Laza

Laza é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.287 habitantes (1.826 en 2003).

Coordenadas: 42°3′40.5″N 7°27′37.2″O / 42.061250, -7.460333

Laza
Bandeira de Laza
---
Escudo de Laza
Igrexa de Santa María de Retorta, Laza
Igrexa de Santa María de Retorta.
Situacion Laza
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Verín
Poboación1.287 hab. (2018)
Área215,9 km²
Densidade5,96 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJesús Blanco Conde (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 3
Outros: Xuntos por Laza2
Eleccións municipais en Laza[4]
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes90,18%
Na rede
http://www.laza.es/

Demografía

Censo total 1.287 (2018)
Menores de 15 anos 61 (4.74 %)
Entre 15 e 64 anos 627 (48.72 %)
Maiores de 65 anos 599 (46.54 %)
Evolución da poboación de Laza   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.405 4.262 4.573 3.034 1.800 1.570 1561 1541 1487 1449 1424 1377 1331 1287
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etimoloxía

A orixe etimolóxica do topónimo Laza parece ter a súa orixe no vocábulo latino latium, que correspondería á rexión chamada do Lacio da Península Itálica entre os ríos Tíber e Liris, e da que se supón proviñan os primeiros romanos asentados neste val, aínda que algúns autores como Antonio-Augusto Diéguez Añel atópanlle unha orixe prerrománica[Cómpre referencia].

Historia

No concello hai varios sitios arqueolóxicos da idade de bronce, como o petróglifo das Pisadiñas (Laza) ou o das Ferraduras (Soutelo Verde). Na idade de ferro desenvolveuse a cultura castrexa, O castro de Laza está á beira do camiño secundario que enlazaba as vías 17 e 18 do itinerario de Antonino.[6], desde Alberguería cara á serra de San Mamede[7]

Outros poboados castrexos do concello son:

  • Castro dos Mouros (asentamento fortificado; Soutelo Verde)
  • A Coroa (asentamento fortificado; Carraxó)
  • A Cidadella (asentamento fortificado; Carraxó. Próximo a unha explotación de estaño, coa cal o castro puido ter relación)
  • Lombo da Cerca (asentamento fortificado; Trez)
  • O Castro (asentamento fortificado; Alberguería)
  • A Picota (asentamento; Camba)

As terras do val de Laza foron poboadas polos Tamaganos, unha das tribos castrexas pertencente ó convento Bracarense que aparece nomeada na Columna Honorífica da ponte de Chaves o Padrón dos pobos, e que abranguería as terras do Val norte do río Támega.

Os romanos tamén deixaron aquí a súa fonda pegada tal como se manifesta nos restos arqueolóxicos atopados na zona e que proban a explotación dos xacementos minerais, de asentamentos ou doutro tipo de restos:

  • A Coroa (explotación aurífera en aluvión; Camba)
  • Os Casarellos (asentamento; Toro. Apareceron varios muíños de man e un couzón de pedra dunha porta)
  • Cabeza de Cántara (explotación mineira, tamén puido ser aurífera; Cerdedelo)
  • Vasilla de Carraxó (cerámica; Carraxó)
  • Ara anepígrafa da Alberguería
  • As Minas Vellas de Arcucelos

Na Idade Media, segundo sinala Taboada Chivite ó estudar a Reconquista e a súa consolidación na comarca de Baronceli, Laza aparece relacionada nunha declaración testemuñar sobre aquela. Alude a este pobo como “Laza do Conde”. Foi curato de presentación do Conde de Motezuma, Marqués de Tenebrón que pon tamén ó seu xuíz. Tirso de Molina na súa obra Mari Hernández, La gallega escribe:

“El de Laza que ya esotro lado
ameno se avecina,
al. Val de Monterrey con quien confina,
cinco leguas de Chaves
dista este monte," etc....

En 1777, no libro Relación y Descripción Geográfica de los Estados pertenecientes a la excelentísima y Nobilísima Casa de Monterrey en el reino Galicia, Provincia de Órense, Pedro González de Ulloa sinala:

Sobre o couto xurisdicional de Alberguería, tiña o poder o Arcediago de Varonceli. Da Catedral de Ourense, Vicente Risco e Xaquín Lorenzo no Boletín da Real Academia Galega explican como o camiño antigo que atravesa a vila de Laza, formando a súa rúa máis longa e principal, foi noutro tempo verea moi importante, sendo chamado polos lugareños “Camiño de Castela” coa ruta de Laza, Eiras, Portocamba, Campo Becerros, Venta do Bolaño, e Venta do Espiño ata a Gudiña, confirmando que tivo moito trafego de segadores que ían á sega á Castela. Tamén viñan de Castela comerciantes para traer aceite, carne, pemento etc... Posiblemente lle viñera de aí a súa importancia.

No ano 1812, a constitución contempla unha nova división territorial na que xorden novos concellos. Laza, Castro de Laza e Cerdedelo pertencen ó partido xudicial de Monterrei. A comezos de 1822 o concello de Cerdedelo desaparece e aparece como tal o de Retorta.

