Lagostino

O lagostino[5] ou cigala[6] (Nephrops norvegicus), é un crustáceo decápodo da suborde dos pleociemados, infraorde dos astacideos, o tipo da familia dos nefrópidos (Nephropidae), e a única especie do xénero Nephrops.[2][3][7] Trátase dunha especie comestible moi apreciada en gastronomía polo seu sabor.

Lagostino / Cigala
Nephrops norvegicus
Nephrops norvegicus

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Astacidea
Familia: Nephropidae
Xénero: Nephrops
Leach, 1814 [2]
Especie: N. norvegicus
Nome binomial
Nephrops norvegicus
(Linnaeus, 1758) [3]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Astacus norvegicus Fabricius, 1775
  • Astacus rugosus Rafinesque, 1814
  • Cancer norvegicus Linnaeus, 1758 [4]
  • Homarus norvegicus Weber, 1795
  • Nephrops norvegicus ssp. meridionalis Zariquiey Cenarro, 1935
  • Nephropsis cornubiensis Bate & Rowe, 1880

Nome común

O Dicionario da Real Academia Galega dá á especie Nephrops norvegicus a denominación de lagostino ou cigala, sinalando a segunda como forma menos recomendable. Con todo, o termo lagostino é ambiguo pois é igualmente empregado polo antedito dicionario para designar outro crustáceo, o Penaeus kerathurus, que ten o caparazón máis brando e carece das pinzas que caracterizan o Nephrops norvegicus.

Outras fontes consultadas [8] utilizan cigala para o Nephrops norvegicus e lagostino para o Penaeus kerathurus, ao igual que fai o castelán. O portal Pesca de Galicia.com, dependente da Consellería do Mar, tamén recolle estes dous nomes.

Finalmente, hai tamén autores que utilizan lagostino para o crustáceo Nephrops norvegicus e denominan gamba ao Penaeus kerathurus.[9]

Descrición

As principais características do lagostino (ou cigala) son:[10] [11]

  • Corpo alongado, de cor rosada, máis ou menos pálida, con rexións e franxas máis escuras, tirando a cor vermella, comprimido dorsoventralmente, especialmente na rexión abdominal, de até 24 cm de lonxitude, nos machos, e raramente máis de 15 cm nas femias (desde a punta do rostro até a punta da cola).
  • Caparazón do cefalotórax relativamente curto e moi duro, xa que está fortemente calcificado.
  • Rostro con dúas cristas lonxitudinais; outras cristas no caparazón e nas quelas (pinzas).
  • Ollos grandes, negros, en forma de ril.
  • Primeiro par de patas torácicas longo, con longas pinzas lixeiramente desiguais. Segundo e terceiro par tamén con pinzas.
  • Abdome longo, protexido por placas tergais moi consistentes, con sucos transversais na rexión dorsal e marxes rematadas en ángulo agudo.
  • Pleópodos pequenos; telson máis ancho na base e rematado nunha apertada pilosidade; urópodos arredondados que dan á aleta cuadal grande amplitude.

Bioloxía

Hábitat

Os lagostinos (ou cigalas) viven en fondos brandos (areosos ou lamacentos), agochados durante o día en tobos escavados por eles mesmos, ás veces longos e con máis dunha saída para escapar, a profundidades de entre os 40 e os 700 m, segundo a temperatura, aínda que máis frecuentemente entre os 200 e os 400 m. De noite abandonan os tobos á procura de presas.[10] [11]

Distribución

A especie Nephrops norvegicus está presente no nordeste do Atlántico, desde Islandia, as illas Feroe e Noruega até o sur de Portugal e o norte da costa atlántica de Marrocos, no mar do Norte e no mar Mediterráneo occidental e central. Está ausente no mar Báltico, no Mediterráneo oriental, no Bósforo e no mar Negro.[1]

Nutrición

O lagostino ( ou cigala ) é un depredador que vive en solitario, cazando para alimentarse fundamentalmente vermes poliquetos, crustáceos anfípodos, ofiúras e outros pequenos animais bentónicos, incluídos peixes, que capturan de noite.[11]

