Laxe

Laxe é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Segundo o IGE en 2018 tiña 3.084 habitantes (3.148 en 2016, 3.313 no 2012, 3.366 no 2011, 3.417 no 2010) dos que 1.543 eran homes e 1.541 eran mulleres.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é laxense.

Coordenadas: 43°13′11″N 9°0′18″O / 43.21972, -9.00500

Laxe
Escudo de Laxe
Panoramica de laxe
Vista xeral de Laxe
Situacion Laxe
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Bergantiños
Poboación3.084 hab. (2018)
Área36,9 km²
Densidade83,58 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloLaxe
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Manuel Mouzo Castiñeira (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Laxe
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes84,35%
Na rede
www.concellodelaxe.com
info@concellodelaxe.com

Xeografía

Situación

Laxe está situado no noroeste da provincia da Coruña, no corazón da costa da Morte, e no extremo sur da ría que leva o seu nome. Limita ao norte coa ría de Corme e Laxe, ao sur con Vimianzo, ao leste con Cabana de Bergantiños e Zas e ao oeste co océano Atlántico.

Demografía

Censo total 2014 3.207 habitantes
Menores de 15 anos 314 (9.79 %)
Entre 15 e 64 anos 2.029 (63.27 %)
Maiores de 65 anos 864 (26.94 %)

Evolución da poboación dende 1900:

Evolución da poboación de Laxe   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.245 3.228 3.884 3.654 3.558 3.413 3.366 3.313 3.267 3.207 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

A historia de Laxe remóntase a tempos prehistóricos, como o demostran os restos aparecidos no castro de Torre da Moa ou o castro de Castrelo. Ata aquí tamén chegaba a vía Per Loca Marítima construída polos romanos para acceder a todo este territorio. Estas terras foron gobernadas na Idade Media polos poderosos condes de Traba, entre os que destaca Pedro Foilaz de Traba. Este nobre, que se autodenominou Conde de Galicia, formou na súa xuventude ao rei Afonso V.

Posteriormente a zona de Laxe pasou a mans da familia Moscoso-Altamira. Outras familias ilustres como os Montero-Núñez tamén exerceron o seu poder en Laxe. A finais do século XII, residen en Soesto o rei Afonso IX e a súa esposa Dona Berenguela, reis de Galicia e León.

No século XIV constrúese a igrexa de Santa María da Atalaia, que tería a misión auxiliar de servir de defensa ante posibles ataques á poboación. Malia iso, no século XVIII a vila foi arrasada polos piratas ingleses.

O 19 de decembro de 1830 afóndese na baía o buque inglés "Adelaide". Procedente de Bristol con rumbo ás Antillas trasportando armas e ouro, o temporal que azoutaba esa noite a costa leva ao capitán Guillermo Dovel a buscar refuxio na ría. Soamente el e un mariño puideron chegar á praia. Ao día seguinte, foron aparecendo os corpos sen vida do resto da tripulación, entre a que se atopaba a muller e o fillo do capitán, que foron enterrados moi preto da igrexa de Santa María. Durante anos, o capitán Dovel volvía a Laxe para visitar a tumba, que na actualidade se atopa nun terreo privado.

Outros ilustres habitantes da vila foron o xeólogo Isidro Parga Pondal (1900 - 1986), que fundou en Laxe un interesante Laboratorio Xeolóxico, unha das institucións xeográficas máis importantes do mundo, e Antón Zapata García, importante poeta que emigrou a Buenos Aires a principios do século XX.

Cultura

Toponimia

A orixe do topónimo está na verba laxe, procedente da forma altomedieval lagena, de probable orixe celta.[4]

Laxe na cultura popular

Xuntaronse catro un día
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.
Vai o gato metido nun saco
vai o gato pra terra de Laxe,
vai o gato metido nun saco
Hai gatiño! xa non volve máis!.
Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da castañeira.
Vai o gato metido nun saco
vai o gato pra terra de Laxe,
vai o gato metido nun saco
Hai gatiño! xa non volve máis!.[5]

Economía

É unha vila señorial e histórica que sempre tivo un grande arraigo turístico, debido principalmente á súa praia urbana, converténdose no verán nunha vila alegre e de grande encanto.

