Lareira

A lareira ou lar é o lugar destinado a facer o lume nas casas. Tradicionalmente nas casas galegas constituían o espazo principal da cociña[1], e usábanse tanto para cociñar como para quentar a casa.

Porén, especialmente nos últimos tempos, son tamén habituais as lareiras na sala. Neste caso perden a súa función de cociña pero conservan as funcións decorativa e de quecemento do ambiente interior.

Casa Perfeuto María, Outes, A Coruña, Galicia (Espagne)
Lareira nunha casa rural de Outes, A Coruña.

Lareiras de cociña ou tradicionais

Compoñentes

Distínguense esencialmente tres partes: pedra do lar, esteo e cambota.[2] A única indispensable e sempre presente é a lousa. As outras dúas poden estar ou non. Deste xeito é na pedra do lar onde se fai o lume, o esteo transmite as cargas da estrutura ao solo e a cambota guía o fume cara ao canudo da cheminea, que o conducirá definitivamente ao exterior da vivenda.

Case que con regularidade sitúase un forno no seu interior. Nun dos muros ou en varios adoita haber un ou máis ocos que conforman as lacenas, onde gardar os alimentos. A carón do lume, arrimado á lousa ou enriba dela atópase o escano[3], no que a xente senta a comer, quencer ou matar o tempo. Trátase dun banco de madeira, normalmente de castiñeiro, con respaldo e provisto ou non de repousa-brazos. Cando a pedra do lar está en altura pode facérselle un rebaixe nas patas dianteiras para apoiarse nela, quedando sobre o chan da cociña as traseiras. Así lógrase estar sentado máis preto do lume. O oco baixo o asento pode ser o lugar adicado a cebar os capóns, denominándose capoeira. Esta pequena gaiola non permite o movemento dos animais, favorecendo así o seu engorde.

Nas casas nas que se comía na lareira acoplábase unha mesa ao escano. Dispoñíase paralela ao asento, facéndose abatible mediante dous brazos unidos a el nos seus extremos, cunha articulación que permitía o xiro. É o escano con mesa de levante. Resulta evidente darse conta que cómpre sentar antes de baixar a mesa, porque unha vez despregada o comensal queda preso no asento.

Pote
Pote apoiado na lareira.

A lareira alberga tamén distintos utensilios para o xantar. Nos potes ou nas caldeiras faise a comida. Estes teñen tamaños variables dependendo do seu uso. En áreas gandeiras acadan dimensións importantes, por seren neles onde se preparaba o alimento dos animais. Para a familia reservábanse os potes pequenos. Cando non ían apoiados directamente na pedra do lar, ou ben sobre trespés pousados na mesma, potes e caldeiras penduraban do burro ou do pau do fumeiro mediante unha cadea de ferro chamada gramalleira.

Situación

A lareira pode aparecer colocada: en esquina, acaroada, illada ou en dependencia propia.

  • A de esquina disponse no encontro entre dous muros. Os linteis, que soportan o peso da cambota, están empotrados nos paramentos por un dos seus extremos, e polo outro, no encontro entre ambos os dous, apoiarán ou non nun esteo.
  • A acaroada a un muro afástase dos paramentos laterais lindeiros nunha posición que non terá por que coincidir coa parte central da parede. O número de linteis pasará obrigatoriamente a ser tres.
  • A lareira illada e máis difícil de atopar. Sitúase afastada dos muros, centrada na estancia ou a poucos centímetros dalgunha das paredes.
  • O caso máis excepcional de todos é o da lareira en dependencia propia, que emprega a totalidade da estancia para albergar a lareira.

Materiais

A elección dos materiais para a construción da lareira dependerá basicamente da súa predominancia no territorio. Cómpre desprazar as lareiras en cidades de toda esta clasificación, por mor de que nelas o material omnipresente é a pedra. Poden estar feitas de madeira, pedra ou da mestura de ambos os dous.

Nas de pedra, a calidade desta é fundamental porque vai influír nos remates, na lonxevidade da lareira e nas dimensións dos seus elementos, que permitirán salvar grandes luces cunha única peza. As de madeira adoitan ser un bo recurso cando a pedra da zona no é de boa calidade, e hai ademais boa tradición artesá no traballo da madeira. A mestura de materiais aparece a causa da ausencia do granito, dando lugar a lareiras máis humildes.

Kominek
Lareira ornamental de caixa pechada ou de cassette, nun apartamento.
Fire place
Lareira de sala aberta.
Fireplace
Diagrama da convección do ar nunha lareira de sala.

Lareiras de sala

As lareiras de sala están deseñadas para conteren o lume, servindo de quecemento, creación de ambientes relaxantes e decoración, evitando no posible a entrada de sucidade (feluxe) e fume ao interior da casa.

Hainas de varios tipos:

  • De construción, feitas principalmente de tixolos con ou sen unha pedra horizontal para soporte do lume.
  • Prefabricadas, formadas por un conxunto de placas ou tabiques metálicos.
  • De peche estanco, formadas por unha caixa (cassette) metálica, habitualmente de fundición.

De preparar adecuadamente a circulación do ar por tras dos paramentos (tabiques, muros), conséguese que a lareira quente o interior da casa polos tres mecanismos fundamentais de transmisión de calor:

  • Pola radiación emitida polas partes quentes (radiación infravermella, e incluso vermella nas partes máis quentes).
  • Por condución aos paramentos e outras partes en contacto coa lareira, de xeito que a temperatura destas partes aumenta e convértense á súa vez en radiadores.
  • Por convección ou circulación do ar, nun circuíto tras dos paramentos (véxase o camiño A, B, C no diagrama).

