León, España

León (en leonés: Llión[1]) é a cidade capital da provincia de León situada na comunidade autónoma de Castela e León, localizada no noroeste da Península Ibérica en España. É atravesado polos ríos Bernesga e Torío.

O concello acada unha poboación de 135.059 habitantes (2007) e posúe unha área metropolitana de 204.212 habitantes, sendo así a 45º máis poboada do Estado español.

Naceu dun campamento militar romano da Legio VI Victrix, instalado na confluencia dos ríos Bernesga e Torío no 79 a. C.|79 a. C., o seu carácter de cidade consolidouse co asentamento definitivo da Legio VII Gemina no século I. Coa chegada dos musulmáns á Península, a cidade fica parcialmente despoboada. En 856 León recibe un novo impulso repoboador por parte do Reino de Asturias. Será García I quen en 910 converta a cidade de León na cabeza do máis importante reino cristián da Península Ibérica na época, dando inicio ao Reino de León, cuxa vixencia nominal chegou até o século XIX, mais dende a Plena Idade Media a cidade perdeu a importancia e empuxe de antano, en parte pola perda da súa independencia debida a unión da coroa leonesa e a castelá, definitiva dende 1301, constituíndo canda outros reinos e territorios a Coroa de Castela.

Coordenadas: 42°35′56″N 05°34′01″O / 42.59889, -5.56694

León
Bandera de León (ciudad)
Escudo de León (ciudad)
Catedral de León vista clásica
Localización
Leon, Spain location
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaLeón
ComarcaTierras de León
Xeografía
Altitude838 msnm
Superficie39,03 km²
Demografía
Poboación126.192 hab. (2016)
Densidade3.233,21 hab./km²
Xentilicioleonés/a
Outros datos
Código postal24001–24010
AlcaldeAntonio Silván Rodríguez (PP)
www.aytoleon.es

Historia

As escavacións arqueolóxicas levadas a cabo durante os últimos anos na cidade de León poden precisar, con probas evidentes, que a súa orixe é romana. Pese que se lle atribúe a fundación á Legio VII Gemina semella segura a hipótese de que a unidade que tomou parte nas Guerras Cántabras (29 a.C. - 19 a.C.) Legio VI Victrix xa precedera á Legio VII no lugar.

As evidencias arqueolóxicas que veñen a verifica-lo inicio do asentamento romano foron proporcionadas por escavacións efectuadas tanto no interior como fóra do actual recinto fortificado. As primeiras, ademais de testemuñar importantes vestixios da ocupación da Legio VII Gemina, permitiron determina-la existencia de dous campamentos precedentes. O máis antigo dataríase entre os últimos anos do século I adC e os comezos do seguinte século. Pouco tempo máis tarde erixiríase un segundo, perdurando ata practicamente a chegada da Legio VII Gemina.

O recinto ocupado pola Legio VII ten forma rectangular, a típica dun campamento romano ou castra de 570 a 350 metros, capacitado, por isto, para albergar unha lexión nas súas 20 hectáreas de superficie. Foi amurallado en dous momentos diferentes. O primeiro, representado por un muro de opus vittatum reforzado cun terraplén interno, debeu ser contemporáneo ou lixeiramente posterior ó establecemento da lexión, respondendo á tendencia xeneralizada de levantar, ou substituír progresivamente, as defensas dos recintos militares en terra e madeira por outras en pedra.

A segunda fortificación é a muralla con torres visible en varios puntos da cidade. Debeu de erguerse a finais do século III d.C. ou comezos do IV. Conserva 36 cubos, a metade dos que debeu incorporar inicialmente, ademais das oito torres que flanqueaban as súas portas.

O campamento contou, aló menos, cun acueduto que chegaba ó recinto polo noroeste, mais a súa orixe ou captación non se coñece. A súa cronoloxía habería que situala entre finais do século I e os comezos do século II.

As últimas intervencións permitiron coñecer algunha das características das edificacións dos campamentos. As máis completas aparecidas ata o momento son os restos das edificacións cos diversos espazos destinados ó aloxamento dos soldados.

Especial atención merecen as grandes termas situadas en boa parte baixo a catedral. Localízanse nas inmediacións da porta oriental do campamento, ó carón da Vía Principalis.

