Lagarto

O grupo dos lagartos caracterízase pola presenza de catro patas (o que o distingue da suborde Serpentes), pálpebras nos ollos e oídos externos. As familias Anniellidae e Anguidae corresponden a réptiles sen patas que parecen cobras mais son lagartos tendo en conta a estrutura do esqueleto.

Os lagartos aparecen en todos os continentes, excepto na Antártida. Presentan diversos tamaños, desde algúns centímetros como algúns guecos até tres metros como o dragón de Komodo. Son xeralmente carnívoros, alimentándose de insectos ou pequenos mamíferos, mais tamén hai lagartos omnívoros ou herbívoros, como as iguanas. O monstro de Xila, nativo do sur dos Estados Unidos, é a única especie que é velenosa. Algúns tipos de lagarto son capaces de rexenerar patas perdidas.

Os lagartos presentes en Galiza son dous:

Taxonomía

  • Familia Agamidae
  • Familia Chamaeleonidae - camaleón
  • Familia Corytophanidae
  • Familia Crotaphytidae
  • Familia Hoplocercidae
  • Familia Iguanidae - iguana
  • Familia Leiocephalidae
  • Familia Leiosauridae
  • Familia Liolaemidae
  • Familia Opluridae
  • Familia Phrynosomatidae
  • Familia Polychrotidae
  • Familia Tropiduridae
  • Familia Dibamidae
  • Familia Gekkonidae - gueco
  • Familia Pygopodidae
  • Familia Cordylidae
  • Familia Gerrhosauridae
  • Familia Gymnophthalmidae
  • Familia Lacertidae
  • Familia Scincidae
  • Familia Teiidae
  • Familia Xantusiidae
  • Familia Anguidae
  • Familia Anniellidae
  • Familia Xenosauridae
  • Familia Helodermatidae - monstro de xila
  • Familia Lanthanotidae
  • Familia Varanidae - dragón de Komodo
Lagarto
Rango fósil: Xurásico – Holoceno
Pogona vitticeps

Pogona vitticeps
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia*
Günther, 1867
Distribución de tódalas especies

Distribución de tódalas especies
Familias

Ver texto

Sinonimia

Sauria Macartney, 1802

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aguiño, Ribeira

Nosa Señora do Carme de Aguiño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.934 habitantes (1.472 mulleres e 1.462 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, 7 máis que o ano anterior.

A esta parroquia pertence a illa de Sálvora.

Baroña, Porto do Son

San Pedro de Baroña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o INE en 2018 tiña 674 habitantes (327 homes e 347 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación.

Camaleón

Camaleón (familia Chamaeleonidae) refírese a unha familia de réptiles escamosos, e unha das máis coñecidas familias de lagartos. Hai preto de oitenta especies de camaleóns, a maior parte delas na África, ao sur do Sáhara.

Os camaleóns son famosos pola súa habilidade en trocar de cor conforme ao ambiente (de feito un mito), pola súa lingua rápida e alongada, e polos seus ollos, que poden ser movidos independentemente un do outro.

O nome "Camaleón" significa "león da terra", e é derivado das palabras gregas Chamai ("na terra, no chan") e leon ("león").

É un lagarto bastante antigo, xa que hai rexistros fósiles de camaleóns desde períodos tan distantes como o Terciario.

Dinosauro

Dinosauro (do grego déinos, 'terríbel', e saurós, 'lagarto', e, por extensión, réptil) é a denominación dada a calquera membro dun grupo de arcosauros que xurdiron a fins do período Triásico (preto de 230 millóns de anos atrás) e dominante da fauna terrestre durante boa parte da era Mesozoico, desde o inicio do Xurásico ata o final do Cretáceo (preto de 65 millóns de anos atrás), cando a extinción de case todas as liñaxes, a excepción das aves, únicos representantes actuais. Distinto doutros arcosauros por un conxunto de características anatómicas, entre as cales se destacan a posición dos membros en relación ao corpo, proxectados directamente para abaixo, e o acetábulo (encaixe do fémur) aberto.

Ata finais do século XX, todos os grupos de dinosauros críanse que foran extinguidos; porén, o rexistro fósil indica que as aves son as devanceiras dos dinosauros emplumados, evolucionando dende os antecesores terópodos durante o período Xurásico e agora chamados «dinosauros aviarios». Como tal, as aves foron a única liñaxe dos dinosauros que sobreviviu á extinción masiva. Ao longo do resto do artigo, o termo «dinosauros» é, ás veces, empregado xeralmente para se referir tanto aos dinosauros aviarios coma aos non-aviarios, mentres que outras veces é usado para se referir especificamente aos dinosauros non-aviarios, e os dinosauros aviarios son ás veces sinxelamente nomeados como «aves». Este artigo ocúpase principalmente dos dinosauros non-aviarios.

