Legio VII Gemina

A Legio VII Gemina (Sétima lexión «xemelga») foi unha lexión romana, creada polo emperador Galba en Clunia (Burgos) cando foi proclamado emperador polas súas tropas en contra de Nerón no ano 68.

Septimani Gemina
Emblema da Sétima Xemina na Notitia Dignitatum a comezos do século V.

Esta lexión, nada como Legio VII Galbiana, serviulle para completar os efectivos da Legio VI Victrix e obter así un exército que lle permitise converterse en emperador[2].

A cidade de León creceu ao redor do lugar onde estaba asentada a Legio VI Victrix até 69, substituída pola Legio VII Gemina en 74 procedente de Pannonia, sendo o nome de León unha evolución do termo Legio (máis exactamente do seu acusativo Legionem), xa que a actual cidade de León naceu como asentamento de lexións romanas.

Legio VII Gemina
PaísVexilloid of the Roman Empire.svg Imperio romano
TipoLexión romana
TamañoVariable. Efectivos teóricos: 5120 infantes e 120 xinetes.
Mascota(s)(descoñecida)[1]
Comandantes
Comandantes notablesTraxano

Historia

O 10 de xuño do ano 68, Galba creou a Legio VII co fin de reforzar o seu escaso exército na súa aventura de golpe de estado e destitución do emperador Nerón. A lexión saqueou Roma, ademais de levar a cabo outras operacións[3]. Tras o asasinato de Galba declarouse partidaria do emperador Otón, participando xunto a el no seu enfrontamento con Vitelio, contra cuxo exército combateu na primeira batalla de Bedriacum, na que foi vencida.

Vitelio, unha vez obtida a púrpura, mantivo a Lexión en Italia, onde, como moitas outras unidades que apoiaran a Otón, se declarou partidaria de Vespasiano, quen, unha vez derrotado Vitelio e asegurado no trono, procedeu a refundir os minguados efectivos da VII Galbiana cos restos doutra lexión, posibelmente os da disolta Legio I Germanica, que se pasara ao Imperio Gálico durante a revolta de Civilis, para formar a Legio VII Gemina Felix[4].

A nova unidade foi enviada a Pannonia, para reforzar a guarnición dunha fronteira que resultara debilitada polas perdas sufridas polas súas unidades durante a segunda batalla de Bedríacum.

Hispania: 74–192

Roman Legions camps - AD 80
Disposición das lexións imperiais en 80. A Legio VII Gemina estaba acampada en Legio (León) (nº. 27).

No ano 74, o emperador Vespasiano decidiu o traslado da Legio VII Gemina Felix á provincia Hispania Tarraconensis, asentándoa no antigo campamento da Legio VI Victrix en Legio, a actual León, onde permanecería até o final da presenza romana en Hispania, de maneira que, xunto coas súas unidades auxiliares, formaba a única guarnición de toda a Península Ibérica, permanecendo na mencionada provincia Tarraconensis. Existe a teoría de que a causa do establecemento da Sétima Xémina en León foi para protexer as minas de ouro das Médulas (onde chegaron a traballar 80.000 persoas), e tamén, e principalmente, para controlar a ástures e cántabros.

Image-Las Médulas con luna
A ruina montium foi o principal método de extracción de ouro na zona do Bierzo, colaborando na súa complexa realización os soldados da VII Gemina.

No ano 89, baixo Domiciano, cando a unidade estaba dirixida polo futuro emperador Traxano, trasladouse até Germania Inferior para colaborar na represión da revolta de L. Antonio Saturnino, aínda que, a pesar de realizar unha marcha forzada de tan só un mes, chegou tarde e non puido participar na supresión desta revolta, polo que non obtivo os epítetos de Pia Fidelis Domitiana, asignados ás lexións e unidades auxiliares que si participaron efectivamente nesta operación.

Pouco despois, por orde de Domiciano, enviou unha vexillatio aos Agri Decumates, recentemente incorporados ao Imperio, colaborando na construción do sistema defensivo do novo limes e das vías de comunicación locais.

Xa baixo Traxano, a Lexión puido enviar un destacamento ao Danubio para participar nas guerras dacias de Traxano. Con Hadriano, enviou unha vexillatio a Britania, colaborando na construción da Muralla de Hadriano. Por orde de Antonino Pío, unha vexillatio da unidade foi transferida á África Proconsular, ao campamento da Legio III Augusta en Lambaesis para combater contra os Mauri, que ameazaban a estabilidade das provincias romanas do Magreb.

