Lagartos

Lagartos é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 146 habitantes (INE 2012).

Coordenadas: 42°24′20″N 4°54′16″O / 42.40556, -4.90444

Lagartos
Flag of None
Coats of arms of None
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
Xeografía
Altitude907 msnm
Superficie43,53 km²
Demografía
Poboación146 hab. (2012)
Densidade3,35 hab./km²
Outros datos
Código postal34347
AlcaldeFrancisco Javier Salán Salán (CDL)
lagartos.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cobras

As cobras son réptiles carnívoros poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e sen patas pertencentes á suborde Serpentes. Pódense distinguir dos lagartos sen patas pola súa falta de pálpebras e oídos externos. Como tódolos escamados, as cobras son vertebrados ectotermos e Amniotas cubertos por escamas. Moitas especies de cobras teñen cranios con máis xuntas que os seus predecesores lagartos, o que lles permite inxerir presas meirandes que a súa testa grazas ás mandíbulas móbiles. Para acomodar os seus estreitos corpos, os órganos pares das cobras (como os riles) están situados un despois do outro, no canto de estar ó carón, e a maioría só ten un pulmón funcional. Alguhas especies conservan a pelve e un par de poutas vestixiais a ámbolos lados da cloaca.

As cobras atópanse en tódolos continentes agás na Antártida, os Océanos Pacífico e Índico, algunhas illas grandes, coma Irlanda e Nova Zelandia, e nas pequenas illas do Atlántico e o Pacífico central. Actualmente recoñécense unhas 20 familias de cobras, arredor de 500 xéneros e unhas 3.400 especies. En canto ó seu tamaño, abrangue dende a máis pequena Leptotyphlops carlae de 10 cm ata o pitón reticulado de 8,7m de longo. A especie fósil Titanoboa cerrejonensis medía 15 metros. Pénsase que as cobras evolucionaron dos lagartos acuáticos durante o período Cretáceo, e o fósil máis antigo atopado ten 112 millóns de anos. A diversidade das cobras modernas produciuse durante Paleoceno (c 66 a 56 millóns de anos). A descrición de cobra preservada máis antiga é o Papiro de Brooklyn.

A maioría das especies non son velenosas, e as que teñen veleno úsano principalmente para matar e subxugar ás presas e non para autodefensa. Algunhas posúen un veleno potente abondo para causar lesións ou morte para os seres humanos. As non velenosas engolen a presa viva ou mátana por constrición.

A atracción polas cobras coñécese como ofiofilia, a repulsión ofiofobia. O estudo dos réptiles chámase herpetoloxía (da palabra grega usada para serpente).

Diápsidos

Os diápsidos (Diapsida) son unha Subclase de réptiles que se caracterizan por presentar, orixinariamente, dúas aberturas no cranio por detrás da órbita do ollo. Este grupo contén os dinosauros, lagartos, serpes, crocodilos, as aves e os seus correspondentes antecesores. Algúns diápsidos descendentes dos antigos perderon despois esta estrutura cranial típica; así aos lagartos quedoulles unha soa abertura, as serpes perderon as dúas, e as aves modernas restruturaron profundamente o seu cranio.

Algúns réptiles primitivos (ictiosauros, placodontes, notosauros e plesiosauros) desenvolveron, secundariamente, a partir do cranio diápsido, un novo tipo de fenestración, a euriápsida, cunha soa abertura na parte superior do óso temporal, xa que se perdeu a outra.

O nome diápsido significa "dous arcos", que son os que delimitan as súas aberturas craniais características. Esta disposición cranial permite a inserción de músculos mandibulares grandes e longos, e facilita que a mandíbula se poida abrir máis amplamente. A clasificación dos grandes grupos de amniotas fíxose clasicamente atendendo á súa estrutura cranial. A estrutura do teito cranial permite identificar entre eles 3 grandes grupos, que diverxeron durante o período do Carbonífero. Estes grupos son:

1. Diápsidos

2. Sinápsidos

3. Anápsidos.

Dragón de Komodo

O dragón de Komodo (Varanus komodoensis) é unha especie de lagarto que vive nas illas de Komodo, Rinca, Flores, Gili Motang e Gili Dasami, en Indonesia central. É un membro da familia dos varanos (Varanidae), e é a especie máis grande vivente de lagartos; que acada unha medida de dous a tres metros e pesa aproximadamente setenta quilogramos. A súa medida infrecuente atribúese ó xigantismo insular, xa que non hai outros animais carnívoros que poidan cubrir o nicho das illas onde viven, e tamén ó ritmo metabólico baixo do dragón de Komodo. Como resultado do seu tamaño, estes lagartos son depredadores alfa, e dominan os ecosistemas onde habitan. Malia que os dragóns de Komodo se alimentan principalmente de prea, tamén emboscan e cazan presas, incluíndo invertebrados, aves e mamíferos.

