Lavabo

Un lavabo[1] ou pía é un recipiente sobre o que se verque a auga para o aseo persoal. Fabricados tradicionalmente en porcelana, hoxe atópanse das máis diversas formas e materiais, tales como metal, gres ou vidro. Os lavabos actuais levan unha ou dúas billas que conectadas á fontanaría do edificio subministran auga fría e quente (actualmente a lei obriga en todo o estado español á instalación de billas cun só cano para saída de auga fría e quente). Na súa parte inferior teñen unha válvula de desaugadoiro, conectada ao saneamento, pola que se evacúa a auga usada.

Na actualidade, os lavabos fabrícanse en grande variedade de materiais entre os que se atopan a cerámica, o cristal, a resina, o metal, pedra pulida ou madeira con tratamentos hidrófugos.

Lavamans 1-2
Lavamáns nunha industria alimentaria.

Nos establecementos de alimentación, a lexislación sanitaria esixe que os lavamáns utilizados polos manipuladores de alimentos sexan de accionamento non manual (de pedal, cóbado, células fotoeléctricas etc.) para evitar que, unha vez lavadas as mans, os manipuladores teñan que acciona-lo mando coas mans limpas. Ademais, deben dispor de auga fría e quente, xabón líquido e sistema de secado hixiénico de mans (papel).

Umywalka Nova Top Kolo
Lavabo

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lavabo.

Véxase tamén

Outros artigos

Aspiradora

Unha aspiradora é un dispositivo que utiliza unha bomba de aire para aspirar o po e outras partículas pequenas de sucidade, xeralmente do chan. A maioría de fogares con chan lousado teñen un modelo doméstico para a limpeza. O po recóllese mediante o sistema de filtrado un “ciclón” para unha posterior disposición.

Augas grises

As augas grises ou augas usadas son as augas xeradas polos procesos dun fogar, tales como o lavado de trebellos de limpeza e de roupa así como o aseo das persoas.

Campos de fresas

Campos de fresas é unha novela de literatura infantil e xuvenil do autor catalán Jordi Sierra i Fabra, publicada en 1997.

Candelaria Pérez (inventora)

Candelaria Pérez foi unha inventora española.

Casa

Unha casa (do latín casa) é unha construción destinada a vivenda, construída a fin de ser habitada polo seres humanos, polo xeral por unha unidade familiar e/ou por un grupo de persoas vencelladas por vínculos de convivencia. A casa, formada polo teito e as paredes que pechan un recinto, serve para refuxiarse da choiva, o vento, o frío e a calor ou outras inclemencias meteorolóxicas así como de posibles intrusos humanos ou animais. Unha vivenda unifamiliar, que pode ser illada ou apegada a outras casas similares compartindo as paredes medianeiras ou formando fileiras máis ou menos longas nas rúas da maior parte das cidades e pobos. Pode organizarse nunha ou varias plantas: normalmente non superando as tres alturas. Pode tamén dispoñer dun rocho ou un semirocho, e dunha cuberta superior transitable, denominada azotea. Se dispón de terreo suficiente, pode contar tamén con patio e xardín. Algunhas poden ter terraza.

É o lugar no que historicamente se desenvolveron as actividades e relacións específicas da vida social ou familiar, desde o nacemento á morte de moitos dos seus compoñentes. Ademais é o lugar onde almacenar os aparellos e propiedades dos seus habitantes.

O paradigma máis estendido da casa urbana actual, corresponde á tipoloxía de casas apegadas que proliferan nas novas promocións inmobiliarias. Componse de dous ambientes: o de día, coa sala de estar como espazo ou habitación principal a cal, habitualmente fai as funcións de comedor constituíndo unha peza polifuncional chamada comedor-estar, onde se reúnen e fan varias actividades os diferentes membros da familia. O ámbito nocturno, ou de descanso fórmano as diferentes habitacións, a principal é a dos xefes de familia e as outras son as dos fillos, que poden compartir con outros inquilinos da casa como algún avó ou outros parentes ou amigos. Este paradigma ideal que forma a casa urbana de entre 70 a 100 metros cadrados de superficie co comedor-estar, cociña e dúas, tres ou ata catro dormitorios, un baño e outro baño pequeno (chamado lavabo ou aseo) etc., nunha casa apegada ou, con maior frecuencia, nun piso dentro dun edificio plurifamiliar atopámolo na base do urbanismo actual, como un índice estatístico fundamental para a planificación do crecemento urbano.