Ponte Romana1
Ponte de Traxano en Aquae Flaviae no que a inscrición chamada Padrão dos povos indica que a súa construción foi sufragada por 10 comunidades da zona e construído con axuda dos lexionarios da VII Gemina.

Baixo Marco Aurelio, combateu contra eses Mauri na Bética nos anos 171, asentando os seus reais en Itálica, e novamente en 174–175, aínda que a súa participación nesta campaña, dirixida cara á Mauretania Tingitana, non é segura[5].

Con todo, o seu labor fundamental foi o de colaborar coa administración imperial de Hispania, para o que mantivo destacamentos nas zonas de minas de ouro do Bierzo, Lugo, Salamanca e o Norte de Portugal, facilitou escolta e burócratas aos gobernadores provinciais e os procuradores ecuestres, e, en xeral, encargouse de manter a orde nas tres provincias hispanas. Así, proporcionou persoal ao portorium de Tritium Magallum (Tricio, A Rioxa), ao de Lucus Augusti (Lugo), e á statio de Segisama (Sasamón, Burgos).

Tamén colaborou na construción da ponte sobre o río Támega en Aqua Flaviae (Chaves, Portugal)[6]. Así mesmo, colaborou coa Ala II Flavia Hispanorum civium romanorum na construción do seu campamento en Petavonium (Rosinos de Vidriales, Zamora).

AcueductoLegioVIIGEMINA
Canalización de traída de auga atopada na Puerta de la Cárcel da muralla de León, construída pola Legio VII Gemina para abastecer as súas instalacións campamentais.
Cripta Puerta Obispo León
Restos da Porta Principalis Sinistra do campamento romano da cidade de León, conservados na Cripta Arqueolóxica de Puerta Obispo.

Hispania: 192–406

A finais do século II, proclamouse partidaria de Clodio Albino e despois de Septimio Severo, que lle outorgou o epíteto de Pia en 196, pasando a chamarse Legio VII Gemina Felix Pia.

As figlinae en materiais de construción do castra de Legio indican que a lexión foi fiel a CarracallaLeg VII Gem F.P. Antoninianae—, a Alexandre SeveroLeg VII Gem F.P. Severiana—, e a Gordiano IIILeg VII Gem F.P. Gordianae—.

Baixo Aureliano, un destacamento da unidade foi enviado a Oriente para esmagar o Imperio de Palmira, permanecendo desde ese momento na zona.

No século IV, o mencionado destacamento foi integrado no exército de manobra de Oriente e destruído na batalla de Adrianópole, mentres que a unidade de Hispania foi transformada en unidade limitanei. A principios do século V, nos turbulentos anos da usurpación de Constantino III contra Honorio, non lle resultou difícil a Constantino gañar para a súa causa ás provincias hispanas. Con todo, no norte da Península dous curmáns de Honorio, Dídimo e Veriniano mantiveron ao groso das tropas fieis á súa causa ata que foron derrotados por César Constante, fillo de Constantino, e o xeneral Xeroncio á fronte de tropas romanas das Galias e auxiliares bárbaros chamados "honoriaci" nalgún punto da meseta norte próximo a Palencia. Desde entón non volve terse noticia algunha da Legio VII e demais forzas auxiliares de guarnición no norte.

Inscrición procedente de 'Augusta Emerita (Mérida, Badaxoz, España) erixida en honra de Gaio Valerio Soldo, veterano do século II da Legio VII Gemina, polos seus herdeiros.
Inscrición procedente de 'Augusta Emerita (Mérida, Badaxoz, España) erixida en honra de Gaio Valerio Soldo, veterano do século II da Legio VII Gemina, polos seus herdeiros. 
Epitafio de L. Valerius Reburrinus, frumentarius da VII Gemina destacado en Tarraco baixo Septimio Severo.
Epitafio de L. Valerius Reburrinus, frumentarius da VII Gemina destacado en Tarraco baixo Septimio Severo
Restos da muralla altoimperial do castra legionis VII Geminae en León.
Restos da muralla altoimperial do castra legionis VII Geminae en León. 
O legado L. Attius Macro dedicou esta ara votiva ao Genius da Legio VII Gemina na súa castra de Legio.
O legado L. Attius Macro dedicou esta ara votiva ao Genius da Legio VII Gemina na súa castra de Legio. 

