Lalín

Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio ten unha poboación de 20 103 habitantes (2018)[5] e divídese entre o núcleo urbano, onde viven máis de 10 000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.

O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.

Coordenadas: 42°39′N 8°6′O / 42.650, -8.100

Lalín
Bandeira de Lalín
---
Escudo de Lalín
Nova Casa do Concello de Lalín
Casa do Concello.
Situacion Lalín
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación20.103 hab. (2018)
Área326,8 km²
Densidade61,51 hab./km²
Entidades de poboación48 parroquias
Capital do concelloLalín
Política (2019[2])
AlcaldeXosé Crespo (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 11
PSdeG-PSOE: 4
Outros: CxG: 5
Eleccións municipais en Lalín
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes68,33%
Na rede
http://www.lalin.gal
lalin@lalin.gal

Xeografía

Demografía

Censo Total 20.103 (2018)
Menores de 15 anos 2.467 (12.27 %)
Entre 15 e 64 anos 12.564 (62.5 %)
Maiores de 65 anos 5.072 (25.23 %)
Evolución da poboación de Lalín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
16.238 17.529 19.001 17.666 20.698 21.216 21.127 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Casa do concello. Lalín
Antiga Casa do concello

En tempos prehistóricos, xa estiveran poboadas estas terras. Así o testemuñan os castros de Donramiro e Goiás, a pouca distancia de Lalín, e mesmo o castro que algúns historiadores sitúan no lugar que hoxe ocupa o parque do aviador Loriga, sobre o que na época sueva se construíu unha torre-fortaleza. Precisamente ao abeiro desta fortaleza medieval xurdiu o casal da Torre, que con outros casais illados formou o primitivo núcleo urbano de Lalín no século XIX. Torre-fortaleza que logo pasaría aos Suárez de Deza-Churruchao, e nos últimos tempos, antes da súa destrución, ao Conde de Lemos. Derrubado en 1846, só quedou en pé ata os primeiros anos deste século a torre da homenaxe, á beira da que se erguía un vello carballo chamado "da manteiga". A finais do XVIII, o lugar da Torre estaba formado por sete casas, nas que se daba comida e aloxamento a moitos feirantes, que concorrían ás dúas feiras mensuais, e aos viaxeiros que transitaban de Ourense a Santiago, e de Lugo a Pontevedra.

En Lalín editáronse os periódicos La Defensa (1905-1909), La Lucha (1916-1918), Verdad y Justicia (1922-1924) e Razón (1933-1934).

A vila de Lalín, formada xa polos casais da Torre, Barrio de Abaixo, Tirabeque, Cacharela, Pontillón e outros, contaba en 1930 con pouco máis de trescentos veciños. Virían logo os anos do desenvolvemento e do progreso, ata converterse nos nosos días na vila máis importante[Cómpre referencia] da Galicia Central.

Cultura

Toponimia

O nome de Lalín vén de "Lalino", un colono do Conde de Deza que tivo ao seu cargo as terras nas que, anos máis tarde (980), se erixiu o mosteiro de San Martiño de Lalín de Arriba.

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

  • Castros de Lalín

Patrimonio natural

O concello salienta pola súa paisaxe de pastos e fragas. Cómpre destacar a fraga de Catasós, carballeira declarada monumento natural en 2000 na parroquia de Catasós.

Economía

Nas cifras de 1996, predominaba o sector primario cun 38% da poboación ocupada. A construción daba emprego a un 13% da poboación ocupada. O sector secundario posuía o seu peso supoñendo un 18%. O sector servizos tiña importancia co 31% dos activos.

Os datos do ano 2001 amosan unha redución importante do sector primario, pasando dun 38% a un 27%. Porén, a construción aumenta un punto ata chegar ao 14%, igual que o sector industrial cun 19%. O crecemento máis salientábel encabézao o sector servizos cun 40%, presentando unha serie de servizos tanto públicos como privados (comercio, sanidade, educación, xustiza etc.).[6]

Concentración industrial

Pode dicirse que, igual que A Estrada é a "capital do moble", Lalín é unha das "capitais da moda" de Galicia. Nos límites do seu territorio pódense atopar factorías das seguintes marcas do sector téxtil:

Festas e celebracións

  • Gastronomía
  • Romarías
    • Na parroquia de Losón celébrase a romaría do Corpiño cara o 23-24 de xuño.
  • Cinema
    • ANIRMAU, festival de cine de animación.