As fontes de riqueza da poboación do municipio son a agricultura e a pesca. Laxe é unha vila de gran tradición pesqueira, experimentando un grande auxe a mediados do século XX cunha ampla frota de baixura. Na súa lonxa podemos atopar toda clase de peixes e mariscos do día. Nos últimos anos, houbo un claro aumento do turismo.

Infraestruturas portuarias

As principais actividades que se levan a cabo no peirao de Laxe están relacionadas coa pesca de baixura (motor principal da economía laxense). Así pois, o porto laxense é o único da Costa da Morte que está aumentando tanto o número de capturas como de embarcacións e de traballadores. Outras actividades que se levan a cabo neste porto son: a descarga de atún e madeira así como tamén de ferro para construción.

Patrimonio

Patrimonio artístico

Arqueolóxico
Civil
  • Pazo de Soesto ou de Leis, pazo do século XVI en Soesto.
  • Pazo do Aprazaduiro, pazo do século XVI, no lugar do Aprazaduiro, en Nande. Consérvanse só restos e paredes e a capela cos escudos.
  • Casa de Carrabete ou do Herdeiro en Serantes.
  • Faro de Laxe, de 11 metros de altura, atópase na punta Ínsua do cabo Laxe.
  • Casa do Arco, casa gótica do século XV na vila de Laxe.
  • Casa do Piñeiro, desaparecida, o seu escudo fica noutra casa da aldea do Piñeiro.
  • Torres de Xallóns, desaparecidas, en Sarces. Só se conserva o escudo, que fica en Laxe, na casa de Isidro Parga Pondal.
  • Casa do Pombal en Boaño, Traba.
  • Casa de Tras do Río, en Traba.
  • Casa da Cabanela, en Traba.
  • Torres de Mórdomo, desaparecidas, en Mórdomo, Traba.
Relixioso
  • Igrexa de Santa María da Atalaia, século XV.
  • Igrexa de Santiago de Traba, románica.
  • Igrexa de Santa María de Serantes, século XV con partes do século XII.
  • Ermida de Santa Rosa de Lima, século XII.

Patrimonio natural

  • Penedos de Traba en Traba., formacións rochosas ás que a erosión deu formas caprichosas.
Praia de Laxe

Ó pé das casas a gran praia de Laxe, resgardada dentro da ría, caracterízase polas súas augas repousadas e limpas, e por ter unha area fina e moi branca.

Esténdese ó longo de case dous quilómetros. Por estar no mesmo centro da Vila de Laxe, conta con servizos propios dunha praia urbana: aparcadoiro para os coches, varias duchas ó longo do areal, autobuses, vixilancia, pasarelas, ramplas de acceso para os minusválidos, paseo marítimo, limpeza diaria, cruz vermella, sinalización do estado do mar, establecementos de hostalería e restauración moi próximos á praia etc.

Praia de Soesto

A praia de Soesto é unha praia de reducidas dimensións -850 metros de extensión-, e caracterízase por ser un areal retirado, tranquilo, de area fina e de augas ás veces mansas e moitas outras feras que rachan coa dureza da costa rochosa do mar aberto. Praia ideal para a práctica do surf e por iso o último fin de semana de agosto ten lugar nas súas augas a celebración de probas deportivas pertencentes ó campionato de España.

Praia de Traba

A praia de Traba é a praia máis grande, agreste, e con máis valor medioambiental de tódalas que hai en Laxe. Ten case tres quilómetros de lonxitude e está rodeada por un inmenso areal, con dunas, marismas e unha lagoa costeira cargada de lendas. O grande interese medioambiental da lagoa e da praia de Traba foi recoñecido ó ser declarada espazo natural co nome de Espazo natural da Lagoa e Dunas de Traba.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Laxe.
Casa do concello.
Casa do concello. 
Panorámica de Laxe.
Panorámica de Laxe. 
Laxe, Costa da Morte
 
Faro de Laxe.
Faro de Laxe. 
Praia de Traba
Praia de Traba 

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponímia de Galicia. Galaxia, Vigo, px. 338. ISBN 978-84-9865-092-1.
  5. 128 letras de cancións galegas

Véxase tamén

Outros artigos

A Laxe, Chantada

San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello de Chantada. Ten unha superficie de 13,1 km². Pertencente o arciprestado de Navego. Tiña 176 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 90 homes e 86 mulleres. O que supón unha diminución de 90 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 266 habitantes.