Unha escavación realizada no exterior do recinto amurallado, nas proximidades do seu ángulo sueste, permitiu descubri-los restos dunha galería abovedada, pero non puido asociarse cunha edificación determinada.

Restos dunhas pequenas termas apareceron recentemente no barrio de San Lorenzo, ó leste do recinto fortificado. A súa cronoloxía pódese establecer dun xeito amplo polos selos presentes nos seus muros. Todos portaban a inscrición Legio VII Gemina Felix, polo que nos indica que puideron construírse dende o 73 ou 74 d.C., sen supera-lo principado de Septimio Severo (193-211 d.C.), momento no que recibe o epíteto de Pía.

O contorno suburbano proporcionou ata o momento dúas necrópoles de inhumación de época tardía. As características dos enterramentos son similares en ambos casos, fosas delimitadas con ladrillos ou cantos e cuberta con ladrillos ou tellas a dobre vertente ou cha etc. Existe tamén un sartego de laxas.

No período comprendido entre os séculos VI e VIII, a escaseza de evidencias arqueolóxicas, só localizadas en lugares concretos, proxectan unha imaxe carente de vitalidade urbana, cunha clara redución do espazo habitado, que semella concentrarse na zona sul. Ata agora, nada indica que poidamos falar dunha civitas, xa que se aprecia unha total continuidade coa etapa baixoimperial, o que nos indica que a presenza do poder visigodo foi nula ou mínima, reducida, quizais, o acuartelamento dalgunhas tropas.

A cidade foi conquistada polos musulmáns no ano 712. Cara o ano 846, un grupo de mozárabes tentou repoboa-la cidade, máis un ataque musulmán rematou con aquela iniciativa. No ano 856, co rei Ordoño I, produciuse un novo intento de repoboación, con éxito, e máis tarde no ano 914, Ordoño II, fíxoa capital do seu reino. Saqueada por Almanzor cara o ano 987, foi de novo reconstruída e repoboada con Afonso V, que lle outorgou o Foro de 1017, co que se regulou a vida económica da cidade e o funcionamento do seu mercado. Xurdiron, pois, barrios de artesáns e comerciantes que, a partir do século XIII, interviñeron no goberno municipal. Durante a baixa Idade Media, a gandería deu a cidade unha época de prosperidade. No século XVI iniciouse a súa decadencia económica e demográfica, que se mantería ata o século XIX. Durante o século XX o desenvolvemento da minaría do carbón converteríana nunha das cidades máis dinámicas da Península, situación que foi empeorando ó remata-lo devandito século, co declive da minaría.

Principais monumentos

León San Marcos 03 JMM
Hostal de San Marcos.
PanteónSanIsidoroLeón
Panteón dos Reis da Basílica de Santo Isidoro de León.
León Casa Botines JMM
Casa de Botines.

Os seus principais monumentos son a catedral gótica coñecida como a Pulchra Leonina que comezou a edificarse en 1205 e rematou en 1305, coas súas vidreiras e as tres portadas esculturadas, a basílica de Santo Isidoro, coas súas pinturas románicas, o Hostal de San Marcos, coa súa fachada plateresca. De estilo neogótico, a Casa de Botines do arquitecto catalán Antoni Gaudí. O Palacio de los Guzmanes contendo un patio de estilo plateresco. O casco vello contén restos das antigas murallas medievais e romanas. Son tamén destacables o denominado Barrio húmedo e a Plaza del Grano. No ano 2005 foi inaugurado o Museo de Arte Contemporánea (Musac).

