Lagoa de Castiñeiras

A lagoa de Castiñeiras é unha lagoa artificial situada no monte de Cotorredondo (entre a comarca do Morrazo e a de Pontevedra), entre os termos municipais de Vilaboa (parroquia de Vilaboa, xunto aos lugares da Graña e Postemirón) e Marín (parroquia de San Xián).

Coordenadas: 42°21′46″N 08°40′28″O / 42.36278, -8.67444

Marin Lago vista
Lago Castiñeiras, Vilaboa
Lagoa de Castiñeiras, 2014. PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional
Vista aérea no 2014.

Situación

Ao redor da lagoa sitúase un dos parques forestais máis antigos de Galicia, o Parque da Natureza Lagoa de Castiñeiras, situado en montes comunais e xestionado pola Xunta de Galicia. Está rodeado dunha masa forestal creada a partir dos anos 50 pero que probablemente teña a súa orixe nas primeiras plantacións do plan de reforestación da provincia de Pontevedra, iniciadas o 3 de xaneiro de 1927. Actualmente o parque conta cunhas 70 ha de superficie repoboadas con castiñeiros, bidueiros, carballo americano e outras especies exóticas.

Dentro do parque atópase unha caseta de información e a Aula de Natureza de Cotorredondo, ambas as dúas xestionadas pola cooperativa Teixugo.

No parque atópase un campo de catro mámoas entre as que destaca a Mámoa do Rei.

Accédese pola estrada de Figueirido, dende a N-550, ou ben dende Vilaboa a través de distintos camiños forestais (401, 105).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Eurocopter AS350 Écureuil

O Eurocopter AS350 Écureuil (no presente Airbus Helicopters H125) é un helicóptero utilitario lixeiro dun motor orixinalmente deseñado e fabricado en Francia por Aérospatiale e Eurocopter (no presente Airbus Helicopters). En Norteamérica o AS350 é comercializado como AStar. O AS355 Ecureuil 2 é unha variante de dous motores, comercializada en Norteamérica como TwinStar. O Eurocopter EC130 é un derivado da célula do AS350 e está considerado polo fabricante parte da familia do Écureuil dun só motor.

Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia

Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia.

Marín

Marín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente xeografica e administrativamente á comarca do Morrazo, pero integrado socioeconomicamente na zona urbana de Pontevedra. Segundo o IGE en 2018 tiña 24.362 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «marinense».

Ría de Pontevedra

A ría de Pontevedra é unha ría pontevedresa das Rías Baixas. É unha das máis amplas das rías Baixas e ten unha forma regular e dunha lonxitude de 20 km2. Na súa boca están as illas Ons e no seu interior a illa de Tambo. O río Lérez chega ao mar por esta ría.A pesca e a explotación de bateas é o motor económico da costa da ría. O alto número de praias da ría sustenta un turismo importante na rexión.As illas Ons, que están na boca da ría, forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Vilaboa

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.