Larouco

Larouco é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2018 tiña 455 habitantes (570 en 2003).

Coordenadas: 42°20′48″N 7°9′48″O / 42.34667, -7.16333

Larouco
Escudo de Larouco
Concello de Larouco
Casa do concello.
Situacion Larouco
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación455 hab. (2018)
Área23,7 km²
Densidade19,2 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaPatricia Lamelas Rodríguez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Larouco
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes67,02%
Na rede
-

Demografía

Censo total 455 (2018)
Menores de 15 anos 23 (5.05 %)
Entre 15 e 64 anos 202 (44.4 %)
Maiores de 65 anos 230 (50.55 %)
Evolución da poboación de Larouco   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
1.618 1.813 1.576 1.102 570 584 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etimoloxía

Larouco era unha divindade local da cultura castrexa[5].

Xeografía

O concello ten 23,7 km², e está dividido en catro parroquias. Está situado nun macizo montañoso, entre os concellos da Rúa, Petín, O Bolo e Manzaneda (tamén da provincia de Ourense) e o concello lucense de Quiroga.

A vexetación está formada principalmente por soutos de castiñeiros.

Historia

Consérvanse restos da cultura castrexa na parroquia de Seadur. O castro de Cabanelas está rodeado de murallas, cun foxo e un parapeto de grandes rochas graníticas; polo norte está defendido por un profundo precipicio cara ao río Sil, funcionando de miradoiro sobre os vales de Petín e A Rúa.

Os Codos de Larouco, situados entre os concellos de Trives, Manzaneda e Larouco, son os restos da vía XVIII do Itinerario de Antonino, nun trazado extremadamente sinuoso. A Via Nova, unía Braga con Astorga.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Larouco.
Praza do Mercado. Larouco

Praza do mercado

Igrexa de Santa María. Larouco

Igrexa de Larouco

Larouco, 2013. PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional

Vista aérea de Larouco, 2013.

Lugares de Larouco

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Larouco vexa: Lugares de Larouco.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Larouco". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Deuses e deusas na raia (e III): Mirarlle a cara a un antigo deus", artigo de Manuel Gago Mariño en Capítulo Cero, 25 de xaneiro de 2012.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Teixeira

A Teixeira é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 332 habitantes (167 homes e 165 mulleres) (551 en 2003), sendo este o segundo dos 4 concellos galegos que ten menos de 500 habitantes, xunto con Negueira de Muñiz, Larouco e Chandrexa de Queixa; a parte de ser un dos máis avellentados, cunha media de idade superior aos 60 anos.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teixeirés».

Baltar

Baltar é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 968 habitantes (1002 en 2015, 1149 no 2006, 1177 no 2005, 1180 no 2004, 1189 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baltarés.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Eleccións municipais en Larouco

Corporacións democráticas en Larouco desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Jesús Prada Baranga — UCDModelo:Larouco 1979

1983 Alcalde: Pedro Fernández Rodríguez — CGModelo:Larouco 1983

1987 Alcalde: José Campos RodríguezModelo:Larouco 1987

1991 Alcalde: Pendente.Modelo:Larouco 1991

1995 Alcalde: Pendente.

1999 Alcalde: Joaquín Prieto Rodríguez — PPdeG

2003 Alcalde: Joaquín Prieto Rodríguez — PPdeG

2007 Alcalde: Joaquín Prieto Rodríguez — PPdeG

2011 Alcalde: Joaquín Prieto Rodríguez — PPdeG

2015 Alcalde: Joaquín Prieto Rodríguez — PPCandidatos: Joaquín Bautista Prieto Rodríguez (PP) e Evaristo García Canelas (PSdeG-PSOE).

Freixido, Larouco

Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia do concello de Larouco na comarca de Valdeorras da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 78 habitantes (34 homes e 44 mulleres) distribuídos en dúas entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Freixido que está formada polos dous lugares desta parroquia civil, máis os dous lugares da parroquia homónima do concello de Petín.

Freixido, Petín

Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia do concello de Petín na comarca de Valdeorras da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 62 habitantes (27 homes e 35 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Freixido que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de Larouco.

Larouco, Larouco

Santa María de Larouco é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Larouco. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 368 habitantes (178 homes e 190 mulleres), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 384 habitantes.

Macizo Central ourensán

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Mario de Langullo

Mario Rodríguez Losada, coñecido como Mario de Langullo e Pinche, nado en Cesuris (Manzaneda) o 29 de setembro de 1913 e finado en Seadur (Larouco) o 7 de xullo de 1986, foi un dos últimos guerrilleiros en abandonar a loita armada contra o réxime do Xeneral Franco. Pasou de escapado a guerrilleiro, e era moi afamado en todo o oriente da provincia de Ourense e no sur da de Lugo.[Cómpre referencia]

Pero Larouco

Pero Larouco foi un poeta portugués, que estivo activo no terceiro cuartel do século XIII. É autor de 2 textos: 2 cantigas de escarnio, unha delas unha parodia da cantiga de amor e a outra, incompleta, quizais dirixida a Johan Soarez Coelho.

Portomourisco, Larouco

San Víctor de Portomourisco é unha parroquia do concello ourensán de Larouco na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto cos dous lugares da parroquia homónima do concello de Petín, forma a parroquia eclesiástica de Portomourisco.

Portomourisco, Petín

San Víctor de Portomourisco é unha parroquia do concello ourensán de Petín na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 119 habitantes (62 homes e 57 mulleres) establecidos en dúas entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co único lugar da parroquia homónima do concello de Larouco, forma a parroquia eclesiástica de Portomourisco.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Reva

Reva, tamén chamada ás veces Reve, é un deus supremo do panteón galaico prerromano asociado á xerarquía, á xustiza e máis á morte. É a divindade máis difundida na Gallaecia interior, con dez dedicacións galaico-romanas. Un dos seus maiores santuarios é o balneario galaico-romano atopado nas Burgas de Ourense do século I D. de C., onde se atoparon ata o de agora cinco aras adicadas ao deus (asimilado polos romanos) polo que este deus se atopa relacionado con ríos, lagoas, fontes termais etc... Aínda así aparece por veces vencellado a divindades asociadas a montañas baixo o epíteto Larouco.

Seadur, Larouco

Santa Mariña de Seadur é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Larouco. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 91 habitantes (41 homes e 50 mulleres), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 121 habitantes.

Serra da Raíña Loba

A serra da Raíña Loba é unha das serras do sur de Galiza e está localizada entre A Limia e a serra de Larouco. Está conformada pola serra de Gomariz e os montes dos Cebreiro. A súa composición é principalmente granítica.

Conserva importantes áreas de bosque de rebolos con bidueiros, pereiras bravas e carballos. Outra parte está repoboada con piñeiros e o resto son arbustos e penedos.

Os puntos de maior altura son o Penedo da Raíña Loba (na serra de Gomariz) con 1.161 metros sobre o nivel do mar, e o pico Cebreiro, con 1.265 (nos montes do Cebreiro, onde tamén destaca con 1.258 o chamado Penedo das Fatigas).

Serra do Larouco

A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza. Ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal. Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei.

É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.

O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1398 metros sobre o nivel do mar.

Serras do sur de Galicia

As serras do sur de Galiza son aquelas que se estenden polo país ao longo da raia con Portugal até o río Miño. Trátase dunha agrupación de serras que non teñen unha continuidade dado que están interrompidas pola depresión de Monterrei. Teñen a fractura de varias fallas con orientación N-S ou NE-S.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.