A casa ou a vivenda familiar é o principal produto e, xa que logo, a base da industria da construción e de todo o sector económico derivado que vai desde as fábricas de materiais de construción ata as axencias inmobiliarias ou as tendas de utensilios.

Pero por encima de todo, a casa é o lugar da vida familiar, consecuentemente, na súa organización espacial e no seu deseño reflicte as formas de vida e de organización social. A casa aglutina o conxunto de significado e significantes máis amplo da vida privada. É neste sentido que moitos autores (ver bibliografía) ven a casa como o resultado histórico dun proceso cultural, o reflexo dunha sociedade determinada, por exemplo, a Uma que ilustra este artigo, é a casa comunal tradicional do pobo mentawai de Indonesia e reflicte un esquema organizativo local propio dunha cultura moi diferente da nosa, a casa xaponesa, o Yurt dos pobos siberianos, o Tippi dos indios das pradeiras dos Estados Unidos etc., reflicten as correspondentes culturas, con matices e diferenzas ata a nivel rexional.

Tamén se denomina casa a algúns edificios destinados a servizos comunitarios, como a Casa consistorial, a casa de beneficencia, a casa de empeños, a casa de maternidade, a casa de socorro; a sedes institucionais principais, como a Casa Branca ou a Casa Rosada, ou ata ás de mala reputación, como as casas de camas, casas de citas etc.

En contraposición á casa, adóitase denominar piso (apartamento ou departamento) á vivenda unifamiliar que forma parte dunha edificación maior, normalmente de varias alturas.

Casa Alegre de Sagrera

A casa Alegre de Sagrera é un edificio-museo da rúa da Font Vella, núm. 29, de Terrasa. En orixe, foi a casa natal de Joaquim de Sagrera, fabricante téxtil de finais do século XVIII e comezos do XIX que tivo un papel destacado na Guerra da Independencia española. Malia que data de comezos do século pasado, a súa aparencia actual é o resultado da reforma modernista levada a termo por Melcior Viñals, arquitecto municipal, a comezos do século XX, en tempos dos sucesores do propietario orixinario, Francesc Alegre i Roig e Mercè de Sagrera, xa que quedara moi prexudicada por mor da invasión das tropas napoleónicas. A casa, actualmente unha das seccións do Museo de Terrasa, é un modelo de vivenda da burguesía industrial da época.

Despois de que a mediados do século XX, grazas a unha campaña impulsada pola prensa local e a Xunta Municipal de Museos, se impedise unha reforma drástica do edificio que o modificaría totalmente, a casa Alegre de Sagrera foi adquirida polo Concello en 1973 co apoio da Caixa de Aforros de Terrasa.

Cortacéspede

Un cortacéspede, segadora, ou cortadora de céspede, é unha máquina, manual ou motorizada, utilizada para recortar o céspede dos xardíns, campos deportivos etc., de forma que se obteña unha alfombra de herba de altura uniforme.

Cuarto de baño

Un cuarto de baño (chamado tamén sanitario ou simplemente baño) é unha habitación xeralmente utilizada para o aseo persoal, o baño e a evacuación de refugallos humanos.

Drenaxe

A drenaxe é o conxunto de operacións (instalacións de tubaxes, abertura de gabias e canles, bombeo, etc.) realizadas para remover a auga dunha superficie ou do subsolo.

En xeoloxía, é calquera medio polo que a auga contida nunha zona flúe a través da superficie ou de infiltracións no terreo. Drenaxe, cloacas ou rede de saneamento, en enxeñaría e urbanismo, é o sistema de canalizacións, sumidoiros ou trampas, coas súas conexións, que permite o desaloxo de líquidos, xeralmente pluviais, dunha poboación.