Reprodución

Os lagostinos (ou cigalas) alcanzan a madurez sexual entre os 3 e os 5 anos de vida, cando miden entre os 8 e os 10 cm. As femias desovan cada dous anos, xa que o emparellamento non vai seguido da fecundación inmediata dos óvulos, senón que os espermatozoides do macho son transportados pola femia durante un certo tempo no saco seminal, situado cerca da cavidade onde desembocan os ovidutos, e é precisamente ao saíren os óvulos cando estes son fecundados.
A posta esta formada por máis de 4 000 ovos de cor verdosa, que a femia leva entre as súas patas durante uns oito ou nove meses, cando eclosionan as larvas, que miden case 7 mm e nadan libremente durante dúas ou tres semanas. Despois da terceira muda, cando miden uns 11 mm de longo, descenden ao fondo, comezando a súa vida bentónica.[10][11]

Comportamento ante o perigo

Cando se ven en perigo, os lagostinos (ou cigalas) sacoden fortemente a cola para cravar as espiñas que cobren todo o seu corpo no presunto agresor. Outras veces prefiren agocharse debaixo da lama deixando fóra só os ollos.[10]

Taxonomía

A especie foi descrita por Linneo en 1758, baixo o nome de Cancer norvegicus. Posteriormente foi reclasificada no xénero Nephrops, creado por William Elford Leach en 1814. Este xénero é monoespecífico, é dicir, conta cunha soa especie, Nephrops norvegicus.[12]

Etimoloxías

Xénero

O nome xenérico, Nephrops, está formado polos elementos do latín científico nephr-, tirado do grego antigo νεφρός nefrós, 'ril', e -ops, derivado do grego antigo ώψ óps, 'vista', 'aparencia'. Literalmente: "os de ollos con aparencia de ril".[13]

Especie

O nome específico, norvegicus, é un adxectivo latino masculino que significa "de Noruega".

Estado de conservación

Desde o ano 2009 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén cualificado o status desta especie como LC (pouco preocupante), cualificación que mantén a día de hoxe (novembro de 2016), debido a que se trata dunha especie moi estendida que se encontra en cantidades comerciais en toda a súa área de dispersión e, aínda que as súas poboacións están en declive nalgunhas partes da súa área, parecen ser estábeis nos caladoiros do norte, que comprenden a maior proporción da poboación.[1]

Pesca e comercialización

Esta especie encóntrase en cantidades comerciais en gran parte da súa área de dispersión. Os seus desembarques aumentaron constantemente desde a década de 1950, na que se pescaban ao redor de 10 000 t anuais, a unhas 50 000 ou 70 000 t na década do 2000.[1]

Apáñanse con redes de arrastre durante a noite. Comercialízanse en fresco, cocidos ou conservados. Aínda que segundo a UICN o status da especie é pouco preocupante, varios países estableceron medidas de protección.[11]

Na gastronomía galega

A dicir do mestre Álvaro Cunqueiro

O seu discípulo Jorge Víctor Sueiro, en Comer en Galicia, di que

Galería de imaxes

Nephrops norvegicus 1

Lagostino camiñando pola area.