Notas

  1. A. García y Bellido, La Legio VII Gemina Pia Felix y los origenes de la ciudad de León - "El apelativo 'Gemina' no alude a los Dióscuros ni al mes de su creación (junio), sino que como en otros tantos casos (legiones X, XIII, XIIII y varios cuerpos auxiliares) no significa más que 'doble', compuesta de dos (legiones). La aparición de los dióscuros en las lápidas de Villalís se explica por que eran divinidades vinculadas al ejército romano. Además en las lápidas de Villalís aparecen otros signos, sin más relación, como el ancla o el timón".
  2. Suetonio, Vit. Galb. 10, 2: Dein iustitio indicto, e plebe quidem provinciae legiones et auxilia conscripsit super exercitum veterem unius legionis duarumque alarum et cohortium trium; at e primoribus prudentia atque aetate praestantibus vel instar senatus, ad quos de maiore re quotiens opus esset referretur, instituit. Tradución: Engadiu logo que estaba interrompido o curso da xustiza e recrutou entre o pobo da súa provincia lexións e tropas auxiliares para reforzar o seu exército, que soamente constaba dunha lexión, dúas ás de cabalaría e tres cohortes. Fundou unha especie de Senado composto de anciáns de gran experiencia para deliberar con eles, en ocasións, acerca dos negocios importantes; na orde dos cabaleiros designou mozos que, sen perder o dereito a usar o anel de ouro, debían, co nome de evocati (151), prestar servizo militar nas súas localidades

  3. Diario de León. "León cumple 1.941 años". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2009. Consultado o 28 de xaneiro de 2019.
  4. Tácito, Hist., III 10,1: Adventu deinde duarum legionum, e quibus tertiam Dillius Aponianus, octavam Numisius Lupus ducebant, ostentare viris et militari vallo Veronam circumdare placuit. forte Galbianae legioni in adversa fronte valli opus cesserat, et visi procul sociorum equites vanam formidinem ut hostes fecere.
    Tácito.
    Hist. III, 21,2:is terror obstructas mentis consiliis ducis aperuit. sistere tertiam decimam legionem in ipso viae Postumiae aggere iubet, cui iuncta a laevo septima Galbiana patenti campo stetit, dein septima Claudiana, agresti fossa (ita locus erat) praemunita; dextro octava per apertum limitem, mox tertia densis arbustis intersepta. hic aquilarum signorumque ordo: milites mixti per tenebras, ut fors tulerat; praetorianum vexillum proximum tertianis, cohortes auxiliorum in cornibus, latera ac terga equite circumdata; Sido atque Italicus Suebi cum delectis popularium primori in acie versabantur.
  5. A inscrición CIL VI 41271 = CIL VI 31856 = AE 1888, 66: L(ucio) Iulio Veh[il]io Ga[llo(?)] / Iuliano pra[ef(ecto)] pr(aetorio) praef(ecto) / ann(onae) a rationib(us) praef(ecto) c[lassis p]raet(oriae) Misenat(ium) pra[ef(ecto)] / classis praet(oriae) Raven[nat(ium) proc(uratori)] Aug(usti) et praep(osito) vexil[la]/tion(ibus?) tempore belli [Germ(anici) II pr]oc(uratori) Aug(usti) provinc(iae) / Lusit[aniae] et Vetto[niae proc(uratori) A]ug(usti) et praeposi[t(o)] / vexillationis per [Orientem(?)] proc(uratori) Aug(usti) / et praef(ecto) classis Po[nti]ca[e proc(uratori) Aug(usti) e]t pra[ep(osito)] / vexillationis per Achaiam et Macedoniam / et in Hispanias adversus Castabocas et / Mauros rebelles praeposito vexillatio/nibus tempore belli Germanici et Sarmat(ici) / praef(ecto) alae Tampianae praef(ecto) alae Her/culanae trib(uno) cohort(is) primae Ulpiae Pan/noniorum praef(ecto) cohort(is) tertiae August(ae) / Thracum donis militaribus donato ab Impe/[ra]t[o]ribus Antonino et Vero ob victoriam / [belli Parthi]ci item ab Antonino et / [Commodo Augg(ustis) ob vi]ctor(iam) belli Germ[a]nic(i) / [secundi, sinala que Lucio Xulio Vehilio Xuliano foi praepositus vexallitionis contra os mauri, aínda que non indica que tropas tivo ás súas ordes, aínda que parece coherente pensar que entre elas estivesen as de guarnición en Hispania e, particularmente, a VII Gemina.
  6. CIL II 2477 = 5616: IMP(eratori) CAES(ari) VE[SP(asiano) AVG(usto) PONT(ifici)]/ MAX(imo) TRIB(unicia) POT(estate) [X IMP(eratori) XX P(atri) P(atriae) CO(n)S(uli) IX] / IMP(eratori) VESP(asiano) CÀES(ari) AV[G(usti) F(ilio) PONT(ifici) TRIB(unicia) POT(estate)]/ VIII IMP(eratori) XIIII CO(n)[S(uli) VII(?)]/ ------/ GAIO (sic) CALPETANO RA[NTIO QVIRINALI]/ VAL(erio) FESTO LEG(ato) A[VG(usti) PR(o) PR(aetore)]/ D(ecimo) CORNELIO MA[ECIANO LEG(ato) AVG(usti)]/ L(ucio) ARRVNTIO MAX[IMO PROC(uratori) AVG(usti)]/ LEG(ionis) VII GEM(inae) [FEL(icis)]/ CIVITATES [X] / AQVIFLAVIEN[SES ---]/ BIBALI COEL[ERNI ---]/ INTERAMIC[I ---]/ QVARQVE[R]NI TA[MAGANI]