Hogwarts

A Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería ou simplemente Hogwarts é un internado ficticio de maxia para meigos e meigas de entre once e dezasete anos no Reino Unido e Irlanda. Trátase do escenario principal dos primeiros seis libros da serie Harry Potter escrita por J. K. Rowling; as novelas duran o equivalente a un ano escolar. En Harry Potter e as reliquias da morte, porén, a meirande parte do libro sitúase fóra de Hogwarts, xa que os protagonistas, Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger, non asisten ao seu último ano na escola. No clímax deste último libro, a batalla final prodúcese en Hogwarts.

Rowling indicou que tomou o nome do colexio da planta Croton capitatus (chamada "hogwort", en inglés), que vira no Xardín Botánico Real de Kew algún tempo antes de escribir a serie Harry Potter, aínda que os nomes "The Hogwarts" e "Hoggwart" xa aparecen no libro How To Be Topp escrito por Geoffrey Willans.

Iberia Líneas Aéreas de España

Iberia é unha aeroliña española (o seu nome oficial é Iberia Líneas Aéreas de España, S.A., Operadora Unipersonal.). É unha das compañías aéreas máis antigas do mundo e está entre as cinco compañías aéreas máis grandes de Europa.

Lavadoiro

Un lavadoiro é un lugar destinado ao lavado da roupa.

Antigamente, o lavadoiro era o lugar dentro ou fóra do fogar no que se lavaba a roupa a man sobre unha táboa ou pedra lisa que tamén recibía este nome, moitas veces no mesmo río ou regueiro.

Cos anos, e especialmente en Galicia, os lavadoiros que adoitaban ser públicos, de uso colectivo, convertéronse nunha construción popular preto das fontes á que as veciñas do lugar acodías a lavar a roupa nun acto social e colectivo. Estes lavadoiros públicos consistían nunha canle que traían a auga a un ou varios depósitos de granito ou formigón. Ós lados destes depósitos había lousas inclinadas para permitir o lavado á man. A miúdo contan cunha cuberta sostida por catro ou seis piares de pedra ou obra a xeito de alpendre. As cubertas adoitan ser a catro augas con dúas tesoiras de madeira.

O número de lavadoiros medrou nas aldeas especialmente no século XX, antes da chegada da lavadora individual.

Unha veciña do Grove, usuaria durante toda a súa vida dun destes lavadoiros tradicionais, relatou o labor de lavar a roupa á man, que foi resumido así:

Nun fogar moderno, un lavadoiro está equipado cunha lavadora e unha secadora automáticas, e, a miúdo un lavabo grande para lavar a man os artigos delicados, así como unha táboa de pasar o ferro. Moitas veces o lavadoiro áchase no soto das vivendas, mais en moitas casas modernas pódese atopar no piso terreo preto da cociña ou no primeiro andar preto dos cuartos.

Margaret Thatcher

Margaret Thatcher, Baronesa Thatcher (de solteira Margaret Hilda Roberts), nada en Grantham o 13 de outubro de 1925 e finada o 8 de abril de 2013, foi unha política británica que chegou a ser Primeira Ministra do Reino Unido entre 1979 e 1990.

Thatcher foi a Primeira Ministra británica cun mandato máis longo desde William Gladstone, e ten o período continuo máis longo no ministerio desde Lord Liverpool a principios do século XIX. Tamén é a única muller que serviu como Primeira Ministra, unha das dúas únicas en liderar un partido político importante no Reino Unido ou ter unha das catro Great Offices of State (postos principais dun goberno). Margaret Thatcher foi unha das políticas británicas máis significativas na historia política recente do Reino Unido e globalmente. Tamén foi unha das políticas que máis divisións creou, sendo eloxiada e detestada entre as diferentes partes do espectro político.

