Largo internacional

Denomínase largo ou ancho internacional, normal ou UIC, ao ancho de 1.435 mm que utilizan as vías férreas da maioría de países do mundo.

Utilizado nas vías da Alta Velocidade Española, tamén é utilizado no norte de África, Alasca, Arxentina, Australia, Canadá, Chile, Colombia, China, Corea do Norte, Corea do Sur, Estados Unidos, en gran parte de Europa, Irán, Iraq, Israel, México, Paraguai, Perú, Uruguai, Venezuela e Xapón. Varias liñas do Metro de Barcelona tamén usan o largo internacional.

Rail gauge world
En azul os países que utilizan o largo internacional.
Alta Velocidade Española

A Alta Velocidade Española, coñecida co acrónimo AVE, é unha marca comercial da empresa Renfe Operadora pola que define o servizo comercial con trens de alta velocidade en España. Está operativo dende abril de 1992, cando se inaugurou Novo acceso ferroviario a Andalucía.

Esta división de RENFE creouse en 1992, ao escindírense da empresa matriz outras pequenas empresas, chamadas unidades de negocio. O seu obxectivo era operar os servizos con trens de alta velocidade sobre a mencionada liña Madrid-Sevilla vía Cidade Real, Puertollano e Córdoba.

Actualmente existe unha rede de aproximadamente 2.380 km de vías de largo internacional en España.

Avant

Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.

Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.

Corredor ferroviario mediterráneo

O corredor ferroviario mediterráneo é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España. A liña, actualmente en construción, esténdese desde a estación de Camp de Tarragona na provincia homónima ata a localidade de La Encina na Provincia de Alacant e decorrendo en paralelo ao mar Mediterráneo.

A diferenza das primeiras liñas de alta velocidade española, esta liña non foi construída totalmente de cero senón que se formou a partir de treitos novos e treitos modernizados de liñas clásicas.

Ao que se finalice a liña admitirá velocidades máximas entre 200 (en treitos modernizados) e 300 km/h (en treitos de nova construción) o que permite cualificala como liña de alta velocidade.

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Estación de Barcelona-Sants

Barcelona–Sants é a principal estación de ferrocarril de Barcelona e Cataluña. Foi inaugurada en 1979 e é a primeira estación de España en percorridos internacionais. É a segunda estación de España, tras a de Madrid-Atocha cun volume de viaxeiros próximo aos 30 millóns anuais dos cales algo máis de 18 millóns correspóndense co tráfico de proximidades.Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Barcelona con destinos nacionais e internacionais. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela as liñas R1, R2, R3 e R4 da rede de Rodalies.

A estación, propiedade de Adif, atópase no distrito de Sants-Montjuïc, con entrada pola praza dos Països Catalans (ao sur) e a praza Joan Peiró (ao norte). Conta con dúas plantas, unha baixa e outra subterránea. Sobre a estación hai construído un hotel da cadea Barceló, e xunto á praza Joan Peiró hai dársenas de autobuses.

Estación de Irún

A estación de Irún é unha estación ferroviaria de Adif situada na cidade vasca de Irún, en Guipúscoa. É unha estación fronteiriza que ten o seu equivalente francés en Hendaia. Por este motivo ten tanto vías de largo ibérico como de largo internacional, o que permite a circulación tanto de trens operados por Renfe como tamén pola SNCF.

Estación de Madrid-Chamartín

A estación de Madrid-Chamartín é unha das estacións de tren da cidade de Madrid, situada no distrito de Chamartín, ao norte da capital, e nas proximidades do paseo da Castellana.

Centraliza tódalas comunicacións ferroviarias dende Madrid cara ao cuadrante noroeste da Península Ibérica, dende Salamanca ata Irún, a través das tres liñas principais que parten dela: a liña imperial ou liña xeral do norte (de Madrid a Irún pasando por Ávila, Valladolid, Burgos, Miranda de Ebro, Vitoria e Donostia), a directa Madrid - Burgos (directo de Burgos) e a nova L.A.V. Madrid-Valladolid. Tamén ten algúns servizos por vía de largo ibérico cara ao nordeste (Media Distancia e tren Estrella) para o que emprega a circunvalación ferroviaria de Madrid, e cara ao sur (Media Distancia, Altaria e Talgo) grazas ao túnel que a une coa estación de Atocha.