Véxase tamén

Bibliografía

  • Palao Vicente, J. J. (2006). Legio VII Gemina (Pia) Felix. estudio de una legión romana (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 978-84-7800-546-8.
  • Rodríguez González, J. (2003). Historia de las legiones romanas (en castelán). Madrid: Almena Ediciones. ISBN 84-96170-02-0.
  • Rodríguez González, J. (2006). Diccionario de batallas de la historia de Roma (733 a. C. – 476 d. C.) (en castelán). Madrid: Signifer libros. ISBN 84-933267-4-7.

Ligazóns externas

Outros artigos

  • Ala II Flavia Hispanorum civium romanorum.
  • Ala Parthorum.
  • Cohors I Celtiberorum Equitata civium romanorum.
  • Cohors I Gallica Equitata civium romanorum.
  • Cohors II Gallica.
  • Cohors III Lucensium.
  • Legio (cidade).
Basílica de Santo Isidoro de León

A real colexiata basílica de Santo Isidoro ou, simplemente, Santo Isidoro de León, é un templo cristián situado na cidade de León, en España. É un dos conxuntos arquitectónicos de estilo románico máis destacados de España, pola súa historia, arquitectura, escultura, e polos obxectos suntuarios románicos que se puideron conservar. Presenta a particularidade de ter un Panteón Real situado ós pés da igrexa, con pintura mural románica e capiteis orixinais, todo o cal fai que sexa peza única do mundo románico da época. O conxunto foi construído e engrandecido durante os séculos XI e XII.

Na súa orixe foi un mosteiro dedicado a san Paio, aínda que se supón que anteriormente se asentaba nos seus cimentos un templo romano. Co traslado dos restos de santo Isidoro, bispo de Sevilla (doutor das Españas), a León, cambiouse a titularidade do templo.

O edificio da igrexa conserva algúns vestixios románicos da primeira construción de Fernando I e Sancha. O panteón e as dúas portas da súa fachada sur, chamadas Porta do Cordeiro e Porta do Perdón, máis a Porta Norte ou Capitular, son as primeiras manifestacións da arte románica nos territorios leoneses. Co transcurso do tempo fixéronse modificacións e engadidos góticos, renacentistas e barrocos.

É Monumento Histórico Artístico desde o 9 de febreiro de 1910.

Batalla de Viadangos

A Batalla de Viadangos ou Fontedangos tivo lugar no outono do ano 1111 no lugar de Viadangos (Villadangos del Páramo) entre unha columna de cabaleiros galegos comandada por Pedro Froilaz de Traba e Diego Xelmírez, e o exercito de Afonso I de Aragón. Após coroaren o infante Afonso Reimúndez (Afonso VII) como rei de Galiza en Compostela, os nobres galegos pretenderon coroalo tamén en León, a carón da súa nai Urraca. Afonso "o batallador", cónxuxe de Urraca en guerra aberta con ela polo control dos seus reinos, interpuxo o seu exercito no camiño sorprendendo e derrotando a hoste galega.

