Laboratorio

Un laboratorio é un lugar equipado con diversos instrumentos de medida ou equipos nos cales se realizan experimentos ou investigacións diversas, segundo a rama da ciencia á que se dedique.

A súa importancia, ben sexa en investigacións ou a escala industria,l e en calquera das súas especialidades (química, dimensional, electricidade, bioloxía etc.), radica no feito de que as condicións ambientais están controladas e normalizadas, de modo que:

  1. Pódese asegurar que non se producen influencias estrañas (ás coñecidas ou previstas) que alteren o resultado do experimento ou medición: Control.
  2. Garántese que o experimento ou medición é repetible, é dicir, calquera outro laboratorio podería repetir o proceso e obter o mesmo resultado: Normalización.
Lab bench
Laboratorio de bioquímica.

Condicións de laboratorio normalizadas

Temperatura

A temperatura ambiente normal é de 20 °C, variando as tolerancias en función do tipo de medición ou experimento a realizar. Amais, as variacións da temperatura (dentro do intervalo de tolerancia) han de ser suaves, por exemplo en laboratorios de metroloxía dimensional, limítase a 2 °C/h (sendo o intervalo de tolerancia de 4 °C).

Humidade

Usualmente convén que a humidade sexa a menor posible porque acelera a oxidación dos instrumentos (comunmente de aceiro); así a todo, para lograr a habitabilidade do laboratorio non pode ser menor do 50%.

Presión atmosférica

A presión atmosférica normalizada acostuma a ser, en laboratorios industriais, lixeiramente superior á externa (25 Pa) para evitar a entrada de aire sucio das zonas de produción ó abrir as portas de acceso. No caso de laboratorios con risco biolóxico (manipulación de axentes infecciosos) a situación é a contraria, xa que debe evitarse a saída de aire do laboratorio que pode estar contaminado, polo que a presión será lixeiramente inferior á externa.

Alimentación eléctrica

As variacións da tensión da rede deben limitarse cando se realizan medidas eléctricas que poden verse alteradas pola variación da tensión de entrada nos aparatos.

Po

Contrólase, por exemplo, en laboratorios de interferometría xa que a presenza de po modifica o comportamento da luz ó atravesar o aire.

Vibración e Ruído

Á marxe da incomodidade que supón a súa presenza para investigadores e técnicos de laboratorio, poden falsear medicións realizadas por procedementos mecánicos. É o caso, por exemplo, das Máquinas de medir por coordenadas.

Tipos de Laboratorios

Laboratorio de metroloxía

Os laboratorios de metroloxía clasifícanse xerarquicamente de acordo á calidade dos seus patróns. Inda que as estruturas poden variar en cada país, por regra xeral existen tres niveis:

  1. Laboratorio nacional: É o que posúe o patrón nacional primario e os nacionais de transferencia (os empregados realmente para evitar o desgaste do primario).
  2. Laboratorio intermedio: Tipicamente son laboratorios de Universidades, Centros de Investigación e similares.
  3. Laboratorio industrial: Nas propias instalacións da empresa, para a realización do control de calidade ou o ensaio de prototipos.

As condicións serán tanto máis estritas canto máis alto o nivel do laboratorio.

En calquera dos niveis, os laboratorios poden ser clasificados en función da natureza das medicións realizadas: metroloxía dimensional, metroloxía eléctrica, ensaio de materiais etc.

Pietro Longhi 021
Cadro dun laboratorio de Pietro Longhi.

Laboratorio químico

....

Laboratorio biolóxico

Evolución histórica do laboratorio

A historia do laboratorio está influída pola historia da medicina xa que o home, ó profundar sobre como é o seu organismo, require cada vez laboratorios máis sofisticados.

Técnicas analíticas

  • Gravimetría
  • Volumetría
  • Condutimetría
  • Espectrofotometría
  • Fotometría de chama
  • Absorción atómica
  • Espectrometría de masas
  • Cromatografía
    • Iónica
    • De gases
Albert Fert

Albert Fert, nado en Carcasona o 7 de marzo de 1938, é un físico francés. É un dos descubridores do efecto de magnetorresistencia xigante, que permite aos discos ríxidos modernos superaren a barreira de xigabytes, polo que foi agraciado do Premio Nobel de Física de 2007, canda Peter Grünberg.

É profesor na Université Paris-Sud en Orsay, e director científico dun laboratorio asociado ('Unité mixte de physique') entre o Centre national de la recherche scientifique (Centro Francés de Investigación) e Thales Group.