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Corvite, Abadín

San Pedro de Corvite é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 87 habitantes en 2015 (43 homes e 44 mulleres) segundo datos do IGE, cunha densidade de 10,67 hab/km². Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 89 habitantes (44 homes e 45 mulleres), e dez habitantes menos que en 2004.

As entidades son A Cabeceira (16), Os Carracedos (13), Casás (13), Chouselas (1), O Espiño do Cal (19), A Fumeira (2) e A Laxe (23). Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: Cizán, Outarelo, Redemuiños, Relota e A Torre.

Ten unha superficie de 8,15 km². Limita coas parroquias de Moncelos, Baroncelle, Goás, Cabaneiro e Vilarente xunto co concello da Pastoriza. Pertence ao arciprestado de Baroncelle.

Na súa orografía destacan os montes de Sabugueiras (682 m) e Argán (585 m).

Dolmen

Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).

Fernando González Laxe

Fernando González Laxe, nado na Coruña o 6 de setembro de 1952, é un político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito, entre o 28 de setembro de 1987 e o 2 de febreiro de 1990.

Fornelos de Montes

Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Isidro Parga Pondal

Isidro Parga Pondal, nado en Laxe o 17 de decembro de 1900 e falecido na Coruña o 4 de maio de 1986, foi un químico galego especializado en xeoloxía. Destacou polos seus estudos en diversos eidos, que foron desde os da xeoquímica de rochas e minerais raros galegos, os areais galegos, o neovolcanismo da península Ibérica e o cartografado xeolóxico.

Laxe das Rodas

A Laxe das Rodas é unha estación de arte rupestre ao pé do Outeiro de Eiroa, preto do lugar de Taxes da parroquia de Louro, en Muros.

Os gravados están feitos nun penedo de granito que sobresae pouco do terreo e constan de nove figuras, que inclúen dúas espirais e sete círculos concéntricos con coviñas grandes ou cazoletas no centro. A figura principal consiste nunha espiral que xira á dereita e outra menor que xira á esquerda; ambas as dúas teñen un suco radial que. Rodéanas 65 coviñas.

Outro grupo consta de tres círculos concéntricos arredor dunha coviña e arrodeados por 40 cazoletas, con seis máis fóra. Desde a coviña central parte unha liña que sae fóra do círculo exterior.

A Laxe das Rodas tense interpretado como almanaque laboral (as dúas espirais principais), mesa de ofrendas para propiciar as boas colleitas, conxunto de signos solares, a morte ou a fecundidade acuática e lunar.

Monte Galiñeiro

O monte Galiñeiro sitúase entre os concellos pontevedreses de Vigo e Gondomar, con cumio na parroquia gondomareña de Vincios a unha altura de 711 metros. Intégrase na serra do Galiñeiro, da cal tamén forma parte o parque natural do Monte Aloia.

O segundo domingo de xullo acolle o curro do Galiñeiro ou de Vincios, no lugar de Auga da Laxe.

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un parque dedicado a arte rupestre ao ar libre, situado no concello de Campo Lameiro e pertencente á Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Abrangue 22 hectáreas con numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, sendo varios deles Ben de Interese Cultural.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Soesto, Laxe

Santo Estevo de Soesto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Laxe na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 227 habitantes (110 homes e 117 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha dimunición en relación ao ano 1999 cando tiña 303 habitantes.

Traba, Laxe

Santiago de Traba é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Laxe na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (253 homes e 229 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.

Viascón, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Viascón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 455 habitantes (230 homes e 225 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, 51 máis ca en 2006.

Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa é un concello, e unha cidade, da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.

Vilasantar

Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.