Escama

A escama (do latín squäma) é unha lámina aplanada presente na derme dalgúns seres vivos, especialmente peixes e réptiles. Nestes animais as escamas preséntanse en gran número e están imbricadas unhas nas outras, recubrindo así a pel e outorgando, principalmente, protección e illamento.

Escíncidos

Os escíncidos (Scincidae), tamén chamados esgonzos, son unha familia de lagartos da infraorde Scincomorpha dos que hai descritas máis de 1.500 especies, polo que son unha das familias máis diversas de lagartos. En Galicia só viven dúas especies de escíncidos, que son o esgonzo común e o esgonzo ibérico.

Espermatóforo

Un espermatóforo é unha cápsula ou masa creada polos espécimes machos de varios invertebrados, como, por exemplo, os insectos ortópteros da familia dos tetigónidos ou tetigoníidos (Tettigoniidade), que conteñen espermatozoides, e que se introduce integralmente no órgano sexual feminino (oviduto) durante a cópula.

Ademais dos espermatozoides, os espermatóforos poden conteren nutrientes para a femia, en cuxo caso se denominan agasallo nupcial, aínda que recentes investigacións indican que o valor destes nutrientes é moi baixo. Unha hipótese alternativa da utilidade do proceso de comer o espermatóforo impide unha cópula posterior da femia, dando así aos espermatozoides do macho máis tempo para fertilizarem os óvulos.

Algúns vertebrados tamén se reproducen a través de espermatóforos. Os machos de moitas especies de salamántigas e lagartos crean espermatóforos, os cales as femias poden elixir tomalos ou non, dependendo do éxito do cortexo previo.

Iguana

A iguana pertence ao grupo maior e de máis complicado deseño dos saurios do Novo Mundo, ao que pertencen a maioría das especies. Englóbanse na familia dos Iguanidos. Poden medir de 7.5 centímetros ata 2 metros. Son animais herbívoros e reprodúcende por medio de ovos, que son colocados baixo terra durante o mes de febreiro.

Alcanzan a madurez sexual aos 16 meses de idade, pero son consideradas adultas aos 36 meses, cando miden 70 centímetros de longo.

Todas as iguanas teñen patas moi curtas e cinco dedos en cada pé, acabados en garras moi afiadas. A súa cola é longa e delgada e está bordeada por unha ringleira de afiadas escamas dorsais. Este animal ás veces emite resoplidos. Posúe escamas, unha bolsa gular na gorxa e unha orla dorsal que os machos utilizan para marcar o seu territorio.

Existen ao redor de 300 especies de iguana. A máis coñecida é a común (Iguana iguana), de cor verde brillante con algunhas bandas transversais escuras na cola.

Son coñecidas polas súas espectaculares exhibicións nos rituais de defensa e cortexo, nos que levantan o corpo mentres axitan con forza a cabeza de arriba a abaixo. Viven principalmente en América e en rexións bastante húmidas, como a selva mexicana.

Lacértidos

Os lacértidos (Lacertidae) son unha familia de lagartos, que comprende especies de pequeno tamaño como as lagartas e outras de maior tamaño como os lagartos arnais, que viven en Europa, África e Asia. É unha familia diversa con centos de especies e 37 xéneros. En Galicia pódense atopar con maior ou menor abundancia dez especies de lacértidos, pertencentes aos xéneros Acanthodactylus, Iberolacerta, Lacerta, Podarcis, Psammodromus, Timon e Zootoca (ver Lista de réptiles de Galicia).

Lagarta

O grupo das lagartas pertence á familia de réptiles escamosos dos lagartos. As lagartas son orixinarias da África, e encóntranse espalladas en todas as zonas temperadas e quentes do mundo. Son importantes nos ecosistemas porque, como insectívoros, funcionan como "controladores" de pragas domésticas.[Cómpre referencia]As lagartas poden subir paredes, mesmo de vidro, e até andar sobre teitos grazas ás forzas de van der Waals estabelecidas polas cerdas existentes nas súas patas. Algunhas especies presentan capacidade de camuflaxe similar á do camaleón. Outras especies de lagartas comunícanse entre si a través de ruídos -o que non é moi comun entre lagartos-.

