Laraño, Santiago de Compostela

San Martiño de Laraño é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.180 habitantes (561 homes e 619 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.069 habitantes.

Laraño
Horreo Larañiño 02-02
Hórreo no lugar de Larañiño.
ConcelloSantiago de Compostela
Área3,86 km²
Poboación1.180 hab. (2013)
Densidade305,7 hab./km²
Entidades de poboación14

Xeografía

No lugar da Barcia, na estrema do seu territorio, está o Sistema de Información Territorial de Galicia, TurGalicia e o Centro Superior de Hostelería de Galicia. Ata o ano 2014 tamén estivo o Centro Ramón Piñeiro.

Galería de imaxes

Acisclo Manzano Ramon Piñeiro 02

Estatua de Acisclo Manzano, A Barcia, Laraño

Ponte-Laraño

Vella ponte no regato que pasa entre o CIRP e o núcleo parroquial

Lugares e parroquias

Parroquias de Santiago de Compostela

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Amañecida, Laraño, Santiago de Compostela

A Amañecida é un lugar da parroquia de Laraño no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 24 habitantes (11 homes e 13 mulleres).

A Barcia, Laraño, Santiago de Compostela

A Barcia é un lugar da parroquia de Laraño no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 208 habitantes (98 homes e 110 mulleres).

A Igrexa, Laraño, Santiago de Compostela

A Igrexa é un lugar da parroquia de Laraño no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 85 habitantes (41 homes e 44 mulleres).

Apeadoiro do Casal

Casal foi un apeadoiro de RENFE na parroquia de Laraño (Santiago de Compostela). Formaba parte da liña Santiago - Redondela e aínda se conserva o edificio de viaxeiros, que data de comezos do século XX.

O predio consta dunha planta rectangular e dúas alturas, con tellado a dúas augas. Ten muros recebados e pintados de branco con vans simétricos en altura, con remate superior de arco rebaixado e esquinas con perpiaño á vista, igual que os esquinais da construción. Beirado de pedra con molduras e un van redondo no hastial do penal.

Centro Ramón Piñeiro

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (ou CIRP, da antiga denominación: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) é un organismo investigador dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria no que se desenvolven diferentes proxectos a prol da lingua e a cultura galegas.

Foi fundado en 1993 baixo o nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, designación que foi modificada en 1997 pola que detenta na actualidade.

Entre os proxectos que desenvolve cómpre destacar:

Proxecto Termigal: centro terminolóxico do galego onde se investiga a terminoloxía de certos campos e os interesados poden tamén facer consultas:

Proxecto Base de datos do ALiR (Atlas Lingüístico Románico), dirixido por Manuel González González

Proxecto de Fraseoloxía: o equipo dirixido por Xesús Ferro Ruibal ata 2015 e por Isabel González Rey desde esa data, pon en marcha os monográficos e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega (18 números ata 2016);

Proxecto CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual);

Proxecto Dicionario de literatura;

Proxecto Dicionario de termos literarios;

Proxecto de Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos;

Proxecto de Dimensións da identidade colectiva en Galicia;

Proxecto de Informes anuais de literatura;

Proxecto de Cantigas de Santa María;

Proxecto de Investigación e estudo do galego exterior;O centro naceu na estrada de Santiago de Compostela a Noia, na Barcia - Lamas de Laraño, Santiago de Compostela, pero en xaneiro de 2014 trasladouse ó Hospitaliño de San Roque, na rúa de San Roque (Santiago).

Coira, Laraño, Santiago de Compostela

Coira é un lugar da parroquia de Laraño no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 32 habitantes (18 homes e 14 mulleres).

Galería de imaxes de hórreos de Galicia

O hórreo é unha construción destinada na súa orixe a secar, gardar e en xeral conservar o millo antes de o debullar.

Lamas, Laraño, Santiago de Compostela

Lamas é un lugar da parroquia de Laraño no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 69 habitantes (32 homes e 37 mulleres).

Larañiño, Laraño, Santiago de Compostela

Larañiño é un lugar da parroquia de Laraño no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 65 habitantes (34 homes e 31 mulleres).

Munín, Laraño, Santiago de Compostela

Munín é un lugar da parroquia de Laraño no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 46 habitantes (26 homes e 20 mulleres).

O Casal, Laraño, Santiago de Compostela

O Casal é un lugar da parroquia de Laraño no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 105 habitantes (48 homes e 57 mulleres).

Papeleira de Pontevedra

A papeleira de Pontevedra é un complexo industrial situado na parroquia de Lourizán, xunto á ría de Pontevedra. Está formado por dúas fábricas de dúas empresas, Ence e Elnosa.

Pardes, Laraño, Santiago de Compostela

Pardes é un lugar da parroquia de Laraño no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 151 habitantes (69 homes e 82 mulleres).

Santomil, Laraño, Santiago de Compostela

Santomil é un lugar da parroquia de Laraño, no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o IGE, en 2013 tiña 73 habitantes (32 homes e 41 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.