Leandro de Saralegui Medina

Leandro de Saralegui Medina, nado en Tui o 30 de xuño de 1839 e finado en Ferrol o 6 de outubro de 1910, foi un militar naval e escritor galego en lingua castelá.

Leandro de Saralegui Medina
Leandro de Saralegui Medina 1909
Nacemento30 de xuño de 1839
 Tui
Falecemento6 de outubro de 1910
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, economista e militar
PaiLeandro de Saralegui y Fernández-Núñez
IrmánsManuel de Saralegui y Medina

Traxectoria

O 10 de febreiro de 1854 ingresou no corpo administrativo da Real Armada, facendo as prácticas navais entre 1858 e 1861, sempre por augas próximas á costa peninsular. En 1861 fundou a Academia de Administración de Mariña de Ferrol. Logo de intervir na resolución do motín de Ferrol, foi nombrado ordenador do Arsenal de Ferrol. Posteriormente foi destinado a Filipinas como interventor do Apostadoiro de Manila, na reconstrución logo do terremoto de 1880. En 1892 foi nomeado intendente xeral de mariña e en 1907 pasou á reserva.

Foi membro das Sociedades de Amigos do País de Cartagena, Madrid e Filipinas; e membro da Real Academia Galega e correspondiente da Real Academia de la Historia[1] Foille concedida a Gran Cruz do Mérito Naval e era comendador de Carlos III e Isabel a Católica. Renunciou á Gran Cruz de Afonso XII.

Usou o pseudónimo de E. Gil Arans, e colaborou en revistas como El Defensor de Galicia, Aires d'a Miña Terra, El Pensamiento de Galicia, Las Provincias Gallegas, El Clamor de Galicia, El País de Pontevedra, La Oliva, El Miño, Faro de Vigo, El Diario de Ferrol, El Brigantino, La Concordia ou La Monarquía; tamén dirixiu durante un tempo El Diario Ferrolano.

En 1901 prologou a recompilación de parte dos poemas de Aurelio Aguirre publicada co título de Poesías selectas.

Obra

Escribiu distintas obras relacionadas cos seus oficios:

Leandro de Saralegui y Medina
Leandro de Saralegui Medina por Pardo de Cela.
  • Nociones generales de Administración pública y de la Armada (Ferrol, 1861).
  • Tratado de Contabilidad de Hacienda pública con relación a España y su aplicación a la Marina (Ferrol, 1862).
  • Nociones generales de Administración de Derecho Administrativo y de Economía política (Madrid, 1865).
  • Historia del Cuerpo Administrativo de la Armada (Ferrol, 1867).
  • Tratado de Economía política (Ferrol, 1870).
  • El presupuesto de Marina. Lo que es y lo que debe ser (Ferrol, 1873).
  • Reglas... para las remesas y suministros de víveres en especie a las divisiones, estaciones y buques del Sur del Archipiélago y Proyecto de Reglamento para la contabilidade de pertrechos de las divisiones y estaciones del Apostadero, de 29 de noviembre de 1878 las primeras, y 25 de octubre de 1879 el segundo, con aprobación, unas y otro, de la Comandancia General del Apostadero de Filipinas.
  • Bases para la contratación de los distintos suministros con aplicación a las necesidades de la Marina, aprobadas por real orden de 10 de diciembre de 1883.
  • Instrucciones para el régimen de la Contabilidad de obras y trabajos de los Arsenales y Reglas para su establecimiento en le de Ferrol, de 16 y 22 de febrero de 1884.
  • Reglamento de la Escuela de Administración Naval, aprobado por real orden de 11 de marzo de 1888.
  • Los hospitales de Marina (Ferrol, 1889).
  • Ordenanza para el régimen militar, facultativo y económico de los Arsenales del Estado, aprobada por real decreto de 18 de julio de 1893.
  • Los Arsenales de Estado (Ferrol, 1896; sen nome do autor).
  • Los arsenales. Su organización y el reglamento de contabilidad vigentes (Ferrol, 1897).

Fixo tamén varios traballos relativos á historia de Galicia e á crítica literaria:

  • Estudios sobre la época céltica en Galicia (Ferrol, 1867).
  • Pueblos lacustres. Estudios de arqueología prehistórica (A Coruña, 1871).
  • Galicia y sus poetas (Ferrol, 1886). Estudo preliminar e antoloxía bilingüe.
  • Estudios sobre Galicia (A Coruña, 1888), Biblioteca Gallega.
  • La cuestión obrera en Galicia' (A Coruña, 1893).
  • Del monte Ancos (Ferrol, 1898).
  • San Martín de Jubia. Apuntes históricos (Ferrol, 1898).
  • Informe sobre el convento de Santa Catlina de Montefaro (Ferrol, 1900).
  • San Julián, patrón de Ferrol (Ferrol, 1901).
  • La futura historia de Ferrol (Ferrol, 1901).
  • Del estado de las personas en Ferrol durante la Edad Media (Ferrol, 1902).
  • El feminismo en Galicia. Sobre una mujer que sirvió como grumete en la Armada a fines del siglo XVIII (Lugo, 1902).
  • Jubia. Discurso inédito del P. Fr. Felipe Colmenero, con notas y aclaraciones (Ferrol, 1903).
  • Efemérides ferrolanas. Apuntes para la historia de Ferrol y sus cercanías (Madrid, 1904).
  • La protesta de Pedro Padrón (Ferrol, 1906). Discurso lido na Coruña na creación da Real Academia Galega o 30 de setembro de 1906.
  • Un trovador ferrolano de la segunda mitad del siglo XIII (Ferrol, 1907).
  • Los benedictos en Jubia (Ferrol, 1907).
  • Ardobrica. Estudio de geografía histórica (Ferrol, 1908).
  • Libunca. Estudio histórico (Ferrol, 1909).

Notas

  1. Enciclopedia Universal Ilustrada. Espasa. Tomo 54, 1927, pp 521-522 (en castelán).
Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

El Defensor de Galicia

El Defensor de Galicia foi un periódico editado na Coruña en 1856.

El Diario Ferrolano

El Diario Ferrolano foi un xornal editado en Ferrol entre 1867 e 1869.

El Diario de Ferrol

El Diario de Ferrol foi un xornal editado en Ferrol entre 1873 e 1886.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Las Provincias Gallegas

Las Provincias Gallegas foi unha revista editada en Ferrol en 1887.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.