Ferrocarril de vía estreita

O ferrocarril de vía estreita é un tipo de transporte ferroviario cuxo largo de vía é inferior ao considerado "normal" do transporte ferroviario. Este largo "normal", que depende das características de cada país, é o utilizado na rede principal de ferrocarrís, sendo o de vía estreita o que se utiliza para liñas de carácter secundario.

Largo de vía

O largo de vía ou ancho de vía é a distancia entre as caras internas dos raís dunha vía férrea, medida 14 mm por debaixo do plano de rodadura en aliñación recta.

Largo ibérico

Denomínase largo[Cómpre referencia] ou ancho ibérico ao ancho de 1.668 mm que utilizan as vías férreas de España e Portugal.

O ancho ibérico utilízase en todas as liñas férreas principais de vía ancha da península Ibérica, fóra das liñas de alta velocidade, que utilizan o ancho estándar europeo de 1.435 mm, coñecido como largo internacional.

Liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa

A liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España, pertencente á Rede de Interese Xeral xestionada pola empresa pública estatal Adif. A infraestrutura está deseñada para unha velocidade de 350 km/h, se ben actualmente a velocidade comercial máxima alcanzada polos trens é de 310 km/h, que permite a conexión por AVE entre as cidades de Madrid e Barcelona nun tempo de dúas horas e media.A liña ten unha lonxitude total de 804 quilómetros. Comeza na estación de Madrid-Puerta de Atocha e finaliza tras a estación de Figueres-Vilafant, onde ten continuidade cunha sección internacional ata Perpiñán que conecta as redes ferroviarias de España e Francia. A liña intérnase nas cidades de Barcelona, coas estacións de Barcelona-Sants e Barcelona-La Sagrera (actualmente en construción), e Xirona. Ademais, ten dúas variantes que permiten saíndo da liña acceder ás estacións de Zaragoza-Delicias e Lleida-Pireneos, e dispón de tres estacións en plena liña: Guadalaxara-Yebes, Calatayud e Camp de Tarragona.

Ademais dos servizos internos da liña (AVE para os de longa distancia e Avant para os de media distancia), existen cambiadores de ancho no ámbito de Zaragoza que permiten saír da liña, ademais dun ramal en ancho internacional que finaliza en Huesca. Mediante cambio de ancho en Zaragoza utilizan esta liña os trens entre Madrid e Navarra e A Rioxa, e entre Barcelona e o norte de España. Ademais, unha conexión coa LAV Madrid-Sevilla permite conexións Cataluña-Andalucía sen entrar en Madrid.

A liña foi inaugurada en varios tramos comezando dende Madrid. En outubro de 2003 abriuse ata Lleida, en decembro de 2006 chegouse ata Tarragona, en febreiro de 2008 ata Barcelona e en xaneiro de 2013 completouse a liña alcanzando Figueres e a fronteira francesa.

Sakartvelos Rkinigza

Ferrocarrís Xeorxianos (en xeorxiano: საქართველოს რკინიგზა, Sakartvelos Rkinigza) é a empresa estatal de transporte ferroviario de Xeorxia. A compañía foi creada en 1991 como un das empresas sucesoras de Ferrocarrís Soviéticos, tras o colapso da Unión Soviética e ten a súa sede na capital do país, Tbilisi.

Unha arteria vital que une o Mar Negro e o Mar Caspio, os ferrocarrís xeorxianos atópase na ruta máis curta entre Europa e Asia Central. Construídos cun ancho ruso estándar de 1.520 mm, na actualidade están electrificados 1.323,9 quilómetros de lonxitude, consta de 1.422 pontes, 32 túneles, 22 pasaxeiros e 114 estacións de mercancías.

Serie 599 de Renfe

A Serie 599 de Renfe ou TDMD (Tren Diésel de Media Distancia) é unha familia de automotores rexionais diésel dedicados a cubrir liñas de Media Distancia de Renfe Operadora. Foron fabricados pola empresa vasca CAF. Acadan unha velocidade de 160 km/h.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.