Langoustine dans son terrier

Lagostino no seu tobo.
Grand Aquarium de Saint-Malo, Bretaña, Francia

Langoustine Nephrops norvegicus 07062010 4

Detalle dos ollos

Langoustine Nephrops norvegicus 07062010 5

Detalle da quela ou pinza

Langoustine Nephrops norvegicus 07062010 6

Detalle do telson

Nephrops norvegicus with roe

Femia coas míllaras

Cigala-Paella-2009

Detalle dun lagostino nunha paella

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Bell, C (2015): Nephrops norvegicus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2016-2. Consultada o 25 de novembro de 2016.
  2. 2,0 2,1 Nephrops Leach, 1814 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Nephrops norvegicus (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
  4. Basónimo.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagostino.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cigala.
  7. Nephrops Leach, 1814 no ITIS.
  8. Dirección Xeral de Formación Pesqueira: Guía do consumidor de peixe fresco, Xunta de Galicia 1999; ou Rosa Ramonell: Guía dos mariscos de Galicia, Galaxia, Vigo 1985.
  9. Fernando Lahuerta Mouriño e Francisco X. Vázquez Álvarez: Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Ramonell, R. 1985, pp. 234-237.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Muus, Bent J. et al. 1998, p. 288.
  12. Nephrops norvegicus (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
  13. Nephrops no Merriam-Webster Unabridged Dictionary,
  14. Cunqueiro, A. (1973): A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5, p. 74.
  15. Sueiro, J.-V. (1981): Comer en Galicia. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-8533-732-8, p. 81.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Holthius, L. (1991): FAO species catalogue Vol. 13: Marine Lobsters of the World, Roma, Italia: FAO. ISBN 92-5-103027-8.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Ramonell, R. (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
  • Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al., ed. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 284–292. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

Ligazóns externas

Xénero Nephrops

Especie Nephrops norvegicus

Arrastreiro

Un arrastreiro é un buque de pesca deseñado e especializado para o arrastre, modalidade de captura consistente nunha rede lastrada que, co movemento do barco, captura todo o que atopa ao seu paso.

Caparazón

O caparazón, casca ou carapa é unha cuberta dura e ríxida (casca) que posúen numerosos animais que, entre outras funcións, serve para protexer as partes brandas dos mesmos. Neste sentido, sería sinónimo de exoesqueleto.

É o caso da maioría dos crustáceos e moluscos, nos que é de natureza calcaria, de todos os artrópodos, nos que está constituído por queratina (nos crustáceos reforzada por sales cálcicos) e dos quelonios (tartarugas), nos que é de natureza ósea e córnea.

Carabineiro

O carabineiro (Aristaeopsis edwardsiana) é unha especie de crustáceo decápodo da familia Aristeidae. É de aspecto similar aos lagostinos e gambas, aínda que é bastante máis grande. De forte coloración rubia escura, ten un corpo alto e esmagado lateralmente e unha cabeza igualmente alongada. O seu tamaño pode alcanzar os 30 cm.

Coroa islandesa

A coroa (en islandés: króna) é a moeda oficial de Islandia. Divídese en 100 aurar (eyrir) aínda que esta división non se utiliza. Normalmente abreviase como "kr." e o seu código ISO 4217 é ISK.

Gran Sol

O Gran Sol (escrito ás veces como Grand Sol ou Gran Sole) é un caladoiro situado no Atlántico norte, entre os paralelos 48º e 60º, ao oeste das illas Británicas.

Destaca pola súa riqueza pesqueira sendo as principais especies obxectivo das frotas comunitarias: pescada, rapante, peixe sapo, bacallau, foguerio, bacalada, solla de altura, linguado... A frota galega, por limitación e cotas, céntrase na pescada (destacando os portos de Burela e A Coruña), o rapante (Vigo), o peixe sapo e o lagostino (este último na Coruña, principalemente). Tamén se collen naquelas augas outras capturas en menor volume coma: polbo, raia, pota, solla, xurelo, xarda, maruca, abadexo, escacho, ollomol, lura ou lirio.Este caladoiro destaca tamén pola ferocidade dos seus temporais.

Desde antigo o caladoiro do Gran Sol foi explotado polos pescadores españois (especialmente os galegos) e portugueses, que navegan desde a costa cantábrica e atlántica para faenaren nas súas aguas.

O nome de Gran Sol provén do francés Grande Sole ("gran linguado"). Non se debe confundir co Box irlandés (Irish Box, en inglés), caladoiro este que está fóra do Gran Sol e que designa unha zona de pesca reservada acoutada entre paralelos e meridianos (box) ao redor da illa de Irlanda.Convencionalmente os británicos diferencian o Gran Sol grande (Great Sole Bank) e o Gran Sol pequeno(Little Sole Bank). Estas zonas defínense para fins de protección da pesca, estando limitadas pola costa ou as liñas de latitude e lonxitude seguintes:

Gran Sol pequeno (ICES Statistical Division VIIh)