Finalmente, no ano 1835 implántase unha nova organización de municipios e Laza e mailas súas parroquias, que coinciden coas actuais, adscríbense ó partido xudicial de Verín.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Laza.
Igrexa en Laza

Igrexa en Laza.

Albergue de peregrinos en Laza

Albergue de peregrinos.

Peliqueiros de Laza 3
Casa concello Laza 2

Casa do concello.

Placa altimétrica Laza

Placa altimétrica do concello.

Picota A Alberguería, Laza

Picota na Alberguería

Lugares de Laza

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Laza vexa: Lugares de Laza.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Laza". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. "El socialista Jesús Blanco, nuevo alcalde de Laza". La Región (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2019.
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  6. Taboada Chivite, X. (1953): "Carta Arqueológica de Verín", en Actas del III Congreso Nacional de Arqueología, Zaragoza.
  7. Fernández Costas, M. e Fuentes Canal, M. (1926): "Unha nova vía romana", revista Nós, nº 35 (15 novembro), páx. 4-5.
A Alberguería, Laza

Santa María da Alberguería é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 39 habitantes (14 homes e 25 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000. É limítrofe coa homónima A Alberguería, Vilar de Barrio.

O río Támega nace no monte Talariño, a 960 m de altura, nas estribacións da Serra de San Mamede, no lugar coñecido como Fonte do Támega. Trátase do principal río galego da cunca duriense e, contando o tramo portugués, do cuarto en lonxitude, tras o Miño, o Sil e o Navia. É na localidade trasmontana de Entre-os-Ríos onde cede as súas augas ao Douro.

Camba, Laza

San Salvador de Camba é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 60 habitantes (27 homes e 33 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

Carraxo, Laza

San Bieito de Carraxo é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 56 habitantes (34 homes e 22 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 36 habitantes en relación ao ano 2000.

Cerdedelo, Laza

Santa María de Cerdedelo é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 86 habitantes (43 homes e 43 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 20 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca de Verín

A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Eleccións municipais en Laza

Corporacións democráticas en Laza desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Ildefonso Fernández Novoa — UCD

1983 Alcalde: Ildefonso Fernández Novoa — CG

1987 Alcalde: José Angel García Morais — PPdeG

1991 Alcalde: José Angel García Morais — PPdeG

1995 Alcalde: José Angel García Morais — PPdeG

1999 Alcalde: José Angel García Morais — PPdeG

2003 Alcalde: José Angel García Morais — PPdeGModelo:Laza 2003

2007 Alcalde: José Angel García Morais — PPdeG. Substituído o 8 de xaneiro de 2011 por José Ramón Barreal Novo.

2011 Alcalde: José Ramón Barreal Novo — PPdeG

2015 Alcalde: José Ramón Barreal Novo — PPCandidatos: José Ramón Barreal Novo (PP) e Josefa Sobrino Blanco (PSdeG-PSOE).

Entroido

O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos.

O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Estación de Laza-Cerdedelo

Laza-Cerdedelo é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Cerdedelo, no concello de Laza, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

José Alonso Obregón

José Alonso Obregón, nado en Laza o 13 de febreiro de 1883 e finado no mesmo concello en decembro de 1936, foi un sacerdote, escritor e xornalista galego.

Laza, Laza

San Xoán de Laza é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2009 tiña 591 habitantes (298 homes e 293 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Laza

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Laza

Macizo Central ourensán

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Matamá, Laza

Santa María de Matamá é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2010 tiña 170 habitantes (82 homes e 88 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 191 habitantes.

O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar.

O río Támega ao seu paso por Matamá, era unha das vairas máis salientábeis do val de Laza, onde xeracións enteiras de veciños foron á baña. Foi substituída no ano 2003 por unha escollera. O río crúzao unha ponte con bases románicas.

O Castro de Laza, Laza

San Pedro do Castro de Laza é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 280 habitantes (133 homes e 147 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de habitantes en relación ao ano 2000.

Porro (música)

O porro é un dos variados aires musicais colombianos.

Retorta, Laza

Santa María de Retorta é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 232 habitantes (106 homes e 105 mulleres) 21 menos ca en 2000. Ten dúas entidades de poboación.

Toro, Laza

San Lourenzo de Toro é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 83 habitantes (39 homes e 44 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

Trez, Laza

Santiago de Trez é unha parroquia do concello ourensán de Laza na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 60 habitantes (27 homes e 33 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

Vía da Prata

A Vía da Prata é unha ruta cultural e histórica de orixe incerta que unía Mérida, capital da Lusitania, con Astorga, capital da Gallaecia astur. Actualmente [cando?] promocionouse unha ruta turística que arrinca de Sevilla e chega ata Xixón.

Un gamallo desta ruta constitúe, cara á actual Galicia, unha das rutas do camiño de Santiago, recoñecida oficialmente pero pendente de delimitación. Desde Chaves entra en Galicia cara a Verín. En Monterrei divídese, cun camiño cara a Xinzo de Limia e outro cara a Laza, para se xuntaren despois de novo.

Do seu interese cultural fala a presenza no seu traxecto de cidades Patrimonio da Humanidade, como Salamanca ou Zamora.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.