Irmandada

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Lalín.
Lalín, km 0 01-01b

Lalín postúlase como o km 0 de Galicia

Lalin xulgados 26-10-08 04

Xulgado

2016 Church Lalín. Galiza

Igrexa parroquial de Lalín

Monumento ao aviador Loriga. Lalín

Monumento ao aviador Loriga.

Monumento a Ramón Mª Aller. Lalín

Monumento a Ramón Mª Aller.

Lalin 26-10-08 11

Estatua Deusa do Deza de Acisclo Manzano

Lalin. Corpino. Galiza 02

Santuario da Nosa Señora do Corpiño

Lalin. Corpino. Galiza 28

O Corpiño

Malla con mallo-Festa Malla Doade 2015

Festa da malla de Doade.

Conxunto escultórico creado por Sergio Portela Campos, en 2002, na carballeira do Rodo, próxima ó casco urbano:

Lalín, 01-21b
Lalín, 01-22b
Lalín, 01-23a
Lalín, 01-24b

Lugares de Lalín

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lalín vexa: Lugares de Lalín.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Lalín". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002003001&c=-1&ruta=fichas%2Fbdmunicipal_tablas.jsp%3FESP%3D36024 Censo Lalín 2007
  6. Rodríguez González, Román. Os concellos galegos para o século XXI (VOL. II). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 8460802310.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Xesta, Lalín

San Fiz da Xesta é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 252 habitantes (127 homes e 125 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 271 habitantes.

Albarellos, Lalín

Santa María de Albarellos é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 49 habitantes (24 mulleres e 25 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 46 habitantes.

Alemparte, Lalín

Santa María de Alemparte é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 35 habitantes (17 mulleres e 18 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 55 habitantes.

Nesta parroquia naceu Vidal Payo Fernández, canteiro e escultor.

Anseán, Lalín

Santiago de Anseán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 63 habitantes (35 homes e 28 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 83 habitantes.

Nesta parroquia naceu a poeta Luz Pichel.

Anzo, Lalín

San Xoán de Anzo é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 186 habitantes (97 mulleres e 89 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes.

Nesta parroquia naceu o empresario Ramón Lareo López, Roque.

Bermés, Lalín

Santa María de Bermés é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 227 habitantes (114 mulleres e 113 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes.

Botos, Lalín

San Xoán de Botos é unha parroquia do concello de Lalín. En 2018 tiña 524 habitantes (296 homes e 296 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 15 entidades de poboación.

Busto, Lalín

San Facundo de Busto é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 67 habitantes (33 homes e 34 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 93 habitantes.

A parroquia é anexa á de Losón.

Doade, Lalín

San Pedro de Doade é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 157 habitantes (82 mulleres e 75 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes.

Donsión, Lalín

Santa Baia de Donsión é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 224 habitantes (115 mulleres e 109 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.

Gresande, Lalín

Santiago de Gresande é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 205 habitantes (105 mulleres e 100 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 228 habitantes.

Lalín, Lalín

Santa María das Dores de Lalín é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 10.462 habitantes (5.333 mulleres e 5.129 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 7.702 habitantes.

Lebozán, Lalín

Santiago de Lebozán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 154 habitantes (78 mulleres e 76 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 217 habitantes.

Losón, Lalín

Santa Baia de Losón é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 349 habitantes (179 mulleres e 170 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 456 habitantes.

Moneixas, Lalín

Santo Adrao de Moneixas é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2008 tiña 257 habitantes (138 mulleres e 119 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2000 cando tiña 256 habitantes. Atópase a uns 2 quilómetros da capital do concello.

O Cello, Lalín

San Martiño do Cello é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes.

Santiso, Lalín

San Román de Santiso é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 256 habitantes (128 mulleres e 128 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 290 habitantes.

Santiso foi a primeira parroquia do concello de Lalín en realizar a concentración parcelaria en 1989 e na que naceron o último alcalde republicano de Lalín, Xesús Golmar, e o actor e director Juan Orol.

Vilanova, Lalín

San Xoán de Vilanova é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2009 tiña 223 habitantes, distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.

Zobra, Lalín

Santa Mariña de Zobra é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 152 habitantes (81 mulleres e 71 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 185 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.