48°N 5°W

49°30'N 5°W

49°30'N 7°W

50°N 7°W

50°N 9°W

48°N 9°W

48°N 5°W

Gran Sol grande (ICES Statistical Division VIIj)

48°N 9°W

9°W ao sur da costa de Irlanda

52°30'N ao oeste da costa de Irlanda

52°30'N 12°W

48°N 12°W

48°N 9°WNo entanto, a pesar do convencionalismo británico, entre os mariñeiros e armadores galegos o termo Gran Sol é único e refírese as augas do Atlántico Oriental entre os paralelos 48º e 60º, o que se corresponde coas zonas ICES números VI, VII e VIII, excluíndose as zonas próximas a costa e incluíndo moitas das áreas vetadas para a frota do país.

Illa de San Cristóbal

San Cristóbal é a illa máis oriental do arquipélago das illas Galápagos, en Ecuador.

O seu nome oficial e en español, 'San Cristóbal', provén do patrón dos mariños, San Cristóbal (Christopher). O seu antigo nome en inglés, Chatham, proviña de William Pitt (o Vello), primeiro conde de Chatham; mentres que en 1832, cando Ecuador tomou posesión do arquipélago, recibiu o de «illa Mercedess» na honra da esposa do presidente Juan José Flores: Mercedes Jijón de Vivanco.San Cristóbal ten unha superficie de 558 km² e o seu punto máis alto elévase a 730 metros sobre o nivel do mar. A capital do arquipélago, Puerto Baquerizo Moreno, atópase no extremo suroccidental da illa. Dúas liñas aéreas voan directamente ao Aeroporto de San Cristóbal desde Guayaquil, Ecuador; os voos desde Quito fan escala en Guayaquil.

Esta illa alberga fragatas, lobos mariños, tartarugas das Galápagos, alcatraces patirroxos, alcatraces patiazules, iguanas mariñas, delfíns e gaivotas das Galápagos. A súa vexetación inclúe Calandrinia galapagosa, Lecocarpus darwinii e árbores como Lignum vitae ou Matazarna. Nas augas próximas hai tiburóns, raias e lagostas.

O maior lago de auga doce no arquipélago, Lagoa El Junco (0°53′43″S 89°28′49″O), está situado nun cráter na serra de San Cristóbal, na metade sur da illa. Alberga unha gran poboación de aves, pero chegar ao lago require unha curta camiñada costa arriba. Preto de alí está La Galapaguera, unha estación de cría e refuxio das tortugas xigantes.

Preto da cidade de Puerto Baquerizo Moreno hai lugares turísticos, como Cerro Tijeretas, unha colonia de aniñación para fragatas e unha estatua de Charles Darwin, que marca o sitio orixinal onde desembarcou por primeira vez nas illas Galápagos durante a segunda viaxe do HMS Beagle, o 16 de setembro de 1835. La Lobería, unha colonia de lobos mariños, atópase a uns dez minutos en autobús da cidade.

Na parte alta da illa atópase a Estación Biolóxica San Cristóbal, manexada pola Fundación Jatun Sacha, unha organización ecuatoriana sen fins de lucro que se dedica á conservación dos bosques en todo o Ecuador. Jatun Sacha mantén facilidades para recibir investigadores, voluntarios e cursos. Todos os visitantes involúcranse co traballo que fai Jatun Sacha en prol da conservación da illa: erradicación de especies invasoras, traballo co Parque Nacional Galápagos na Galapaguera, traballo cos finqueros da zona en reforestación e control de especies introducidas, entre outras cousas.

Tamén hai excursións en barco que levan aos visitantes a dous sitios próximos de mergullo. "León Dormido" representa os restos dun cono de lava, agora dividido en dous. "Isla Lobos" é tamén un sitio de aniñación do alcatraz patiazul.

