Ladrido, Ortigueira

Santa Eulalia de Ladrido é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 275 habitantes (150 mulleres e 125 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 435 habitantes.

Ladrido
Ladrido
Ladrido e o Monte da Croa.
Mapa Ladrido
ConcelloOrtigueira
Área4,4 km²
Poboación275 hab. (2013)
Densidade62,5 hab./km²
Entidades de poboación29

Xeografía

Está situada no leste da ría de Ortigueira, na enseada que leva o seu nome, na marxe dereita do río Baleo, que chega ao mar formando unha paraxe de grande interese natural, que de feito xunto coa ría de Ortigueira forma parte das áreas de protección medioambiental denominadas RAMSAR, ZEPA e LIC.

Limita ao norte coa ría e a parroquia de Espasante dende o regato que baixa do monte Sardiñeiras nas proximidades da Pria da Concha, polo sur as parroquias de San Salvador de Couzadoiro, e o río Baleo que a separa da parroquia do Mosteiro, polo oeste, de novo a ría, e polo leste outra vez a parroquia de San Salvador de Couzadoiro.

Está sucada polo río Baleo que na súa desembocadura forma unha grande enseada e unha barra nas proximidades da Illa de San Vicente que dificulta a entrada na baixamar. O monte máis alto da parroquia é o monte da Croa 114 metros en cuxa cima hai un castro, que foi escavado por Federico Maciñeira.

Patrimonio

A igrexa parroquial atópase no lugar da Igrexa, é moderna de planta de cruz latina e campanario na fronte. Existe ademais unha pequena capela adicada á San Fernando, no lugar da Ponte do Baleo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ladrido, Ortigueira.
Capela de San Fernando

Capela da San Fernando no lugar do Baleo.

Igrexa de Ladrido

Igrexa de Santa Olalla de Ladrido.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ortigueira

Véxase tamén

Outros artigos

Borja Quiza

Borja Quiza, nado en Ladrido (Ortigueira) en 1982, é un tirador de esgrima e barítono galego.

O Baleo, Ladrido, Ortigueira

O Baleo é un lugar da parroquia de Ladrido no concello coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística tiña 86 habitantes no ano 2011, dos cales 41 eran homes e 45 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.