Os dinosauros son un grupo variado de animais dende o punto de vista taxonómico, morfolóxico e ecolóxico. As aves, cunhas 10 000 especies vivas, son o grupo máis variado dos vertebrados á parte dos peixes perciformes. Coa evidencia fósil, os paleontólogos identificaron ao redor de 500 xéneros distintos e máis de 1000 especies diferentes de dinosauros non-aviarios.

Os dinosauros son representados en cada continente polas especies existentes a mailos restos fósiles. Algúns son herbívoros, outros carnívoros. Mentres os dinosauros eran ancestralmente bípedes, moitos grupos extintos incluían especies cuadrúpedes, e algúns eran capaces de cambiar entre estas posturas. Estruturas elaboradas como cornos ou cristas son comúns a todos os grupos de dinosauros e algúns grupos extintos desenvolveron modificacións esqueléticas como armaduras e pugas. A evidencia suxire que a posta de ovos e a construción do niño son trazos adicionais compartidos por todos os dinosauros.

Mentres que as liñaxes modernas superviventes dos dinosauros (aves) son xeralmente pequenas debido ás limitacións do voo, moitos dinosauros prehistóricos tiñan un corpo grande —os dinosauros saurópodos máis grandes acadaron lonxitudes de 39,7 metros e alturas de 18 metros e eran daquela os animais terrestre máis grandes. Aínda así, a idea de que os dinosauros non-aviarios foron uniformemente xigantes é un erro baseado en parte no erro sistemático da preservación, como os ósos grandes e fortes son máis propensos a durar ata que estean fosilizados. Moitos dinosauros eran bastante pequenos: Xixianykus, por exemplo, medía só sobre 50 centímetros de longo.

Aínda que a palabra dinosauro significa literalmente 'lagarto terrible', o nome é algo etimoloxicamente inapropiado; a pesar de que os dinosauros son réptiles, non son lagartos, nin tampouco descenden deles. En cambio, os dinosauros, coma moitas formas extintas de grupos de réptiles, non amosaron características que tradicionalmente se consideraban como reptiliano, tales como a postura do membro en expansión ou ectotermia (coloquialmente coñecido como «sangue frío»). Adicionalmente, moitos outros animais prehistóricos, incluíndo os mosasauros, ictiosauros, pterosauros, plesiosauros e Dimetrodon, mentres que adoito concibidos popularmente dos dinosauros, non se clasifican taxonomicamente como dinosauros.

Durante a primeira metade do século XX, antes de que as aves foran recoñecidas como dinosauros, a meirande parte da comunidade científica cría que os dinosauros eran lacazáns e de sangue frío. A maioría das investigacións realizadas dende a década de 1970, porén, indicou que todos os dinosauros eran animais activos con metabolismos elevados e abondosas adaptacións para a interacción social.

Dende os primeiros fósiles de dinosauros que foran recoñecidos a comezos do século XIX, as carcasas fósiles montadas de dinosauros foron as principais atraccións nos museos de todo o mundo e os dinosauros convertéronse nunha parte permanente da cultura mundial. O gran tamaño dalgúns grupos de dinosauros, así como a súa natureza aparentemente monstruosa e fantástica, aseguraron a aparición regular dos dinosauros en libros best-séller e filmes, como Parque Xurásico. O entusiasmo persistente do público sobre os animais deu lugar a un importante financiamento para a ciencia dos dinosauros e os novos descubrimentos son cubertos de xeito regular polos medios de comunicación.

El Hierro

El Hierro é unha illa española situada no océano Atlántico, a máis meridional do arquipélago das Canarias. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a súa capital é Valverde, municipio onde se sitúan o Porto de la Estaca e o Aeroporto de El Hierro. Está formada polos municipios de Valverde, La Frontera e El Pinar de El Hierro.

O 22 de xaneiro de 2000 a illa foi declarada pola UNESCO como Reserva da Biosfera, recoñecemento que tamén ostentan as illas de La Palma e Lanzarote. Na actualidade desenvólvese un plan impulsado polo Ministerio de Fomento para convertela na primeira illa do mundo en abastecerse totalmente de enerxías renovables.Os primitivos habitantes denominábanse bimbaches.

Estegosauro

O estegosauro (Stegosaurus, do grego "lagarto con tellado") é un xénero de dinosauros tireóforos estegosáuridos, que viviron a finais do período Xurásico, fai aproximadamente 156 e 144 millóns de anos, no Kimeridgiano e o Titoniano, no que hoxe é América do Norte e Europa. Debido ás súas distintivas espinas da cola e placas, Stegosaurus é un dos máis recoñecidos dinosauros, xunto con Tyrannosaurus, Triceratops, Velociraptor e Apatosaurus. O nome de Stegosaurus significa "réptil con tellado" e deriva do antigo grego στέγος, stegos- ("tellado ou teito") e σαῦρος, -sauros ("lagarto"). Polo menos tres especies foron identificadas na porción superior da Formación Morrison no oeste dos Estados Unidos e son coñecidas polo menos por 80 individuos entre todas.