Ipomoea aquatica

Ipomoea aquatica é unha planta tropical semiacuática que se cultiva como verdura polos seus rebentos e follas tenros. Atópase en rexións tropicais e subtropicais, aínda que se descoñece onde se orixinou. Coñécese como phak bung en tailandés e Laosiano, ong choy en cantonés, kongxincai en mandarín, rau muống en vietnamita, kangkong en tagalo, trokuon en Khmer, kolmou xak en assamés, kalmi saag en hindi, kalmi shak en bengalí, Thooti Koora en Telugú, kangkung en indonesio, malaio e ceilandés e hayoyo en Ghana.

Lagostino mediterráneo

O lagostino mediterráneo [Cómpre referencia] (Melicerthus kerathurus, Forskål, 1775; antes Penaeus kerathurus) é un crustáceo decápodo nadador, mariño, pertencente á familia Penaeidae, da suborde Dendrobranchiata.

Lista de crustáceos de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética dos crustáceos atopados en Galicia. Esta baseada, entre outros, na información recollida dos traballos feitos polos expertos en carcinoloxía Eduardo González Gurriarán e Matilde Méndez Guerrero para os crustáceos decápodos, Juan María Junoy Pintos e Josep Castelló-Escandell para os crustáceos isópodos .Este grupo contén arredor de 67.000 especies vivas algunhas das cales foron atopadas con maior ou menor abundancia nas costas galegas.

Á taxonomía da fauna carcinolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de crustáceos, procurando sempre citar a referencia oportuna e tamén engadir as novas especies que vaian aparecendo e eliminar as que non deberían estar debido á nova información dispoñible.

Malú

María Lucía Sánchez Benítez, nada en Madrid o 15 de marzo de 1982, é unha cantante española, coñecida artisticamente como Malú. En 2010 conseguiu o seu primeiro número 1 de vendas co álbum Guerra Fría, doce anos logo do seu debut en 1998.

Mariscada

Unha mariscada é unha comida constituída fundamentalmente por marisco. É típico da cociña costeira de Galiza. A súa popularidade pode atoparse noutras zonas peninsulares e estranxeiras (especialmente Francia). Aplícase tamén a denominación mariscada a aquelas comidas nas que o prato principal ou central do menú é o marisco (indiferentemente de cal for este), sen que inflúa o tipo de recipiente que se use para tal efecto, nin todo o marisco deba ir nesa bandexa. Quizais os máis comúns sexan a centola, a nécora, o percebe, o lagostino e a cigala.

Marisco

O marisco inclúe unha ampla variedade de crustáceos, moluscos e equinodermos especialmente valorados para o seu consumo. Non se trata, realmente, dun concepto biolóxico senón gastronómico, e carece de calquera validez na taxonomía.

Nueva Pescanova

Nueva Pescanova, tamén coñecida como Grupo Nueva Pescanova, é unha sociedade multinacional galega, especializada na captura, cultivo, elaboración e comercialización de produtos do mar.Con máis de 10 000 empregados en catro continentes, é unha das poucas multinacionais de produtos do mar presente en toda a cadea de valor, desde a orixe até a súa venda.Sucesora da empresa Pescanova, ten a súa sede en Chapela, Redondela (Pontevedra).

Penaeus

Penaeus é un xénero de crustáceos decápodos mariños, o tipo da familia dos peneidos, que comprende, entre outras, a especie Penaeus monodon, o lagostino tigre, o máis importante dos crustáceos cultivados.

O xénero foi recentemente reorganizado seguindo a proposición de Pérez Farfante e Kensley, baseada en diferenzas morfolóxicas, en particular dos caracteres xenitais. aínda que esta revisión non é universalmente aceptada.Seguindo esta revisión, moitas especies anteriormente incluídas no xénero Penaeus foron situadas en novos xéneros da familia dos peneidos: Farfantepenaeus, Fenneropenaeus, Litopenaeus e Marsupenaeus.

Penaeus monodon

A gamba xigante (Penaeus monodon) é unha especie de crustáceo decápodo mariño da familia dos peneidos, amplamente criado en acuicultura para a alimentación, e unha das coñecidas en castelán nos supermercados como langostino tigre ou langostino jumbo.

Máis de 900 000 t deste crustáceo consómense cada ano, dous terzos das cales proveñen da acuicultura, principalmente do sueste asiático.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.