Land der Berge, Land am Strome

Land der Berge, Land am Strome (do alemán: terra de montañas, terra no arroio), ou, sinxelamente, Bundeshymne (Himno federal), é o himno nacional de Austria. Foi escrito por Paula von Preradovic, adaptando a melodía da "Laßt uns mit geschlung'nen Händen" (Pequeña cantata masónica) compuesta por Wolfgang Amadeus Mozart o 17 de novembro de 1791. Foi declarado oficial en 1947.

Land der Berge, Land am Strome
Bundeshymne
En galego: Terra de montañas, terra no arroio
Austria Bundesadler
Himno de deAustria Austria
LetraPaula von Preradovic
MúsicaWolfgang Amadeus Mozart
17 de novembro de 1791
Adoptado22 de outubro de 1946
Mostra da música
Bundeshymne (Instrumental)

Letra

Letra en alemán Tradución ao galego
Primeira estrofa

Land der Berge, Land am Strome,
Land der Äcker, Land der Dome,
Land der Hämmer zukunftsreich!
Heimat bist du großer Söhne,
Volk begnadet für das Schöne,
Vielgerühmtes Österreich,
Vielgerühmtes Österreich!

Terra das montañas, terra no arroio,
Terra dos campos, terra das catedrais,
Terra de martelos cun rico futuro!
Eres o lar de grandes fillos,
Xente bendita coa beleza,
Moi eloxiada Austria,
Moi eloxiada Austria!

Segunda estrofa

Heiß umfehdet, wild umstritten,
Liegst dem Erdteil du inmitten
Einem starken Herzen gleich.
Hast seit frühen Ahnentagen
Hoher Sendung Last getragen,
Vielgeprüftes Österreich,
Vielgeprüftes Österreich.

Fortemente contida, feramente contestada,
deitada no medio do continente
coma un forte corazón,
dende entón, os días dos ancestros
soportan a carga dunha gran misión,
Moi probada Austria,
Moi probada Austria.

Terceira estrofa

Mutig in die neuen Zeiten,
Frei und gläubig sieh uns schreiten,
Arbeitsfroh und hoffnungsreich.
Einig laß in Bruderchören,
Vaterland, dir Treue schwören.
Vielgeliebtes Österreich,
Vielgeliebtes Österreich.

Denodo cara a nova era
Míranos marchar ceibes e fieis,
Con ledicia e cheos de esperanza.
Xuntos en coros fraternais aceptamos,
Xurar fidelidade a ti, patria.
Moi amada Austria,
Moi amada Austria.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Austria

Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 8,5 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros. A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República. A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nun área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas. En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.

O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da Primeira Guerra Mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi. Esta situación durou até a fin da Segunda Guerra Mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, e cidade máis grande do país, con 1,7 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE. Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995, adoptando como moeda o euro en 1999.

Gran Premio da China de 2009

O Gran Premio de China de 2009 (formalmente o VI Gran Premio de China Petronas) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 19 de abril de 2009 no Circuíto Internacional de Shanghai, Shanghai, República Popular de China. Foi a terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009, trasladando así o Gran Premio de China da fin do campionato (como viña sendo anteriormente) ao comezo nesta temporada.

Sebastian Vettel de Red Bull Racing gañou a carreira despois de empezar desde a pole position. Tanto a vitoria coma a pole position eran as primeiras para o equipo Red Bull. Mark Webber, tamén de Red Bull, acabou segundo seguido polos dous Brawn GP de Jenson Button e Rubens Barrichello. Os coches McLaren de Heikki Kovalainen e Lewis Hamilton remataron quinto e sexto, diante do Toyota de Timo Glock e o Toro Rosso de Sébastien Buemi, que foron sétimo e oitavo.

Ata hoxe, o GP de China nunca foi gañado pola mesma persoa por dúas veces.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.