Largo ibérico

Denomínase largo[Cómpre referencia] ou ancho ibérico ao ancho de 1.668 mm que utilizan as vías férreas de España e Portugal.

O ancho ibérico utilízase en todas as liñas férreas principais de vía ancha da península Ibérica, fóra das liñas de alta velocidade, que utilizan o ancho estándar europeo de 1.435 mm, coñecido como largo internacional.

Amusco 10
Vía de ancho ibérico en Amusco (Palencia).

Historia

Discútese a razón pola que se adoptou un ancho distinto que no resto de Europa, que utiliza un ancho de 1.435 mm. A razón máis crible é que a orografía española, ao ser máis accidentada que a do resto de Europa, esixía o uso de locomotoras máis potentes e, polo tanto, de caldeiras maiores, e para manter a estabilidade das locomotoras era necesario un ancho de vía maior. Outros din que o emprego de caldeiras maiores aumentaba a presión do vapor sobre os pistóns, feito que se desmentiu posteriormente. Outra razón que se deu, que non é lóxica aínda que si moi popular é que tras a recente invasión francesa tratábase dunha cuestión militar para impedir que os exércitos movésense rapidamente por medio do ferrocarril nunha hipotética nova invasión.

O goberno decidiu adoptar un ancho uniforme en todas as liñas de ferrocarril importantes para facilitar futuras interconexiones entre elas. Este ancho de vía foi de 6 pés casteláns, que, cando se adoptou o sistema métrico internacional, resultou ser de 1.672 mm.

Tras a guerra civil, a xestión das liñas de vía ancha pasou ao Estado, para o que fundou a compañía Renfe, actualmente xestionada por Adif. Por esta razón, o ancho de 1.668 mm, ancho ibérico (en portugués, bitola ibérica) é coñecido tamén como «ancho RENFE».

Nalgúns puntos do norte de España, con todo, a orografía é tan abrupta que os desmontes e raios de curvatura que esixiría a vía ancha farían prohibitiva a construción das liñas, polo que se adoptou a vía estreita, con obra e material rodante menores que os que circulaban polo resto das liñas.

A diferenza de anchos entre España e Europa dificultou a comunicación, polo que na década de 1980 abordouse a tarefa de modificar o ancho de vía. Seguíronse dous camiños: un deles consiste en que cando se fan modernizacións ou reparacións das liñas substitúense as travesas orixinais por travesas de formigón pretensado bivalentes, de modo que, no futuro, a tarefa de cambiar o ancho de vía de todas as liñas, faise con tan só cambiar os carriis existentes á posición do ancho europeo. O outro camiño consistiu en adoptar o ancho europeo desde un principio nas liñas de alta velocidade que se construísen, para que puidesen integrarse facilmente na Rede Europea de Alta Velocidade. A desvantaxe desta elección é que os ferrocarrís de Alta Velocidade non poden seguir a outros destinos próximos polas vías de ancho ibérico a velocidades normais, como ocorre noutros países, o que en parte se compensa pola posibilidade de ter trens de cambio de ancho rápido, como a proporcionada pola patente española Talgo.

Véxase tamén

Outros artigos

Administrador de Infraestruturas Ferroviarias

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (en castelán: Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), máis coñecido como ADIF ou Adif, é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento de España, que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación.

ADIF herdou a infraestrutura da extinta RENFE, polo que é propietaria da maioría de liñas de ferrocarril de largo ibérico de España. En 2016 tiña 12 241 quilómetros de vías. Tamén herdou as funcións da empresa pública GIF.

Apeadoiro da Ponte Pasaxe

Ponte da Pasaxe foi un apeadoiro de RENFE no p. k. 544 da liña León - A Coruña, construído na aldea da Pasaxe, na Coruña, próximo á ponte do mesmo nome.