A lagarta posúe respiración estritamente pulmonar, a súa circulación é fechada, dupla e completa, posúe pel seca e recuberta por escamas. É pecilotérmico e o sistema dixestivo é completo.

Unha característica interesante nas lagartas é a capacidade de rexenerar o seu rabo. Cando se sente en perigo, a lagarta desprende a cauda, que non perde o movemento durante algúns minutos, o que eventualmente desorienta os seus predadores. A rexeneración completa do rabo ocorre en dúas semanas.

Lagarta da serra

A lagarta da serra (Iberolacerta monticola) é un membro do xénero Iberolacerta endémico de España e Portugal.

Lagarta galega

A lagarta galega (Podarcis bocagei) ten como área de distribución toda a superficie de Galiza. Nútrese, ao igual que outros réptiles, de insectos e arácnidos. A cor da femia é amarronada mentres que a da lagarta macho ten unha tonalidade verde.

Lagarto

O grupo dos lagartos caracterízase pola presenza de catro patas (o que o distingue da suborde Serpentes), pálpebras nos ollos e oídos externos. As familias Anniellidae e Anguidae corresponden a réptiles sen patas que parecen cobras mais son lagartos tendo en conta a estrutura do esqueleto.

Os lagartos aparecen en todos os continentes, excepto na Antártida. Presentan diversos tamaños, desde algúns centímetros como algúns guecos até tres metros como o dragón de Komodo. Son xeralmente carnívoros, alimentándose de insectos ou pequenos mamíferos, mais tamén hai lagartos omnívoros ou herbívoros, como as iguanas. O monstro de Xila, nativo do sur dos Estados Unidos, é a única especie que é velenosa. Algúns tipos de lagarto son capaces de rexenerar patas perdidas.

Os lagartos presentes en Galiza son dous:

Lagarto arnal (Lacerta lepida; tamén chamado lagarto ferreño no Courel)

Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)

Lagarto das silvas

O lagarto das silvas ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi, Bedriaga, 1878) é unha especie da familia Lacertidae.

Micromorcegos

Os micromorcegos ou microquirópteros (Microchiroptera) son unha suborde da orde Chiroptera. O termo de microquirópteros é algo inexacto, xa que algúns deles son máis grandes que os megaquirópteros.

O tamaño varía entre 4 e 16 centímetros. A maioría do alimento dos microquirópteros son os insectos. Algúns cazan especies máis grandes: lagartos, ras ou mesmo peixes. Hai microquirópteros, como o vampiro (Desmodus rotundus) de América do Sur, que se alimentan de sangue de grandes mamíferos.

Nubeiro

O nubeiro é un personaxe da mitoloxía galega de aspecto forte e grande, vestido con peles negras, capaz de provocar tormentas e dirixir os raios á vontade. Asóciase, polo xeral, con todo o relativo ao fenómeno da treboada, é dicir, néboa, raios, lóstregos ou chuvia forte. Sae polas mañás das ferrerías para cabalgar os ceos provocando tormentas e lanzar raios e volve a media noite acompañado de cobras e lagartos. En ocasións baixa á terra para ver o resultado das súas fazañas ou para pedir asilo nalgunha casa ou cabana logo de perder algunha nube.Noutras partes de Galicia, os nubeiros teñen a aparencia dun home de pequeno tamaño, co corpo cuberto de pelo e un rabo longo e retorcido. Desprázanse subidos en grandes nubes e son os responsables das tormentas de verán e doutros moitos estragos. Un dos métodos tradicionais para esconxuralos é tocar as campás da igrexa.

Ontoxenia

Non confundir co concepto filosófico de ontoloxía.

A ontoxenia (tamén ontoxénese ou morfoxénese) é a formación e desenvolvemento dun organismo, xeralmente desde o momento da fecundación do óvulo ata a forma madura do organismo, aínda que o termo tamén se usa para referirse ao estudo de toda a vida do organismo.

A ontoxenia refírese á historia do desenvolvemento dun organismo durante a súa propia vida, polo que é distinta da filoxenia, que se refire á historia evolutiva dunha especie. Na práctica, os autores no campo da evolución adoitan falar de especies como trazos ou características "en desenvolvemento". Isto pode causar confusión. Aínda que os procesos de desenvolvemento (é dicir, ontoxenéticos) poden influír nos procesos posteriores evolutivos (por exemplo, os filoxenéticos) (ver bioloxía evolutiva do desenvolvemento), cada organismo individualmente considerado desenvólvese (ontoxenia), mentres que as especies evolucionan (filoxenia).