Lacerta

Lacerta ou Lagarto, é unha das 88 constelacións recoñecidas pola Unión Astronómica Internacional. Está situada a uns 20 graos ó leste de Deneb (α Cygni). O corpo do lagarto vai en dirección norte-sur. Foi recollida no atlas de Johannes Hevelius no 1690.

Lagarto (homónimos)

O lagarto é un réptil da suborde Sauria:

Lagarto das silvas, especie da familia Lacertidae (Lacerta schreiberi)

Lagarto verde, especie da familia Lacertidae (Lacerta bilineata)Amais como topónimo pode referirse a:

En Galiza

O Lagarto, lugar da parroquia de Luneda, no concello da Cañiza;

O Lagarto, lugar da parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son;

O Lagarto, lugar da parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira.Fóra de Galiza

Lagarto, municipio do Brasil;

Lagartos, concello español da provincia de Palencia, Castela e León.

Lagarto arnal

O lagarto arnal ou lagarto ferreño (Timon lepidus, antes Lacerta lepida), é unha especie de lagarto propio de Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas. Pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total contando o rabo. É de cor verde ou moreno e presenta dúas bandas de pintas (ocelos) azuis no dorso. Durante décadas foi considerado como pertencente ao xénero Lacerta.

Lagarto das silvas

O lagarto das silvas ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi, Bedriaga, 1878) é unha especie da familia Lacertidae.

Lagartos

Lagartos é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 146 habitantes (INE 2012).

Lista de réptiles de Galicia

A seguinte é unha lista dos réptiles atopados en Galicia. Esta baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española, a información obtida na Lista Vermella da IUCN e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada, Pedro Galán e Gustavo Fernández.

Esta clase contén arredor de 8.300 especies vivas das cales unhas 30 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.

A taxonomía da fauna herpetolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Na lista engádense, cando existen, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de réptiles, procurando sempre citar a referencia oportuna.

O Lagarto, Aguiño, Ribeira

O Lagarto é un lugar da parroquia de Aguiño no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

O Lagarto, Baroña, Porto do Son

O Lagarto é un lugar da parroquia de Baroña no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

Sceptrum et Manus Iustitiae

Sceptrum et Manus Iustitiae, cetro e man da xustiza, tamén chamada ás veces Sceptrum Imperiale, Stellio ou Scettro é unha constelación moderna, xa en desuso, creada polo astrónomo francés Augustin Royer coa intención de honrar ó rei Lois XIV de Francia. Compoñíase principalmente das estrelas que hoxe en día forman Lacerta (o lagarto) e en menor medida de estrelas da parte occidental de Andrómeda. Nunca fora amplamente aceptada e ás súas estrelas foron divididas por Johannes Hevelius entre Lacerta e a parte final da cadea da apreixada Andrómeda.

A relación de Sceptrum et Manus Iustitiae coa constelación Frederici Honores, inserida máis tarde, é incerto, salvo que ambas representan un tributo a diferentes rexentes.

Sergipe

Sergipe é o máis pequeno dos vinte e sete Estados do Brasil. Está localizado na Rexión Nordeste e ten como límites Alagoas ao norte, o Océano Atlántico ao leste e Baía ao sur e ao oeste. Ocupa unha área de 22.050,4 km², sendo un pouco máis extenso que Israel. A súa capital e cidade máis populosa é Aracaju, sendo outras importantes cidades do Estado Lagarto, Itabaiana e Estância.

Smaug

Smaug é un dragón que aparece no conto longo O Hobbit de J. R. R. Tolkien.

Varánidos

Os varánidos (Varanidae), xeralmente chamados varanos, son unha familia de lagartos da superfamilia Varanoidea. A familia é un grupo de lagartos carnívoros e fruxívoros, entre os que está incluído o extinto megalania (o lagarto máis grande coñecido), e o actual dragón de Komodo (o lagarto vivo máis grande), e o Varanus salvadorii. Os Varanidae comprenden o xénero vivo Varanus e varios taxons extintos. Os seus parentes vivos máis próximos son os ánguidos e os helodermátidos (se consideramos Lanthanotus dentro da familia).

Xaén

Xaén (en castelán: Jaén) é a capital da provincia de Xaén, situada ao sur de España e no nordeste da Comunidade Autónoma de Andalucía. Ten unha poboación de 116.540 habitantes (2005, fonte INE), o que supón aproximadamente unha sexta parte da poboación de toda a provincia. Baixo o lema de Capital Mundial do Aceite de Oliva, a actividade económica da cidade, con todo, está baseada no sector servizos, a administración, a industria agrícola, a construción e un incipiente turismo cultural.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.