Apeadoiro de Aranga

O apeadoiro de Aranga foi un apeadoiro de Adif, situado na parroquia de Vilarraso no concello de Aranga, provincia da Coruña. Próximo ós lugares tanto do Apeadeiro de Orosa coma ó do Apeadeiro, este último na parroquia de Aranga, estaba situado na liña férrea A Coruña-León e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Apeadoiro de Guísamo

Guísamo foi un apeadoiro da liña León - A Coruña localizado en Guísamo (Bergondo). A el se accedía por unha escaleira desde a estrada DP-01810, que salva a vía férrea mediante un paso superior. As súas instalacións foron eliminadas.

Apeadoiro de Oroso-Vilacide

Oroso-Vilacide era un apeadoiro de Adif, situado en Vilacide, no concello de Oroso, provincia da Coruña. Estaba situado na Liña Zamora - A Coruña e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Apeadoiro de Paderne

Paderne foi un apeadoiro de RENFE arredor do p. k. 9,5 da liña Betanzos-Infesta - Ferrol, para dar servizo ao concello de Paderne.

Corredor ferroviario mediterráneo

O corredor ferroviario mediterráneo é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España. A liña, actualmente en construción, esténdese desde a estación de Camp de Tarragona na provincia homónima ata a localidade de La Encina na Provincia de Alacant e decorrendo en paralelo ao mar Mediterráneo.

A diferenza das primeiras liñas de alta velocidade española, esta liña non foi construída totalmente de cero senón que se formou a partir de treitos novos e treitos modernizados de liñas clásicas.

Ao que se finalice a liña admitirá velocidades máximas entre 200 (en treitos modernizados) e 300 km/h (en treitos de nova construción) o que permite cualificala como liña de alta velocidade.

Estación de Barcelona-Sants

Barcelona–Sants é a principal estación de ferrocarril de Barcelona e Cataluña. Foi inaugurada en 1979 e é a primeira estación de España en percorridos internacionais. É a segunda estación de España, tras a de Madrid-Atocha cun volume de viaxeiros próximo aos 30 millóns anuais dos cales algo máis de 18 millóns correspóndense co tráfico de proximidades.Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Barcelona con destinos nacionais e internacionais. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela as liñas R1, R2, R3 e R4 da rede de Rodalies.

A estación, propiedade de Adif, atópase no distrito de Sants-Montjuïc, con entrada pola praza dos Països Catalans (ao sur) e a praza Joan Peiró (ao norte). Conta con dúas plantas, unha baixa e outra subterránea. Sobre a estación hai construído un hotel da cadea Barceló, e xunto á praza Joan Peiró hai dársenas de autobuses.

Estación de Ferrol

A estación de Ferrol é unha estación de ferrocarril terminal situada na cidade coruñesa de Ferrol, final das liñas que a unen con Betanzos e Xixón. Está situada no centro da cidade, na Avenida de Compostela, ao lado da Estación de Autobuses. Conta con servizos de longa distancia, rexionais e proximidades, tanto de ancho ibérico como de vía estreita. Ten tamén funcións loxísticas.

Estación de Irún

A estación de Irún é unha estación ferroviaria de Adif situada na cidade vasca de Irún, en Guipúscoa. É unha estación fronteiriza que ten o seu equivalente francés en Hendaia. Por este motivo ten tanto vías de largo ibérico como de largo internacional, o que permite a circulación tanto de trens operados por Renfe como tamén pola SNCF.

Estación de Madrid-Chamartín

A estación de Madrid-Chamartín é unha das estacións de tren da cidade de Madrid, situada no distrito de Chamartín, ao norte da capital, e nas proximidades do paseo da Castellana.

Centraliza tódalas comunicacións ferroviarias dende Madrid cara ao cuadrante noroeste da Península Ibérica, dende Salamanca ata Irún, a través das tres liñas principais que parten dela: a liña imperial ou liña xeral do norte (de Madrid a Irún pasando por Ávila, Valladolid, Burgos, Miranda de Ebro, Vitoria e Donostia), a directa Madrid - Burgos (directo de Burgos) e a nova L.A.V. Madrid-Valladolid. Tamén ten algúns servizos por vía de largo ibérico cara ao nordeste (Media Distancia e tren Estrella) para o que emprega a circunvalación ferroviaria de Madrid, e cara ao sur (Media Distancia, Altaria e Talgo) grazas ao túnel que a une coa estación de Atocha.

