Lammas

Lammas ou día de Lammas é unha festividade tradicional da colleita, de orixe celta, tamén conocida como Lughnasadh, que se celebra o 1 de agosto nos países anglosaxóns e en relixións de revival celta e neopagás como a wicca.

Durante a época medieval esta festa era conocida como "Gule of August", pero o significado de "gule" é descoñecido. Ronald Hutton suxire que esta palabra puido ser unha derivación inglesa de "gwyl aust", o nome galés para o 1 de agosto e que significa "festa de agosto"; e propón unha orixe pagá e pre-cristiá de Lammas entre os anglosaxóns e a súa conexión co festival gaélico de Lughnasadh ("vodas de Lug", un deus celta).

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Hutton, Ronald (1996). The Stations of the Sun.
  • Publications of the Scottish Historical Society (Publicacións da Sociedade Histórica Escocesa).
Cryptococcus neoformans

Cryptococcus neoformans é unha especie de lévedo encapsulado e aerobio obrigado Pode vivir vivir tanto en plantas coma en animais. O seu teleomorfo é Filobasidiella neoformans, un fungo filamentoso pertencente á clase Tremellomycetes. Atópase a miúdo en excrementos de aves. Cryptococcus neoformans é un organismo fúnxico encapsulado e pode causar enfermidade en hóspedes aparentemente inmunocompetentes e tamén en inmunocomprometidos.

Interleucina 12

A interleucina 12 (IL-12 ou IL12) é unha proteína interleucina reguladora que producen as células dendríticas, macrófagos e células linfoblastoides B humanas (NC-37) en resposta á estimulación antixénica.

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Roda do Ano

A Roda do Ano é un calendario usado nalgunhas relixións pagás e neopagás para marcaren e celebraren o ciclo das Estacións. Este ciclo consiste en oito festivais chamados "Sabbats" ou aquelarres. Segundo a paganismo actual, a Roda do Ano está a reflectirse nas nosas vidas: nacer, medrar, avellentar e morrer.

Na relixión Wicca e outras relixións pagás da natureza, os procesos naturais son vistos como un ciclo continuo. O paso do tempo é tamén visto como cíclico e é representado por unha roda ou un círculo. A evolución de nacer, medrar, avellentar e morrer, como se experimenta na vida humana, repítese na progresión das Estacións. Os wiccans empregan a vida, morte e renacemento do Deus e a fertilidade da Deusa para explicaren a evolución das estacións e da Roda do Ano.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.