Bacterias

As bacterias ou bacterios son organismos unicelulares procariontes, que se poden atopar illados ou en colonias. Pertencen ao reino Monera e constitúen un dos dominios dos seres vivos.

Este microorganismo está constituído soamente por unha célula, non ten un verdadeiro núcleo celular, e xeralmente carece de orgánulos membranosos.

Foron descubertas por Antoni van Leeuwenhoek en 1683, e clasificadas inicialmente entre as plantas. En 1894, Ernst Haeckel incluíunas no reino Protista, e actualmente as bacterias compoñen un dos tres Dominios do sistema de clasificación cladístico. Antes todos os procariotas eran considerados bacterias e vulgarmente, utilizase o termo "bacteria" para designar tamén as archaebacteria, que actualmente constitúen un dominio separado (Archaea), pero, falando con rigor, bacteria hoxe non é sinónimo de procariota. As cianobacterias (as algas azuis) son actualmente consideradas dentro do dominio Bacteria.As bacterias son normalmente microscópicas ou submicroscópicas (estas últimas detectábeis só ao microscopio electrónico), con dimensións máximas tipicamente da orde dos 0,5 a 5 micrómetros. Excepcións son unha bacteria illada no tubo dixestivo dun peixe, a Epulopiscium fishelsoni, co tamaño do punto final desta frase, ou a Thiomargarita namibiensis, que chega aos 0,75 mm de longo, o que supera a moitas células eucariotas.A maioría das bacterias non foron aínda caracterizadas e só a metade dos filos bacterianos teñen especies que se poidan cultivar no laboratorio. O estudo das bacterias chámase bacterioloxía.

As bacterias estaban entre as primeiras formas de vida que apareceron na Terra, e están presentes practicamente en todos os hábitats, crecendo no chan, auga, fontes termais ácidas, residuos radioactivos, e a grandes profundidades na codia terrestre, e tamén na materia orgánica e nos corpos dos seres vivos, onde constitúen magníficos exemplos de mutualismo, como as que viven nos tractos dixestivos humanos, de ruminantes, de térmites e de cascudas.

En 1998 atopáronse bacterias vivindo na estación espacial Mir, que lograron vivir en ingravidez na humidade condensada entre os paneis da nave.Normalmente hai uns 40 millóns de bacterias nun gramo de solo e un millón nun mililitro de auga doce; en conxunto considérase que debe de haber 5×1030 bacterias na Terra, que forman unha biomasa que supera a de todas as plantas e animais xuntos. As bacterias son vitais para a reciclaxe de nutrientes, e moitos dos pasos do ciclo dos nutrientes dependen destes organismos, como no caso da fixación do nitróxeno atmosférico e a putrefacción. Nas comunidades biolóxicas que rodean as fontes hidrotermais e surxencias frías, as bacterias proporcionan os nutrientes necesarios para soster a vida doutros organismos ao converteren os compostos disolvidos como sulfuro de hidróxeno e metano. En 2013, obtivéronse datos da foxa das Marianas que suxiren que as bacterias poden prosperar a esas profundidades, que son as maiores da Terra. Outros investigadores informaron que estes microbios poden vivir dentro das rochas da codia terrestre oceánica situadas a case 600 m de profundidade desde o fondo do mar.Hai aproximadamente dez veces máis células bacterianas na flora humana que células do noso propio corpo, sobre todo na pel e na flora intestinal. A gran maioría das bacterias do noso corpo son inofensivas e mesmo algunhas son beneficiosas. Porén, unhas poucas especies de bacterias son patóxenas e causan enfermidades infecciosas, como o cólera, sífilis, tuberculose, lepra, ou a peste bubónica. As enfermidades infecciosas trátanse con antibióticos, que se usan tamén na gandería e agricultura, polo que se está dando o fenómeno crecente da resistencia a antibióticos polo mal uso e abuso dos mesmos. Na industria as bacterias son importantes no tratamento de augas residuais e na eliminación de vertidos de petróleo, produción de queixo e iogur grazas ás súas fermentacións, a obtención de ouro, paladio, cobre e outros metais no sector mineiro, e tamén en biotecnoloxía, e na fabricación de antibióticos e outros produtos químicos.

Biólogo

Un biólogo ou unha bióloga é un científico dedicado á bioloxía. Os biólogos estudan os organismos vivos e a súa relación coa súa contorna. Os biólogos involucrados na investigación de base tentan descubrir os mecanismos que gobernan o funcionamento dos organismos vivos. Os biólogos que se dedican á investigación aplicada tentan desenvolver ou mellorar procesos médicos, industriais ou agrícolas. Algúns biólogos traballan en postos directivos coordinando ou supervisando a investigación. Os técnicos levan a cabo tarefas especializadas utilizando equipamento de laboratorio.