Estación de Maside

Maside é un apeadoiro de Adif, situado no centro da vila de Maside, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Miño-Castro

Miño-Castro foi unha estación e posteriormente apeadoiro de tren de Adif situada na localidade de Miño, na provincia da Coruña. Está situado na estrada AC-154, a un quilómetro cara Ferrol e na actualidade non ten paradas comercias.

Estación de Padrón

Padrón é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Padrón, na provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Ferrocarril de vía estreita

O ferrocarril de vía estreita é un tipo de transporte ferroviario cuxo largo de vía é inferior ao considerado "normal" do transporte ferroviario. Este largo "normal", que depende das características de cada país, é o utilizado na rede principal de ferrocarrís, sendo o de vía estreita o que se utiliza para liñas de carácter secundario.

Liña 1 do metro de Barcelona

A liña 1 ou liña vermella do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo na cidade de Barcelona, l'Hospitalet de Llobregat e Santa Coloma de Gramenet. É a segunda liña máis antiga do metro, a máis longa da rede e a única con vía de largo ibérico antigo.

A liña inaugurouse o 1926 co nome de Metropolitano Transversal para unir as terminais ferroviarias que xurdiran en Barcelona. Actualmente une as estacións de Hospital de Bellvitge e Fondo, nun trazado de dobre vía soterrada. As cocheiras atópanse en Santa Eulàlia e La Sagrera, e os talleres na estación de Hospital de Bellvitge. Actualmente ten 20,7 quilómetros de lonxitude e trinta estacións.

Longa distancia Renfe

Renfe AVE - Longa Distancia, é a denominación comercial do conxunto de servizos ferroviarios de longo percorrido ofertados por Renfe. Son os trens anteriormente operados baixo a Unidade de Negocio de Grandes Liñas, para comunicar grandes cidades de tódala xeografía española.

Circulan servizos de Longa Distancia por tódala rede ferroviaria española, tanto pola rede de largo ibérico, como por vías de largo estándar internacional. Algúns servizos poden operar nas redes portuguesa e francesa. No pasado tamén se teñen operado servizos até Suíza e Italia.

Proximidades Barcelona

Proximidades Barcelona (en catalán: Rodalia de Barcelona) é un servizo de transporte público de trens de proximidades na área metropolitana de Barcelona. Hai dúas compañías que ofrecen servizos de proximidades: Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC) e Rodalies de Catalunya operado por Renfe Operadora.

Renfe opera os servizos para as liñas de largo ibérico propiedade de Adif. Desde o 1 de xaneiro de 2010 a Generalitat de Cataluña xestiona o servizo de Renfe Proximidades en Cataluña. Anteriormente ao traspaso do servizo, Renfe explotaba a rede baixo a denominación de Rodalies Barcelona ou Proximidades Barcelona e actualmente o nome comercial utilizado é Rodalies de Catalunya .

Os billetes están integrados ao sistema tarifario, coordinado a través da Autoritat del Transport Metropolità (ATM) e permite enlazar a outras liñas de proximidades FGC-Renfe e co metro, tranvía e autobuses.

Rodalies de Catalunya

Rodalies de Catalunya (antigamente Rodalies Barcelona) é unha marca comercial utilizada pola Generalitat de Cataluña e Renfe Operadora para servizos ferroviarios de proximidades (rodalies en catalán) traspasados polo Ministerio de Fomento de España á Generalitat a partir do 1 de xaneiro de 2010 e os servizos ferroviarios de rexionais traspasados o 1 de xaneiro de 2011.

Os servizos de proximidades son operados por Renfe Operadora e circulan pola rede ferroviaria de largo ibérico de Adif, a través das liñas da rexión metropolitana de Barcelona.

Actualmente a rede conta con seis liñas de rexionais non integradas na rede de transporte público e sete liñas de proximidades integradas no sistema tarifario de seis zonas creado pola Autoritat del Transport Metropolità (ATM Àrea de Barcelona) que inclúe tamén autobuses, tranvía e trens de proximidades do Ámbito metropolitano de Barcelona e comarcas limítrofes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.