Latour-de-Carol

Latour-de-Carol (en catalán: La Tor de Querol) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Prades e ao cantón de Saillagouse e contaba con 401 habitantes en 2007.

Situada na Alta Cerdaña, no antigo territorio do Rosellón, é atravesada polo río Carol, afluente do Segre. Linda con España, concretamente co concello de Guils de Cerdanya, na provincia de Xirona.

Coordenadas: 42°27′57″N 1°53′23″L / 42.46583, -1.88972

Latour-de-Carol
Escut de la Tor de Querol
Información
País Francia Francia
Rexión Flag of Languedoc-Roussillon.svg Languedoc-Rosellón
Departamento Pireneos Orientais
Superficie 12,63 km²
Poboación 401 hab. (2007)
Densidade 31,75 hab./km²
Alcalde Albert Truno
Latour-de-Carol station - 2004-02-02
Estación internacional de Latour-de-Carol

Demografía

Evolución demográfica
1962 1968 1975 1982 1990 1999
359 359 381 390 364 367

Transporte

É un paso e vía de comunicación importante, coa súa estación ferroviaria internacional Latour-de-Carol-Enveitg situada na confluencia de tres liñas ferroviarias:

  • cara ao noroeste, polo val do río Ariège cara a Tolosa e París. Ancho internacional (1435 mm), tensión eléctrica de 1,5 kV e alimentación por catenaria.
  • cara ao leste, a liña da Cerdaña (o Tren Amarelo). Ancho métrico (1000 mm), tensión eléctrica de 850 V e alimentación por terceiro carril.
  • cara ao sur, cara a Puigcerdà e Barcelona. Ancho ibérico (1668 mm), tensión eléctrica de 3 kV e alimentación por catenaria.

Estas circunstancias fan da estación de Latour-de-Carol-Enveigt un caso único en Europa.

Lugares de interese

Quais enveigt
O tren Amarelo.
  • A estación de ferrocarril internacional que conecta España con Francia, coa particularidade de ter tres anchos de vía (internacional, vía estreita e ancho español) e tamén tres tipos diferentes de alimentación eléctrica (750 V DC por 3e raíl, 1,5 kV DC, e 3 kV DC).
  • Vestixios e torre medieval do antigo castelo case derrubado totalmente. A torre dá nome á comuna; torre en francés é tour.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Banyuls-sur-Mer

Banyuls-sur-Mer (en francés; en catalán: Banyuls de la Marenda) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Côte Vermeille e contaba con 4.644 habitantes en 2007.

Limita cos municipios de Cerbère, Port-Vendres, Argelès-sur-Mer e Collioure e cos municipios españois de Colera, Rabós e Espolla no Alt Empordà. O seu termo vai desde os cero metros ao nivel do Mediterráneo ata os 965 m da Albera.

A historia de Banyuls-sur-Mer non se pode escribir sen mencionar a Cerbère, as dúas comunas, hoxe separadas, tiveron un pasado único, cuxa división levouse a cabo coa firma do Tratado dos Pireneos o 7 de novembro de 1659.

Campo de internamento de Vernet d'Ariège

O Campo de intenamento de Vernet d'Ariège (1918-1944) está situado nos pre-pireneos franceses, entre as vilas de Le Vernet e Saverdun, no Ariège.

Cerbère

Cerbère (en catalán: Cervera de la Marenda) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Côte Vermeille e contaba con 1.573 habitantes en 2008.

Cerbère é o municipio francés máis oriental que é limítrofe con España. Limita concretamente con Portbou, na provincia de Xirona.

Céret

Céret (en catalán: Ceret) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Céret e contaba con 7.747 habitantes en 2016.É a capital do Vallespir, unha das comarcas que forman a Cataluña Norte.

Diurno (Renfe)

Diurno foi o nome comercial que recibiu o servizo de pasaxeiros diúrno da Unidade de Negocio de Grandes Liñas e, posteriomente, de AVE - Longa Distancia realizados por RENFE e Renfe Operadora respectivamente. Substituíu gradualmente aos antigos trens Rápidos e estivo operativo entre 1990 e 2012.

Estación de París-Austerlitz

A Estación de París - Austerlitz (Gare de Paris-Austerlitz ou Paris- Austerlitz) é unha das seis grandes estacións terminais da SNCF na cidade de París, situada no nº85 do Quai d'Austerlitz no 13º distrito, xunto ao bordo do río Sena (na súa marxe esquerda, á dereita e máis ou menos enfronte queda a Gare de Lyon). A estación é cabeceira da liña clásica París-Bordeus e da liña París-Limoges-Tolosa.

Desde a posta en servizo da LGV Atlantique esta estación perdeu a maior parte do tráfico de grandes liñas co suroeste de Francia. A estación é usada máis nada que pola metade de viaxeiros que a estación de Montparnasse, con todo, a profunda remodelación que se prevé para 2011 debería cambiala de forma que estivese preparada para a chegada do TGV para 2012.

Ademais da estación termo, agrúpanse baixo o nome de Gare d'Austerlitz unha estación subterránea da Liña RER C e unha estación semisubterránea de metro.

Le Perthus

Le Perthus (en catalán: El Pertús) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón homónimo e tiña 586 habitantes en 2008.

Atópase na fronteira con España. A estrada Route nationale 9 divide a localidade en dúas metades: a parte norte e oeste forman parte de Francia e a parte leste e sur recibe o nome de Els Límits e pertence ao concello español de La Jonquera, na provincia de Xirona.

Montbolo

Montbolo (en catalán: Montboló) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Céret e contaba con 187 habitantes en 2010.

Perpiñán

Perpiñán (en francés: Perpignan; en catalán: Perpinyà) é unha cidade francesa. É a capital da Cataluña do Norte e da comarca do Rosellón. É tamén a capital do departamento dos Pireneos Orientais. A súa poboación alcanzaba 116.700 habitantes en 2004, e a área metropolitana superaba os 300.000 en 2007.

Pireneos Orientais

Pireneos Orientais (66) (en francés e oficialmente: Pyrénées-Orientales, en catalán: Pirineus Orientals) é o departamento francés número 66 na rexión de Occitania, que fai fronteira coa Comunidade Autónoma de Cataluña. Limita ao norte cos departamento de Aude e Ariège, ao oeste con Andorra, ao sur coas comarcas catalás da Baixa Cerdanya, o Ripollès, a Garrotxa e o Alt Empordà, e ao leste co Mar Mediterráneo. A súa capital é Perpiñán.

Prades, Pireneos Orientais

Prades (en catalán Prada de Conflent ou símplemente Prada)

é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión de Occitania. É a capital do distrito de Prades e do cantón de Prades.

A vila é capital da comarca norcatalá de Conflent. Dende hai anos é a sede da Universitat Catalana d'Estiu.

Rexional, Renfe

Os trens Rexional, pertencentes á Unidade de Negocio Media Distancia Renfe, son os encargados de comunicar a maior parte dos concellos que posúen ferrocarril de cada provincia coa capital provincial ou autonómica, dentro dun raio de acción máximo de 300 km, con algunhas e contadas excepcións.

Reynès

Reynès (en catalán: Reiners) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Céret e contaba con 1.204 habitantes en 2010.

Comunas do departamento de Pireneos Orientais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.