ChEMBL

ChEMBL ou ChEMBLdb é unha base de datos química revisada manualmente de moléculas bioactivas con propiedades de fármaco.

É mantida polo Instituto Europeo de Bioinformática (EBI, European Bioinformatics Institute), do Laboratorio de Bioloxía Molecular Europeo (EMBL, European Molecular Biology Laboratory), con sede no Wellcome Trust Genome Campus, en Hinxton, Reino Unido.

A base de datos coñecida orixinalmente como StARlite, foi desenvolvida por unha compañía de biotecnoloxía chamada Inpharmatica Ltd. máis tarde adquirida por Galapagos NV. Os datos foron comprados por EMBL en 2008 cun bono de The Wellcome Trust, o que tivo como resultado a creación do grupo de quimioxenómica ChEMBL no EMBL-EBI, encabezado por John Overington.

Cine

O cinema ou cine, abreviaturas de cinematógrafo ou de cinematografía (do grego κινή kinē ou κίνημα kinēma, "movemento", e γράφω graphō "escribir", "gravar") é unha arte, un espectáculo e unha industria que apareceu a finais do século XIX froito dos avances tecnolóxicos que se desenvolveron no mundo da óptica ao longo do mesmo. Foi presentado ao público o 28 de decembro de 1895 en París polo cinematógrafo dos irmáns Lumière, un dispositivo que nos seus comezos servía de cámara para o rexistro de imaxes e de proxector para unha audiencia colectiva. Ao longo de 1896 difundiuse polas cidades europeas e norteamericanas. Anos antes no laboratorio de Edison nos Estados Unidos, Edison e W. K. L. Dickson (un empregado seu) desenvolveran o quinetoscopio e o kinetógrafo, un proxector individual e unha cámara respectivamente.

Dialnet

Dialnet é un portal de Internet de difusión da produción científica hispana, que botou a andar no ano 2001, especializado en ciencias humanas e sociais. A súa base de datos, de acceso libre, foi creada pola Universidad de La Rioja e constitúe unha hemeroteca virtual que conten os índices das revistas científicas e humanísticas de España, Portugal e Latinoamérica, incluíndo tamén libros (monografías), teses de doutoramento, homenaxes e outro tipo de documentos. O texto completo de moitos dos documentos está dispoñible en liña.

No portal colaboran numerosas universidades españolas e hispanoamericanas que fan os volcados de sumarios de revistas. Tamén incorpora bases de datos con documentos noutras linguas.

Ediciós do Castro

Ediciós do Castro é unha editorial galega fundada en Sada, en 1963, ao amparo do Grupo Sargadelos como parte do complexo industrial Laboratorio de Formas impulsado por Isaac Díaz Pardo. Edita libros en galego e castelán case sempre sobre temas relacionados con Galicia. Ditas publicacións inclúen narrativa, poesía, ensaio, economía, teatro, etnografía, arte e historia entre outras.

Elementos do grupo 5

Un elemento do grupo 5 é un elemento situado dentro da táboa periódica no grupo 5 que comprende os elementos:

vanadio (23)

niobio (41)

tántalo (73)

dubnio (105)Estes elementos teñen nos seus niveis electrónicos máis externos 5 electróns. O dubnio non se atopa na natureza e prodúcese no laboratorio, polo que ao falar das propiedades dos elementos do grupo 5, adóitase obviar este elemento.

Encyclopedia of Life

Encyclopedia of Life (Enciclopedia da Vida), abreviadamente EOL é un proxecto de enciclopedia cooperativa en liña, que ten como propósito construír unha enciclopedia que conteña un artigo para cada unha das especies de seres vivos existentes no planeta Terra.

Cada artigo podeá contener sons, vídeos, imaxes, gráficos e textos.Dispoñía inicialmente dun fondo de 50 millóns de dólares provenientes de cinco grandes institucións científicas, encabezadas pola Fundación McArthur.

A páxina web de internet da enciclopedia contén información do proxecto, FAQs e páxinas de demostración.O comité directivo do proxecto está composto por membros veteráns de:

o Consorcio da Biblioteca da Herdanza da Biodiversidade,

o Museo Field de historia natural,

a Universidade de Harvard,

a Fundación McArthur,

o Laboratorio de Bioloxía Mariña,

o Xardín Botánico de Missouri,

a Fundación Alfed P. Sloan e

o Instituto Smithsoniano.O proxecto non permite achegas directas dos usuarios, como ocorre na Wikipedia.

