que até hai pouco tempo existiron ao redor de se as Fabáceas deberían ser tratadas como unha soa familia composta de tres subfamilias ou como tres familias afastadas, existe unha gran cantidade de información e evidencias tanto moleculares como morfolóxicas que sustentan que as leguminosas son unha soa familia monofilética.Este punto de vista reforzouse non só polo grao de interrelación que exhiben diferentes grupos dentro da familia comparados con aquel achado entre as leguminosas e os seus parentes máis próximos, senón tamén por tódalas recentes análises filoxenéticas baseadas en secuencias do ADN.

Tales estudos confirman que as leguminosas son un grupo monofilético e que está estreitamente relacionado coas familias Polygalaceae, Surianaceae, e Quillajaceae xunto ás que conforman a orde Fabales.Xunto cos cereais e con algunhas froitas e raíces tropicais, varias leguminosas foron a base da alimentación humana durante milenios, sendo o seu uso un compañeiro inseparable da evolución do home.

Rizobio

Este artigo trata sobre o grupo non taxonómico de bacterias chamado rizobios, non especificamente sobre o xénero Rhizobium.

Os rizobios son bacterias do chan que realizan a fixación do nitróxeno (diazótrofos) establecendo unha simbiose con plantas leguminosas durante a cal forman uns nódulos nas raíces da planta nos que viven as bacterias. Para realizaren este labor, os rizobios requiren unha planta hóspede; xa que non poden fixar o nitróxeno por separado. Co termo rizobio non nos estamos a referir a bacterias do xénero Rhizobium, senón a un grupo de especies de bacterias de moitos xéneros, pertencentes a varias familias e ordes, polo que rizobio non é un nome dun taxon. Porén, orixinariamente rizobio referíase só a Rhizobium, pero hoxe os Rhizobium son só un dos exemplos de rizobios. En xeral, os rizobios son bacterias gramnegativas, móbiles, con forma de bacilo e non formadoras de esporas.

A palabra rizobio procede do grego ῥίζα, rhíza, que significa raíz, e de βίος, bios, que significa vida.

Soia

A soia (Glycine max) é unha especie de legume nativa do leste de Asia, amplamente cultivada polo seu feixón comestíbel, que ten numerosos usos. A FAO clasifícaa coma unha oleaxinosa no canto dun legume seco.

A fariña de soia desgraxada é unha fonte de proteínas para a alimentación animal e precociñados importante e barata; O aceite de soia é outro subproduto importante deste cultivo. Por exemplo produtos de soia coma a proteína vexetal texturizada (TVP nas súas siglas en inglés), son a base de moitos sucedáneos de leites e carnes. A soia produce moita máis proteína por hectárea ca ningún outro cultivo.A comida tradicional non fermetada adoita usar a soia, incluíndo leite de soia, e desta, tofu e tona de soia. A comida fermentada incúe o mollo de soia, pasta de feixón fermentado, natto e tempeh, entre outros. O aceite emprégase en moitas aplicacións industriais. Os maiores produtores de soia son os Estados Unidos (35%), o Brasil (27%), a Arxentina (19%), a China (6%) e maila India (4%). Os feixóns conteñen unha significante cantidade de ácido fítico, ácido alfa-linolénico, e isoflavonas.

Tomate

O tomate ( pronunciación ) ( do náhuatl tomatl ) é a froita da tomateira (Solanum lycopersicum; Solanaceae), aínda que impropiamente tratado como legume, amplamente cultivada e consumida polos pobos da América do Sur e central precolombianas, e hoxe coñecida en todo o mundo.

Toxo femia

O toxo femia é o nome común da especie de toxo Ulex gallii da familia das fabáceas, subfamilia das Faboideae. Tamén recibe os nomes de toxo mouro e toxo molar (aínda que este último nome tamén se lle dá as especies Ulex micranthus e Ulex minor). O U. Minor tamén recibe nalgunhas zonas o nome de toxo femia.

Foi descrito por Planchon en 1849 nos Anais de Ciencias Naturais de París (Ser. 3,11 : 213).

É un arbusto perenne da familia das fabáceas, nativo da Europa atlántica : sur da Escocia, Illa de Man, Inglaterra, Irlanda, País de Gales, oeste de Francia e norte da Península Ibérica, salientando en Galiza. Atópase polo xeral en zonas non moi frías, con solos acedos, frecuentemente en marítimos e de montañas. Distribúese en distintas subespecies. En Galicia concretamente aparecen dúas, a máis abundante é a subespecie breoganii. A subespecie gallii aparece só no norte das provincias da Coruña e Lugo.

Medra até 90 cm de altura. Os abrochos novos son verdes, con follas modificadas de 1 a 3 cm de lonxitude. A flor (chamada chorima) é amarela, 1 a 2 cm de longo, coa estrutura típica das flores da familia dos legumes.

O froito é un legume ( vaíña), parcialmente incluído na rexión marrón pálida da flor.

Como todas as especies de Ulex, é unha planta cuxas raíces tornan a agomar despois dos lumes. As súas sementes están adaptadas tamén para xermolaren cando foron lixeiramente chamuscadas.

O nome científico da especie (gallii) débese a Nicolas Joseph Marie Le Gall, quen foi o primeiro a diferenciar este toxo do Ulex parviflorus (toxo da Provenza). Porén, non conseguiu publicar a descuberta antes que Planchon a describise en 1849. De calquera modo, Planchon dedicoulle o nome científico da nova especie.

Xesta

Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista.Dun xeito cientificamente estrito (independentemente dos nomes comúns) as únicas xestas son as pertencentes ao xénero Cytisus, pois algúns dos membros do xénero Genista, real e propiamente, deberían denominarse piornos.

A xesta, xesta común ou xesta brava (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia.

Baixo deste nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta é a máis frecuente.

A xesta de Ons (Cytisus insularis) é unha especie de planta caducifolia, endémica de Illas Atlánticas e descrita no ano 2001. É o único endemismo do xénero Cytisus evolucionado en Galiza.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.