Lalín, Lalín

Santa María das Dores de Lalín é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 10.462 habitantes (5.333 mulleres e 5.129 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 7.702 habitantes.

Coordenadas: 42°39′42″N 8°07′11″O / 42.6615858, -8.1198163

Lalín
Igrexa parroquial. Lalín
Igrexa parroquial
ConcelloLalín
Poboación10.462 hab. (2011)
Entidades de poboación9

Historia

A parroquia de Santa María das Dores de Lalín foi creada na reforma parroquial de 1890, coa fusión da antiga parroquia de San Martiño de Lalín e parte da de San Cristovo da Pena (quedando a outra parte como a nova parroquia de Xaxán). Nesta reforma Santa María de Donramiro deixou de ser parroquia e pasou a ser anexo de Lalín.

En principio a igrexa parroquial era unha capela situada no actual emprazamento da estatua a Loriga. A comezos do século XX iniciáronse as obras para a construción dunha nova igrexa parroquial, no centro da vila, que foi inaugurada en 1919.

En 1962 fundouse a Banda de música de Lalín.

Patrimonio

A antiga igrexa parroquial era a igrexa de San Martiño, de estilo románico do século XII, construída no lugar onde desde o 980 existía un mosteiro. Cando comezou a construírse a nova igrexa parroquial, este templo, un pouco afastado da poboación, estivo a piques de se derrubar pero a oposición dos veciños impediuno.

Demografía

A poboación de Lalín medra a un ritmo considerable dende finais da década dos noventa:

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Lalín, Lalín.
Igrexa de San Martiño de Lalín, Lalín

Igrexa de San Martiño de Lalín.

Fachada da igrexa de San Martiño de Lalín

Igrexa de San Martiño de Lalín.

Cruceiro de Lalín de Arriba, Lalín

Cruceiro de Lalín de Arriba.

Monumento ao aviador Loriga. Lalín

Monumento ao aviador Loriga.

Lugares e parroquias

Parroquias de Lalín

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Corredoira, Lalín, Lalín

A Corredoira é un lugar da parroquia de Lalín, no concello de Lalín, na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra.

Alfonselle, Lalín, Lalín

Alfonselle é un lugar da parroquia de Lalín, no concello de Lalín, na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 29 habitantes (13 homes e 16 mulleres).

Carragoso de Abaixo, Lalín, Lalín

Carragoso de Abaixo é un lugar da parroquia de Lalín, no concello de Lalín, na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra.

Feás, Lalín, Lalín

Feás é un lugar da parroquia de Lalín, no concello de Lalín, na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 58 habitantes (25 homes e 33 mulleres).

Galería de imaxes da igrexa de San Martiño de Lalín

San Martiño de Lalín é unha igrexa románica no século XII de Lalín, situada fóra do núcleo urbano, no lugar de Lalín de Arriba, parroquia de Lalín, Lalín.

Galería de imaxes de Lalín

Galería de imaxes do concello de Lalín na provincia de Pontevedra.

García Sánchez, Lalín, Lalín

García Sánchez é un lugar da parroquia de Lalín, no concello de Lalín, na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 41 habitantes (23 homes e 18 mulleres).

Lagazós, Lalín, Lalín

Lagazós é un lugar da parroquia de Lalín, no concello de Lalín, na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 41 habitantes (25 homes e 16 mulleres).

Lalín

Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio tiña unha poboación de 20.103 habitantes (2018) e divídese entre o núcleo urbano, onde viven máis de 10 000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.

O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.

Lalín de Arriba, Lalín, Lalín

Lalín de Arriba é un lugar da parroquia de Lalín, no concello de Lalín, na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 137 habitantes (72 homes e 65 mulleres).

Liga Galega de Rugby

A liga galega de rugby e a competición que enfronta ós clubs de rugby galegos, divididos en dúas divisións, a LGR1 e a LGR2. A liga está organizada pola FGR, que tamén organiza a Copa Xunta de Rugby. Tódolos clubs galegos participan na liga galega, mesmo os que compiten nas dúas competicións nacionais (a División de Honra A e División de Honra B), xa que os clubs que compiten en competicións nacionais teñen a obriga de ter equipos filiais nas súas ligas rexionais.

O Outeiro, Lalín, Lalín

O Outeiro é un lugar da parroquia de Lalín, no concello de Lalín, na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 16 habitantes (6 homes e 10 mulleres).

Preferente Autonómica de Galicia 2010/11

A tempada 2010–11 da Preferente Autonómica de Galicia iniciouse o 29 de agosto de 2010 e finalizou o 22 de maio de 2011. Resultaron campións o Betanzos CF (Grupo norte) e o CD Lalín (Grupo sur).

No Grupo Norte, o Lemos e o Flavia víronse prexudicados polos descensos do Santa Comba e o Narón de Terceira División, descendendo a Primeira Autonómica. No Grupo Sur, o Porriño Industrial e o Rápido Bahía víronse prexudicado polos descensos do Pontevedra B e o Portonovo de Terceira División, descendendo a Primeira Autonómica.

Preferente Autonómica de Galicia 2012/13

A tempada 2012–13 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 26 de agosto de 2012 e finalizou o 19 de maio de 2013. O campión foi o Cultural Areas.

Preferente Autonómica de Galicia 2013/14

A tempada 2013–14 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 25 de agosto de 2013 e finalizou o 18 de maio de 2013. O campión foi o Ribadeo.

Preferente Autonómica de Galicia 2014/15

A tempada 2014–15 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 30 de agosto de 2014 e finalizou o 24 de maio de 2015.

Preferente Autonómica de Galicia 2015/16

A tempada 2015–16 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 23 de agosto de 2015 e finalizou o 22 de maio de 2016.

Primeira División Nacional de Balonmán

A Primeira División Nacional de Balonmán é a terceira categoría do balonmán de España e a segunda competición en importancia organizada pola Federación Española de Balonmán.

Vila Flores, Lalín, Lalín

Vila Flores é un lugar da parroquia de Lalín, no concello de Lalín, na comarca do Deza, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 65 habitantes (25 homes e 40 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.