Notas

  1. O leonés carece de normativas ortográficas; o Concello de León utiliza o término Llión en lingua leonesa. Véxase aquí Arquivado 18 de outubro de 2008 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Secundino Serrano (Director del Equipo) (1991). Enciclopedia de León Volumen I. La Crónica de León. ISBN 84-920557-4-X.
  • Secundino Serrano (Director del Equipo) (1991). Enciclopedia de León Volumen II. La Crónica de León. ISBN 84-920557-5-8.
  • Francisco J. Martínez Carrión (Director del Equipo) (1990). León, Vida y Naturaleza. Diario de León. ISBN 84-86013-51-8.
  • Ana Neira Campos, Tomás Mañanes, Santiago García (1997). Historia de León, Volumen I; Prehistoria-Edad Antigua-Edad Media I. La Crónica de León. ISBN 84-920557-7-4.
  • Manuel Carriedo Tejedo, Carlos Estepa Díez, (1997). Historia de León, Volumen II; El Reino de León en la Edad Media. La Crónica de León. ISBN 84-920557-8-2.
  • Jesús Fuentes Santamarta, Carmelo Lucas del Ser (1997). Historia de León, Volumen III; Edades Moderna y Contemporánea. La Crónica de León. ISBN 84-920557-9-0.
  • Wenceslao Álvarez Oblanca, Secundino Serrano (1991). Crónica Contemporánea de León. La Crónica de León. ISBN 84-87469-10-08.

Outros artigos

  • Bandeira de León

Ligazóns externas

A Veiga de Espiñareda

A Veiga de Espiñareda (en castelán e oficialmente: Vega de Espinareda) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 132,01 km², na que vivían 2 419 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 18,32 h/km². Este concello é bilingüe, as parroquias que fican á esquerda do río Cúa son galegofalantes, mentres os demais falan unha fala de transición entre o leonés e o galego, pero con maior influencia leonesa. Á única excepción nesa marxe do río é a Val de Finolledo que é galegofalante .

Abezames

Abezames é un concello da comarca de Terra de Campos, ao seu paso pola provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, España

Ten unha superficie de 12,26 quilómetros cadrados, cunha poboación de 98 habitantes.

Destaca ao achegarse ao pobo, polo tono da súa pedra gris presidindo, no alto, toda a localidade, a igrexa de San Miguel, a actual parroquia. Ao outro lado, nas aforas, están as ruínas da que foi tamén parroqui até o primeiro terzo do século XX, a igrexa de San Salvador.

A elevación máis destacada é o cerro ou teso Lutero, relativamente próximo ao núcleo de poboación.

Ao lado, ao oeste, vello pombais, hoxe derruídos, poden verse nas terras circundantes, similares aos máis coñecidos da veciña Malva.

O río, case todo o ano seco, que atravesa a localidade, é o Adalia (arroyo de Adalia), que desemboca no río Douro, entre Touro e Monte la Reina.

Alba de Tormes

Alba de Tormes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Alba de Tormes é tamén o nome do seu principal núcleo de poboación. En 2012 tiña 5382 habitantes.

De pouco máis de 3000 habitantes en 1900, a súa poboación foi aumentando durante a maior parte do século XX. A finais de 2005 contaba cunha poboación de 4953 habitantes, 2.457 homes e 2.496 mulleres, nunha superficie de 46,51 km². A súa altitude é de 830 m sobre o nivel do mar.

Limita: ao norte co municipio de Garcihernández, ao leste co municipio de Aldeaseca de Alba, ao sueste con Navales, ao sur con Encinas de Arriba, ao suroeste co municipio de Martinamor, e ao oeste con Terradillos.

A súa economía baséase en cereais, remolacha azucreira, garavanzos e patacas. Cultivo de regadío e de secaño.

Alba de Yeltes

Alba de Yeltes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade autónoma de Castela e León, España.

En 2003 contaba cunha poboación de 249 habitantes, 126 homes e 123 mulleres, nunha superficie de 22,36 km². A súa altitude é de 788 m sobre o nivel do mar.

Limita: ó N có municipio de Castraz, ó E có municipio de Aldehuela de Yeltes, ó S có municipio de Dios le Guarde, ó SO có municipio de Tenebrón, ó O có municipio de Ciudad Rodrigo, e ó NO có municipio de Sancti-Spíritus.

Condado de Alba de Yeltes.

Astorga

Astorga (en leonés, Estorga) é unha cidade da provincia de León, sita na comunidade autónoma de Castela e León, (España), atópase a 48 quilómetros ao suroeste da capital provincial de León, é cabeza da comarca da Maragatería. A súa poboación é de 11.897 habitantes (INE 2011).

Corresponde á antiga Asturica Augusta - topónimo do cal o actual é unha derivación -, capital dun dos conventos xurídicos da antiga Gallaecia. É tamén sé do bispado homónimo.

