Leandro Carré Alvarellos

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego.[1].

Leandro Carré Alvarellos
Leandro Carré Alvarellos, 1918
retrato en Vida Gallega, 1918.
Nacemento30 de agosto de 1888
 A Coruña
Falecemento14 de febreiro de 1976
 A Coruña
SoterradoCemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónlexicógrafo
PaiUxío Carré Aldao
FillosLeandro Carré Brandariz
IrmánsGonzalo Carré Alvarellos, Lois Carré Alvarellos e Uxío Carré Alvarellos
XénerosTeatro, narrativa, gramáticas e edicións

Traxectoria

Foi o cuarto fillo (de once irmáns) de Uxío Carré Aldao e Purificación Alvarellos Pena. Traballou na librería do seu pai e despois na litográfica La Artística. Acudiu á escola de Marcial Miguel de la Iglesia Vázquez e de Eduardo Corral, mais non fixo estudos superiores porque debía axudar na economía familiar e aforrar gastos, xa que a libraría de seu pai comezara o declive.[2] En 1911 foi destinado á sucursal da fábrica no Porto. Logo de tres anos regresou á Coruña onde foi oficinista, contador e encargado de varios negocios. Foi redactor na Coruña de Vida Gallega, colaborou en Coruña Cómica (co pseudónimo "Fabriella") e Tierra Gallega (co pseudónimo "L. de S."). Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra, da que foi director na ditadura de Primo de Rivera. No ámbito teatral dirixiu os grupos de teatros dos coros Cántigas da Terra e Saudades e entre 1922 e 1926 a Escola Dramática Galega herdeira do Conservatorio Nacional de Arte Galega e fundou a Editorial Lar en 1924, foi membro do Seminario de Estudos Galegos. Cando morreu o seu fillo Leandro Carré Brandariz (1913-1937) en estrañas circunstancias en Asturias, foi buscalo con resultados infrutuosos, detivérono ó volver á Coruña e pasou cinco meses no cárcere. Colaborou coa prensa emigrada e do exilio. En 1945 ingresou na Real Academia Galega. No ano 2006 Alvarellos Editora publicou Obra inédita e esquecida, con obras escritas en 1915 e 1972.

Empregou o pseudónimo de Ramón Alvariño.

Obra en galego

Narrativa

Eugenio Carré Aldao cos seus fillos, de esquerda a dereita Gonzalo, Leandro, Eugenio, Luis e Carlos Carré Alvarellos. Arquivo Carré
Uxío Carré Aldao cos seus fillos, de esquerda a dereita Gonzalo, Leandro, Uxío, Lois e Carlos.
  • Amor malfadado, 1918.
  • Contos e diálogos, 1918.
  • Naiciña, 1925, Lar.
  • A propia vida, 1925, Lar.
  • O home que deu vida a un morto, 1926.
  • O xornal de Mavi, 1927.
  • Nos picoutos de Antoín, 1955 (escrita en 1929).
  • Contos de pantasmas, 1972.
Escola Dramática Galega 1923 (2)
Compoñentes da Escola Dramática Galega na Coruña en 1923.

Teatro

  • Tolerías, 1917.
  • Noite de ruada, 1918.
  • Rexurdimento, 1918.
  • Pra vivir ben de casados..., 1918.
  • Enredos, 1919.
  • O engano, 1919.
  • O corazón dun pedáneo, 1921.
  • Un caso compricado, 1922.
  • A venganza, 1922.
  • O pecado alleo, 1924.
  • Almas en pena, 1957.

Gramáticas e dicionarios

Edicións

  • As lendas tradizonaes galegas, 1969, Museu de Etnografia e História, Porto.

Traducións

Obra en castelán

Gramáticas e dicionarios

  • Gramática gallega, 1967, Editorial Moret.

Edicións

  • Las leyendas tradicionales gallegas, 1977, Espasa-Calpe, Madrid.

Galería de imaxes

Leandro en 1913.
Leandro en 1913. 
Naiciña. 1925.
Naiciña. 1925. 
A propia vida. 1925.
A propia vida. 1925. 
O home que deu vida a un morto. 1926.
O home que deu vida a un morto. 1926. 
O xornal de Mavi. 1927.
O xornal de Mavi. 1927. 

Notas

  1. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5.
  2. Álbum das Irmandades da Fala CCG.
  3. Asinado co pseudónimo de Ramón Alvariño.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

14 de febreiro

O 14 de febreiro é o 45º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 320 días para finalizar o ano, 321 nos anos bisestos.

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

30 de agosto

O 30 de agosto é o 242º día do ano do calendario gregoriano e o 243º nos anos bisestos. Quedan 123 días para finalizar o ano.