Notas

  1. Museo de Pontevedra (ed.). "Museo de Pontevedra. Colección. Fondos Etnográficos: A Cociña" (en en galego). Consultado o 25 de outubro de 2008.: "Nas casas galegas a cociña era a estancia máis importante e acolledora. Nela eran recibidos os visitantes, formalizábanse contratos de compravenda e intercambios, comíase, mantíñanse faladoiros e realizábanse distintos labores. Nas aldeas adoitaba estar facilmente comunicada con outras dependencias, en especial cos cortellos dos animais."
  2. Dicionario gráfico que inclúe elementos da lareira: COAG (ed.). "Dicionario visual da construción: Casa de Campo — Elementos interiores" (PDF) (en en galego). Consultado o 25 de outubro de 2008.
  3. {{Lareira con escano}}
Abril na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes.

Eladio Rodríguez recolle o costume de encender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo. Este lume que se prende na igrexa facíase co pedernal e utilizábase para encender, inmediatamente, as brasas do incensario e as lámpadas do templo .

Castro de Baroña

O castro de Baroña é un castro situado na parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a.C. e I d.C.

Cerámica castrexa

A cerámica castrexa facíase á man ou a torno ou roda, aínda que predomina a feita á man. Nótanse en moitos casos os sinais de alisado e de espatulado; noutros as paredes exteriores das vasillas aparecen moito máis puidas, dando ás veces a sensación de levaren un lixeiro engobe de cor cinza ou case negro. Un dos aspectos máis representativos é o gran contido de mica como elemento desengraxante.

Os perfís predominantes nas vasillas son os globulares ou esferoides. O máis habitual é que conten cunha ou máis asas, e que teñan os bordos exvasados e planos e os pés ou fondo sen realzar, aínda que deste último tipo exista algunha excepción singular.

Os temas decorativos son comúns na plástica castrexa: incisións en forma de liñas oblicuas, horizontais ou verticais paralelas, ou ben compoñendo triángulos, así como estampacións en forma de espiña de peixe, estrixilos, eses (SSSS) ou figuracións entrelazadas, e tamén aplicacións en forma de mamelóns ou de cordóns, así como outros motivos ornamentais variados. A maior parte, porén, é lisa e non leva decoración.

A cerámica simultaneaba o seu uso con útiles de cestería e de madeira. As pezas grandes servirían para gardar o gran ou outros alimentos e como depósito de líquidos; outras, para usos diversos no fogar ou na lareira, e as máis pequenas para comer e beber; tamén aparecen asadores (ou ben escoadeiras ou "queixeiras"), pezas moi características polos furados que teñen no seu fondo e nas paredes. Os materiais eran locais e a fabricación tamén, en fornos pequenos.

Cheminea

Unha cheminea ou fumeira é un sistema usado para ventilar gases quentes e fume de caldeiras, quentadores, estufas, fornos, fogóns ou lareiras á atmosfera. Atópanse en vivendas, locomotoras, factorías, barcos etc. A altura do conduto xoga un papel especial para faciliar a saída dos fumes.

Chunda Chunda

Chunda Chunda foi unha serie documental de oito capítulos que emitiu a TVG no ano 2000. Dirixiuna Jorge Coira e presentouna Luís Tosar, a serie seguía a dúas orquestras de verbena en xira por toda Galicia no verán de 1999.

Coles

Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).

Con perdón

Con perdón foi un programa de humor da TVG que se emitiu en 1997. Dirixido por Manolo Bello, realízaronse 26 capítulos e os seus presentadores eran Marma Campos, Alberto Comesaña e Xoán Pérez.

Decembro

Decembro (tamén chamado Nadal) é o duodécimo e derradeiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome é derivado do latín, por ser o décimo mes do calendario romano.

Decembro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de decembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Ademais da máis coñecida denominación popular de Nadal ou mes de Nadal, por razóns obvias, decembro tamén recibe o nome de mes de Santa Baia, en Dumbría (Constantino García González).

Espacio aberto

Espacio aberto[sic] foi un programa cultural da Televisión de Galicia dedicado á divulgación de espectáculos, tanto galegos como foráneos, que se desenvolvían no territorio galego. Estaba dirixido e presentado por Pemón Bouzas que percorría a xeografía galega nunha unidade móbil para realizar as reportaxes, xeralmente tres por programa.

Extramuros

Para a colección literaria de Edicións Xerais de Galicia véxase: Colección Extramuros.Extramuros foi un programa cultural da Televisión de Galicia que se emitiu en 1988 dirixido e presentado por Luis Álvarez Pousa dedicado ás novas correntes artísticas e de pensamento en Galicia e no mundo.

Febreiro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Lareira (programa de televisión)

Lareira foi un programa da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1986-1987 dedicado á realización de receitas de cociña, dirixíao e presentábao Ana Puga.

Lúa Nova

Lúa Nova foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía en actuacións musicais, entrevistas, espectáculos de humor e circenses.

Os Vilares, Guitiriz

San Vicenzo dos Vilares é unha parroquia do concello de Guitiriz, a sete quilómetros da vila en dirección nordeste. En 2012 tiña unha poboación de 574 habitantes (278 homes e 296 mulleres).

O topónimo Vilares procede do latín villa, villaris, referido a unha casa de campo, granxa ou poboación. A advocación da parroquia é na honra de San Vicenzo. Pertence á diocese de Mondoñedo e xa tiña curato no século X.

Piloño, Vila de Cruces

Santa María de Piloño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 334 habitantes (168 mulleres e 166 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 446 habitantes.

Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Piloño.

Ruada

Ruada foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Luís Blanco Campaña que se emitiu na tempada 1985-1986. Emitíase os mércores e venres pola noite. Ruada consistía en actuacións de músicos, bandas e grupos de baile tradicionais galegos e entrevistas a personaxes populares e do eido da cultura.

Tizón de Nadal

O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.