Museo Etnográfico e Histórico de San Paio de Narla

O Museo Etnográfico e Histórico de San Paio de Narla, situado na fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, é un museo que constitúe a sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo.

A fortaleza foi adquirida pola Deputación Provincial de Lugo en 1939 e permaneceu varias décadas sen uso. En 1983, o arqueólogo Felipe Arias Vilas montou esta sección de etnografía. Máis tarde ampliouse cunha sección histórica da comarca e completouse o seu acondicionamento. É un museo etnográfico porque se mostran os labores populares e histórico porque se conservan pertenzas da familia que habitou a fortaleza.

Pía

Unha pía é un recipiente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, de diversas formas e tamaños segundo o uso que se lle dá. Se é moi grande e de pedra adoita chamarse pío.

Retrete

Denomínase retrete, inodoro ou váter o elemento sanitario empregado para recoller e evacuar os excrementos humanos a fin de dirixilos cara a unha instalación de saneamento (mediante un peche de sifón de auga limpa); así mesmo impide a saída dos cheiros da cloaca cara aos espazos habilitados para a micción e defecación. Xeralmente os inodoros fabrícanse de porcelana, aínda que tamén poden atoparse de louza ou de aceiro inoxidábel. Por outra banda, o termo retrete, por extensión, tamén pode facer referencia xa non só ao elemento sanitario en si mesmo, senón ao cuarto enteiro onde están dispostas as instalacións sanitarias e que polo tanto é o recuncho destinado á evacuación das necesidades.

STS-124

STS-124 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 31 de maio de 2008 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Secadora

A secadora é un electrodoméstico que se utiliza para secar roupa despois do seu lavado. O seu funcionamento básico consiste na introdución forzada de aire quente no interior dun tambor xiratorio de capacidade variable, dentro do cal vai dando voltas lentamente a roupa húmida. Este tambor pode ser inoxidable, cincado, esmaltado, etc. Nalgúns casos as toberas de entrada do aire quente viran á vez que o tambor e noutros son fixas e só vira a roupa.

Todas as secadoras incorporan algún tipo de filtro onde se recollen as pelusas da roupa, así como algún sistema de aviso óptico ou acústico da saturación de devandito filtro.

Serratia marcescens

Serratia marcescens é unha especie de bacterias gramnegativa, con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae, que é patóxena para os humanos e está implicada en infeccións nosocomiais (en hospitais), especialmente bacteremias asociadas ao uso de catéteres, infeccións do tracto urinario e infeccións de feridas. Atópase normalmente nos tractos respiratorio e urinario de adultos hospitalizados e no tracto gastrointestinal de nenos.

Debido á súa presenza ubicua no medio ambiente, e a súa preferencia polos ambientes húmidos, S. marcescens é común nos cuartos de baño (especialmente nas unións entre os azulexos, esquinas das duchas, liñas de pingas de auga do inodoro e lavabo), onde se manifesta como unha coloración rosa e película viscosa na que se alimenta de materiais que conteñen fósforo e substancias graxas dos residuos de xabón e champú.

Unha vez establecida, a completa erradicación do organismo é a miúdo difícil, pero pode conseguirse coa aplicación de lixivia. Escorrer e secar as superficies despois de usalas pode tamén previr o establecemento da bacteria ao eliminar as súas fontes de alimentación e facer o seu ambiente menos hospitalario.

S. marcescens pode atoparse tamén en ambientes como o lixo, ou en sitios supostamente "estériles", e na biopelícula subxinxival dos dentes. Debido a isto, e ao feito de que S. marcescens produce un pigmento tripirrólico de cor vermella-laranxa chamado prodixiosina, pode causar manchas nos dentes. A vía bioquímica pola que se produce a prodixiosina non se coñece excepto as súas fases finais. Nestas fases, un monopirrol (MAD) e un bipirrol (MBC) sofren unha reacción de condensación encimática para finalmente formar a prodixiosina. A produción de prodixiosina está regulada por un produto do xene hexS. A produción de prodixiosina está regulada por cambios no medio de crecemento e cambios de temperatura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.