A ontoxenia, a embrioloxía e a bioloxía do desenvolvemento son estudos estreitamente relacionados e estes termos úsanse as veces de forma intercambiable. Recentemente (2003), o termo ontoxenia foi utilizado en bioloxía celular para describir o desenvolvemento de varios tipos celulares nun organismo.A ontoxenia é un fértil campo de estudo en moitas disciplinas, como a bioloxía do desenvolvemento, psicoloxía do desenvolvemento, neurociencia cognitiva do desenvolvemento e psicobioloxía do desenvolvemento.

Ontoxenia é tamén un concepto usado en antropoloxía como "o proceso por medio do cal cada un de nós encarna a historia da nosa propia construción".A maioría dos organismos sofren cambios alométricos na súa forma a medida que crecen e maduran, mentres que outros experimentan unha metamorfose. Incluso os réptiles (como por exemplo crocodilianos, tartarugas, serpes, lagartos), nos cales a descendencia xeralmente semella unha miniatura dos adultos, mostran diversos cambios ontoxenéticos na súa morfoloxía e fisioloxía.O termo ontoxenia úsase tamén en xeoloxía para referirse á orixe dunha formación, cova, lago etc.

Radiación adaptativa

En bioloxía evolutiva, unha radiación adaptativa é un proceso no cal os organismos se diversifican rapidamente a partir dunha especie ancestral fundadora nunha multitude de novas formas, especialmente cando o cambio no ambiente fai que queden dispoñibles novos recursos, creando novos retos, ou abrindo novos nichos. Este proceso empeza cun só antepasado común e dá lugar a unha especiación e unha adaptación fenotípica nun conxunto de especies que mostran trazos morfolóxicos e fisiolóxicos diferentes cos cales poden explotar un abano de ambientes diverxentes.A radiación adaptativa é un exemplo característrico de cladoxénese, e pode ser ilustrada graficamente como un "arbusto", ou clado, de especies que coexisten (na árbore da vida).

Os lagartos anolinos do Caribe son un exemplo particularmente interesante dunha radiación adaptativa. As illas Hawai son un arquipélago moi illado e nel se encontran moitos exemplos de radiación adaptativa. Un exemplo excepcional de radiación adaptativa é o das especies de aves da subfamilia dos carduelinos hawaianos. Por medio da selección natural, estes paxaros adaptáronse rapidamente e converxeron segundo fosen os diferentes ambientes das illas hawaianas nos que vivían.Realizáronse moitas investigacións sobre a radiación adaptativa debido aos seus drásticos efectos na diversidade da poboación. Porén, cómpre facer máis investigación, especialmente para comprender completamente os moitos factores que afectan á radiación adaptativa. Os enfoques empíricos e teóricos son ambos útiles e deben usarse conxuntamente, aínda que cada un ten as súas desvantaxes.

Réptiles

Os réptiles son os animais pertencentes á clase Reptilia, grupo de vertebrados amniotas e tetrápodos que teñen escamas ou diversas estruturas córneas na pel. Trátase dun grupo de animais que comprende non só tódolos réptiles que existen hoxe no mundo senón que inclúe ademais algúns outros grupos que foron moi abondosos no pasado e que logo desapareceron durante o proceso evolutivo como son, por exemplo, os dinosauros.

Réptil significa "que repta", é dicir que anda arrastrándose. Esta non é unha característica universal deste grupo de animais xa que algúns non se arrastran senón que, por exemplo, teñen patas para o seu desprazamento (exemplo: os lagartos e as tartarugas).

A parte da zooloxía que trata dos réptiles leva o nome de herpetoloxía, na que tamén se inclúe o estudo dos anfibios.

Varánidos

Os varánidos (Varanidae), xeralmente chamados varanos, son unha familia de lagartos da superfamilia Varanoidea. A familia é un grupo de lagartos carnívoros e fruxívoros, entre os que está incluído o extinto megalania (o lagarto máis grande coñecido), e o actual dragón de Komodo (o lagarto vivo máis grande), e o Varanus salvadorii. Os Varanidae comprenden o xénero vivo Varanus e varios taxons extintos. Os seus parentes vivos máis próximos son os ánguidos e os helodermátidos (se consideramos Lanthanotus dentro da familia).

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.