Bética

Hispania Baetica, abreviada a miúdo como Baetica, foi unha das tres provincias romanas en Hispania (a Península Ibérica). Debía o seu nome ao río Betis ou Baetis, hoxe Guadalquivir). Baetica limitaba ao oeste con Lusitania, e ao nordés con Hispania Tarraconensis. Baetica seguiu sendo unha das divisións básicas de Hispania baixo os visigodos no 711. Baetica (castelán: Bética) formaba parte de Al-Andalus baixo os mouros no século VIII.

A capital era Hispalis (actual Sevilla). A provincia viña equivaler á actual Andalucía, aínda que algunhas zonas non estaban incluídas como as actuais comarcas de Linares ou Almería).

A Bética foi provincia senatorial. Era gobernada por pretores. As finanzas eran administradas por un cuestor.

Campamento romano da Ciadella

O campamento romano da Ciadella (ás veces chamado A Cidadela de xeito erróneo) foi un asentamento militar activo entre os séculos II e IV, sito no tramo viario entre Brigantium e Lucus Augusti, entre as actuais parroquia galegas da Ciadella (Sobrado) e Vilariño (Vilasantar). Nel mantíñanse entre 500 e 600 militares da Cohors I Celtiberorum Equitata civium romanorum, que tiña a súa sede en Lucus Augusti. Esta unidade auxiliar do exército imperial romano tivo como función a vixilancia da Vía XX, traballo que desempeñou entre os anos 123 e 395.

Catedral de León

Este artigo trata sobre unha catedral en España, para a catedral en Nicaragua véxase Catedral de León (Nicaragua).A Catedral de León é un templo de culto católico, sé episcopal da diocese de León, España. Está dedicada a Santa María de Regra.

Iniciada no século XIII, é unha das grandes obras do estilo gótico, influída polo gótico clásico francés. Coñecida co alcume de Pulchra leonina, que significa "a fermosa leonesa". Atópase en pleno Camiño de Santiago..

Década de 60

A década de 60 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 60 e remata o 31 de decembro de 69.

León, España

León (en leonés: Llión) é a cidade capital da provincia de León situada na comunidade autónoma de Castela e León, localizada no noroeste da Península Ibérica en España. É atravesado polos ríos Bernesga e Torío.

O concello acada unha poboación de 135.059 habitantes (2007) e posúe unha área metropolitana de 204.212 habitantes, sendo así a 45º máis poboada do Estado español.

Naceu dun campamento militar romano da Legio VI Victrix, instalado na confluencia dos ríos Bernesga e Torío no 79 a. C.|79 a. C., o seu carácter de cidade consolidouse co asentamento definitivo da Legio VII Gemina no século I. Coa chegada dos musulmáns á Península, a cidade fica parcialmente despoboada. En 856 León recibe un novo impulso repoboador por parte do Reino de Asturias. Será García I quen en 910 converta a cidade de León na cabeza do máis importante reino cristián da Península Ibérica na época, dando inicio ao Reino de León, cuxa vixencia nominal chegou até o século XIX, mais dende a Plena Idade Media a cidade perdeu a importancia e empuxe de antano, en parte pola perda da súa independencia debida a unión da coroa leonesa e a castelá, definitiva dende 1301, constituíndo canda outros reinos e territorios a Coroa de Castela.

Mieres, Asturias

Mieres é un concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, a súa cabeceira municipal é a cidade de Mieres del Camino, dita popularmente simplemente Mieres. É cuarta poboación de Asturias, tras Oviedo, Xixón e Avilés, cun total de 44.992 habitantes, dos que arredor de 28.000 corresponden ao núcleo urbano capitalino.

Sito no centro de Asturias, dista tan só 20 km da capital autonómica, Oviedo, e 48 km de Xixón e Avilés.

Romanización de Galicia

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)

A romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

Tresminas

Tresminas é unha freguesía portuguesa do concello de Vila Pouca de Aguiar, no distrito de Vila Real. Nela consérvanse restos de importantes obras realizadas durante o Imperio romano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.