Ernest Lawrence

Ernest Orlando Lawrence, nado en Canton (Dacota do Sur) o 8 de agosto de 1901 e finado en Palo Alto (California) o 27 de agosto de 1958, foi un físico estadounidense laureado co Premio Nobel de Física e coñecido sobre todo pola invención, utilización e mellora do ciclotrón, e polo seu traballo posterior en separación de isótopos de uranio no Proxecto Manhattan. Estivo ligado durante moito tempo coa Universidade de California, onde impartía clases de física. En 1939, outorgouse o Premio Nobel Lawrence polo seu traballo no ciclotrón. O elemento químico número 103 recibe o nome de "laurencio" na súa honra.

Escherichia coli

Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas. As células desta bacteria poden sobrevivir fóra do corpo durante un tempo bastante limitado, o cal fai que sexan un organismo indicador ideal para comprobar a contaminación fecal en mostras extraídas do ambiente. Porén, hai un crecente número de investigacións que atoparon E. coli persistentes no ambiente, que poden sobrevivir por longo tempo fóra do hóspede.A bacteria pode tamén cultivarse de forma fácil e barata no laboratorio, e foi intensamente investigada durante 60 anos, de modo que se pode dicir que E. coli é o organismo modelo procariota máis estudado, e unha importante especie no campo da biotecnoloxía e microbioloxía, onde serviu como organismo hóspede para a maioría dos traballos sobre o ADN recombinante.

Fotosíntese

A fotosíntese (do grego φώτο foto, 'luz' e σύνθεσις synthesis, 'composición') é o proceso no que as plantas, cianobacterias e outras bacterias e algas macroscópicas, todas elas seres autótrofos, transforman enerxía luminosa en enerxía química procesando o dióxido de carbono (CO2), auga (H2O) e minerais en compostos orgánicos e osíxeno gasoso (O2).

A través do proceso aqueles producen o seu propio alimento, constituído esencialmente por azucres, como a glicosa (C6H12O6), de onde obteñen enerxía e carbono, aínda que tamén necesitan elementos químicos procedentes de sales minerais absorbidos polas raíces. Coa fotosíntese iníciase toda a cadea trófica. Sen esta, os animais e os outros seres heterotróficos serían incapaces de sobrevivir, pois a base da súa alimentación estará sempre nas substancias orgánicas proporcionadas polas plantas verdes.

In vitro

In vitro é unha locución latina que significa literalmente "no vidro". Refírese a unha técnica para realizar un determinado experimento

nun tubo de ensaio, ou xeralmente nun ambiente controlado fóra dun organismo vivo.

A fecundación in vitro é un exemplo amplamente coñecido, que consiste nun procedemento de reprodución asistida realizado nun laboratorio. Ao igual que outros moitos experimentos relacionados coa bioloxía molecular que se levan a cabo fóra dos organismos ou células, e nos que as condicións non representan necesariamente as condicións intracelulares, os resultados son mencionados a menudo como in vivo ("que ocorre ou ten lugar nun organismo vivo), in vitro ou in silico ("feito por computadora ou mediante unha simulación computacional").

John L. Hall

John L. Hall, nado o 21 de agosto de 1934, é un profesor de física estadounidense que traballa na Universidade de Colorado en Boulder e é investigador do Instituto de Astrofísica de Laboratorio (JILA) da Universidade de Colorado e do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) do Departamento de Comercio dos Estados Unidos.

Laboratorio de Propulsión a Chorro

O Jet Propulsion Laboratory (JPL) é un centro de investigación e desenvolvemento espacial financiado polo goberno federal, administrado polo Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) e patrocinado pola NASA, localizado en La Cañada Flintridge (California).

O Laboratorio de Propulsión a Chorro ten como función primordial a construción e o control de naves robóticas enviadas ó espazo amais de controlar as misións de astronomía na orbita terrestre. O JPL tamén é o responsable de dirixir as operacións da "Rede do Espazo Profundo" da NASA.

Entre os proxectos de máis relevancia que realizou o laboratorio destacan; a misión Mars Science Laboratory (da que forma parte o rover Curiosity), a sonda espacial Mars Pathfinder, a misión Cassini-Huygens cara á órbita de Saturno, a Mars Exploration Rover Opportunity, a Mars Reconnaissance Orbiter, a misión Dawn cara ao planeta anano Ceres e o asteriode Vesta, a nave Juno de camiño cara a Xúpiter, o telescopio espectroscópico de gama nuclear NuSTAR (telescopio de raios X) e o Telescopio Espacial Spitzer, entre outros.

