Lagoa

Unha lagoa é unha masa de auga depositada nunha depresión ou vagoada do terreo de tamaño inferior a un lago.

En Galicia existiu ata o seu desecamento a partir do ano 1958 unha das lagoas de auga doce máis grandes da Península Ibérica: a lagoa de Antela.

Lagoa de Vixán11eue
Lagoa de Vixán (Ribeira).

Véxase tamén

Outros artigos

  • lago
  • laga
  • Lagoas de Galicia
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Lagoa, San Simón da Costa, Vilalba

A Lagoa é un lugar da parroquia de San Simón da Costa, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 7 habitantes (4 homes e 3 mulleres).

Alfoz

Alfoz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é alfocego ou alfocés.

As Oiras, Alfoz

San Mamede das Oiras é unha freguesía do concello de Alfoz. En 2004 tiña 110 habitantes distribuídos en 15 entidades de poboación e 3 lugares, cunha densidade de 12,8 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 80 habitantes, sendo 36 homes e 44 mulleres.

Ten unha superficie de 8,57 km². Limitada ao norte coa parroquia de Lagoa, ao sur coas do Pereiro e Figueiras (do concello de Mondoñedo), aoo leste con Adelán e Figueiras, e ao oeste co Pereiro.

Atol

Un atol é unha illa madrepórica oceánica, polo xeral con forma de anel máis ou menos circular, ou tamén un conxunto de varias illas pequenas que forman parte dun arrecife de coral, cunha lagoa interior que comunica co mar. Os atois fórmanse cando un arrecife de coral crece ao redor dunha illa volcánica que posteriormente se afunde no océano.

Complexo Intermareal Umia-O Grove

O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como catalogado zona especial de conservación e zona de protección de aves desde 1990. Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 7490 hectáreas. Como espazo comprendido dentro da Rede Natura 2000, inclúe tamén as illas Ons e Onza.

Coristanco

Coristanco é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no 2014 tiña 6706 habitantes (6974 no 2012, 7102 no 2011, 7165 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «coristanqués».

Corrubedo, Ribeira

Santa María de Corrubedo é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira na comarca do Barbanza. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 768 habitantes (388 homes e 380 mulleres), 5 máis que o ano anterior. Até 1928 pertenceu á parroquia de Olveira.

Nela sitúase o cabo de Corrubedo e unha pequena parte do parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que inclúe as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, que comparte coas parroquias estremeiras de Olveira, Artes e Carreira.

Este parque natural é un sistema de praia-barreira. Logo dun extenso areeiro que conforma a praia, sitúanse as dunas e, tras delas, a lagoa de Carregal e marismas.

Frigg

Frigg -tamén chamada Frigga, Fricca e Friia- é a deusa do amor, a fertilidade e a fidelidade conxugal. O seu nome significa "a amada". Forma parte da trindade formada por Freia, Iord e ela mesma.

É asociada á figura da esposa, e polo tanto da fertilidade, pero tamén se asocia co agro, a gandería, as tarefas domésticas e as batallas principalmente. Frigg pode ser considerara como a terra habitada, cultivada e a morada do home.

A súa orixe é bastante confusa, crese que é filla da Nai Terra (Iord). É esposa de Odín e nai de Balder, Bragi, Hermod e Thor. Frigg coñece o futuro, pero non pode revelalo. Vive con Odín no Virigolf, o paraíso onde van as almas dos xustos, no palacio de Hlidskialf, na sala de Fensalir (da lagoa). Como Freia, é afeccionada ás xoias.

Lagoa, Alfoz

San Vicente de Lagoa é unha das nove parroquias do concello lugués de Alfoz. En 2004 tiña 387 habitantes, distribuídos en 34 entidades de poboación e 4 lugares, cunha densidade media de 34,2 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 308 habitantes, sendo 145 homes e 163 mulleres.

Lagoa e areal de Valdoviño

A lagoa e areal de Valdoviño é un espazo natural galego declarado como zona húmida protexida e que ocupa 490 ha. da lagoa da Frouxeira e a praia da Frouxeira, Valdoviño.

Esta zona húmida forma parte da zona especial de conservación (ZEC) "Costa Ártabra" e da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa de Ferrolterra - Valdoviño". É ademais unha das zonas húmidas galegas incluídas na Lista das zonas húmidas de importancia internacional, da Convención de Ramsar..

