Laxe das Rodas

A Laxe das Rodas é unha estación de arte rupestre ao pé do Outeiro de Eiroa, preto do lugar de Taxes da parroquia de Louro, en Muros.

Os gravados están feitos nun penedo de granito que sobresae pouco do terreo e constan de nove figuras, que inclúen dúas espirais e sete círculos concéntricos con coviñas grandes ou cazoletas no centro. A figura principal consiste nunha espiral que xira á dereita e outra menor que xira á esquerda; ambas as dúas teñen un suco radial que. Rodéanas 65 coviñas.

Outro grupo consta de tres círculos concéntricos arredor dunha coviña e arrodeados por 40 cazoletas, con seis máis fóra. Desde a coviña central parte unha liña que sae fóra do círculo exterior.

A Laxe das Rodas tense interpretado como almanaque laboral (as dúas espirais principais), mesa de ofrendas para propiciar as boas colleitas, conxunto de signos solares, a morte ou a fecundidade acuática e lunar.

Coordenadas: 42°46′07″N 9°04′41″O / 42.76861, -9.07806

Laxe das Rodas
Laxe das Rodas. Vista xeral.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Laxe das Rodas.
Laxe Das Rodas (Louro, Muros)

Laxe das Rodas.

Laxe Das Rodas, Louro, Muros

Laxe das Rodas.

Laxe das Rodas1

Grupo principal.

Laxe das Rodas2

Círculos concéntricos con suco que parte do centro.

Laxe das Rodas3
Laxe Das Rodas (Louro, Muros) 2

Laxe das Rodas

Laxe Das Rodas (Louro, Muros) 3

Laxe das Rodas

Laxe das Rodas (Louro, Muros, Galiza)

Laxe das Rodas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alonso Romero, Fernando (1981). "El Calendario ritual del Laxe das Rodas (Louro, Muros)". Primera Reunión Gallega de Estudios Clásicos: 32–45.
  • Alonso Romero, Fernando (1983). "Nuevas consideraciones sobre el significado del petroglifo de Laxe das Rodas (Muros, Galicia)". Zephyrus. Revista de prehistoria y arqueología. 36: 79–91. (descarga do texto completo).
  • Barciela Garrido, Pilar; Rey Seara, Eusebio (2000). Xacementos arqueolóxicos de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-484-5.
  • Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigratrea. ISBN 84-95364-40-9.
Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Castro de Fazouro

O Castro de Fazouro é un antigo castro que se atopa no concello de Foz, na provincia de Lugo. É o único que se conserva como museo en toda a costa cantábrica galega[Cómpre referencia].

Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Castro de Troña

O castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.

Castro dos Prados

O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á Cultura castrexa, un castro dos coñecidos como costeiros.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Centro Arqueolóxico do Barbanza

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.

No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.

Cono de violación

Un cono de violación é o buraco que presentan moitas mámoas na súa parte superior. Este buraco é froito do espolio e dunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Dolmen

Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).

Galería de imaxes da Laxe das Rodas

A Laxe das Rodas é unha estación de arte rupestre ao pé do Outeiro de Eiroa, preto do lugar de Taxes da parroquia de Louro, en Muros.

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Louro, Muros

Santiago de Louro é unha parroquia situada ao sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.267 habitantes (641 homes e 626 mulleres), o que supón unha diminución respecto ao ano anterior.

Menhir

Un menhir é un monumento prehistórico, megalítico, que se limita a unha gran pedra ergueita plantada no chan.

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Rodas (homónimos)

O topónimo Rodas pódese referir a:

En GalizaRodas, lugar da parroquia de Xuvencos, no concello de Boborás;

Rodas, lugar da parroquia de Guillarei, no concello de Tui;

Rodas, lugar da parroquia de Samarugo, no concello de Vilalba;

O Campo das Rodas, lugar da parroquia do Obre, no concello de Noia;

Val das Rodas, lugar da parroquia de Verducido, no concello da Lama;Castro das Rodas, castro da parroquia de Cumbraos, no concello de Mesía;

Laxe das Rodas, estación de arte rupestre da parroquia de Louro, no concello de Muros;

Praia de Rodas, praia nas illas Cíes.Fóra de GalizaRodas, illa grega;

Rodas, capital da illa;

Rodas, municipio cubano.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.