O centro de control de operacións espaciais "Space Flight Operations Facility" amais o simulador de condicións espaciais "Twenty-Five-Foot Space Simulator" do Laboratorio de Propulsión a Chorro están considerados como "Fitos Histórico Nacionais" de Estados Unidos.

Maria Goeppert-Mayer

Maria Goeppert-Mayer, nada en Katowice o 28 de xuño de 1906 e finada en San Diego (California) o 2 de febreiro de 1972, foi unha física estadounidense de orixe alemá que recibiu o Premio Nobel de Física en 1963 pola proposta do modelo nuclear de capas do núcleo atómico. Foi a segunda muller en recibir este premio, tras Marie Curie.

Graduada pola Universidade de Gotinga, escribiu o seu doutoramento sobre a teoría da posible absorción de dous fotóns dos átomos. Nesa época as posibilidades de verificar de forma experimental esa tese eran remotas, pero grazas o desenvolvemento posterior do láser esta teoría puido ser verificada. Por isto, a unidade de medida para a sección cruzada de absorción de dous fotóns coñécese co nome de unidade Goeppert Mayer (GM).

En 1930 casou con Joseph Edward Mayer e trasladouse ós Estados Unidos de América, onde traballou como profesora asociada da Universidade Johns Hopkins. As estritas normas en contra do nepotismo da universidade non lle permitían ser membro da facultade, pero traballou como asistenta e publicou un estudo sobre o decaemento beta dobre no ano 1935. En 1937 mudouse á Universidade de Columbia onde traballou sen recibir un xornal. Durante a Segunda Guerra Mundial colaborou no Proxecto Manhattan desde a universidade investigando a separación de isótopos, así como no Laboratorio Nacional de Los Álamos xunto a Edward Teller no desenvolvemento do deseño Teller–Ulam de bombas atómicas.

Ó finalizar a guerra, Goeppert-Mayer traballou como profesora asociada voluntaria na Universidade de Chicago e como investigadora sénior no Laboratorio Nacional Argonne. Desenvolveu un modelo matemático para a estrutura das capas nucleares, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1963, compartido con J. Hans D. Jensen e Eugene Wigner. No ano 1971 sufriu un infarto que a deixou nun estado de coma, e faleceu o 20 de febreiro de 1972 en San Diego (California).

Medicina

A medicina é a área do coñecemento humano ligada ao mantemento e restauración da saúde. É, nun sentido amplo, a ciencia e a práctica da prevención e da cura das doenzas humanas. É a área de actuación do profesional formado nunha facultade de medicina.

Porén, non soamente a medicina contribúe para a cura do doente, senón que existen outra serie de disciplinas relacionadas coa saúde, tales como a Farmacia e Bioquímica (que produce e estuda os medicamentos e realiza exames de laboratorio), a Nutrición (que estuda a acción dos alimentos ou a falta deles sobre o corpo humano), a Psicoloxía (que estuda as alteracións emocionais e de comportamentos), a Enfermaría (que estuda e axe nos coidados do enfermo), a Fisioterapia (que axe no sentido de retornar os pacientes ao máis próximo posíbel do seu estado motor anterior e realizando a reeducación postural global) entre outros.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, saúde non só a ausencia de doenza. É moito máis que iso, é o completo benestar social e económico do individuo. Ese é un dos motivos de estar a medicina tan intrínseca e historicamente ligada á política.

O Chan da Ferradura

O Chan da Ferradura é un conxunto de gravados rupestres, situados na parroquia de San Pedro de Trasalba, pertencente ao concello de Amoeiro e parte no concello de Punxín, a poucos quilómetros da capital provincial Ourense.

As rochas foron descubertas ao longo dos traballos de seguimento arqueolóxico da construción do gasoduto Pontevedra - Ourense, realizados na segunda metade da década de 1990 polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Durante estes traballos localizáronse unhas 30 rochas con gravados distribuídas en vinte grupos nunha área de 500 m².

Platino

O platino é un elemento químico de número atómico 78 situado no grupo 10 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Pt. Trátase dun metal de transición branco agrisado, precioso, pesado, maleable e dúctil. É resistente á corrosión e atópase en distintos minerais, frecuentemente xunto con níquel e cobre; tamén pode atoparse como metal. Emprégase en xoiería, equipamento de laboratorio, contactos eléctricos, empastes e catalizadores de automóbiles.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.