Baloncesto León

O Club Baloncesto León é un club de baloncesto profesional da cidade de León, Castela e León (España). Foi fundado en 1981. Actualmente xoga na Liga Adecco LEB Ouro, segunda categoría do baloncesto español.

Benegiles

Benegiles é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, España. Ocupa unha área de 23,59 km², cunha poboación de 399 habitantes (2007) e unha densidade de 16,91 hab/km².

CB Valladolid

O Club Baloncesto Valladolid S.A.D. foi un club de baloncesto profesional da cidade de Valladolid, Castela e León (España). Foi fundado o 31 de agosto de 1976 e desapareceu no ano 2015 debido a problemas financieiros. Foi o herdeiro do A.D.C. Castilla, e sendo Gonzalo Gonzalo o seu primeiro presidente. Inmediatamente despois da súa desaparición creouse o CB Ciudad de Valladolid para reemprazalo.

Carmen Fraga

María del Carmen Fraga Estévez, nada en León o 19 de outubro de 1948, é unha política galega.

Club Balonmano Ademar León

O Club Balonmano Ademar León é un equipo de balonmán da cidade de León, Castela e León (España). Actualmente compite na Liga ASOBAL, competición que gañou na tempada 2000-01.

Dende a tempada 2008-09 o equipo pasou a chamarse Reale Ademar León por motivos de patrocinio coa empresa aseguradora Reale.

O club posúe un equipo filial, o Universidad de León Ademar, que competiu no grupo B da 1ª División Estatal ata a tempada 2009-01, na que consiguiu o ascenso á División de Honra Prata.

Cultural y Deportiva Leonesa

A Cultural y Deportiva Leonesa é un club de fútbol español, establecido na cidade de León, comunidade autónoma de Castela e León. Foi fundado en 1923 e compite no Grupo II da Segunda División B.

El Barco de Ávila

El Barco de Ávila é unha localidade pertencente á provincia de Ávila, en Castela e León, España. Pertence ao partido xudicial de Piedrahíta (IV de Ávila). Está a unha altitude de 1009 m, ten unha extensión de 12 km² e posúe unha poboación de 2.588 habitantes (INE 2007)

Galisancho

Galisancho é un concello da provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España.

Atópase a 30 quilómetros da capital provincial de Salamanca, cunha poboación de 435 habitantes no 2010 e ten unha área de 22.85 km².

Guijuelo

Guijuelo é un municipio da provincia de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León, España. Dista 48 km de Salamanca, a capital provincial. O xentilicio que designa os seus habitantes é guijuelense.

No 2005 contaba cunha poboación de 5.368 habitantes, dos cales 2.712 homes e 2.656 mulleres, sobre unha superficie de 63,23 km². Posuía polo tanto unha densidade de 84,48 hab./km².

A altitude é de 1.010 msnm. As súas coordenadas geográficas son 40°33′ N - 5°40′ O.

O seu código postal é 37770

Ademais de Guijuelo inclúense os núcleos de Cabezuela de Salvatierra (57 hab.), Campillo de Salvatierra (331 hab.) e Palacios de Salvatierra (39 hab.). Todos eles uniranse nos anos 70 xunto con as localidades de Aldeavieja de Tormes, Nava de Béjar e Fuentes de Béjar, aínda que se independizaron outra vez nos anos 80.

Laguna de Negrillos

Lagoa de Negrillos é un municipio da comarca do Páramo, na provincia de León, Comunidade autónoma de Castela e León, España.

Real Burgos Club de Fútbol

O Real Burgos Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Burgos, Castela e León, España.

A súa fundación levou a cabo no ano 1983 tras a desaparición do Burgos Club de Fútbol, e partindo do seu filial, o Burgos Promesas.

O club existe na actualidade, aínda que leva sen competir desde a tempada 1995/96.

Santa Marta de Tormes

Santa Marta de Tormes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Está a unha distancia de 3 km de Salamanca, a capital provincial.

Torre del Bierzo

Torre del Bierzo é unha localidade e municipio da comarca do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León, España. Ten unha área de 119,29 km² cunha poboación de 2.714 habitantes (INE 2007) e unha densidade de 22,75 hab/km².

Capitais de provincias de España
100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.