A Nosa Terra (1916)

A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións. Publicáronse en total 422 números.

Cántigas da Terra

Cántigas da Terra é un coro galego, formado na Coruña o 28 de decembro de 1916.

Diccionario galego-castelán

Para o dicionario de Xosé Luís Franco Grande vexa Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego.O Diccionario galego-castelán é un dicionario bilingüe galego castelán de aproximadamente 16.800 voces definidas en castelán elaborado por Leandro Carré Alvarellos. A obra publicouse en dous volumes, o primeiro que contén as letras A-D en 473 páxinas editouse en xullo de 1928; o segundo, de 447 páxinas, apareceu en xuño de 1931.

Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego

Para o dicionario de Leandro Carré Alvarellos vexa Diccionario galego-castelán.O Diccionario galego-castelán é un dicionario bilingüe galego castelán coas definicións en castelán elaborado por Xosé Luís Franco Grande para a Editorial Galaxia en 1968, para a segunda edición publicada en 1972 engadíronse 5.000 voces novas ata totalizar 42.674, incorporándose un vocabulario castelán galego que se publicou tamén de forma independente, o dicionario foi un éxito editorial, tivo oito edicións, a última en 1983, vendendo máis de 90.000 exemplares.

Editorial Nós

A editorial Nós foi unha casa editorial galega creada na Coruña en 1927. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista Ánxel Casal. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. O seu nome completo era "Nós, pubricacións galegas e imprenta".

Escola Dramática Galega

Co nome de Escola Dramática Galega podemos referirnos a:

Escola Dramática Galega, agrupación fundada por Eduardo Sánchez Miño en 1908.

Escola Dramática Galega, institución creada por Leandro Carré Alvarellos en 1922.

Escola Dramática Galega, institución literaria que existiu entre 1978 e 1994.

Escola Dramática Galega (1922)

A Escola Dramática Galega foi unha institución literaria que existiu entre 1922 e 1926.

Lar (editorial)

Lar foi unha editorial da Coruña, continuadora da Editorial Céltiga, que publicou con periodicidade irregular, de 1924 a 1928, unha colección de novelas curtas. Estaba dirixida por Leandro Carré Alvarellos e administrada por Ánxel Casal. Os cinco primeiros números editáronse na imprenta Moret. A capa da colección estaba deseñada por Camilo Díaz Baliño.

Cesou en 1928, dando paso á Editorial Nós.

Leandro Carré Brandariz

Leandro Carré Brandariz, nado en Porto o 15 de febreiro de 1913 e finado o 21 de maio de 1937, foi un escritor, xornalista e militante libertario galego.

Lois Carré Alvarellos

Lois Galo Vicente Carré Alvarellos, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1898 e finado o 26 de abril de 1965, foi un etnógrafo e escritor galego.

Mazarico

Mazarico é o nome de varias especies de aves limícolas caracterizadas polo seu longo peteiro:

Mazarico real (Numenius arquata).

Mazarico chiador, ou mazarico chiador (Numenius phaeopus).

Mazarico rabinegro (Limosa limosa).

Mazarico rubio, ou mazarico rabipinto (Limosa lapponica).Amais, o nome de mazarico tamén designa outras aves:

Peto real (Dendrocopos major) .Pico pico, mazarico,

¿quén che deu tamaño pico?

Deume Dios este traballo

pra picar neste carballo.Martiño peixeiro ou picapeixe (Alcedo atthis) .

O anarquista

O anarquista (novela orixinal e inédita) é unha novela de Leandro Pita Romero, escrita por Pita en castelán e traducida ao galego por Leandro Carré Alvarellos para a súa publicación, o 20 de decembro de 1924, na revista-editorial Lar. Levou a capa propia de toda a colección, deseñada por Camilo Díaz Baliño e saíu das prensas de Moret, A Coruña.

Uxío Carré Alvarellos

Uxío Carré Alvarellos, nado na Coruña o 5 de setembro de 1885 e finado o 18 de setembro de 1967 na mesma cidade, foi un escritor galego.

Xenxibre

O xenxibre ou sinxebra (Zingiber officinale) é unha planta da familia das cinxiberáceas, cuxa raíz está formada por rizomas horizontais moi apreciados polo seu recendo e sabor picante. A planta chega a 90 cm. de altura, con longas follas de 20 cm.

O seu rizoma é carnoso, de forma alongada, nodoso, de cor castaña clara polo exterior e abrancazada polo interior; desecado emprégase coma condimente, caracterizándose polo seu sabor picante.

Medra en todas as rexións tropicais do mundo. As variedades máis caras e de maior calidade xeralmente proceden de Australia, India e Xamaica, mentres que as máis comercializadas cultívanse na China.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Árbore xenealóxica Carré

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.