Laguna de Negrillos

Lagoa de Negrillos é un municipio da comarca do Páramo, na provincia de León, Comunidade autónoma de Castela e León, España.

Luama, Ortigueira

San Martiño de Luama é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 144 habitantes (75 mulleres e 69 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 189 habitantes.

Mor, Alfoz

San Pedro de Mor é unha parroquia do concello de Alfoz. No ano 2010 tiña 555 habitantes (276 homes e 279 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, cunha densidade de 147'6 hab/km². Acolle a aldea da Seara, o principal núcleo do concello de Alfoz dende 1990, e onde vive a cuarta parte da poboación do municipio.

Limita ao norte coa parroquia de Ferreira (O Valadouro), ao sur e ao oeste con Lagoa e ao leste co Castro de Ouro.

O Pereiro, Alfoz

Santa María do Pereiro é unha parroquia do concello de Alfoz. É a parroquia máis extensa do concello, e abrangue preto dun terzo da superficie de Alfoz. Segundo o IGE en 2014 tiña 143 habitantes (73 homes e 70 mulleres), mentres que en 2004 tiña 188 habitantes, cunha densidade de 8 hab./km². Ten 29 entidades de poboación.

Ten unha superficie de 23,4 km². Limita ao norte coa freguesía de Frexulfe (do concello do Valadouro), ao sur con Labrada (concello de Abadín), ao leste con Lagoa e As Oiras (concello de Alfoz), e ao oeste co Cadramón (no concello do Valadouro).

O Reirado, Alfoz

Santa María do Reirado é unha parroquia do concello de Alfoz. En 2004 tiña 64 habitantes, distribuídos en 4 entidades de poboación, cunha densidade de 237 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 51 habitantes, sendo 25 homes e 26 mulleres.

Pertence ao arciprestado de Ferreira. Ten unha superficie de 0,27 km², e limita coas parroquias de Bacoi, Carballido, Castro de Ouro, Mor e Lagoa, xunto co concello do Valadouro.

Hai numerosos cruceiros e cruces.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Sandiás

Sandiás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.307 habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sandiao».

Valdoviño

Valdoviño é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 contaba con 6.796 habitantes (6.978 no 2009, 6.896 no 2006, 6.888 no 2005, 6.854 no 2004, 6.877 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valdoviñés».

O nome do concello fai pensar a algúns nunha agricultura baseada na vide, así Val do viño sería a orixe do topónimo. Tamén hai quen manexa outra hipótese: Val do Aviño, rego que atravesa o chan do municipio, se ben as últimas investigacións, indican que o nome provén do propietario dunha pequena explotación agraria, chamado Baldovino, Baldoviño ou Balduino, do que hai abondosa documentación nos textos medievais.Ocupa unha franxa costeira desde a praia de Campelo ata a entrada da ría de Cedeira.

Nesta poboación leváronse a cabo no século XVIII (1767) os primeiros cultivos de patacas traídas desde América.

As praias do término municipal de Valdoviño son moi populares polo seu paisaxe natural e entre os aficionados ao surf. Entre elas, destacan o areal da Frouxeira, duns 3,6 km de lonxitude, e a praia de Pantín, onde anualmente cada mes de setembro celebrase o Pantín Classic, campionato internacional de surf que comenzou súa andadura en 1988.

A lagoa da Frouxeira é un destacado ecosistema de gran valor ornitolóxico por ser lugar de descanso de aves migratorias e de cría dalgunhas especies de aves.

Venecia

Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.

O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión en tempos de Roma. Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan a Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.

A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia ao longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do río Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven noutras illas da lagoa.

A República de Venecia foi unha importante potencia marítima durante a Idade Media e o Renacemento, e un dos escenarios das Cruzadas e da Batalla de Lepanto, así como un importante centro de comercio (en especial seda, cereais e especias) e arte entre o século XIII e finais do XVII. Todo isto fixo de Venecia unha cidade moi rica ao longo de case toda a súa historia. Venecia tamén xogou un papel importante na historia da música sinfónica e da ópera, sendo o lugar de nacemento de Antonio Vivaldi. Tamén en Venecia naceron numerosos papas, alén de numerosos artistas como Antonio Vivarini, Antonio da Ponte, Tintoretto ou Canaletto.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.