Laxa

Unha laxa é unha pena de grandes dimensións, ou unha pedra alisada; O topónimo galego Laxa pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

A Laxa, A Arnoia, A Arnoia

A Laxa é un lugar da parroquia da Arnoia no concello ourensán da Arnoia na comarca do Ribeiro. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 90 habitantes (42 homes e 48 mulleres), dous máis ca en 2010, cando tiña 88 habitantes (40 homes e 48 mulleres).

A Laxa, Caroi, Cerdedo-Cotobade

A Laxa é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2007 tiña 7 habitantes (tres homes e catro mulleres), tres menos ca en 2006.

Neste lugar está o cruceiro da Laxe. O seu topónimo posiblemente débase á existencia dunha laxa ou laxe, pedra alongada de grandes dimensións.

A Laxa, Cartelos, Carballedo

A Laxa é un lugar da parroquia de Cartelos, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2018 o lugar tiña dez habitantes (cinco homes e cinco mulleres), mentres que en 2017 estaban censados seis homes e catro mulleres.

A Laxa, San Fiz de Asma, Chantada

A Laxa é un lugar na parroquia de San Fiz de Asma, do concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo.

A Laxa, Temes, Carballedo

A Laxa é un lugar da parroquia de Temes, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 5 habitantes, 3 mulleres e 2 homes.

A Laxa de Abaixo, San Fiz de Asma, Chantada

A Laxa de Abaixo é un lugar na parroquia de San Fiz de Asma, do concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 5 habitantes segundo datos do INE e do IGE. deles 3 eran homes e 2 eran mulleres.

A Laxa de Arriba, San Fiz de Asma, Chantada

A Laxa de Arriba é un lugar na parroquia de San Fiz de Asma, do concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 8 habitantes segundo datos do INE e do IGE. deles 5 eran homes e 3 eran mulleres.

A Pena, San Fiz de Asma, Chantada

A Pena é un lugar na parroquia de San Fiz de Asma, do concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo.

Caroi, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Caroi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.

Cartelos, Carballedo

Santo Estevo de Cartelos é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. En 2018, segundo o INE, tiña 60 habitantes (30 homes e 3 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación; en 2017, 66. Segundo o IGE en 2011 tiña 65 e en 1999 91.

Fontefiz, San Fiz de Asma, Chantada

Fontefiz é un lugar na parroquia de San Fiz de Asma, do concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo.

Lugares de Carballedo

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Carballedo

O Castro, San Fiz de Asma, Chantada

O Castro é un lugar na parroquia de San Fiz de Asma, do concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo.

O Monte da Laxa, Olveira, Ribeira

O Monte da Laxa é un lugar da parroquia de Olveira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

Olveira, Ribeira

Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Ribeira. Segundo IGE no 2008 tiña 1.228 habitantes (624 mulleres e 604 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación dos que nove están habitados. Isto supón un aumento en relación ao ano anterior cando tiña 1.218 habitantes.

Pobo tártaro

Os tártaros (en tártaro Татарлар Tatarlar) é un nome colectivo que se aplica aos pobos turcos da Europa Oriental e Siberia. O nome deriva de Ta-ta ou Dada, unha tribo de orixe mongola que habitaban no noroeste da actual Mongolia no século V.

Utilizose por primeira vez para describir aos pobos que dominaron partes de Asia e Europa baixo o liderado mongol no século XIII. Estendeuse o uso despois para incluír a case calquera invasor nómade de orixe asiática, tanto de Mongolia como do occidente de Asia.

Antes da década de 1920, os rusos utilizaban a palabra Tatar para designar a numerosos pobos, desde os turcos azeríes ás tribos de Siberia. Na actualidade, a maior parte dos tártaros viven no centro e o sur de Rusia (a maioría en Tatarstán).

A finais do século XX supoñían máis de 10 millóns de individuos. Unha boa parte dos tártaros son musulmáns sunníes pero tamén hai tártaros cristiáns ortodoxos.

O dominio ruso supuxo —en boa parte— a súa asimilación e rusificación.

Un paso importante para restablecer o réxime estatal do polo tártaro foi a proclamación da autonomía en 1920. O 30 de agosto de 1990 foi aprobada a Declaración da soberanía estatal da República de Tatarstán.

O nome de tártaros, dado aos invasores, estendeuse posteriormente para ser aplicado a outros membros da mesma póla turca en Rusia, incluso até o punto de que a maioría dos habitantes da meseta de Asia quedou definida baixo o nome xenérico de Tartaria. Este nome case desapareceu da literatura xeográfica, pero permanece o nome de tártaros no sentido limitado ao que se aludiu máis arriba.

Os actuais habitantes tártaros de Eurasia forman tres grandes grupos:

Os Tártaros de Crimea, en Crimea, Ucraína, Bulgaria, Rusia, Lituania, Polonia, Romanía Turquía e Norteamérica.

Os Tártaros do Cáucaso.

Os Tártaros de Siberia.Debido á magnitude das migracións e mesturas entre diferentes pobos e á laxa utilización do adxectivo "tártaro", na actualidader cóntanse como tártaros xentes que van desde o aspecto mongoloide nun extremo até o caucasoide no outro.

Portas, San Fiz de Asma, Chantada

Portas é un lugar na parroquia de San Fiz de Asma, do concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo.

San Fiz de Asma, Chantada

San Fiz de Asma é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 209 habitantes distribuídos en 5,03 km², segundo datos do INE e do IGE, deles 98 eran homes e 111 eran mulleres. Iso supón unha diminución con respecto o ano 2007 que tiña 235 habitantes, deles 111 eran homes e 124 eran mulleres.

Tupan Patera

Tupan Patera é un patera ou cráter volcánico da superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado no hemisferio oculto de Ío, nas coordenadas 18,73° N 141,13° O. Tupan é un cráter volcánico ou máis coñecido coma patera, un tipo de cráter volcánico semellante a unha caldeira, con 79 de diámetro medio e cunha profundidade duns 900 m. O volcán foi visto por primeira vez en imaxes de baixa resolución polas sondas Voyager no ano 1979, pero non foi detectada actividade volcánica ata a chegada da sonda Galileo. Despois desta primeira detección, virían máis observacións e deteccións máis precisas por parte da propia Galileo, este volcán recibiría oficialmente o nome de Tupan Patera no ano 1997 por parte da Unión Astronómica Internacional, na mitoloxía Tupí-Guaraní, Tupan era o deus do trono.As observación adicionais da sonda Galileo co seu espectrómetro de mapeo no infravermello (NIMS) entre os anos 1996 e 2001 revelaron que Tupan é un volcán decote activo, visible na meirande parte da observación feitas con NIMS do hemisferio oculto de Io. A Galileo tomou imaxes en cor de alta resolución e tamén no espectro próximo ó infravermello de Tupan Patera durante o seu encontro do 16 de outubro do 2001. Estes datos revelaron lava de silicatos escura e morna, tanto no leste coma no oeste do chan do patera, con illas de material brillante e frío no centro. Tamén foi observado material de cor tirando a vermella ó longo das marxes da illa brillante, así coma en brillantes planicies ó sueste do volcán. Isto é indicativo dunha pequena cadea do sulfuro emitido a través dos respiradoiros do chan do patera pola recente actividade volcánica. A illa é máis ben unha enorme laxa, a cal esta perfilada con material escuro varado. Esta liña de material escuro pode se-lo resultado da lava que rechea o chan do patera, cando esta perde o gas ó ir arrefriando ou cando a lava volve a afundirse na cámara de magma. Alternativamente, a liña de material varado pode ser creada pola acción volcánica limitada ó longo dos bordes do patera. A mestura de materiais escuros e materiais laranxas-vermellos na parte occidental do volcán pode ser debido ó resultado da fusión do sulfuro procedente da illa central e da parede do patera, que cubrirían o material escuro desta área. Esta teoría está apoiada nas temperaturas máis frías detectadas na parte occidental de Tupan, suficientemente frías para soporta-la fusión e solidificación do sulfuro, comparativamente coa moito máis escura parte oriental. A morfoloxía de Tupan Patera podería ser concordante co que acontece cunha laxa que se está a exhumar a si mesma.Despois do último sobrevoo da sonda Galileo sobre Ío en xaneiro do ano 2002, Tupan permaneceu activo, isto foi detectado nas emisións termais do volcán vistas a través do telescopio terrestre Keck e pola sonda New Horizons. Un grande erupción en Tupan foi detectada por astrónomos usando o telescopio de 10 mts. con óptica adaptativa do observatorio Keck o 8 de marzo do 2003. A parte destas erupción, deuse máis actividade en Tupan durante a misión Galileo e que persistiría con posterioridade, tendo variacións episódicas na intensidade dentro do chan do patera, de xeito semellante, aínda que con niveis de enerxía máis baixo, a Loki Patera.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.